Boletín Oficial ESFeiro. Abril 2023
Benvidxs ao BOE de abril 2023. A versión sonora resumida en 6 minutiños en formato podcast podes escoitala aquí.
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Durante o mes de marzo tivemos varios eventos interesantes. Empezamos fortes co encontro en A Coruña compartindo experiencias de loita pola terra con afectadxs pola vertedura en Perú de Repsol, colaborando na organización coa ONG Entrepobos. Tamén na Coruña, celebramos o día internacional da enxeñería polo desenvolvemento sustentable no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, con varios faladoiros e obradoiros. Tivemos representación na Asamblea de la Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras que se celebrou en Tarragona e houbo tempo para un ciberfaladoiro sobre os Dereitos Humanos en Colombia, co compa Mateo (aínda non regresou do seu PCR 2022!!) e outros membros da misión que foi este ano a verificar o estado de dereitos humanos nas zonas de conflicto dese país.
No programa Hackers Sen Fronteiras houbo faladoiros en centros de Mondoñedo, Vigo ou Porriño.
Os Bancos de REciclaxe Electrónica con Software Libre continuaron a súa actividade, arrancando o novo proxecto que financia a Xunta de Galicia con fondos de IRPF en colaboración con Ecos do Sur. Realizaron unha presentación na Facultade de Informática da UDC e novas «fichaxes» se incorporaron á colaboración. Tiveron tempo tamén para facer o primeiro dos obradoiros de Autodefensa Dixital na Domus da Coruña.
HONDURAS
En Honduras, dentro do programa de promoción e defensa do dereito humano á auga, iniciou xa o proxecto financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, Mellora da Xestión Pública e Social para a Gobernanza dos Recursos Hídricos en 9 municipios da Rexión 13 Golfo de Fonseca. Fase 1. Aquí se pode ver en que consistirá.
No outro programa en marcha no país, o de dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria, segue en marcha o de apoio a iniciativas de marisqueo financiado pola Xunta de Galicia e Deputación da Coruña
MOZAMBIQUE
Este pasado marzo aprobouse no Consello da Xunta de Galicia o novo convenio entre Augas de Galicia, Cooperación Galega e Enxeñería Sen Fronteiras para traballar un ano máis no convenio Aqua Moz Secara. Unha boa nova que dará continuidade ao proxecto, mantendo o traballo coa Administración Rexional da Auga do Sur (ARA-Sul), reforzándoo coa Administración da Auga do Norte, e mesmo iniciando a ampliación cara a Administración Rexional da Auga do Centro (aquí se pode ver algo máis sobre como se organiza a xestión da auga en Mozambique). En Compostela tivemos un encontro para coñecer o estado do programa e do país, no que Manuel, o experto técnico do programa que fortalece ás ARAs no eido das secas e xestión de encoros, nos contou detalles da súa estancia de hai unhas semanas.
Tamén estivemos deseñando unha serie de elementos comunicativos que pronto haberá ocasión de coñecer, coa colaboración de AGARESO.
ENLACES DE INTERESE
Auga
(nótase ben que o 22 de marzo foi o día da auga…)
- SOS acuíferos: la grave situación de nuestras reservas de agua subterránea
- As claves da Conferencia da Auga da ONU
- Vídeo. El agua Pública en Valladolid. Historia de un nuevo modelo para la ciudad. 13min 16seg
- Manifiesto por la justicia del agua
- Retos de la planificación y gestión del agua en España. Informe OPPA 2022
- Envelenarse bebendo auga da billa: a contaminación que non cesa na zona cero das macrogranxas en Galiza
- Cerrar el grifo para evitar el desperdicio. SER Podcast. 30 min coas compas de ESF Catalunya falando da situación da auga
- Xornada en liña «Gobernanza democrática de los servicios de agua y saneamiento«. 1h 51min
Consumo responsable
- Non é polbo de Marrocos, é do Sahara Occidental, ocupado ilegalmente. «Los tentáculos del pulpo, los tentáculos de la ocupación«, de hai 4 anos.
Cooperación e ONGD
- As ONGD votamos “SI” ao V Plan director de cooperación galega cun voto particular a un orzamento que consideramos débil (ESF prefería unha abstención, por considerar que non se debería separar a parte filosófica ou de intencións dun plan do financiamento previsto para levalo adiante dignamente).
- España debe aumentar su apoyo a los países menos desarrollados
Educación para o desenvolvemento
- Video de animación que explica o conflicto no Sahara Occidental
- Hombres, corresponsabilidad y cuidados. GUÍA DIDÁCTICA DE CORRESPONSABILIDAD MASCULINA
- Denunciamos a existencia dun nivel elevado de racismo e machismo entre o alumnado de Secundaria
- Tres centros educativos galegos son galardoados co II Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global
Enerxía e cambio climático
- Galicia depende durante máis de nove meses ao ano de enerxía fósil importada
- Faladoiro impacto de eolicos en Galicia en terra e mar. 1h 29min
Iniciativas
- SignaMed. Diccionario de salud colaborativo accesible en LSE
- ILGA Database. Unha base de coñecemento única sobre leis, organismos de dereitos humanos, oportunidades de incidencia e novas en materia de orientación sexual, identidade e expresión de xénero e características sexuais en todo o mundo
- Our Power: Offshore Workers’ Demands for a Just Energy Transition
Investigación para o desenvolvemento
- La gran revisión científica sobre la crisis climática: “La ventana para asegurar un futuro habitable se cierra”
- Pensar la ciencia y la tecnología en América Latina
- FECYT presenta los resultados de la Encuesta de Percepción Social de la Ciencia y la Tecnología: aumenta el interés por la ciencia entre la población española
Mundo
- HONDURAS: Organizaciones internacionales aplauden la histórica decisión del Estado de Honduras de promulgar la Ley para la Prevención, Atención y Protección de las Personas Desplazadas Internamente
- MOZAMBIQUE: Documental «Los lugares más horribles del mundo: Mozambique, partes 1 e 2).
- NICARAGUA: La izquierda latinoamericana da la espalda a Daniel Ortega
- SAHARA OCCIDENTAL: documental Memorias de una resistencia, con 2 partes: I e II
- SOMALIA: La ONU y ONG piden más de cien millones de euros para dar ayuda a 100.000 refugiados somalíes en Etiopía
Pobreza e exclusión
- La brecha digital que dificulta el acceso de ayudas a las personas vulnerables: «Llega un momento en el que uno se rinde»
- Verjas, pinchos o bancos individuales: los obstáculos de la «arquitectura hostil» para las personas sin hogar
- Entendiendo el concepto de pobreza de transporte
Políticas e modelos de desenvolvemento
- La ONU alcanza un acuerdo histórico para proteger los océanos
- Fondos Next Generation: ¿Una oportunidad o una trampa?
- Videopodcast. Tronco parlante. DISCAPACIDADE TERRACIL (Sen dereito a cidade…)
- Cómo impulsarán los acuerdos comerciales europeos el agronegocio destructivo en la región del Mercosur
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- La otra cara de las baterías eléctricas
- A loita pola defensa do maior banco de berberechos de Galicia: “As verteduras vannos deixar sen futuro”
- Cárteles lácteos y macrogranjas: más préstamos insostenibles de la banca española
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Discutiendo con ChatGPT
- Avances de la Inteligencia Artificial
- Itinerario formativo sobre Internet libre e aberto
- Radiolibremente. Radio da prisión de Monterroso (aquí se poden escoitar algúns dos programas)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- La investigación de Vigo no se olvida de la demencia: un videojuego que diagnostica y un asistente de conversación
- Hablemos sobre la brecha de género en el ámbito de la tecnología
- El gasto militar del Estado español y el de los estados de su entorno
Voluntariado e Persoas
- La ofensiva antifeminista de la masculinidad herida
- Una carta a los hombres por el 8M
- Erika González: “Hai que botar as enerxéticas do territorio para construír alternativas de economía solidaria”
- Haydée Castillo. Diálogo con Nicaragua
- Antón Bouzas: “O sistema capitalista necesita de moita poboación parada ou pasando fame, para que o resto da sociedade se desanime e deixe de pelexar polos seus dereitos”
- Los científicos imputados por denunciar la inacción climática declaran en los juzgados
- Julio Llamazares: “El paisaje debería estar entre los derechos humanos”
- PUBLICACIÓNS DESCARGABLES (en catalán): Ecofeminismos y Feminismos, miradas y reflexiones desde el África subsahariana
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes toca recomendación de cine. É a película Matria, cine social na ópera prima de Álvaro Gago Díaz, que se estreou en cines a finais de marzo e xa gañou premios relevantes, sobre todo María Vázquez, a actriz que interpreta á protagonista.
E NO PRÓXIMO MES …
- 7 de abril: Día Mundial da Saúde
- 14 de abril: Obradoiro de alternativas libres ás ferramentas de Google na Domus da Coruña. Inscricións en info aquí
- 17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña17 de abril: remata prazo de matrícula para curso en liña de Sistemas de Información Xeográfica para a aplicación en xestión de recursos hídricos con enfoque de xénero
- 22 de abril: Día da Terra
- 22-23 de abril: Xuntanza da nosa base social para celebrar o XXX aniversario de Enxeñería Sen Fronteiras
- 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
“A desinformación é como cocaína. Se a tomas unha ou dúas veces non pasa nada. Pero se a tomas constantemente, cámbiate como persoa”