Boletín Oficial ESFeiro. Outubro 2025
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Aprobouse apoiar un Comunicado conxunto aberto e de urxencia de máis de 50 organizacións solidarias ante a violencia policial e detencións arbitrarias na etapa Vegadeo – Monforte de Lemos da «Vuelta» 7/9/2025. A segunda semana de setembro tivemos visita dunha comitiva dende Honduras, de persoas de CODDEFFAGOLF, a Universidade Nacional Autónoma de Honduras e DIGEPESCA, dentro do programa de apoio ao marisqueo.
Notouse que estamos a principio de curso, porque diversas persoas da base social de ESF asistiron a xornadas para potenciar as redes e ir aprendendo e incorporando os novos enfoques do activismo, como a xornada Sentires do Monte na comunidade veciñal de Couso, o Facifestia sobre facilitación de grupos, ACOWAS participando en mesas de traballo sobre xestión comunitaria da auga, indo á LowTechLife 2025 e á Burla Verde ou escoitando a Antonio Turiel e o desafío da sustentabilidade e a transición enerxética.
No programa de Tecnoloxía para o ben común no eido profesional técnico e na economía social, estamos a traballar nun mapeo de iniciativas de tecnoloxía para a transición ecosocial, en colaboración co Cartolab da UDC, a ver que vai saíndo!
No programa de ESF na Universidade arrancamos con forza o curso, con encontros para elaborar material de difusión nas Escolas Técnicas.
En Hackers Sen Fronteiras, nos centros de secundaria, abrimos no IES de Vedra falando de Privacidade Dixital e protección de datos.
Tamén empezou unha nova fase do programa Mulleres Bravas, cun faladoiro dentro dun Aprendizaxe Servizo na Uvigo, na Escola de Administración Pública en Pontevedra.
Foi un mes, en resumo, de reinicio de actividades para moitos grupos tralo verán, con reunións da nova xunta directiva, do grupo de mulleres tecnólogas, universidade, de asesorxs técnicas ambientais, bancos de reciclaxe…
HONDURAS
En Honduras no mes de setembro houbo moito traballo no eixo de soberanía alimentaria e defensa do territorio, sobre todo no do programa de restauración de lagoas de inverno, que financia a AECID e Cooperación Galega da Xunta. Continuou a Escola de Incidencia Política (nalgunha das zonas xa rematou, como en San Bernardo), actividades de arte social e limpeza de canais das lagoas de inverno.
Ademais, tivemos unha das últimas crónicas das nosas participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, cunha reflexión ben chula de Belén, e tamén a volta de Aída, non sen antes dinamizar o II encontro de Mulleres Bravas en Honduras, que nos encheu de forza e tenrura.
MOZAMBIQUE
No mes de setembro no programa AquaMoz continuou o traballo de formación e acompañamento na ARA Sul relacionado cos estudos de inundacións e foron dados os primeiros pasos na ARA Centro. Tamén se está a estudar as posibilidades para facer incidencia no desenvolvemento de normativa relacionada coa planificación de inundacións en Mozambique. Por outra banda, continúa o traballo de acompañamento na monitoria da seca nas 3 ARAs e estase a organizar a participación dunha representante da ARA Sul no evento de conmemoración dos 30 anos da cooperación galega.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- El alto precio por defender el territorio: 146 personas fueron asesinadas o desaparecieron en 2024
- Paula Jiménez, socióloga: «Las clases populares le están dando la espalda al cambio climático porque se sienten fuera de lo que vendrá»
- Adiós a Jane Goodall, la legendaria primatóloga que nos enseñó a mirar a los chimpancés como a nosotros mismos
Auga
- LEMBRANZAS: Soluciones Basadas en la Naturaleza: claves de su aplicación en cooperación al desarrollo
- Pobresa hídrica: com garantim el dret humà a l’aigua?
- Buenas prácticas de Resiliencia climática en servicios rurales de agua y saneamiento de Centroamérica
Consumo responsable
- El cordón que une a España con Israel más allá de las armas: constructoras, control de presos, tecnología y competiciones
- La ONU señala a tres empresas españolas por sus negocios en asentamientos israelíes ilegales en Cisjordania
- Nuevo Informe: La imposible trazabilidad del cacao en España
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Enerxía e cambio climático
- Comunidades Energéticas Fake. Informe de Amigas de la Tierra
- Living Energy Farm. Welcome to the Energy Revolution
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- PALESTINA. Así actúan cinco de los principales colonos que le hacen el trabajo sucio a Netanyahu en Cisjordania
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Reflexiones más allá del crecimiento (I): Materias críticas, transición energética y justicia global
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Tras un verano negro, ahora encima la UE tantea eliminar los LIFE
- Joám Evans: “conceber o monte como espaço extrativo nom protege os núcleos habitados nem garante a gestom da água”
- Todo sobre a macrocelulosa que Altri proxecta na Ulloa, hoxe, con ‘Sermos Galiza’
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Where’s the Shovelware? Why AI Coding Claims Don’t Add Up
- Tecnología contra la despoblación
- Podcast. Gabriel Viso: ¿obsoleto o programado? 1h 20min 23seg
- Your Brain on ChatGPT
- Collapse OS. Bootstrap post-collapse technology. É un sistema operativo en Forth e unha colección de ferramentas e documentación cun único propósito: preservar a capacidade de programar microcontroladores durante un colapso civilizacional
- Open Printer. Finally, an open hardware printer you can actually understand, repair, and upgrade
- The small web is beautiful
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Cómo evitar una tecnodistopía: neuroderechos para regular la ciencia que puede crear superhumanos
- Bicimaquinas. Aparatos que funcionan con pedales
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes vai de graffitis. Fixámonos nun de Bansky que están censurando en Londres pola crítica á xudicatura, e noutro en Bilbao referente á Vuelta Ciclista e a polémica co equipo Israel Premier Tech.
E NO PRÓXIMO MES …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 8 de outubro de 15:30h a 18h. Local de ESF na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos de A Coruña. Proba de xogo de mesa para aprender sobre cooperación para o desenvolvemento.
- 9 de outubro ás 13h. Encontro aberto en Santiago de Compostela, no local de estudantes da Escola Técnica Superior de Enxeñería, para iniciar o Banco de Reciclaxe Electrónica do Campus Vida.
- 13 de outubro: Día Internacional para a Redución de Desastres Naturais
- 16 de outubro: remata prazo de inscrición e comeza o curso de balde en liña de Ingeniería Aplicada al Desarrollo Humano (aberta matrícula até agotar prazas ou comezo de curso)
- 16 de outubro: Día Internacional de Acción pola Soberanía Alimentaria dos Pobos
- 17 de outubro: Día internacional para a erradicación da pobreza
- 17 de outubro. 10h. Edificio CINC, Cidade de la Cultura, Santiago de Compostela. Acto de posta en valor da cooperación galega. Haberá mesas redondas con copartes (coincide que haberá tanto de Honduras como de Mozambique de ESF), e unha mesa de voluntariado tamén con presenza de ESF. +INFO
- 17 de outubro. 17h. Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago de Compostela. Local de estudantes. Encontro con persoas das organizacións coas que colaboramos en Honduras (CODDEFFAGOLF) e Mozambique (Administración Regional da Auga do Sur). Será unha ocasión incrible para coñecelas e falar con elas tranquilamente.
- 18 de outubro: Repair Day 2025
- 24 de outubro. Escola de inverno na Domus A Coruña. ÁS 17h faladoiro sobre FreeCAD. Ás 19 Experiencias sobre Anki. Tamén a partir das 19h, Repair Café para darlle nova vida a vellos aparellos
- 24 de outubro: Día Internacional contra o Cambio Climático
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Teño razóns para manter a esperanza. Non vou a abandonar, pola xente nova, porque se a xente nova abandonase, entón si que xa non habería esperanza
Jane Goodall, que finou o pasado 1 de outubro.