Fragmentos sobre tecnociencia na educación, traballo e organización política

A continuación, na nosa liña de divulgación en galego no eido da tecnoloxía para as persoas, queremos compartirvos tres fragmentos doutras tantas publicacións que, ao noso parecer, reflexionan moi axeitadamente sobre aspectos importantes da nosa sociedade e como a tecnociencia inflúe neles: a educación, o modelo político e o traballo.

EDUCACIÓN

Fragmento de La Universidad Comprometida, de Vicente Manzano, páxina 171 do libro.

En boa medida, a evolución ética é consecuencia da evolución do pensamento humano. Padezo unha profunda indignación cando observo que o respecto ofrecido ao coñecemento técnico é moi superior ao que se orienta cara ao ético. A xustificación é unha profunda e sesgada ignorancia. No imaxinario colectivo, a evolución da sociedade atópase moi ligada ao progreso tecnolóxico, á abundancia de recursos creados pola combinación de ciencia e tecnoloxía. Esta impresión deixa orfa á ética, a pesar da inxente enerxía implicada ao longo dos anos e de multitude de persoas para ir conformando imaxes ao redor da forma de estar no mundo.

Talvez, a principal consecuencia daniña do paradigma da simplicidad foi separar a técnica da ética, a ciencia da conciencia. A compartimentación froito da segmentación dos problemas e as tarefas de análises, levanta multitude de muros que impiden facer preguntas relevantes, ter visión de conxunto e promover un pensamento complexo. O coñecemento simplificado faise para ser engranado en sistemas anónimos. É independente de quen coñece. E xérase por unha inercia imperante para a que cada xerador individual non é máis que unha peza irreflexiva do sistema que, desta forma, libérase de encargarse dos problemas humanos.

MODELO POLÍTICO

Fragmento de Noam Chomsky | Michel Foucault. A natureza humana: xustiza versus poder (Páxinas 33 34, preguntas do público)

En canto á idea que talvez axexaba na súa pregunta -unha idea que adoita expresarse a miúdo- respecto de que hai algún imperativo técnico, algunha propiedade da sociedade tecnolóxica avanzada que esixe un poder e unha toma de decisións centralizados -e moitas persoas afírmano, desde Robert McNamara cara abaixo-, ao meu entender é algo completamente absurdo, nunca ouvín ningún argumento no seu favor.

Paréceme que a tecnoloxía moderna, como a tecnología do procesamento de datos ou da comunicación, entre outras, ten precisamente o efecto contrario. Isto significa que a información e a comprensión relevantes poden transmitirse a todos en forma rápida. Non debe estar concentrada nas mans dun pequeno grupo de administradores que controlan todo o coñecemento, a información e a toma de decisións. Por iso penso que a tecnoloxía pode ser liberadora, ten a propiedade de ser potencialmente liberadora; convértenna, como a todo o demais, como ao sistema de xustiza, nun instrumento de opresión porque o poder está mal distribuído. Non creo que haxa nada na tecnoloxía moderna ou na sociedade tecnolóxica moderna que nos conduza cara a unha centralización do poder; máis ben, opino o contrario.

TRABALLO

A Fin do Traballo. Jeremy Rifkin. https://es.wikipedia.org/wiki/El_fin_del_trabajo

Por primeira vez na historia moderna moitos seres humanos poderían quedar liberados dun grande número de horas de traballo, e así adquirir unha maior libertade para levar a cabo máis actividades de lecer. As mesmas forzas tecnolóxicas poderían, sen embargo, levarnos a maiores niveis de desemprego e a unha depresión de ámbito internacional. O feito de que nos espere un futuro de utopías ou de realidades depende, en grande medida, de como queden distribuidas as ganancias na productividade durante a era da información. Unha distribución xusta e equitativa das melloras na productividade requeriría unha redución a nivel mundial nas horas de traballo semanais e un esforzo conxunto entre todos os gobernos centrais para xenerar empregos alternativos no terceiro sector – na economía social- para aqueles cuxo traballo xa non é útil no mercado. Se, a pesares de todo, non se reparten as enormes ganacias de productividade, resultado da revolución propiciada pola alta tecnoloxía, senón que se emprega principalmente para aumentar os beneficios das empresas, para outorgar maiores dividendos aos accionistas, para retribuir mellor aos altos executivos das multinacionais, así como para a emerxente elite de traballadores implicados nos novos coñecementos da alta tecnoloxía, as probabilidades de que as crecentes diferencias entre os que o teñen todo e os que non teñen nada conducirán, sen dúbida, a disturbios sociais e políticos a escala internacional.

Bioconstrución na educación secundaria.Proxecto EDUESPIGA

Queremos compartirvos a memoria do que se fixo dentro do proxecto EduEspiga, que ESF Galicia apoiou con fondos de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e que desenvolveron xs compas de ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrución.

O ​ proxecto “EduEspiga” tivo como finalidade a sensibilización medioambiental de xoves a través de obradoiros teórico-prácticos sobre bioconstrución, impartidos en 8 institutos de educación secundaria e centros de formación profesional.

A ​ bioconstrución consiste nun tipo de construción natural que revisa as técnicas tradicionais de construción dende a perspectiva das innovacións tecnolóxicas. Ten moi en conta a calidade e toxicidade dos materiais empregados, e propón uns principios éticos entre as persoas involucradas no proceso de construción e futuros usuarios. Así, a bioconstrución da solución ós problemas medioambientais que provoca a construción actual, ao traballar dende o punto de vista da sustentabilidade e eficiencia enerxética, e se conforma como o mellor xeito para reducir o impacto ambiental provocado pola construción, e mellorando o desenvolvemento social. Educando dende o punto de vista dun consumo responsable de enerxía e recursos, e buscando unha calidade de espazos e materiais, conseguiremos una sociedade máis sá, autónoma e sensibilizada co medio. Como se pode ver, encaixa á perfección coa liña de traballo que se pretende impulsar dende ESF en tecnoloxías para o desenvolvemento humano. Gustounos tanto a experiencia, que xa estivemos a preparar a segunda fase, a ver se acadamos financiación!!

 

Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2018

 

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Xa temos aquí o resumo de todo o acontecido durante este mes na sempre activa vida esfeira. Rematou este curso a materia de Cooperación na Enxeñaría Civil na Universidade da Coruña e neste mes aprendemos, entre outros temas, sobre experiencias de enxeñeirxs en cooperación. O 5 de maio estivemos no día da ciencia na rúa na Coruña e falamos en Cuac FM sobre como poñer a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común. O 18 o noso Miño falou de participación e boa gobernanza na xestión da auga na facultade de Filosofia e Letras de Valladolid. Alí estivemos como en casa con Ingeniería Sin Fronteras Castilla y León. E chegou o gran día esfeiro…o 15 de maio fixéronse 25 anos desde que Enxeñería Sen Fronteiras constituíuse como Asociación. 25 anos de pensamento crítico e tecnoloxía para o ben común. Grazas a todas as persoas que o fixéstedes posible!! E para volver celebralo, estreamos o vídeo do XXV Aniversario de ESF. Atentxs, que non ten desperdicio… E para o vindeiro 15 de xuño, non te perdas a Feira Compostela+Solidaria coa Coordinadora Galega de Ongd. Por alí andaremos argallando nos portátiles, anímate! Dentro dos eventos de Compostela+Solidaria, até o 24 de xullo no museo do pobo galego podes ver a exposición Mulleres Tecedoras do Cambio, onde dúas ESFeiras aportaron sendas fotos de entre as 23 expostas.

 


HONDURAS

    En Honduras, contamos como foi o primeiro ano de execución do proxecto financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia en 2017 dentro do programa de Soberanía Alimentaria. Tamén se pode ver como rematamos o proxecto piloto de bombeo de auga con enerxía solar en El Fortín (municipio de El Triunfo), financiado pola Deputación da Coruña, dentro do outro gran programa que desenvolvemos en Honduras, o de Dereito á Auga. Por outra banda, non nos esquecemos do que ocorre en Nicaragua, país onde traballamos até 2010 e onde seguimos tendo alianzas. Esperamos que se vaia solucionando con diálogo,e que serva para ir fortalecendo o estado de dereito no país. Compartimos o manifesto dxs compxs de La Cuculmeca e o informe de Centro Humboldt


 

ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

 

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

 

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

A tecnopolítica é unha capa do político e, sen o seu fundamento, está oca, resóa en baleiro. Os “me gusta” non cambian o mundo. O compromiso e a acción si.
Andoni Alonso