Entradas

Boletin Oficial ESFeiro: marzo 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Aquí seguimos un mes máis coas novidades esfeiras. O pasado 7 de febreiro, pechouse a solicitude de prazas de voluntariado internacional de cooperación ao desenvolvemento, o Programa de Coñecemento da Realidade 2020 de ESF. O proceso de selección foi moi complicado, pola gran motivación das 21persoas que se candidataron. Delas só podían quedar 3, que foron Irene, Xoel e Eva, ás que pronto coñeceredes.

Despois da aprobación da nova Planificación Estratéxica 2020-2024, aquí podes ver cal é a nosa misión, a visión que temos para os vindeiros anos, e tamén os nosos principios e valores.

O 13 de febreiro foi o día internacional da radio, tecnoloxía que acercou un pouco máis ás persoas, pero que tamén ten risco dependendo de «quen a goberne». Por iso preferimos ás radios comunitarias, e quixemos imitalas coa nosa ESFRadio onde xa se pode escoitar o 4º e 5º episodios, que forman parte de Apocalipse Nau, un informativo «un pouco» irreverente


HONDURAS

En marzo presentamos dous novos proxectos á financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Un é a continuación do programa de auga, en colaboración co grupo AQUATERRA da Universidade da Coruña. O outro é a continuación do programa de soberanía alimentaria, incidiendo no eido da redución da fenda de xénero, nunha segunda fase que afondaría no fortalecemento das Oficinas Municipales de la Mujer e dos grupos de productoras da zona do Golfo de Fonseca. Ademais, aquí deixamos un resumo do que foron os programas en Honduras en 2019.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:

  • El otro mundo. Volumen 1. Miguel Brieva.

E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

O ecosistema definitivo para a vixiancia e manipulación de miles de millóns de persoas en previsión dun futuro irrevocable: pronto seremos moitos máis vivindo en moito menos espazo, competindo por menos recursos, nun entorno cada vez máis hostil. E estas infraestruturas de poder centralizado, persistente e escuro non están deseñadas para axudarnos a xestionar esa crise. Están deseñadas para xestionarnos a nós durante a crise. Non nos van server para facer fronte ao poder. As ferramentas do poder nunca sirven para desmantelalo.

Marta Peirano (El enemigo conoce el sistema).

Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Comezamos setembro participando nun Laboratorio sobre Activismo organizado polas compas de Amigos da Terra.

Coa chegada do outono, un tempo de cambios no que semella que a sociedade comeza reclamar tamén cambios urxentes para que os gobernos apliquen as medidas necesarias para frear o cambio climático. Por iso, o 27 de Setembro apoiamos a #folgamundialpoloclima do #27S. Pedimos que se declare xa a #emerxenciaclimática e se tomen medidas concretas para combatela. Mentres tanto, seguiremos impulsando cambios no noso día a día, e tamén, colaborando con outras persoas en movementos e asociacións.

Durante o verán tamén aproveitamos para darlle unha volta ao local de Coruña, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos (Campus de Elviña). Agora temos un taboleiro onde imos tratar de representar o que facemos en ESF, cos distintos temas e lugares onde traballamos, cun rinconciño especial do voluntariado. Tamén temos a nosa biblioteca recén remozada, con materiais para préstamo sobre Dereito á auga, enerxías renovables, soberanía alimentaria, servizos urbanos, educación para a paz, dereitos humanos, outras realidades, voluntariado e activismo, xénero… Vinde visitarnos!!

Durante unha semana tivemos a Dani, o noso presi, en Honduras, onde estivo compartindo reflexións coa nosa socia Ahjasa HN, sobre fortalecemento institucional futuro do programa de persoas técnicas comunitarias.

O 21 de Setembro foi o día da liberdade de software, ou día do #SoftwareLibre. Soberanía tecnolóxica e tecnoloxía para as persoas en estado puro. Atopamos unhas infografías chulas na web de Flisol para explicalo. Ademais, tivemos a sorte de que dende Mancomún contaran connosco para explicar a experiencia dunha ONGD na migración a software libre nun dos seus podcast.


HONDURAS

En Honduras, rematou o campamento da Red Jóvenes en acción por el clima, onde tivemos a Zoe como representante de ESF (e xa está de volta en Galicia). Rematamos setembro dándolle á benvida a Dani Umanzor como traballador na nosa sede de Honduras. Botaralle unha man a Elmer e a Raquel neste peche do ano. Tamén estivemos cos últimos preparativos da viaxe de Lourdes e Alba a Galicia.  E, como non, continuou o traballo nos programas de soberanía alimentaria, xénero e dereito á auga.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Activismo e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:

Volver


E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

«A tecnoloxía non é neutral. Estamos dentro do que facemos, e o que facemos está dentro de nós».
Donna Haraway

Boletín Oficial ESFeiro: maio 2019

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Abril foi un mes intenso de actividades. Tivemos tempo de compartir a reflexión sobre unha xornada na que participamos en marzo sobre nonviolencia nos movementos sociais. Empezamos o mes en Santiago, presentando o proxecto realizado co financiamento deste Concello en Honduras ao recentemente constituido Consello Municipal de Cooperación de Santiago de Compostela. Foi o pistoletazo de saída da campaña Compostela Máis Solidaria, na que tamén participamos o día 4 de abril cun obradoiro para a cativada sobre fedellos vinculados co abastecemento e saneamento de auga. O 8 estivemos tamén en Santiago, pero na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, falando de tecnoloxías de baixo custo para abastecemento e saneamento de auga. O 11 estivemos na Escola de Arquitectura da Coruña compartindo palestra con Arquitectura Sen Fronteiras, falando sobre proxectos de auga con enfoque de Dereitos. O 25 de abril en A Coruña, na previa das eleccións xeráis, falamos sobre a manipulación en redes sociais e as fakenews. Rematamos o mes o 30 en Lugo, falando de tecnoloxías de información xeográfica aplicadas á defensa da terra en Honduras. Como parte da comisión de incidencia da Coordinadora Galega de ONGD, tivemos reunións con partidos políticos de cara as eleccións municipais, achegándolles as propostas do sector da cooperación galega


HONDURAS


  En Honduras estes días temos a Acacia, profesora da Universidade da Coruña experta en hidroloxía e unha histórica membro de ESF, facendo unha primeira fase de formacións neste tema, que está viñendo a poñer de manifesto a gran necesidade de coñecementos en hidroloxía para afrontar os desafíos na xestión do recurso hídrico en toda a zona do trópico seco centroamericano.  Ademais, contamos como foi o proxecto que rematamos a finais de 2018 financiado polo Concello de Santiago de Compostela na primeira convocatoria de proxectos de cooperación que se organizou no concello, en 2017.  Ah, se tes interese en coñecer a aplicación de móbil SIROS, de cartografía colaborativa que se está a promover no sur de Honduras para denuncias ambientais, aquí podes coñecer algo máis dela.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Activismo e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Periódico O Salto Galiza. Maio 2019.


E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.


A ESF-RASE DO MES

“O concepto de crecemento verde é absurdo, é o súper-oxímoron”.
Joan Martínez Alier

Boletín Oficial Esfeiro: abril 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Parece que a primavera vainos animando e traendo máis actividade na vida Esfeira. Como non podía ser de outra maneira, comezamos marzo con moita enerxía apoiando a #FolgaFeminista #8M2019 e  ao movemento feminista, imprescindible na nosa sociedade para poder acadar a igualdade e xustiza social.

Sseguimos coas clases da XIX edición da materia de Cooperación ao Desenvolvemento na Caminos A Coruña da Universidade da Coruña. Queres coñecer a súa historia?

O finde do 23 de marzo tivemos aXuntanza da base social e a Asemblea Xeral de persoas socias, poucas desta volta, pero moi ben avenidas. Tivemos unha intensa xornada de reflexión sobre a ESF que queremos (que terá o seu broche final nun obradoiro do que se informará próximamente e no que esperamos moitíiiiiiisima participación!). Moitas grazas ao Concello de Padrón por cedernos as súas instalacións do centro social. 

A última semana do mes veu movida. O día 28 tivemos unha xente xenial na clase da materia Enerxía, Cooperación e Sustentabilidade do mestrado de Eficiencia Enerxética da Universidade da Coruña na Escuela Universitaria Politécnica Ferrol.
O 29, participamos nunha mesa redonda no curso de Nonviolencia, en Santiago. Aprendemos e compartimos moito sobre esta temática con outros movementos sociais. Pronto compartiremos unhas reflexións na web.


HONDURAS

En Honduras estívose a traballar arreo para preparar a documentación que debe servir para xustificar o proxecto financiado pola Xunta de Galicia que rematou en decembro 2018 (no programa de soberanía alimentaria que, entre outras actividades, contemplaba a elaboración da ferramenta SIROS), así como a primeira anualidade das dúas que forman dous proxectos (tamén financiados pola Xunta de Galicia):

-o proxecto de xénero que se está a realizar con CODDEFFAGOLF (apoio de grupos de mulleres productoras) e a Mancomunidade NASMAR (fortalecemento das Oficinas Municipales de la Mujer)

– o proxecto do programa de Dereito á Auga, que inclúe fortalecemento en temas de hidroxeoloxía e enerxías renovables co apoio do grupo AQUATERRA da Universidade da Coruña, colaborando coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento.

Ademais, pódese ver como de desenvolveu o proxecto financiado en 2018 polo Concello de Santiago de Compostela, dentro do programa de Dereito Humano á Auga (tamén o presentamos no Consello Municipal de Cooperación de Santiago de Compostela, conformado por fin en 2019).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Activismo e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Palestina. Sangre y olvido (revista de Eldiario.es)

E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

“Permitimos que as grandes compañías, cunha enorme sede de datos, implanten un modelo de negocio que domina a Internete e que está impulsando os sistemas de intelixencia artificial, co que acercámonos á creación dunha nova orde económica onde o importante é captar información pero sen darlle ningún valor ás persoas”.
Jaron Lanier

Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Comezamos o mes esixindo unha lexislación que permita verificar a trazabilidade das materias primas da electrónica que consumimos para que cumpran estándares de protección ás persoas e ao ambiente. Que partidos políticos levan isto no seu programa para as eleccións europeas?

    Seguindo co fío da nosa incidencia política no vindeiro ciclo electoral…Coñeces as propostas que temos para Concellos e Deputacións de cara ás Eleccións 2019? «Poñendo a tecnoloxía ao servizo das persoas e do desenvolvemento sustentable dende o local». Veremos como as teñen os partidos en conta nos seus programas… 

    O 14 de febreiro estivemos conversando en Oza (Carballo) sobre activismo, lembrando a Berta Cáceres e as loitas en Honduras e ata visitando o Monte Neme (impresionante). Senda Nova organizou un videoforum sobre Honduras no Espazo da Natureza de Oza (Carballo), proxectando, entre outros, o documental VOLVERÉ Y SERÉ MILLONES. Grazas a Senda Nova pola invitación e por tratarnos tan ben!

    Tamén fixemos visita ao Museo do Pobo Galego cun guía excepcional, un dos membros fundadores, o noso «antropólogo de cabeceira»(grazas Coco!) Moito que aprender das tecnoloxías tradicionais. Repetiremos!!

    Non quixemos esquecer no Día da Radio ás radios comunitarias que, no noso territorio, seguen facendo radio de e para as persoas.

    Se che gusta o futbolín tes que visitarnos no noso local de A Coruña. Démoslle unha volta ó local, onde sempre e benvido todo o mundo!!



HONDURAS

    En Honduras continúa o traballo nas dúas liñas de traballo en marcha. Na de Dereito Humano á Auga, con dúas persoas de Honduras, Francisco e Rocío, cursando o Máster en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético na Universidade da Coruña, do que se espera obteñan coñecementos aplicables á súa volta en temas de enerxías renovables. Na de Dereito á Alimentación e Soberanía Alimentaria, empezando un programa que, entre 2019-2022, financiará a AECID, chamado «Mejora de la gobernanza para el acceso a una alimentación y nutrición adecuada de los colectivos vulnerables de diez municipios del Corredor Seco de Honduras», e que levaremos a cabo con VSF Justicia Alimentaria Global e con Amigos de la Tierra, ademais de varias organizacións hondureñas (nós colaboraremos directamente con CODDEFFAGOLF, como é habitual neste programa).

Quixemos este mes remarcar a mobilización de defensa do territorio ante a minaría destructiva que tivo lugar en El Triunfo (un dos concellos onde máis traballamos nos últimos anos).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Derechos Humanos: preguntas y respuestas
  • O Salto Galiza (decembro 2018, xaneiro 2019, febreiro 2019)


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

O que urxe agora non é seguir amosando mediante a sátira o que todos sabemos, porque convírtese en redundante, senón que o verdadeiro esforzo creativo que deberíamos facer é o de imaxinarnos outro mundo posible. Frente ao aluvión de consignas de que este é o mellor mundo dos posibles, hai que facer xustamente ese esforzo de imaxinación”.
Miguel Brieva

Boletín Oficial ESFeiro: febreiro 2019

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En xaneiro comezaba unha nova edición da materia optativa da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, sobre cooperación para o desenvolvemento. Nela, fixemos unha breve presentación de que é ESF e como se traballa. Nalgunha que outra das clases teremos presenza tamén, antes de que remate en maio. Ademais, deixámosvos na web unhasrecomendacións audiovisuais por temas. Se sabedes doutras, non deixedes de recomendárnolas. Seguimos a facernos eco do que está a ocorrer en Nicaragua, a través de comunicados que nos chegan de persoas da sociedade civil coas que colaboramos cando traballamos nese país. Por outra banda, con motivo do remate do ano do 25 aniversario, o periódico O Salto Galiza publicou un artigo sobre ESF na súa versión dixital que seguro vos gustará.



HONDURAS


    No mes de xaneiro as organizacións hondureñas coas que traballamos arrincaron o ano tralas merecidas vacacións de Nadal, cos proxectos en marcha no eido da auga (coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento) e da soberanía alimentaria e a defensa do territorio (con CODDEFFAGOLF), así como co proxecto de xénero (onde colaboramos coa NASMAR e as Oficinas Municipales de la Mujer e CODDEFFAGOLF). O traballo que desenvolvemos na zona xa hai tempo que trata de introducir o elemento de pechar a fenda de xénero, primeiro con formacións a mulleres e homes, xa hai 5 anos, e posteriormente apostando xa por traballar con grupos de mulleres (como caixas rurais) e cooperativas. Isto fixo que xa en decembro e sobre todo durante xaneiro tomara forma un novo proxecto onde se traballará específicamente con 7 grupos de mulleres marisqueiras nos municipios de San Lorenzo, Amapala e Marcovia, e para o que se buscará financiación durante 2019 (empezando pola convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia, que pecha o vindeiro 14 de febreiro). Tamén é reseñable o feito de que xa se pode descargar a aplicación de cartografía colaborativa ambiental SIROS, desenvolvida polo CartoLab da UDC, dentro do programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio en Honduras. Tamén quixemos chamar a atención sobre os  8 asasinatos de activistas en Honduras no pasado 2018. 


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

 


r


E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.

Volver


A ESF-RASE DO MES

«Os usuarios deberían saber que onde hai que actuar políticamente é no terceiro entorno (o dixital) […] porque non hai conciencia de que un é cidadán no mundo dixital e que ten que esixir os seus dereitos». Javier Echeverría

 

 

Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2019

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

No mes de decembro houbo movemento, sobre todo de pensarse e reflexionar sobre ESF, e de celebrar. Estamos en pleno proceso de repensamento da asociación, para o que quixemos involucrar a todas as persoas da base social, xa fora a encontros presenciais ou a contestar unha enquisa vía correo-e. Tamén, o día 28 pola mañá, celebrouse unha charla aberta para compartir experiencias dos PCR de Honduras 2018 e de anos anteriores.  Seguimos a facernos eco do que está a ocorrer en Nicaragua, con noticias transmitidas polos nosos contactos aló, que mantemos dende que traballamos no país entre 2006 e 2010. Lembrámonos das persoas voluntarias, verdadeiro motor de organizacións como ESF, nas que ademais se quere que sexan axentes para cambiar a sociedade e acadar un mundo no que cada vez pague máis a pena vivir. Deixamos un par de crónicas moi especiais, a da visita da delegación de Honduras a finais de novembro, e outra con motivo do peche do ano no que celebramos o XXV aniversario de ESF. Ademais, tivemos tempo de desexar un feliz 2019 e por unha tecnoloxía con corazón.


 

HONDURAS

    En El Triunfo, un dos concellos onde traballamos en #Honduras no dereito á auga e fortalecemento institucional da administración local, pronunciáronse contra a minaría mediante un referéndum autoorganizado pola poboación. Tamén quixemos difundir o traballo de CODDEFFAGOLF, organización aliada de ESF, na protección das 10 áreas protexidas do Golfo de Fonseca hondureño. Entretanto, foi mes de moito traballo, pechando proxectos nos dous programas que temos no país.

  • No programa de soberanía alimentaria, con socio principal CODDEFFAGOLF, remataba o convenio 2015-2018 con AECID que desenvolvimos nunha pequena parte, en colaboración con VSF Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra, de Fortalecimiento de las capacidades de los y las campesinas organizadas para establecer un sistema de desarrollo rural justo, equitativo y sostenible que garantice el Derecho a la Alimentación en Honduras. Tamén rematou o financiado pola Xunta de Galicia en 2017-2018, o Proxecto de fortalecemento das capacidades de INCIDENCIA POLÍTICA E XERACIÓN DE ALTERNATIVAS PRODUTIVAS SUSTENTABLES de organizacións da sociedade civil vinculadas ao sector pesqueiro e agrícola de pequena escala en 7 municipios costeiros da Rexión 13 – Golfo de Fonseca, Honduras, con enfoque de soberanía alimentaria e defensa do territorio. Hai outros dous proxectos en execución e outro dous en proceso de formulación (en deseño para presentar a financiadores, que serán AECID e Xunta de Galicia). Aquí se pode saber máis destes diferentes proxectos.
  • No programa de promoción do dereito humano á auga, con socios Mancomunidade NASMAR e Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento, temos en marcha dous proxectos, que rematarán durante este 2019. Para saber máis sobre eles podes pinchar aquí.

ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Conciencia del subdesarrollo. José Luis Sampedro. Xa un clásico do tema, xa que é un libro a piques de cumprir os 50 anos.

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

Hai que manipular menos e acariciar máis á natureza. O esencial é que a técnica de acariciar non pode basearse senón na mesma teoría que posibilita a técnica do violar e destruír.

Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2018

CONTIDOS


VIDA ASOCIATIVA

En novembro tivemos bastante actividade na vida esfeira, agardamos seguir así moito tempo! Especialmente, a finais do mes, recibimos a agardada visita de seis alcaldes e unha alcaldesa da Mancomunidade NASMAR de Honduras, coa que levamos 5 anos traballando, e que tiveramos que aprazar polas inundacións de outubro. A misión encádrase no proxecto de fortalecemento das capacidades destes municipios para a xestión da auga e complementouse o 28 de novembro cun foro aberto de intercambio de experiencias neste eido. O programa no que se enmarca ñe cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e Cooperación Galega da Xunta de Galicia. A axenda da semana foi intensa, e dende aquí queremos agradecer a todas as persoas e organizacións que fixeron posible esta visita.
Pero antes da visita de toda a delegación, a principios de mes xa chegou a avanzadilla. Estiveron por aquí unhas semanas de xira Wendy,directora técnica da Mancomunidad de Municipios del Sur de Honduras (NASMAR), organización socia de ESF en Honduras, e Gina Bonilla, alcaldesa de El Triunfo, onde tivemos a maior parte de actuacións no programa de Dereito Humano á Auga últimamente. Aproveitando a súa visita en Galicia, tivemos un faladoiro con Wendyna  Facultade de Xeografia e Historia da Universidade de Santiago de Compostela sobre «El papel de la administración local en el desarrollo endógeno en Centroamérica», centrándonos na súa experiencia coa NASMAR. A avanzadilla da delegación da Mancomunidade NASMAR Honduras tamén puido coñecer, entre outras, a planta de Nostián ou a experiencia do saneamento por humidais na Facultade de Ciencias, Universidade da Coruña,grazas á Oficina de Medio Ambiente UDC, e o 15 de novembro na visita guiada ao Módulo Bioclimático A Vieira no CIFP Someso.
Tamén demos a benvida a Rocío e Francisco, que cursarán o Master de Eficiencia Enerxética na UDC grazas ao programa de fortalecemento de capacidades técnicas na Mancomunidade NASMAR Honduras,que desenvolvemos co grupo AQUATERRA da Universidade da Coruña e Cooperación Galega da Xunta de Galicia.A finde do 18 de novembro tivemos a Xuntaza da base social de ESF, foi unha fin de semana especial porque estamos repensándonos e tamén nos serviu para seguir aprendendo a coidarnos. Por iso tamén eliximos un lugar especial, a casa da cultura do Ézaro. O 20 de novembro ESF participou nas Xornadas «A Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento ante a Axenda 2030» na UVIGO. En concreto, participamos na mesa redonda «O papel das ONGD na estratexia da CUD».  Desfrutamos da exposición TecedorasDoCambio no pazo provincial da Deputación Pontevedra, onde ESF colaborou con dúas fotos. Na exposición tamén se puido coñecer de primeira man as voces dalgunhas das Mulleres tecedoras do cambio.

Lembrámonos do día de saneamento e, para rematar o mes, chegou outro ano o BlackFriday, pero dende ESF pensamos que o mellor aforro sempre é pasar do hiperconsumismo, fomentando a compra responsable e tratando de reparar se é posible. Xa imos cara o Nadal, pensa o que necesitas, infórmate de como se produce e o impacto que ten o que compramos…e sempre quedaranos a segunda man!

HONDURAS

   
    Con todas as participantes no Programa de Coñecemento da Realidade xa de volta a España, en Honduras estivémonos en novembro a centrar no peche das actividades do ano dos proxectos en marcha tanto do programa de Dereito á Auga como no de Soberanía Alimentaria


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Miguel Brieva. Dinero

E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

    Hoxe, a Internete non é outra cousa que unha caixa de resonancia do eu illado.

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

    Xa temos aquí o no novo resumo de todo o acontecido na vida esfeira e dos eventos nos que tamén participamos. Este mes ESF apoiou o manifesto «En Enerxía, non sen mulleres«. O pasado 5 de outubro mandamos espías á Mostra Do Posible. Sempre é bo momento para acercarse a Cangas, pero esta foi unha escusa perfecta para poder falar de Economía Social. A finde do 17 atopámonos na Cósmica 2018 co resto de compas da Federación de Ingeniería Sin Fronteras para compartir experiencias e recargar pilas. Grazas ISF Valencia pola acollida! Os seis alcaldes e a alcaldesa que encabezan os sete municipios da Mancomunidade Nasmar, en Honduras, visitarán a finais de novembro Galicia, para compartir boas prácticas arredor do Dereito á Auga. Favorecer unha xestión pública e de calidade do abastecemento a comunidades rurais é o obxectivo do proxecto que Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancian a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia no país centroamericano, sobre o que podedes coñecer máis neste artigo que compartimos, onde Miño, participante no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2018, nos conta a súas impresións. Por outra banda, o pasado día 25 rematou o prazo para presentar propostas para facilitar o noso proceso de reflexión para elaborar a nova planificación estratéxica da asociación para os vindeiros anos. Presentáronse 6 equipas candidatas, e tras unha complicadísima valoración resultou seleccionada a equipa de FeminismosParaGrupos. O 2 de novembro chegaron a Galicia Francisco e Rocío, que van cursar o Master de Eficiencia Enerxética da UDC. Estarán en Ferrol todo o curso, grazas ao programa de fortalecemento de capacidades técnicas na Mancomunidade NASMAR Honduras, e coa financiación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


HONDURAS

    Outubro foi o último mes de estancia en Honduras de Uxía e Miño, participantes no PCR 2018 polo grupo de Dereito á Auga. Alí puideron participar na formación en gvSIG Fonsagua, un sistema de información xeográfica adaptado á realidade dos concellos da Mancomunidade para facilitar a xestión da auga (e do que queiran). Tamén puideron compartir novos xeitos de traballo que se queren impulsar coas nosas organizacións socias no país, que faciliten a xestión dos programas. Tiveron tempo para visitar infraestruturas, como o tanque de auga de Matapalo, e de aguillar o interese no software libre poñendo en valor a menor prevalencia de virus informáticos (que en Honduras son moi habituais, dada a informalidade do software que se utiliza, e os baixos coñecementos de seguridade informática entre as persoas usuarias). O furacán Michael deixou graves danos no sur do país, e houbo que suspender a visita a Galicia prevista para outubro de 6 alcaldes e unha alcaldesa dos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR, e da técnica da NASMAR. Esta visita terá lugar en novembro, como se mencionou xa.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

    A sociedade necesita persoas que se ocupen da xente anciana e que saiban como ser compasivas e honestas. A sociedade necesita xente que traballe nos hospitais. A sociedade necesita todo tipo de habilidades que non son só cognitivas, son emocionais, son afectivas. Non podemos montar a sociedade sobre datos.

BOLETÍN OFICIAL ESFEIRO: OUTUBRO 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

    Pouco a pouco vamos colléndolle o pulso a este novo curso que coma sempre ven cargado de retos e oportunidades que ESF ten que seguir aproveitando para avanzar na procura dunha sociedade máis xusta e solidaria. Do 6 ó 8 de setembro celebrouse en Coimbra o Congreso Ibérico de Xestión e Planificación da Auga. Aínda que non participamos, esta temática está moi ligada a ESF e contamos con moitas “espías” esfeiras. Outro dos eidos nos que ESF traballa activamente é o do aceso ó Software Libre, cuxo día internacional celebrouse o sábado 15 de setembro (como cada terceiro sábado de setembro). Tamén queremos dar a noraboa a Daniel da FIC UDC A Coruña polo seu proxecto fin de mestrado do Tetris dos Dereitos Humanos. Pronto o poderedes probar! Ademais, este mes ESF apoiou o manifesto «En Enerxía, non sen mulleres«. Dende o 22 de setembro, estivemos facendo a acollida a Daniel, novo contratado como apoio técnico aos programas internacionais, que na primeira semana de outubro viaxa a Honduras até final de ano, onde adicará os seus esforzos a acompañar no peche do ano dos diversos proxectos en marcha co resto da equipa de ESF en Honduras (Raquel e Elmer) e das nosas socias en Honduras (CODDEFFAGOLF, AHJASA e a Mancomunidad de Municipios NASMAR).


HONDURAS

    En Honduras, a equipa esfeira sufriu a baixa de Cris, que regresou xa a España trala súa estancia de PCR no programa de Soberanía Alimentaria, non sen antes coñecer as Escolas de Formación Política e xénero que se están a impulsar co apoio da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación para el Desarrollo. Alí siguen Miño e Uxía, que regresarán en outubro, e nos contan as súas experiencias até no periódico, e tamén tivemos a visita de Juan, do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña, que veu compartir co noso socio CODDEFFAGOLF os avances nunha aplicación de cartografía participativa de riscos ambientais. A finais de mes, tivemos a boísima nova de que o consorcio formado por VSF Justicia Alimentaria Global, Amigos de la Tierra y ESF Galicia, pasa á fase de identificación dun novo convenio en temas de soberanía alimentaria financiado porla Agencia Española de Cooperación para el Desarrollo. A identificación prolongarase até fin de ano e se estaría executando nos próximos 4 anos (2019-2022).

Aquí se pode ver de xeito moi resumido o que estamos a facer en Honduras no noso programa de soberanía alimentaria, e aquí no de dereito humano á auga.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

A tecnoloxía non é neutral e as consecuencias son obvias. Está cambiando o xeito en que mantemos conversas, a nosa forma de pensar e está causando estragos no noso sistema democrático.
Tristan Harris