Entradas

Breve y poco sistemático resumen de lo hablado en la primera cibertertulia sobre Sistemas Complejos

El debate giró en torno a una aparente tensión: mientras que en la sociedad humana parece cada vez más necesario reducir la complejidad (menos flujos, menor consumo, simplificación de estructuras), los sistemas ecosistémicos muestran que una complejidad bien articulada aumenta la eficiencia en el uso de recursos y la resiliencia. Así, la cuestión no es tanto “tener más o menos complejidad”, sino qué tipo de complejidad y, sobre todo, qué tipo de vínculos la sostienen.

Se puso el foco en que lo esencial en los sistemas no es la cantidad de conexiones, sino su naturaleza: vínculos basados en la corresponsabilidad y los cuidados. En este sentido, se cuestionó si la sociedad actual solo es capaz de fortalecer este tipo de relaciones en contextos de crisis o catástrofe, cuando la interdependencia se hace evidente.

También se introdujo una mirada descentrada de lo humano: si la humanidad desapareciese, el planeta se reajustaría. Esta idea invita a repensar nuestra posición en el mundo y a incorporar desde la educación una relación menos antropocéntrica con la biosfera. Vinculado a esto, se señaló que el “problema” de adaptación y resiliencia frente a la escasez está especialmente localizado en Occidente, históricamente acostumbrado a la abundancia.

En el plano económico y laboral, se abrió el debate sobre si la descomplejización debería implicar también cambios profundos en el trabajo y en la producción. Se apuntó a la economía social como una vía para transformar los vínculos económicos, poniendo en el centro las necesidades reales y cuestionando la utilidad de ciertos empleos. Esto conectó con la reflexión sobre la avaricia y la acumulación: si son tendencias intrínsecas o si, más bien, la sociedad actual premia y refuerza ciertos comportamientos frente a otros. También se destacó la tendencia cultural a idealizar liderazgos fuertes, en un marco aún muy patriarcal.

Otro eje importante fue la necesidad de tomar conciencia de nuestros impactos. La tecnología podría servir para reforzar vínculos de corresponsabilidad, pero muchas veces se utiliza para alejar las consecuencias de nuestras acciones (como en los sistemas de saneamiento que “hacen desaparecer” los residuos). Esto podría estar ligado a un modelo que prioriza la comodidad para sostener el ritmo de trabajo y consumo.

Finalmente, se abordó la cuestión del colapso: de producirse, sería muy difícil reconstruir la complejidad social actual, ya que se basa en recursos que se están agotando. Además, los sistemas complejos son altamente inciertos y difíciles de reproducir. De hecho, incluso se puso en duda que sea deseable reconstruir una sociedad como la actual, abriendo la puerta a imaginar otras formas de organización más sostenibles y centradas en los cuidados.

¿Qué hacer con los incendios en Galicia? 5 expertas opinan

Este año, tras la ola de incendios que asoló muchas zonas del noroeste de la península, quisimos pararnos a reflexionar más en detalle sobre este fenómeno.

Como parte de nuestro programa de Tecnología para el Bien Común en el ámbito Profesional de la Ingeniería y de la Economía Social (ESFPro), le encargamos a Lucía Ferro, colaboradora de ESF que le tenía muchas ganas a este tema, que entrevistase a personas de distintos ámbitos y disciplinas para ver sús aproximaciones.

Lucía habló con:

  • Emilio Díaz Varela (profesor de ordenación del territorio en la USC)
  • Mar Pérez Fra (economista especializada en el ámbito de la política agraria y profesora en la USC),
  • Isabel Villalba Seivane (secretaria general del Sindicato Labrego Galego),
  • Sandra Otero Sanmiguel (ingeniera forestal en la empresa privada)
  • Lourenzo Fernández Prieto (catedrático de historia contemporánea de la USC )

Las compañeras de O Salto y de El Salto tuvieron a bien publicar el artículo en dos partes, tanto en gallego como en castellano. A continuación los podéis disfrutar, como parte de ese material para reflexión más pausada que estamos tratando de promover en este fin de año (junto con el podcast sobre Altri ou la lectura sobre gestión comunitaria de los bienes).

Gallego

Castellano

(Fotografía: Lucía Ferro)

ESFRadio. Os coidados ás activistas nos movementos pola defensa da terra

Neste programa de ESFRadio quixemos chamar a atención sobre un tema do que non se soía falar demasiado nos activismos tradicionais: os coidados das persoas activistas.

Cando o obxectivo é defenderse dunha ameaza concreta e acuciante, a cousa convírtese nunha guerra, cos seus códigos e xeitos de organizarse e actuar. O obxectivo final é claro, e todos os recursos se poñen ao servizo de acadar ese obxectivo. As formas, o como traballar e organizarse, quedan aliñados só con vencer nesa loita. Este enfoque (moi vinculado ademais á masculinidade tóxica), é irremediablemente incompatible co benestar das persoas que, no caso do activismo, soen ademais estar colaborando no seu tempo libre (non é o mesmo que nos exércitos, onde sóese estar por obligación ou coacción, ou en traballos alienantes, onde sóese estar por necesidade perentoria).

Ás veces hai hiper-liderados que tiran moito pero outra xente non da seguido o ritmo e se desengancha. Outras veces as persoas que máis lideran teñen moita sobre-exposición, que afecta á súa vida persoal e laboral (e mesmo ás veces como foco de ameazas ou acoso, cando non cousas peores). Tamén pode ocorrer que as persoas que soen estar no núcleo máis activo poden sentirse soas ou non entender os ritmos máis lentos ou discontinuos das outras persoas… Como lidiar con isto? Como podernos coidar mentres coidamos o territorio? É importante mellorar os espazos de coidados? Como facelo? Que podemos aportarlles as asociacións máis xeneralistas como ESF, que podemos permitirnos facer un activismo máis «slow» ou menos acuciante?

Quixemos falar de todo isto cunhas compas ás que xa nos une un tempiño de colaboración e coñecemento mútuo. Estivemos con Maruxa de Colectivo do Vento de Campolameiro, Roberto tamén de Colectivo do Vento e tamén da nosa base social e Isabel da Plataforma Mina Touro-O Pino Non. Con Sergio lanzando preguntiñas e Jorge á produción, pasamos un rato agradable nunha contorna moi linda, na praia fluvial da Tarroeira, ás beiras co río Tambre, en O Pino.

E rematamos cunha visita ao redor da zona cero da mina Touro-O Pino, onde entendemos aínda mellor o conflicto que se está a vivir.

A xira e o programa podcast foi posible grazas a subvención con cargo a fondos da casiña solidaria IRPF, concedidos pola Xunta de Galicia, Conselllería de Cultura, Lingua e Xuventude, na convocatoria 2024

▶️ ESCOITA O PROGRAMA AQUÍ:

ESF no Encontro de profesionais pola defensa do territorio. Queremos un territorio para coidar a vida

Onte tivemos representación ESFeira no encontro de profesionais pola defensa do territorio, neste caso sobre todo contra a implantación de Altri na Ulloa, cunha andaina entre Casanova e Leboreiro. Despois distintas voces e distintas sensibilidades falaron e acabouse lendo un manifesto.

Miguel falounos do patrimonio paisaxístico, cultural e sentimental de Leboreiro, ao lado da «Zona 0».

Socorro, a mestra, defende que non pode haber axeitado estudo de impacto ambiental sen ter en conta ás crianzas e outros grupos vulnerables. Non a colonización deste territorio!

Dende a plataforma de Defensa ria Pontevedra se vincula a loita ence e altri: NIN ALTRI NA ULLOA NIN ENCE NA RÍA!

Pilar, labrega ecolóxica de Vila de Cruces traenos o medo á contaminación.

Lois, gandeiro, di que gandeiría é máis que producir alimento, é modelado da paisaxe e protección ambiental.

Dende o traballo social dise que todas somos axentes de cambio ecosocial na comunidade.

María ,enxeñeira naval de Antas de Ulla lembra «o progreso» que chega a súa aldea cando a concentración parcelaria arrasarou valados e carballeiras e non recoñecía a súa aldea. Agira vive nunha aldea que está só na súa memoria e lle da tristeza.

Ana Pernas, avogada, lembra a recente condea á Xunta por deixadez coa contaminación do Limia e non defender o ben común. Van promover a personalidade xurídica do río Ulla.

Concha Casares do grupo vivo Melide , ten negocio de hostelería no Camiño e defende o patrimonio, que é noso.

Galizaltri e altrilicto non é para nós. Haberá que elixir que modelo territorial e produtivo queremos e que terra lle deixaremos a quen vén detrás.

Xenial coma sempre, con retranca e lucidez, Quico Cadaval facendo de mestre de cerimonias, nunha sorte de eucaristía pola terra e o territorio

Puidemos participar neste encontro grazas ao programa de ESF no eido profesional (ESFpro).

Comando Hacker de Xornalismo Ético

Durante o pasado mes de maio o alumnado de 2º da ESO participante na radio do IES San Rosendo (Mondoñedo) estivo inmerso nun Comando Hacker sobre ética no xornalismo.

Alberto Quián, docente do mestrado de IA e Xornalismo da USC, achegoulles as chaves para facer unhas boas entrevistas e investigacións e tamén lles expuso os peligros das fake news e o transfondo do clicbait. Unha semana despois, o alumnado desprazouse ata a Escola de Camiños da UDC, onde temos a oficina de ESF. Alí entrevistaron a distintas persoas da base social de ESF para coñecer os proxectos que levan a cabo, a súa traxectoria como voluntarix ou profesional na organización así como as súas inquedanzas persoais. Por outra banda, no mesmo día tiveron un espazo de exposición e conversa, que tamén quedou recollido a modo de entrevista inversa, arredor de dúas problemáticas medioambientais da contorna de Mondoñedo.

Bule a escoitar estas dúas produccións!

Entrevista do alumnado a ESF

Entrevista ao alumnado sobre afeccións medioambientais

Enxeñería Sen Fronteiras rexistrada como Entidade de Carácter Ambiental de Galicia

O pasado día 21 de agosto recibimos a confirmación de admisión de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental de Galicia.

Hai anos que ESF traballa no eido ambiental, xa que este é un dos piares para unha tecnoloxía para o ben común (moi centrada nas persoas pero, precisamente por iso, tamén centrada no ambiente e nos sistemas que aseguran a vida). Pero nunca nos vimos nin nos vían como unha entidade especificamente ecoloxista. Tal vez porque en realidade estabamos máis centradas no eido de cooperación ao desenvolvemento e educación pola cidadanía global (ou sexa, no traballo coas persoas). Pero xa hai anos que se ten asumido que non se pode traballar poñendo a vida no centro sen traballar polo que sustenta a vida.

Así que, celebramos este novo fito que, se ben é un recoñecemento administrativo, tamén nos axuda a definirnos como asociación moito máis transversal.

Aquí se pode consular o dossier de proxectos actuais de carácter ambiental, que presentamos como complemento á solicitude de entrada no rexistro.

Monitoreo biológico en lagunas de invierno de Honduras y río Laure


Como seguimiento de las actividades que se están realizando en la laguna de invierno de Guapinol, ubicada en el municipio de Namasigüe, la semana pasada, con el acompañamiento de pescadores de las comunidades cercanas, se realizó la extracción de cámaras-trampa que fueron instaladas hace un mes en la laguna de invierno.

Los monitoreos se están haciendo con la finalidad de levantar una línea base de la flora y la fauna que se encuentra en el sitio, para contar con una referencia de biodiversidad de la zona con qué comparar a lo largo de la ejecución del proyecto de restauración de la laguna (y años después).

Se trata de una actividad dentro del proyecto de Restauración de las lagunas de invierno como medio de subsistencia para las poblaciones pesqueras locales Fase 1, financiado por la Cooperación Española a través de la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo y la Cooperación Galega, y ejecutado en colaboración con nuestro socio hondureño CODDEFFAGOLF.

ACTUALIZACIÓN 27/6/24

Dentro del proyecto de Mejora de la Gestión Comunitaria del Agua en el Sur de Honduras, fase 1, financiado por la Cooperación Galega, en colaboración con el Consejo de Microcuenca y CODDEFFAGOLF, se llevaron a cabo a cabo la instalación de 8 trampas cámaras y 10 trampas Sherman en las comunidades de La Danta y Laure Arriba. Esta iniciativa es también parte de los esfuerzos por conservar y proteger nuestra biodiversidad local.


Las cámaras-trampa permitirán monitorear de cerca la fauna silvestre de la microcuenca, obteniendo datos valiosos para su estudio y conservación. Mediante las trampas Sherman se obtendrán datos adicionales sobre la población de micromamíferos de la zona.

Altri Non

Onte varias esfeiras estivemos na manifestación en Palas de Rei, convocada pola Plataforma Ulloa Viva, contra a instalación dunha fábrica de celulosa por parte dunha empresa portuguesa, Altri, con outras socias. Case 20.000 persoas mobilizáronse nesta pequena vila de Lugo.

O lema da manifestación, #AltriNon, non era un simple rexeitamento a unha fábrica de celulosa. Viuse unha sociedade civil que quere ser informada con transparencia, non infantilizada, que está farta de que uns poucos decidan o modelo socioeconómico para beneficio duns poucos. Este proceso é o «anti ben común» e, por iso, unha asociación como a nosa non pode deixar de facerse eco.


O proceso non promoveu a participación das persoas afectadas, nin sequera ten claro como vai afectalas (a elas, nin ao medio, con moitas dúbidas en canto a impactos medioambientais). É un exemplo de extractivismo onde se externalizan os impactos negativos pero non as gañancias e, de feito, a empresa Altri non é nova en malas prácticas extractivistas, con diversas multas (en Portugal non a quixeron por estes e outras razóns…). Tamén se ve o modelo «macroindustrial» que tanto gusta nalgúns ámbitos. 10 veces máis superficie que ENCE. Certo que a celulosa é precisa, pero fai falta semellante monstro?

Con respecto a iso, un elemento importante, ademais da opacidade deste proceso e o risco ambiental, coa connivencia das administracións públicas e os dous partidos maioritarios, é o modelo productivo e, por ende, territorial que implica impulsar unha fábrica como esta en Galicia. O monocultivo de eucalipto (como calquera outro monocultivo, aínda que para que sexa rentable a nivel industrial soe ser intensivo en recursos, sexa agroquímicos, terra ou ambas), é un problema grande en Galicia. Con este proxecto agravaríase a dependencia deste monocultivo. Hai diferentes modelos productivos, hai que ter claro por cal se aposta. En ESF falamos de soberanía alimentaria, o pequeno e adaptado á nosa contorna, e participación co-responsable das persoas nos territorios, todo o contrario deste modelo que queren seguir impulsando. Estamos en contro do eucalipto e a industria? Non, pero parece que non sabemos medirnos cando atopamos unha materia prima aparentemente «rentable». A acumulación de cartos pasa por riba de calquera outra consideración, non é?

Tamén queremos chamar a atención sobre a manipulación dos medios de comunicación e o seu aliñamento co poder. Non é nada que non soubésemos, pero cómpre sempre telo na mente se queremos unha cidadanía crítica para poder exercer, como din en Centroamérica, un ¨monitoreo social» forte, moi saudable para a democracia.

Para coñecer máis deste conflicto recomendamos este audiovisual, Altri: a sede insostible, de 25 minutiños, que quixemos apoiar dende Enxeñería Sen Fronteiras xunto con outras plataformas e organizacións e, sobre todo, o traballo de xornalismo activista das compas Elena e Pablo, de Xarda e O Salto.

Esperamos, dentro do proxecto Mulleres Bravas, apoiar á Plataforma (que conta con moita colaboración cidadá e moitas mulleres en primera liña, pero fai falta todo o apoio posible), con vindeiras formacións sobre Comunicación de Guerrilla.

Prosiguen las obras de restauración de lagunas de invierno en La Berbería, Honduras

El programa de restauración de las lagunas de invierno como modos de vida de las poblaciones pesqueras de Namasigüe y El Triunfo, arranca con las primeras de las grandes obras para mejorar la capacidad de flujo hidrológico y de almacenamiento de agua, en la laguna de La Berbería.


El proyecto inicial en el que se enmarcan estas obras está financiado principalmente por la Cooperación Galega (Xunta de Galicia) y marca el ritmo y primeros pasos del programa. Comenzamos con las intervenciones en la Laguna de La Berbería. Posteriormente, seguiremos con fondos de la Cooperación Española (Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo, Ministerio de As. Exteriores y Cooperación) en la laguna de Guapinol.

La Laguna de la Berbería se sitúa en Honduras, en el límite con la frontera de Nicaragua. A ella llegan a pescar más de 100 pescadores/as de las comunidades cercanas, y a anidar numerosas especies migratorias de aves. Por su valor ecológico es considerada un objeto de conservación en el Subsistema de Areas Protegidas de la zona sur de Honduras: espacio de conservación hábitat especie de La Berbería.

En las últimas décadas, estas ricas y prósperas lagunas han ido perdiendo sus funciones productivas y ecosistémicas. Esto fue sobre todo debido a los cambios del flujo del agua por la obstrucción de la salida y entrada del mar por la industria camaronera, pero así mismo por los eventos climáticos extremos que arrastraron lodos, contribuyendo todo eso a la colmatación y pérdida de capacidad de recarga hídrica de las lagunas. En el proyecto, se pretende frenar y revertir este proceso de degradación ambiental, recuperar su capacidad productiva, mejorar la capacidad de ingresos de las familias, y mejorar la gestión y gobernanza sobre las mismas.

Las obras, son un primer paso de intervención, que busca una mejor regeneración del flujo del agua, tanto dulce (lluvias) como salada (mareas). Se comenzó levantando en altura la borda perimetral existente en la zona sur-oeste, así como el ahoyado y exavado superficial en determinadas zonas para conseguir mejor profundidad, creando montículos donde se retenga la tierra a través de la fijación por bosquetes de manglar. Esperamos que con las lluvias de 2024, que ya están por llegar, se vea una mayor cantidad de vida en la laguna.


Créase en ESF un grupo para facilitar asesoría técnica a plataformas de defensa do territorio de Galicia

A asociación Enxeñería Sen Fronteiras vén de aprobar na súa asemblea xeral a creación dun grupo de traballo para apoiar a plataformas de defensa do territorio de Galicia que precisen algún tipo de estudo técnico ou asesoramento.

Nos últimos anos incrementouse o número de comunidades que están inmersas en conflitos sociais relacionados co actual modelo de explotación dos recursos naturais (minaría, eólica, etc) e desenvolvemento territorial. Algunhas enfróntanse a ameazas e malas prácticas por parte de empresas extractivas, outras ao ninguneo por parte de representantes políticos, pero o que é común é que non adoitan contar con recursos para afrontar con garantías todos os procesos burocráticos de alegacións e reclamación de dereitos. Hai requisitos administrativos e técnicos que requiren tempo e coñecementos, e aí é onde Enxeñería Sen Fronteiras quere ter un papel de apoio a estes colectivos, sobre todo no que ten que ver coa parte máis técnica, para poñer a enxeñería ao servizo das persoas e colectivos máis vulnerabilizados.

O grupo empezará a funcionar apoiándose nos contactos da asociación, tanto de persoas voluntarias como profesionais que poidan cobrar polos seus servizos, creando unha rede de expertas técnicas de confianza. Inicialmente empezarase con un ou dous proxectos piloto de colaboración para calibrar ben as actividades a realizar e os recursos que implican.

As plataformas que teñan algunha demanda, ou as persoas que queran colaborar no grupo, poden contactar a asociación polos medios que se atopan na web https://galicia.isf.es/