Boletín Oficial ESFeiro: abril 2018
Este mes de abril celebraremos o XXV aniversario da asociación, cunha xuntanza-festa no albergue de Gandario, en Bergondo. Esperamos contar con todas as persoas que foron ESF nalgún momento, e tamén xente de organizacións amigas ou xente que nos quera acompañar
CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
O mes de marzo soe ser un mes ben cargadiño, e este ano non foi unha excepción. O 8M apoiamos a folga feminista, coa que o movemento feminista deu un gran exemplo para todo o activismo. O 14M participamos no VIII Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional falando da experiencia de ESF, invitadas por AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz. Ademais, como o prometido é débeda, aquí deixamos os vídeos das Xornadas Galicia en Seca, sobre a seca na Galicia, que organizamos en decembro de 2017. Aínda que estes meses choveu, o problema segue aí… A finais de marzo, a Xunta Directiva de ESF aprobou adherirse á campaña Cousa de Raíces, en defensa do bosque autóctono. Viches xa o banco #bioconstrución de COB que fixemos con ESPIGA no Campus de Elviña da Universidade da Coruña? Ten até cartaz explicativo do proceso de construción! O 24M pola mañá estivemos no Salón do Marco de Vigo, falando e compartindo xeitos de poñer a tecnoloxía ao servizo de ben común. Durante marzo quedaron seleccionadas as persoas que participarán no Programa de Coñecemento da Realidade neste 2018, e ademais organizouse unha formación dunha fin de semana para elas (aberta a todo o mundo).Unha vez máis, a cousa foi complicada para o comité de selección. Grazas a todas as que fixéstedes o esforzo de presentarvos aínda que non resultarades seleccionadas!
O 22 de marzo foi o Día Mundial de Auga, e tivemos en A Coruña un «Concilio» onde falamos das diversas actividades no eido do Dereito á Auga que estivemos a desenvolver na asociación (aquí podes coñecelas). Tivemos tempo para participar tamén na Asemblea da Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras en Barcelona. Por outra banda, queremos anunciar que, un ano máis, convócase o Premio de Enxeñería Solidaria dende a Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras, para traballos fin de carreira no eido da cooperación.
BLOGUE HONDURAS
En Honduras, continúan os dous programas que temos abertos (Dereito á Auga e Soberanía Alimentaria). No Congreso da República de Honduras falouse do noso programa de dereito humano á auga,e do plan de xestión integral dos recursos hídricos no concello de El Triunfo. Ademais, lembramos o asasinato de Berta Cáceres hai dous anos por defender a terra para o ben común. No podemos rematar sen felicitar á organización CODDEFFAGOLF, que o 26 de marzo cumpriu 30 anos!! Exemplo de protección dos recursos para o ben común e contra o espolio e socia clave de ESF en Honduras no programa de soberanía alimentaria. Parabéns irmás, seguimos na loita!
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
- Un café on-line sobre la (in)corrección política
- A ONU pide explicacións ao Goberno español por non dar licenza a medios comunitarios como Cuac FM
Consumo responsable
- El boicot y la economía alternativa y solidaria, dos caras de la misma moneda
- El timo de la estampita
Cooperación e ONGD
- El Gobierno aprueba el Plan Director de Cooperación con el rechazo de gran parte del sector
- ¿Combatir la pobreza o parasitarla?
Educación para o desenvolvemento
- Na procura dun mundo máis xusto. Coeducar significa formar persoas en igualdade de oportunidades
- La militarización en la educación: el programa sobre defensa educativa
Iniciativas
- 8 de marzo: las mujeres han parado, ha cambiado todo
- Oasis Monte Alto. Movemento comunitario de barrio en Monte Alto, A Coruña.
Investigación para o desenvolvemento
- Informe Poletika: 1º AÑO DE GOBIERNO. La lucha contra la desigualdad bloqueada por la falta de acuerdo. 16 páxinas
- Dossier sobre ENDESA #yoIBEXtigo
Mundo
- Por qué defender un río cuesta la vida
- En Honduras las mujeres se plantan contra la dictadura
- Recomendaciones incluidas en el informe final de observación de la Misión de Observación Electoral de la Unión Europea – Honduras 2017
- Joven, negra y feminista: Marielle Franco, la concejala asesinada en Río de Janeiro
Políticas e modelos de desenvolvemento
Sensibilización
- ‘A ameaza do cobre’, o documental sobre o conflito da megamina en Touro e O Pino
- Los días en que conocí Berta Cáceres
- Vídeo e crónica do obradoiro «Contra a pobreza enerxética, alternativas e dereitos»
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Facebook y Cambridge Analytica nos ofrecen la última evolución de la democracia
- ¿Ha dejado de ser Internet una herramienta disruptiva?
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Bioplásticos: un prefijo que confunde
- Capitalismo tecnológico: hemos perdido la cabeza pero tenemos pulgares que escriben
- China se convierte en ‘Black Mirror’: los ciudadanos con bajo «Crédito Social» no podrán usar aviones ni trenes
Voluntariado e Persoas
- ENTREVISTA | Laura Zúñiga, hija de Berta Cáceres. «El riesgo de ser activista en Honduras es aún mayor que cuando Berta Cáceres fue asesinada»
- «El humano es individualmente inteligente y colectivamente imbécil». Diálogo entre dos sabios reconocidos a nivel internacional, un economista referente de la ecología ecológica y política, Joan Martínez Alier, y un físico investigador y a la vez divulgador de la ciencia y museógrafo, Jorge Wagensberg
- El rol de los árboles como productores de lluvia. Entrevista a Vincent Gitz, director do Programa de Investigación do CGIAR sobre Bosques, Árbores e Agroforestería.
- 12 superinventoras españolas que no aparecen en los libros de texto
- Noam Chomsky: “La gente ya no cree en los hechos”
- Lolita Chávez: o risco de defender a vida en Guatemala
- Industria armamentística. Arcadi Oliveres: “La izquierda no se ha planteado parar el desmadre de la industria de la guerra”
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Proyectos de Ingeniería Agroforestal. Dous volúmenes (I Concepción de proyectos; II Ejecución y evaluación de proyectos). 2ª Edición.
- Material do antiguo posgrado da UOC de Tecnología para el Desarrollo Humano. Dous volúmenes. (I Introducción a la cooperación al desarrollo desde la ingeniería; II Cooperación Internacional: gestión de proyectos de ingeniería)
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de abril: Día Mundial da Educación
- 6 de abril: sesión da na materia da UDC de Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Metodología de proyectos de cooperación. Entrada libre até completar aforo.
- 7 de abril: Día Mundial da Saúde
- 13 de abril: sesión da na materia da UDC de Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Acceso al Agua. Tecnología para el Desarrollo Humano en Abastecimiento y Saneamiento. Dinámica Identificación Actores y prioridades. Proyectos de Cooperación vinculados con el Agua.. Entrada libre até completar aforo.
- 17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña
- 18 de abril: pecha o prazo para apuntarse para comida ou aloxamento na celebración do XXV Aniversario de ESF Galicia
- 20 de abril: sesión da na materia da UDC de Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Aspectos técnicos en proyectos de abastecimiento de agua para una gestión sostenible de los recursos hídricos. Entrada libre até completar aforo.
- 22 de abril: Día da Terra
- 27 de abril: sesión da na materia da UDC de Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Gestión de proyectos. Enfoque del marco lógico. Entrada libre até completar aforo.
- DESTACADO 27-29 de abril: Xuntanza da base social de ESF Galicia conmemorativa do XXV Aniversario de ESF Galicia
- 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
- 5 de maio: sesión da na materia da UDC de Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Experiencia de Ingenierxs en Cooperación. Entrada libre até completar aforo.
- 1 de xuño: pecha o prazo de presentación de traballos ao Premio de Enxeñería Solidaria
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
O perigo radica en que o noso poder para danar ou destruir o medio ambiente, ou ao próximo, aumenta a moita maior velocidade que a nosa sabedoría no uso dese poder.
Stephen Hawking (falecido este mes de marzo)