Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2026

Enxeñería Sen Fronteiras no VIII Congreso Internacional de Estudios del desarrollo. Santiago de Compostela

Crónicas de Honduras. A (pen) última de Alba V. Setembro: as cancións que xa son casa

Iniciativas comunitarias no Congreso de Educación Social “O Xurés”
Quen somos
Quen somos
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF) é, por enriba de todo, as persoas que a forman. É unha ferramenta que nos axuda a transformar a sociedade dende o noso día a día, a saír do espazo de comodidade e promover o pensamento crítico, vendo como os problemas fondos que afectan ao mundo tamén se poden confrontar poñendo o noso gran de area (ou de millo…). E mellor se o podemos facer bailando, e coidándonos!
Participa
Enxeñería Sen Fronteira e posible grazas ao compromiso da súa base social (persoas socias, voluntarias e contratadas), que non so “participa” ou “está” na asociación, senon que “é” o verdadeiro soporte e motor da mesma para que, pensando globalmente e actuando localmente, sigan a explorar a forma de poñer a tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano.
