Resumo do ciberfaladoiro «Modelos de transición enerxética: o caso de As Pontes»

O agotamento das materias primas como o carbón e o petróleo, impón á humanidade un dos seus grandes retos no futuro próximo.

A transición enerxética é un proceso que nos vai acadar, mais cedo que tarde, a todas as persoas. A nivel particular cadrou que persoas que conforman a base social de Enxeñería sen Fronteiras están vivindo esa transición no pobo dás Pontes. Esa foi a semente deste ciberfaladoiro.

Como documento previo, propuxose o vídeo-documental “Ciclo combinado”. Fálase sobre a existencia de outros documentos audiovisuais. Sobre a transformación da mina na lagoa existe Azul y verde sobre Negro. Tamén El carbón, fuente de energía de As Pontes. Historia del complejo minero-eléctrico de As Pontes 1972 – 2012, o cal non fumos capaces de atopar nas redes.

Partellamos as seguintes conclusións.

– Falamos sobre o ciclo vital das industrias, e que cando rematan hai que prever alternativas. Falouse de que o plan dás Pontes tiñase que ter posto en marcha fai 20 anos, cando se anuncia o peche da mina.

– Sobre a importancia da transparencia e a participación cidadá para levar a cabo procesos de desenvolvemento da vila. Púxose de manifesto carencias nese sentido.

– Falase sobre as estructuras credas na vila, fitos patrimoniais que ainda de titularidade privada, son ben de interese público e social. A importancia da súa posta en valor, e da súa significancia como ben común. Polo tanto, sobre o futuro dos cales deben tomar partido todas as persoas do pobo. No caso dás Pontes, cítanse:

  • A chimenea da central térmica (Endesa Termic), cunha altura de 356 metros supón unha estructura única no mundo, a terceira mais alta de Europa e aparecendo no Libro Guinness dos Records como a estructura de maior volume do mundo.
  • O parque de carbóns. Unha cuberta metálica, menos coñecida por estar á sombra da chimenea pero singular. Para facerse unha idea das súas dimensións, dentro dela colllerían tres estadios de Riazor completos.

– Faise unha análise sobre as loitas levadas a cabo no último ano. E sobre a estratexia de darlle ó pobo «esperanzas» que o final acaban diluindo o movemento e a forza inicial, creando frustración, dinámicas e sentimentos de impotencia que acaban favorecendo os grupos de poder e de interés.

– Fálase sobre o feito de que as decisións de Endesa-Enel se tomen nun Consello de  Administración en Italia sen ningún coñecemento da realidade dos pobos sobre os cales se toman decisións.

– Comentase sobre a opacidade na toma de decisións, a todos os niveis, e a necesidade de crear espazos de participación.

Para rematar, acordamos seguir intercambiando información e opinións. Ademáis, proponse facer un roteiro na vila dás Pontes, para que a base social coñeza de primeira mán a realidade dese pobo.

Traballa connosco! Praza persoa expatriada Honduras

ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA (ESF GALICIA) convoca a selección dunha persoa para facer unha sustitución por baixa de maternidade e período de transferencia da representante país en Honduras, que faga o seguimento dos seus programas de Dereito á Auga e Soberanía Alimentaria en Honduras.

CONTEXTO DA OFERTA DE EMPREGO

ESF Galicia é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado, que busca construir unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano.

ESF Galicia require incorporar unha persoa que poida facer a sustitución por baixa de maternidade como representante no país, con experiencia en cooperación internacional para o desenvolvemento, para dar asistencia en terreo aos proxectos que está a executar en Honduras e facer de enlace coas organizacións socias locais e outros axentes de desenvolvemento na zona.

ESF Galicia traballa en Honduras desde o ano 2007 con actividades de identificación e desde mediados de 2008 estableceuse no sur do país (Golfo de Fonseca) executando a parte hondureña do Programa de “Reducción da vulnerabilidade en áreas empobrecidas, a través do acceso á agua potable, o saneamento e a xestión sostible de recursos hídricos e do territorio con enfoque de cunca hidrográfica en Honduras, Nicaragua e O Salvador”. Este programa, con diversas fases, prolongouse até o 2013, traballando nos municipios de San Francisco de Coray e de Marcovia. Posteriormente, en 2014, comenzouse o programa que se está a executar na actualidade, escalando as actividades do programa anterior a toda a Mancomunidade de Municipios de NASMAR (á que Marcovia pertence), traballando co persoal técnico da propia Mancomunidade e tamén coa Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento. Os elementos máis importantes do programa son:

  • Xerar instrumentos de planificación dos recursos hídricos na rexión do Golfo de Fonseca, a través de procesos participativos coas comunidades e administracións locais co fin de establecer prioridades de actuación na xestión hídrica e territorial, así como as inversións a realizar polas administracións locais e os actores de cooperación internacional presentes no país.
  • Promover procesos participativos de desenvolvemento comunitario en materia de auga e saneamento que garantan a viabilidade e sustentabilidade dos proxectos, fomentando a inclusión da poboación, con especial énfase nas mulleres, nos espazos de decisión, e posibilitando que sexa os titulares de dereitos os protagonistas do seu propio desenvolvemento.
  • Realizar obras de abastecemento, saneamento e boas prácticas para a conservación dos recursos hídricos en base a ferramentas de planificación locais e ás xeradas polo propio plan, cun enfoque de innovación e de tecnoloxías apropiadas.
  • Realizar procesos de capacitación, sensibilización e incidencia de boas prácticas para a xestión dos recursos hídricos e o Dereito Humano á Auga.

Por outra banda, no ano 2010 ESF Galicia comezou a traballar no segundo gran programa que está activo na actualidade no país: o de soberanía alimentaria e defensa do territorio no sur Honduras. A organización socia hondureña de referencia neste programa é o Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF), pero participan tamén outros axentes hondureños e españois (universidades como a de A Coruña ou a Universidade Nacional Autónoma de Honduras, centros de investigación como a Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, e outras ONGD como Amigos de la Tierra España ou VSF Justicia Alimentaria Global). No programa se traballa en varios niveis, tanto directamente con familias labregas ou pescadoras, como con grupos organizados (cooperativas, grupos de mulleres, caixas rurais…) e tamén en mesas de coordinación a nivel cunca hidrográfica, municipal, rexional ou estatal (mesas de Seguridade Alimentaria, comités de cunca hidrográfica, etc.). O programa contempla unha serie de actuacións coas que se pretende fortalecer e diversificar sistemas de producción familiar para que sexan sustentables, implementar medidas para a conservación dos recursos naturais, fortalecer as capacidades de incidencia dos actores locais na reducción de riscos do territorio (que afecta especialmente a esta zona, sobre todo as secas) e a xestión dos recursos naturais con enfoque de cunca hidrográfica, e sensibilizar e capacitar á poboación sobre a conservación e acceso equitativo e sustentable aos recursos naturais con enfoque de xénero.

Nos últimos tempos intensificamos as accións neste programa no que ten que ver co xénero, con apoio a grupos mulleres marisqueiras e as Oficinas Municipales de la Mujer dos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR. Neste caso traballamos con CODDEFFAGOLF e coa Mancomunidade NASMAR.

FUNCIÓNS PRINCIPAIS

  • Realiza-lo seguimento técnico e económico en terreo das actuacións que ESF Galicia leve a cabo na zona. Elaboración de informes das actuacións realizadas, peche de xustificacións parciais e finais de proxectos en marcha. Este vai ser o punto con máis carga de traballo.
  • Coordinar o traballo do persoal de apoio administrativo de ESF en Honduras (unha ou dúas persoas, dependendo da época).
  • Ser responsable da sede de ESF Galicia en San Lorenzo, Honduras, coordinándose co persoal administrativo en terreo.
  • Coordinación cos socios locais e outros axentes para a identificación e formulación de novos proxectos.
  • Manter un fluxo axeitado de información con ESF Galicia e coordinarse no traballo coas persoas voluntarias dos grupos responsabeis en Galicia dos proxectos en execución e coas persoas contratadas en sede que dan apoio aos grupos.

FUNCIÓNS SECUNDARIAS (cun carácter máis anecdótico)

  • Colaborar estreitamente coa Coordinadora de ONGD españolas en Honduras.
  • Exercer de representante de ESF Galicia en Honduras coa poboación beneficiaria, autoridades locais, nacionais e internacionais, financiadores e demais axentes de desenvolvemento presentes nas zonas de intervención.
  • Traballar en coordinación cos socios locais e outras organizacións locais que estean implicadas nos proxectos. Elaboración de plans de traballo e supervisión.
  • Realización de capacitacións a comunidades e técnicos locais sobre a xestión dos recursos hídricos, recursos naturais e outros temas que se consideren de interese.
  • Apoiar e promover outras actividades que se realicen en Honduras e en España. Fará o seguimento e apoio das personas voluntarias ou en prácticas de ESF Galicia que se desplacen á zona e participará tamén en actividades de sensibilización e incidencia, informando sobre a situación do país e os proxectos a través das canles de ESF e outras que puideran existir.

PERFIL

Requisitos

Formación/coñecementos requeridos

  • Formación/coñecementos en polo menos unha destas áreas en temas relacionados coa xestión dos recursos naturais, xestión de recursos hídricos, ordenamento territorial e/ou desenvolvemento rural, xénero e desenvolvemento (a valorar especialidades na titulación, proxectos fin de carreira, traballos de investigación, materias, cursos, etc.).
  • Formación/coñecementos en cooperación internacional e proxectos para o desenvolvemento.
  • Coñecemento de ofimática con ferramentas de software libre a nivel de usuario.

Experiencia previa

  • Experiencia en terreo en cooperación ao desenvolvemento facendo xestión, administración e seguemento de proxectos de polo menos un dos seguintes ámbitos: fortalecemento institucional e de capacidades locais; transferencia tecnolóxica; ordenamento territorial; desenvolvemento rural ou abastecemento de auga potable e saneamento; xénero e desenvolvemento.
  • Experiencia en coordinación e traballo en equipo.

Habilidades persoais requeridas

  • Flexibilidade e capacidade de adaptación ao cambio e a contextos culturais diversos.
  • Capacidade de planificación e organización.
  • Capacidade de comunicación, escoita e negociación.
  • Iniciativa e autonomía.
  • Manexo de situacións de estrés en contextos de certa inseguridade.

Outros

  • Permiso de conducir B e dispoñibilidade para conducir en Honduras.
  • Castelán fluido e galego medio a nivel comprensión oral e lectora.
  • Dispoñibilidade para realizar entrevista en liña se se supera o proceso de selección previo (entre o 7 e o 9 de outubro).
  • Dispoñibilidade para incorporarse ao traballo en liña e viaxe a Honduras cando a situación sanitaria o permita e se completen os traballos en sede.

Valorarase:

  • Experiencia en voluntariado, especialmente en ESF Galicia u outras organizacións que actúen en líneas de traballo similares.
  • Experiencia de traballo en terreo en América Central ou Sudamérica, sobre todo específicamente no Golfo de Fonseca hondureño.
  • Formación específica en Educación para o Desenvolvemento, Dereitos Humanos, enfoque de equidade de xénero e novas masculinidades, dereito humano á auga, soberanía alimentaria, agroecoloxía e/ou multiculturalidade e interculturalidade.
  • Coñecemento da forma de traballo de ESF Galicia e identificación cos seus valores.
  • Formación e experiencia de traballo sobre software libre e ferramentas de comunicación 2.0
  • Idioma Galego avanzado na escrita e na fala.

CONDICIÓNS LABORAIS

  • O posto de traballo é a tempo completo. Se realizará un período de formación en Galicia con traballo en sede, que inicialmente poderá ser en liña. Posteriormente, o traballo desenvolverase na oficina de ESF Galicia en San Lorenzo, Honduras, con desplazamentos frecuentes á área rural dos municipios de El Triunfo, Marcovia, Nacaome, Amapala e San Lorenzo, así como ás cidades de Tegucigalpa e Choluteca.
  • O traballo será supervisado pola Xunta Directiva e coordinándose coas persoas técnicas de sede e, no período de formación, coa persoa da que se fai a substitución.
  • Data de incorporación: 19 de outubro de 2020.
  • Duración: 6 meses (incluindo 2 de proba) ampliables en función das circunstancias
  • Soldo según convenio, actualmente 2.093,03 euros brutos (con pagas extra prorrateadas), inclúe seguro médico en terreo e un viaxe internacional ao ano.

CONTACTO

As persoas interesadas poden enviar por correo-e unha carta de motivación e o seu curriculum vitae, ambos en formato pdf (non se terán en conta as candidaturas que non envíen esta documentación) a: info[arroba]galicia.isf.es

Indicar no asunto a referencia da plaza á que se opta*: SUBSTITUCIÓN REPRESENTANTE PAÍS HONDURAS.*

IMPORTANTE: todos os requisitos deben quedar referidos na carta de motivación ou no CV, se non é así automaticamente quedará excluída a candidatura.

Tras o proceso de selección se contactará vía correo-e para avisar sobre a selección ou non para a fase de entrevistas persoais.

Para máis información contactar con info[arroba]galicia.isf.es ou tfno. 881 01 1479


DATA LÍMITE PARA ENVIAR O CV: 2 de outubro de 2020 ás 23:59

Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   En agosto tivemos un pequeno respiro nas actividades asociativas. Aínda así, tivemos tempo para atoparnos un par de xoves no Grupo de Apoio Mútuo Dixital. Por outra banda, adherímonos ao  comunicado sobre a morte de Eleazar Blandón, o traballador nicaraguano, e lembrámonos, como cada ano, da masacre de Hiroshima e as súas implicacións.


HONDURAS

  En Honduras, a pesar da complicadísima situación, continúa o traballo no noso programa de soberanía alimentaria, máis necesario que nunca, financiado pola Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación. Fíxose entrega de sementes para familias, de xeito que poidan sementalas e recoller na última colleita (postrera), antes de que en novembro empece a época seca. Por outra banda, continuou a escola de monitoreo de dereitos humanos co módulo de «Documentación de Casos de Violaciones de Derechos Humanos«. Estamos traballando nunha proposta para impulsar o programa de dereito á auga, tan importante nestes tempos, que presentaremos a financiación da Agencia Española de Cooperación a principios de setembro. Non se deixou de estar en contacto coa cooperación española en Honduras, con un encontro en liña durante o mes e o seguemento do programa que estamos a realizar financiado por AECID dentro do noso programa de soberanía alimentaria (en colaboración con Amigos de la Tierra e VSF Justicia Alimentaria Global).

    Queremos enviar moitas apertas e folgos nestes tempos tan complicados ás organizacións coas que traballamos en Honduras: CODDEFFAGOLF, Mancomunidade NASMAR e AHJASA. Son un exemplo de valentía e de traballo por mellorar a vida das persoas da súa rexión.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas

E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebookinstagram, Twitter e na nosa canle de telegram difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.

A ESF-RASE DO MES

«O problema do home non está na bomba atómica, senon no seu corazón». Albert Einstein

Ciberfaladoiro. O futuro da cooperación (I).

Onte no ciberfaladoiro falamos sobre o futuro da cooperación ao desenvolvemento. Tivemos como referencia o mini-documental ¿Puede una mujer PERUANA ser más RENTABLE que la BOLSA?: El caso de Microwd, onde saen varios puntos que nos pareceron interesantes para xenerar debate.

Algúns dos temas e ideas forza que saíron foron:

  • Falamos de distintos enfoques da cooperación existente: cooperación entre sociedade civil (algunhas máis «colonizadoras» e outras máis de traballo conxunto e de pontes entre sociedades civiles, non só entre países da OCDE e países receptores de axudas), cooperación con gobernos (reforzo orzamentario, axudas condicionadas, préstamos…), etc. As reflexións foron variadas, sobre sistemas de microcréditos (e o papel das mulleres, como na iniciativa do video, e como nalgunha das que impulsamos dende a propia ESF en Honduras con grupos de mulleres), sobre se era mellor entregar fondos a cada persoa/familia de xeito incondicional, ou os programas condicionados, ou combinar, ou se o mellor era deixar a cada país co seu modelo, sen intervir, pero tamén sen «ponerle la pierna encima» (o cal no contexto de neocolonialismo e loitas polo control dos recursos é algo imposible, aínda que posiblemente si sería unha boa utopía na que os pobos foran protagonistas do seu desenvolvemento, sen inxerencias nin necesidade logo de «parches» a través dunha cooperación ao desenvolvemento interesada) .
  • Falouse de que a corrupción e a violencia son posiblemente as dúas lacras maiores para o traballo da cooperación. Neste sentido comentouse que o fortalecemento das comunidades e organizacións da sociedade civil pode ser un punto clave, que poden impulsar sobre todo os movementos sociais e ONGD en todos os países. Pensamos que ese fortalecemento e apoio mútuo pode servir de dique contra corrupción, violencia, violación de DDHH, insolidariedade entre países e ecofascismo. Falouse de exemplos concretos como o tema da corrupción e maras en Honduras, con respecto a Nicaragua, onde as maras tiveron moita menos implantación (en gran parte pola maior cohesión dos barrios e comunidades, herdada posiblemente dunha maior cultura da participación e educación popular).
  • A importancia da comunicación no desempeño de iniciativas de transformación social, tamén nas que teñen que ver coa cooperación e na creación dun mundo cun enfoque de solidariedade global e respecto aos dereitos humanos en todo o mundo. Falamos de que se bota de menos máis narrativas simples e impactantes para potenciar a necesidade deste enfoque solidario, fronte ás mensaxes simplistas do outro lado (clasismo, racismo, os de aquí e os de aló, etc.). Tamén se comentaba que é importante a diversidade de métodos de comunicación e de xeneración de mensaxe, e que as organizacións delimiten ben cal tería que ser a súa «lonxitude de onda» (público e xeitos de comunicar), e que non todos se deberían adicar a todo.