Des-Googlización: Alternativas libres ás ferramentas de Google

Hai uns días tivemos o taller de des-googlización, para avanzar na soberanía dixital e a protección dos nosos datos. Queriamos dar alternativas libres ás ferramentas de google, que semellan terse convertido en imprescindibles (iso é o que queren que pensemos). A concentración de servizos (de calquera tipo) en poucas organizacións e cada vez maiores, aumenta a dependencia e favorece a opacidade dos procesos. Por iso, como parte do traballo con enfoque de Tecnoloxía para o Ben Común, se promove tanto o software libre como a tecnoloxía libre en xeral, e se optan sempre que sexa posible por servizos de gobernanza descentralizada cun maior control comunitario.

A continuación deixamos esta pequena publicación que o voluntariado de ESF recompilou co material do que se tratou no taller. Grazas a Jose, Sergio e Jorge!! Ah, e tamén deixamos unha recomendación bibliográfica, a novela O Círculo, de Dave Eggers, moi relacionada coas prácticas das grandes empresas que trafican cos datos.

DESCARGA: https://archive.org/details/alternativas-google-hibrido

1 reply

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] Dixital, neste caso de Des-Googlización: Alternativas libres ás ferramentas de Google. Aquí se pode ver unha publicación co aprendido no taller. Relacionado con este tema, fixemos un pequeno […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.