Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2017
CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
Outubro foi un mes cargadiño de actividades. Empezamos en Carballo, cun Foro sobre Dereito Humano á Auga nese concello, onde puidemos coñecer como sinte esta problemática a poboación, nun contexto marcado pola seca. Participamos nas xornadas de Tecnoloxía e Xénero que o CEXEF organizou en A Coruña. Tamén en A Coruña explicamos en que consiste ESF nunha presentación con 20 diapositivas adicando 20 segundos a cada unha, nunha das sesións da Cooperación Expandida. Tivemos unhas xornadas en Salceda de Caselas sobre ferramentas de transformación social coa Asociación TrezeCatorze. Tamén deunos tempo a contar por que e como en ESF traballamos a equidade de xénero. Quixemos compartir a avaliación que fixemos do noso Programa de Coñecemento da Realidade dende que comezou en 2004 até o 2016. Por último, fixemos unha pequena recopilación de entidades galegas de distintos ámbitos (deportivo, social, medioambientais, de dereitos humanos, culturais) e cantas seguidoras tiñan en twitter, para que sirva para reflexionar…
BLOGUE HONDURAS
En Honduras, Vero, Adri e Dani, xs tres participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2017, volveron da súa estancia (aínda botarán de menos moito tempo as baleadas e o quesillo…). Adrián e Verónica nos contaron algo da súa experiencia na comunidade de Masila, onde pasaron uns días coñecendo como se vive nunha comunidade rural. Tamén compartimos uns informes elaborados por Irene e Martín, PCR en 2016 e 2015 respectivamente, sobre materiais e técnicas constructivas no sur de Honduras (convencionais e tradicionais). Ademais, Xabi do CEXEF rematou a súa estancia en Honduras recompilando información sobre a participación das mulleres na gobernanza das Juntas de Agua y Saneamiento de dúas comunidades do sur de Honduras para extraer leccións aprendidas e comparar con dúas aldeas galegas. Viaxamos o 24 de outubro a Madrid para manter unha reunión de seguemento do convenio que estamos a executar con VSF e Amigos de la Tierra, co apoio financieiro da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID). Puidemos explicar a persoal da AECID os avances no programa (que rematará en 2018), e recibir as propostas de mellora e parabéns polo desenvolvemento do convenio. Tamén recibimos a boa noticia de que, a falta da resolución definitiva, obtivemos para o programa de soberanía alimentaria en Honduras a nosa primeira subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo en solitario (até o dagora sempre iamos en consorcio con outras ONGD que actuaban como cabeza de consorcio).
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Las comunidades de agua se preparan para activar sus planes de emergencia
- O Pindo, agardando por un saneamento integral desde hai 20 anos
- “Bandeira Negra” a Sacyr polas minas de San Finx
- ¿Tiene algún sentido beber agua embotellada?
- Nueva publicación: “Saneamiento, un derecho humano”. ONGAWA
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- No uses Cápsulas de café a menos que sean Bio, son un grave problema ambiental
- Programado para caducar
- Consumo para a xente. A economía social ábrese paso en Galiza. Mapeo das distintas iniciativas ao longo do noso país
Cooperación e ONGD
- As ONGD rexeitan a conceción do Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2017 á UE
- Orzamentos Xunta de Galicia 2018: sanidade recupera o orzamento de 2009 mentres o ensino segue por baixo (e cooperación aínda moi lonxe tamén do que había en 2009)
- Ayuda al desarrollo: “De último de la fila a campeón de la ayuda inflada en la UE”
- A Coordinadora Galega de ONGD reúnese co Vicepresidente da Xunta de Galicia
- How can NGOs get better at using evidence to influence governments and companies?
Educación para o desenvolvemento
Iniciativas
- Special Issue «Monitoring and Governance of Water and Sanitation Services and Water Resources for Sustainable Development»
- Riseup.net
- ifixit. El manual de reparación gratuito
Investigación para o desenvolvemento
- Os incendios como un problema perverso
- Guide to Greener Electronics 2017. Greenpeace
- LOS DERECHOS DE LOS PUEBLOS FRENTE AL PODER EMPRESARIAL EN AMÉRICA LATINA. Amigos de la Tierra América Latina y el Caribe
- La brecha de género en Facebook refleja la desigualdad real
Mundo
- La lucha contra la ola de expropiaciones de tierras tras una crisis alimentaria global
- El reglamento de las ciudades modelo (Honduras) y su símil en la carta Rolston
- Berta Cáceres foi asasinada por orde da hidroeléctrica á que se opoñía
Políticas e modelos de desenvolvemento
- A Xunta promociona o turismo en Galicia cunha imaxe dunha balsa de residuos tóxicos
- Galicia ensayará un sistema pionero de pago por servicios medioambientales
- Galicia retorna al wolframio
- O PP aproba a ‘Lei de Depredación’ nun debate marcado pola política forestal
- O 82% do facturado en Galicia por industrias extractivas, de enerxía, auga e residuos lévano empresas foráneas
Sensibilización
- Galicia non reduciu a súa achega ao cambio climático nos últimos 25 anos
- Dez medidas para o monte das que só se fala cando hai vagas de lumes
- Serrat y CEAR piden el fin de las muertes de refugiados. Rescatemos #NuestroMediterráneo
- Video. 20min. URBANISMO FEMINISTA. Monólogo de Oihane Ruiz en la Universidad de Verano 2017
- Las personas no son culpables de su pobreza. Lo dice mi Parlamento
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- La pesca artesanal carga en Bruselas contra los «monstruos» arrastreros
- Aproveitamento multifuncional: O futuro do monte
- Calendarios de las verduras de temporada en Asturias
- El Glifosato, las agencias reguladoras y la ciencia- 1ª parte
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Este mes:
- Números 1 ao 5 da revista Pikara Magazine
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
E NO PRÓXIMO MES …
- 4 de novembro: Día da Ciencia en Galego
- 9 de novembro: 8ª SESIÓN CURSO Aula Local de Cooperación Expandida. A Coruña. Ferramentas e metodoloxías para a formulación de Microproxectos. Impartirá ESF Galicia
- 10 de novembro: Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento
- 16 de novembro: Día Internacional para a Tolerancia
- 16 de novembro: 9ª SESIÓN CURSO Aula Local de Cooperación Expandida. A Coruña. Microproxectos Expandidos I. Impartirá ESF Galicia
- 17 de novembro: obradoiro «Mantemento de portátiles. Se non podes abrilo, non é teu»
- 19 de novembro: Día do Saneamento
- 20 de novembro: Día Universal dos Dereitos das Nenas e Nenos
- 23 de novembro: 10ª SESIÓN CURSO Aula Local de Cooperación Expandida. A Coruña. Microproxectos Expandidos II. Impartirá ESF Galicia
- 24 de novembro: Día de acción global contra as inversións explosivas
- 24 de novembro (cuarto venres do mes de novembro): Día de Non Comprar Nada
- 24-25-26 de novembro: Xuntanza da base social de ESF Galicia en Salceda de Caselas, coincidindo coas xornadas de concienciación ambiental, con obradoiros varios sobre Sistemas Participados de Garantía, Custodia do Territorio e a presentación da curta Planeta Azúcar a cargo do seu director.
- 24-25-26 de NOVEMBRO: Maker Faire Santiago de Compostela
- 25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres
- 29 de novembro: Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino
- 30 de novembro: 11ª SESIÓN CURSO Aula Local de Cooperación Expandida. A Coruña. Microproxectos Expandidos III. Impartirá ESF Galicia
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
«A información quere ser libre, pero tamén quenes a intercambian»
Evgeny Morozov (O Desengano da Internete).