Boletín Oficial ESFeiro: maio 2018
CONTIDOS
- Blogue de Vida Asociativa
- Blogue Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA
Aínda estamos a saborear todos os bos momentos celebrados durante a Xuntanza XXV aniversario de ESF. Unha parte importante foi a renovación de cargos. Miño, Emma, Nikole, Yaiza e Saúl como presi, vicepresi, tesoureira, secretaria e vogal de comunicación respectivamente deixaban os seus cargos. Dani Vila B. asumiu a presidencia, Irene a vicepresidencia, Andreina a secretaría e Dani Vila R. a tesouraría. Moitas grazas polo traballo e adicación ás saíntes, e forza a quen entrades! E tamén moitas grazas polo esforzo ás persoas da organización, estivo xenial!
O 6 de abril estivemos na E T S Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos – Universidade da Coruña, falando sobre como abordamos os proxectos de cooperación internacional e coñecemos a experiencia dunha das nosas PCR.
A principios de mes, a nosa Patricia deixou a Xunta Directiva da Coordinadora Galega de Ongd. Foron 6 anos de traballo en rede con outras organizacións, representando ó sector das ONGD en Galicia. Grazas!!
Tamén enviámoslle aos 2 candidatos a reitor da Universidade de Vigo (algún día veremos candidatas?), propostas para que a UVigo se implique a prol dos dereitos humanos e a educación para o desenvolvemento e da ciencia posta ao servizo do ben común. Xa temos resposta para tratar de avanzar no tema coa nova equipa. Tamén, desta volta colaborando coa Coordinadora Galega de ONGD, enviamos propostas aos candidatos da Universidade de Santiago.
O 12 abril, a nosa Paola estivo de aniversario ESFeiro, 11 anos! Grazas pola túa adicación e por coidarnos tanto. 17 de Abril, foi o Día internacional das loitas labregas, onde La Vía Campesina rememora a masacre dos 19 Sen Terra que foron impunemente asasinados. Nós seguiremos acompañando procesos a prol da Soberanía Alimentaria en todo o mundo! Ese mesmo día en Santiago de Compostela, dúas activistas feministas e defensoras de dereitos de Honduras compartiron a súa experiencia de loita na charla ‘Feminismos en Honduras. A loita das mulleres defensoras’ un contexto de violación dos Dereitos Humanos’, organizado pola Coordinadora Galega de ONGD e a Asemblea de Cooperación pola Paz.
O 19 de abril estivemos na Escuela Universitaria Politécnica Ferrol falando sobre enerxía e cooperación ao desenvolvemento no Máster de Aproveitamento Enerxético da Universidade da Coruña.
BLOGUE HONDURAS
O 18 abril a nosa Raquel presentou a Enxeñería Sen Fronteiras na Asemblea da Mancomunidade de Municipios NASMAR, a nosa socia dende hai xa 4 anos no programa de Promoción do Dereito Humano á Auga. Falamos cos novos rexedores e rexedoras e tamén os e as que repiten, de que confianza, honestidade e traballo polo ben común deben seguir a ser as bases da nosa colaboración. Ademais, presentamos a proposta á AECID dun novo convenio a 4 anos para continuar a colaboración con VSF Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra na promoción da soberanía alimentaria e a defensa do territorio en Honduras.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- ¿Es peligrosa el agua del grifo, tal como asegura una web de la UNED?
- Mujeres en la gestión del agua en Jinotega, León y Achuapa, Nicaragua
- Curtametraxe. 22405 Years Before Bottled Water. 3min 12seg
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- Cinco cosas que no sabes sobre el salmón de piscifactoría
- Guía de compra pública responsable y del fomento de la contratación pública de entidades y empresas de la Economía Social
- Querido consumidor: deja de reciclar
- Justicia Alimentaria presenta «Mi primer veneno», un informe sobre las falacias de la alimentación infantil
- Inditex, Mango y Desigual suspenden en transparencia sobre sus proveedores tras cinco años del derrumbe del Rana Plaza
Cooperación e ONGD
- El complejo del «salvador blanco»: por qué puede ser racista hacerse fotos con niños negros en tu viaje a África
- La acción de las oenegés: ¿de héroes a villanos?
- Las ONG europeas constatan que la UE forma y equipa a guardacostas libios con fondos de cooperación al desarrollo
Educación para o desenvolvemento
- O museo do xoguete pontés O Comezo das Cousas inicia a organización de obradoiros…
- Escuelas libres, rurales y activas: una realidad pese a las trabas de la administración
- Así es como Einstein educó a su hijo
Iniciativas
- Xogo «Contra viento y marea», para poñerse na pel dunha persoa refuxiada
- O Comezo das Cousas. Museo-obradoiro do xoguete en As Pontes.
Investigación para o desenvolvemento
- [Libro] En la espiral de la energía (2ª edición)
- El envasado de plástico no evita el desperdicio alimentario
- MUJERES Y CONFLICTOS ECOTERRITORIALES. Impactos, estrategias, resistencias
Mundo
- El drama rohingya: 700.000 vidas detenidas en el tiempo
- La guerra en el Congo se recrudece: “No pienso en los que maté yo mismo, ellos no pensarían en mí”
- Nicaragua: “Los muertos no dialogan”
- Es por Nicaragua
- Emergencia dentro de la emergencia. Refugiados rohingyas
Políticas e modelos de desenvolvemento
- El informe sobre Transición Energética de la Comisión de Expertos (I)
- Cuatro mil millones en fragatas y otras cifras mareantes de las compras de armas de Cospedal
- El colonialismo insidioso. Boaventura de Sousa Santos
- El Congreso acuerda prohibir los utensilios de plástico de un solo uso en 2020
- La paradoja gallega: producir más energía que la que consume Madrid
- Amigos de la Tierra desaprueba gran parte de las conclusiones del Comité de Expertos de Transición Energética
Sensibilización
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- ¿Qué es la agroecología?
- El mundo conmemora el Día Internacional de las Luchas Campesinas
- «Algunos piensan que en la ciudad hay más posibilidades de empleo. No es cierto»
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Cómo es el maltrato a los 20 años: los protagonistas nos lo explican (e como as TIC se poñen ao servizo do mesmo)
- Nueva base de datos internacional de Banca armada
- Hoy hace 25 años que el CERN le regaló la web al mundo al ponerla en el dominio público
- MIT ou GPL, esa é a cuestión
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Antonio Rial: «¿Qué hacer si le regalan un móvil a tu hijo de nueve años? Pues devolverlo»
- OLPC’s $100 laptop was going to change the world — then it all went wrong
Voluntariado e Persoas
- Juan Bello Bello Arquitecto técnico y profesor del departamento de Edificación y Obra Civil del Centro Integrado de Formación Profesional de Someso. «La bioconstrucción es hacer casas ecológicas, pero también sanas»
- Manuel Rivas: “Ecologismo y feminismo son las fuerzas que nos abren a otra vida”
- Consuelo Soto protege las tierras de los tolupán, en Honduras, frente a los intereses de las multinacionales. “Sé que algún día me tocará dar la vida por defender la naturaleza”
- Andoni Alonso: “El futuro será ludita o no será”
- Volunturismo: voluntariado y selfies
- Yayo Herrero: «Es imposible revertir la crisis económica sin resolver antes la ecológica»
- Erika García e Diana Guillén: máis feminismo fronte a ditadura en Honduras
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
E NO PRÓXIMO MES …
- 1 de maio: Día Internacional dos Traballadores
- 3 de maio: Día Mundial da Libertade de Prensa
- 4 de maio: última sesión materia optativa Introdución á Cooperación na Enxeñería Civil. Experiencias de enxeñeirxs en cooperación ao desenvolvemento. 11:45h na E.T.S.E. de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.
- 5 de maio: día da Ciencia na Rúa, onde a partires das 12h faleremos en CuacFM sobre como poñer a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común. A Coruña.
- 12 de maio (segundo sábado de maio): Día do Comercio Xusto
- 17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia
- 17 de maio: Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información
- 17 de maio: Día da Internete
- 21 de maio: Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento
- 22 de maio: Día Mundial da Diversidade Biolóxica
- 1 de xuño: remata o prazo de presentación ó Premio de Enxeñería Solidaria da Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
Aprendemos que os artefactos teñen política e que a crítica humanística da tecnoloxía é necesaria.
Andoni Alonso.