Ponte sobre o río Zambeze en Tete

Crónicas mozambicanas. Visita técnica de novembro e decembro

Nos meses de novembro e decembro tivo lugar unha visita técnica a Mozambique cunha duración de 4 semanas nas que o traballo se centrou principalmente no fortalecemento da ARA Sur (Administración Rexional da Auga do Sur de Mozambique) organismo homologo a Augas de Galicia no sur país. Durante a estancia tamén se realizou una visita a sede da ARA Centro na provincia de Tete na que se abordou a concreción dos traballos en inundacións con esta ARA para o ano 2025.

Nun contexto de cambio climático no cal os ciclóns e as anomalías nas precipitacións son cada vez mais frecuentes en Mozambique, o obxectivo principal da visita foi o de continuar coa formación teórico práctica para a análise de inundacións co fin de que a ARA Sur poida dispoñer de estudos hidrolóxico-hidráulicos que lle axuden na toma de decisións no caso de precipitacións elevadas. Nun contexto de cambio climático no cal os ciclóns e as anomalías nas precipitacións son cada vez mais frecuentes en Mozambique.

Para iso traballouse na sede da ARA Sur en Maputo co técnico encargado da análise de eventos extremos. O traballou consistiu nunha nova fase de formación práctica para a realización de estudos de inundacións en bacías de pequena entidade co fin de facilitar a aprendizaxe e o manexo e procesado da análise e dos seus resultados. De modo paralelo, traballouse no peche da modelización da bacía piloto do Inhanombe e na delimitación de zonas inundables para diferentes períodos de retorno.

Os avances realizados, tanto nesta visita como na anterior do mes de outubro, foron satisfactorios e supuxeron unha notable mellora nas capacidades da técnico de referencia da ARA Sur para o estudo de inundacións.  Este técnico xa realizara o ano anterior -grazas ao apoio do Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña-, un curso en liña de iniciación a Iber+ a través de Iberaula, algo que sen dúbida supuxo un moi bo punto de partida para a actividade.

Os traballos desenvólvense sobre o modelo hidrolóxico-hidráulico integrado de alta resolución Iber+, baseado na resolución das ecuacións 2D de augas pouco profundas. A análise dos procesos hidrolóxicos e hidráulicos que teñen que ver esencialmente con estudos de avenidas e a delimitación de zonas inundables require de diferentes fontes de información relacionadas fundamentalmente coa topografía e o relevo da bacía, os tipos e usos de chans predominantes, así como da distribución espacial e temporal das precipitacións asociadas a períodos de retorno extremos, entre outros.

Tendo isto en conta, a dispoñibilidade da información local existente na bacía ou rexión a estudar xoga un papel importante. No caso de Mozambique, do mesmo xeito que noutros países de África ou outras rexións do mundo, non se dispón con frecuencia de datos locais fiables e actualizados, polo que é necesario recorrer ao uso de fontes globais que resultan de gran utilidade á hora de paliar a carencia de información existente. Para o estudo da bacía do río Inhanombe, coa excepción dos datos precipitacións, foron utilizadas fontes de datos globais de distribución libre.

Durante a visita púidose rematar o estudo piloto da bacía do Inhanombe con base no cal foi realizada unha presentación entre o persoal técnico do departamento de recursos hídricos da ARA Sul. Na xornada interna foron presentados os resultados do estudo hidrolóxico: caudais máximos obtidos para diferentes períodos de retorno xunto cos correspondentes hidrogramas de avenidas e os seus respetivos volumes, e tamén os resultados da análise hidráulica: delimitación de todas as zonas inundables existentes dentro da bacía do río Inhanombe para períodos de retorno de 500, 100, 50 e 10 anos.

Nesta ocasión tamén houbo unha visita a cidade de Tete, na provincia do mesmo nome na zona centro-oeste de Mozambique, coa idea de poñer en marcha os traballos sobre inundacións coa ARA Centro no ano 2025. A visita centrouse na realización de reunións coas equipas técnicas e directivas e no debate e concreción dos traballos a realizar que, nun principio, irán na mesma liña que os xa avanzados coa ARA Sul. A ARA centro (unha das tres ARA de Mozambique) é a responsable da xestión da bacía do río Zambeze, un dos grandes ríos de Africa no cal augas arriba da cidade de Tete está o embalse de Cahora Bassa que conta cunha capacidade de almacenamento de 63.000 hm3 (o 12o do mundo).

Durante a visita tamén se traballou no inicio da análise do ano hidrolóxico 2024/2025 e no apoio ao traballo de fin de mestrado en hidroloxía dun técnico do departamento de recursos hídricos da ARA Sur. Tamén houbo tempo para facer reunións coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e co Director da Facultade de Enxeñería da Universidade Eduardo Mondlane, coa cal se colabora realizando palestras baseadas nos traballos realizados coas ARA.

Aberto prazo para solicitar Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2025

Como cada ano por estas datas, abrimos o prazo para solicitar unha das 3 prazas do noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (ao que chamamos agarimosamente PCR).

Trátase dunha experiencia inmersiva de educación para a cidadanía global, coñecendo o traballo nos proxectos que apoiamos no sur de Honduras, coas organizacións hondureñas coas que colaboramos. Hai unha formación e integración previa, cunha estancia no verán en Honduras, na que ESF Galicia se fai cargo de viaxe internacional, seguro e aloxamento (manutención e gastos correntes van a cargo da persoa participante) para, á volta, contar co testemuño de primeira man das participantes, organizando actividades de sensibilización.

Este ano o programa conta con financiamento da Cooperación Galega da Xunta de Galicia, e tamén dos Fondos IRPF da Xunta de Galicia.

Pódese solicitar dende o 20 de xaneiro até o 16 de febreiro.

Calquer persoa maior de idade pode solicitar praza.

Nesta convocatoria de 2025, cada unha das tres prazas ten uns requisitos distintos, adaptados para perfiles diversos. A continuación se poden ver:

  • PRAZA ORDINARIA, na que calquera persoa maior de idade pode presentarse. Aquí se pode consultar as bases, requisitos valorables e prazos.
  • PRAZA PARA DOCENTES DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E FP DE GALICIA, dentro do programa Hackers Sen Fronteiras. Aquí se pode consultar as bases, requisitos valorables e prazos.
  • PRAZA PARA PERSOAS DO SECTOR PRIVADO GALEGO, TANTO DO EIDO TECNOLÓXICO-ENXEÑERIL COMO DA ECONOMÍA SOCIAL. Aquí se pode consultar as bases, requisitos valorables e prazos.

Visor de mapas de afectación da ampliación da autovía A52

Dende o noso grupo de Asesoras Ambientais a plataformas de defensa da terra, estiveron traballando na elaboración duns mapas de afectación da ampliación da autovía A52 que vén dende Ourense a Vigo.

Desdrobarían a A55 (que sube dende a fronteiras con Portugal, en paralelo á A9), pero ter dous vías con mesma saída e chegada vai producir embotellamento en Vigo, saturar o tráfico interno, e máis co efecto chamada que teñen, atravesando ademais as zonas de Bembrive e Beade, con moita afectación.

Aquí se poden descargar dous documentos:

A continuación pódese acceder ao

VISOR CARTOGRÁFICO

A alternativa podería ser liberar a AP9, tramo Porriño, pois é a entrada suroeste da cidade, que está infrautilizada ao ser de pago e ter alternativas de balde, e conectaría a parte industrial da cidade con outro polo industrial, as Gándaras e con Portugal.

Plataformas locais (como Bembrive en Pé ou AutoviaA52Non) que se opoñen a esta infraestrutura, levan tempo divulgando os problemas e as alternativas, e esperamos que lles sexa de utilidade esta ferramenta visual para que as persoas sexan conscientes de onde e como lles pode afectar.

Non lonxe de alí está a plataforma contra a A57, que vén a ser un desdobramento tamén da A9, pero a partir do norte da ría de Vigo cara Pontevedra (e que en realidade é unha infraestrutura manifestamente redundante).

Con este grupo queremos tratar de que a enxeñería se poña ao servizo dos grupos máis vulnerabilizados e invisibilizados do noso entorno.

Restauración de lagunas de invierno. Control de hierbas

En el programa de Lagunas de Invierno, observamos que se extiende por la laguna de La Berbería desde hace muchos años, un tipo de “zacate” (hierba, pasto) que domina en áreas extensas. De entrada, se considera que la presencia de esta planta acuática se debe al proceso de “dulcificación” que se ha venido dando en los últimos años por el progresivo cierre de la conexión con el mar, especialmente desde la instalación de las camaroneras y sus infraestructuras de canales y compuertas. Se cree que la presencia del zacate pueda influir en los equilibrios de determinados elementos químicos disueltos en el agua y con ello en el pH, lo cual es algo determinante para la vida acuática y toda la cadena alimenticia. Sin embargo, se requiere de más estudios para confirmarlo. Por otra parte, produce una limitación muy directa en la capacidad de pesca, dado que la “atarraya”, que es la red pequeña utilizada y adecuada para la captura de tallas correctas de camarón y peces, se queda enganchada en el tapiz que esta vegetación crea en los fondos de la laguna.

En el proyecto PR803D 2022-52, financiado por Xunta de Galicia, se ha comenzado a estudiar la biología y comportamiento de esta planta por parte de CODDEFFAGOLF, nuestra asociación aliada directa en Honduras para la ejecución del proyecto, en alianza con la delegación regional de la UNAH (Universidad Nacional Autónoma de Honduras). Con aguas todavía en la laguna, pero ya comenzando a bajar dado que ya terminó la época de lluvias, esta vegetación todavía se mantiene activa, pero en breve se secará completamente, dejando sus nudos de propagación en la arena. Antes de ello, se ha decidido hacer una retirada general de la planta para medir el volumen que se ha producido en la temporada de lluvias de este año y que en cierta medida se contribuya a controlar su propagación para la próxima temporada. Por ello, pescadoras y pescadores que utilizan la laguna están retirando de forma controlada y con medios manuales el zacate acumulado en un área definida de la laguna. El análisis de lo extraído y vigilar el comportamiento posterior de la planta, será determinante para conocer más sobre el equilibrio de la laguna y decidir actuaciones en siguientes fases del programa.

Esperamos que el avance en el conocimiento del comportamiento de esta planta nos confirme la hipótesis actual de que se necesita recuperar mejor la conexión con el mar para mantener las condiciones naturales de salinización, pH y composición química del agua de la laguna. Con la mejora de la conexión de la laguna con el mar, esperamos que mejore el equilibrio de salinidad y otras componentes químicas del agua y que este comportamiento expansivo de la vegetación retorne hacia el equilibrio natural que la laguna tenía antes de la alteración provocada por la actividad humana.

BOE

Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2025

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

      En decembro coñecemos o centro gañador do II Concurso de iniciativas didácticas sobre Tecnoloxía para o Ben Común do programa Hackers Sen Fronteiras no ensino secundario, que foi para o CPI de Zas, co seu proxecto Clics seguros en Zas. Dentro tamén do programa de tecnoloxía para o ben común en secundaria/FP, tivemos o segundo encontro de alumnas tecnólogas (primeiro desta Fase 2 do proxecto). Estes encontros pretenden dar voz e espazo de indagación para coñecer posibles barreiras das áreas tecnolóxicas para as alumnas, de cara a reducir a fenda de xénero nas mesmas. Laura, unha voluntaria da USC, puido falar no IES Sar de Compostela sobre internete e a nube, e no IES de Celanova tivemos a Eva dando uns obradoiros de «Bailes que cambian o mundo». Para profes de Celanova, Jorge fixo un obradoiro en liña sobre Ferramentas libres para comunicación.

    Ademais, presentamos na web os 4 proxectos de investigación financiados no “II Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común” da Rede Artigo9Tech, que xa están rematados.

    No Nadal tivemos o xa tradicional encontro/xantar en Santiago, que ademais serviunos para celebrar os 20 anos do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR). Celebrámolo cun programa especial de ESFRadio coñecendo recordos de varias das participantes ao longo da historia do programa. Ese día pola tarde, aproveitando o Nadal, tivemos a Sandra e Raquel, as nosas expas (persoal laboral español que traballa en Honduras), en Galicia. Fixemos un encontro con elas con concurso de Que sabes de Honduras incluido. Víctor, o coordinador do programa Mozambique, non se quedou atrás e fixo o mesmo. Pola mañá xa tiveramos tempo para ter un encontro e falar do futuro de ESF e da tecnoloxía para o ben común. Tamén tivemos un encontro similar de reflexión e celebración na Coruña.

    O grupo de persoas asesoras técnicas a plataformas de defensa da terra tamén tivo traballo, creando un Visor de parcelas afectadas pola Mina Touro-O Pino.

    Retomamos os ciberfaladoiros, neste caso cun sobre o tema Pode o coche eléctrico ser parte da solución? (e, polo que falamos, vai ser que non…).

    Participamos un ano máis no encontro da rede Arredor do Rural, desta volta en Lugo, e na manifestación contra Altri en Compostela tamén houbo representación esfeira.


HONDURAS

    No eixo de soberanía alimentaria, programa de restauración de lagoas de inverno, CODDEFFAGOLF xunto coas persoas das comunidades da zona, continuan o monitoreo de biodiversidade con cámaras trampa. Nese mesmo eixo xa empezou un novo proxecto, a fase 2 de fortalecemento da actividade marisqueira e dos grupos de mulleres. Socializouse xa coas participantes, e presentámolo na web. Ademais, as propias mulleres marisqueiras están xa facendo monitoreo de bivalvos e calidade da auga e monitoreo biolóxico, os dous cun enfoque de ciencia cidadá. Tamén se fixo unha xornada de limpeza e reforestación de mangle. Houbo tamén unha Feria de Productos Agroindustriales organizada pola Universidad Nacional Autónoma – Campus Choluteca, onde varios grupos de mulleres das que se están apoiando mostraron o seu producto, tamén a través da elaboración de distintos pratos típicos.

    No eixo de dereito á auga destacou a co𝗻𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗲 𝗹𝗮 𝗠𝗲𝘀𝗮 𝗧𝗲́𝗰𝗻𝗶𝗰𝗮 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝘀𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝗹𝗶𝗱𝗮𝗱 𝗱𝗲 𝗔𝗴𝘂𝗮 𝗲𝗻 𝗹𝗮 𝗥𝗲𝗴𝗶𝗼́𝗻 𝟭𝟯 𝗚𝗼𝗹𝗳𝗼 𝗱𝗲 𝗙𝗼𝗻𝘀𝗲𝗰𝗮. Tamén, impulsado pola Mancomunidad NASMAR, tivo lugar un Taller de Calidade de Auga e Cloración. Tamén houbo avances na construción da obra modelo de abastecemento de auga 𝗲𝗻 𝗧𝗿𝗲𝘀 𝗣𝗶𝗲𝗱𝗿𝗮𝘀, 𝗘𝗹 𝗧𝗿𝗶𝘂𝗻𝗳𝗼, co proxecto de mellora da xestión pública da auga financiado por Cooperación Galega.


MOZAMBIQUE

En Mozambique no mes de decembro continuaron no país Víctor e Manuel, até ben entrado o mes, dentro da visita técnica e de coordinación de peche de ano. Ademais, xa se pode ver na web de Augas de Galicia o video e infografías do proxecto AquaMoz


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes traemos música protesta en galego, con Loita Amada, que ademais pecha a xira o 17 de xaneiro en Compostela.


E NO PRÓXIMO MES …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Os gobernos e ministerios de moitos países empezaron a asinar contratos coas grandes tecnolóxicas para incorporar a intelixencia artificial ás institucións públicas. Tarde o temprano darémonos conta de que son extremadamente caros e que as nosas infraestruturas públicas dependen de Silicon Valley
Evgeny Morozov