En Enxeñería Sen Fronteiras apostamos por unha tecnoloxía que poña no centro ás persoas e ao medioambiente. A través do proxecto “Tecnoloxías libres para a transición ecosocial” queremos promover o uso de tecnoloxías libres, sostibles e inclusivas, combater a fenda de xénero no ámbito tecnolóxico e crear pontes entre comunidades do software libre galegas e hondureñas.
O proxecto abrangue unha ampla variedade de accións. Algunhas delas son: faladoiros de Mulleres Tecnólogas para o Ben Común en institutos galegos, especialmente no rural; apoio á Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre, que recupera e reacondiciona ordenadores para darlle unha segunda vida, reducindo o lixo electrónico e facilitando o acceso dixital a persoas e colectivos que o precisan; Repair Cafés e formacións e divulgación de tecnoloxías libres.
Como actividades a destacar temos as seguintes:
Unha xornada formativa adicada a ONG, plataformas activistas e colectivos interesadas en transicionar ao software libre, para facilitar a adquisición de soberanía do seu eido dixital así como para mellorar a ciberseguridade no mesmo.
Pontes entre comunidades de software libre de Galicia e Honduras, en continuidade coa liña de cooperación internacional de ESF baseada en relacións horizontais e coñecemento mútuo, como xa se fai co Programa de Coñecemento doutras Realidades ou Mulleres Bravas. En 2025 comezaremos con tertulias en liña entre comunidades de software libre galegas e hondureñas, como punto de partida para compartir visións e desafíos. En 2026 prevese dar un paso máis cunha viaxe internacional dunha persoa da comunidade de software libre de Honduras a Galicia. Esta liña busca vincular comunidades que empregan a tecnoloxía como ferramenta de xustiza social, recoñecendo puntos comúns e diferenzas de contexto.
Este proxecto insírese no camiño cara a transición ecosocial que precisamos. Non só falamos de ordenadores ou software: tamén de dereito á reparación, cooperativismo, xestión comunitaria da auga e da enerxía, inclusión, de tecnofeminismo e moito máis.
O proxecto está financiado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ao abeiro da convocatoria 2025-2026, destinada a impulsar actuacións para o fomento do uso do software e hardware libre en Galicia cunha achega de 15.000 €.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/20250729_101902.jpg24482448Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-26 14:37:252025-08-26 14:37:31Tecnoloxías libres para a transición ecosocial
Ábrese o telón. O traxecto comeza e, con el, un espectáculo que se percibe con todos os sentidos: a brisa do aire acondicionado que fai mover os pelos dos meus brazos, a música de ritmo constante que se mestura co traqueteo do autobús, o scrolling de corpos de mulleres convertidas en produto, a incomodidade e violencia dunha caricia e proximidade non desexadas…
Entre paradas e reténs, avanzamos pola Panamericana de camiño á zona norte do país, pero a miña cabeza lévame unhas semanas atrás.
E comeza a primeira escena: estou no Matearal, nunha escola onde crianzas e adultas cadran para protexer a súa microcuenca, a do río Laure. Ashly era o río, Oliver tiraba residuos, Aisha un gatiño que comera plástico e Sara unha serpe que non acababa de morrer. Todas rimos, comentamos e aprendemos. Esta era unha sesión de teatro comunitario e, aínda que tan só foi unha primeira toma de contacto, deixou claro que nesta dramaturxia todas as personaxes teñen algo importante que dicir. E sinto que a miña experiencia de PCR estame permitindo observar algo semellante: un escenario cheo de voces distintas que narran historias valiosas.
E esas voces non sempre falan dende os mesmos códigos que eu traía. O trascendental das conversas, os roles de xénero marcados, a emocionalidade e tenrura expostas, a política, as bromas, os ciumes, as pláticas profundas, a relixión, o canto… As formas son distintas e, malia chocarme con outros puntos de vista, os fondos non difiren tanto do contexto que eu coñecía. Ao principio custábame moverme nesas táboas, pero fun aprendendo que para formar parte do elenco preciso escoitar e observar coa mente e o corazón abertos. Ao facelo, atópome con matices e contradicións, e achego o meu corpo a esta obra colectiva. Isto non significa renunciar ao que penso ou a ser crítica, pero si entender que as ideas perden forza se non saben dialogar coas realidades cotiás da xente e o seu territorio.
A segunda escena lévanos a Nacaome. Alí coñezo a súa Mesa de Seguridade Alimentaria (SAN), un espazo de coordinación entre distintas organizacións e institucións desta zona do corredor seco, e sumérxome nunha das súas iniciativas: o Mercadiño Verde. O atrezzo cambia de súpeto e, en cuestión de días, pasamos dunha asemblea avaliativa a unha feira viva, onde produtoras e emprendedoras locais venden alimentos e produtos artesanais. Tamales, horchata, rosquetes, pan de queixo, pitayas e moitos outros arrecendos e sabores percíbense dende as butacas. O reparto pecha o cadro cunha deliciosa sopa de res, que garda o segredo da casa.
Algunhas destas actrices e actores, as pertencentes ao grupo APROEM (Asociación de Productores Experimentadores de Morocopay) quedan nas táboas para mostrarme o seu banco de sementes e proceso de conservación de graos criollos. Gardar sementes é tamén gardar un futuro.
Entre variedades de millo e frijol, destaca o millo Morocopay, exclusivo desta zona, e polo que están decidindo apostar. Así foi que, semanas máis tarde, o escenario tornouse nunha cansada coreografía de homes e mulleres chapeando unha grande leira que, nun tempo, convertirase nunha mazá deste cereal. Malia as maniotas dos días de despois, tiven a sorte de participar desta escena, onde cada golpe sostía un compromiso compartido.
A dureza física do traballo é só un dos impactos que teñen estes actores e actrices, defensoras ambientais. No escenario tamén retumban a criminalización, a violencia e as ameazas. Isto móstrase con detalles na terceira escena, que nos leva a unha formación sobre incidencia política en Namasigüe. O guión énchese de impresionantes historias de persecución e resistencia. Del participan líderes e lideresas comunitarias, membros dos patronatos e representantes doutras estruturas comunitarias, como as caixas rurais. As tensións internas son evidentes, pero tamén o é a decisión de traballar conxuntamente para defender as áreas protexidas e as comunidades contra unha ameaza común moito maior que calquera discrepancia. Para min, un grande exemplo de organización, escoita e estratexia. A obra só sae adiante se todas actúan.
Ao longo da peza teatral, tamén hai momentos de decorado natural impresionante: as maxestuosas vistas do Golfo de Fonseca dende o volcán de Conchagua; o Parque Nacional La Tigra, coa mellor banda sonora e onde unha tormenta tropical nos sorprendeu no medio do camiño; o percorrido polo cañón de Somoto nadando con arañas e voando entre morcegos; ou a viaxe en lancha polos manglares de San Lorenzo, coa illa dos paxaros e a praia do Amor. A marea alta borrou a area, mais gañamos unha escena improvisada, bañándonos soas en augas do Pacífico.
E entre bambalinas, tamén hai tempo para actos que non estaban no guión: xogar coas crianzas do Matearal, unha festa de aniversario chea de música e baile, partidas de cartas ao solpor no muelle con Harold e Cynthia, ou un intento fallido de seguir o ritmo dunha banda tradicional.
Moitas accións, voces e escenas que me removen por dentro. O traqueteo do autobús conéctame co presente, e vexo de preto os meus pelos de punta. Respiro profundo e pecho os ollos. Esta obra, escrita a moitas mans, déixame preguntas, emocións e aprendizaxes que aínda estou a procesar. Péchase o telón.
Debuxo dende o autobús.Paseo en lancha polos manglares.Asemblea da mesa SAN.Banco de sementes criollas do grupo APROEM.Formación de teatro comunitario no Matearal.Roteiro no Parque Nacional La Tigra.Vistas na subida ao volcán de Conchagua (El Salvador).Amencer dende o volcán de Conchagua (El Salvador).Roteiro polo cañón de Somoto (Nicaragua).Produtoras de APROEM no Mercadiño Verde de Nacaome.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/1.jpg7671280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-23 17:26:332025-08-23 17:31:17Crónicas de Honduras. A segunda de Aída. Un escenario cheo de voces
Después de las primeras semanas de adaptación, las enfermedades quedaron atrás y la sensación de estar perdido empezó a desaparecer. Ahora, poco a poco, empiezo a sentirme en casa. Una casa nueva, en un contexto muy diferente, pero casa al fin y al cabo. San Lorenzo nos recibió con las primeras lluvias torrenciales y con un paseo precioso por los manglares, que terminó con un baño en la Playa del Amor, rodeados de aves y de una naturaleza que se siente muy virgen.
En las salidas con CODDEFFAGOLF también comencé a sentirme uno más. Especialmente con el grupo de APROEEM, donde hemos ido creando vínculos con varios agricultores y agricultoras, escuchando sus historias y compartiendo momentos. Como con Doña Santos o Dilma, dos mujeres agricultoras con las que participamos en la organización de la siembra de maíz, un mercadito verde donde vendieron frutas, verduras y tamales deliciosos, y la limpieza de una finca donde más adelante se plantará maíz local (maíz de moropocay) entre todos. Es muy especial sentir que, aunque sea desde un papel más de observador, puedes formar parte de una organización que apoya directamente a las personas que más lo necesitan.
En la primera reunión de APROEEM también tuvimos el honor de probar nuestra primera sopa de gallina, cocinada por Araceli. Con pollo, yuca, plátano, zanahoria y cocinada a fuego lento… sinceramente, una de las sopas más ricas que he probado en mi vida. La comida hondureña sigue siendo, sin duda, uno de los grandes puntos fuertes de esta experiencia.
Otra actividad que me encantó fue acompañar a CODDEFFAGOLF en un monitoreo de aves. El objetivo era que la comunidad más rural de la zona de las lagunas de invierno conociera el nombre de las aves que viven a su alrededor. Allí conocí a Tony, un joven de unos 15 años, que al terminar la actividad y antes de arrancar su moto, me pidió la cámara para hacer unas cuantas fotos. Su entusiasmo era contagioso.
También visitamos la Isla Almeja y la Isla de los Muertos, cerca de la Isla Tigre, para medir bivalvos (sobre todo almejas) plantados por CODDEFFAGOLF. Pero, sin duda, mi salida favorita fue a la zona de El Matearal, donde visitamos un colegio y ayudamos a organizar una sesión de teatro comunitario con niños de 6 a 11 años. La idea era dramatizar los efectos negativos de la contaminación o de las presas en la microcuenca de Laure. Fue divertido, educativo y muy enriquecedor.
Durante los fines de semana también hemos aprovechado para viajar. Una de las experiencias más bonitas fue recorrer los bosques de La Tigra, que parecen sacados de una película de exploradores: humedad, sonidos de aves, senderos verdes… se siente un lugar muy poco explorado. Tegucigalpa nos dio otra perspectiva del país, con su bullicio, sus puestos de comida y museos como el de Identidad Nacional.
Guiados por las recomendaciones de Raquel y Sandra, utilizamos dos fines de semana para cruzar fronteras. Primero, al volcán de Conchagua en El Salvador, donde dormimos en la cima y vimos un amanecer impresionante, con el Golfo de Fonseca desplegándose ante nosotros y la vista de El Salvador, Honduras y Nicaragua a la vez. Después, el Cañón de Somoto en Nicaragua: seis horas caminando, nadando y saltando entre rocas. La experiencia fue aún mejor gracias a nuestro guía, Oswin, un local que convirtió la ruta en algo mucho más inmersivo.
En general, está siendo una experiencia muy positiva, llena de aprendizajes personales, culturales y, cómo no, gastronómicos (jeje). Cuando me preguntan, siempre respondo que lo mejor está siendo la amabilidad de la gente y la cantidad de comidas riquísimas que estoy teniendo la suerte de probar.
Si estás leyendo esto y te estás planteando aplicar para ser PCR el año que viene… ¡te lo recomiendo sin dudarlo!
Desayunando en La TigraDilma con una PitahayaLa TigraNadando en el cañón de SomotoManglares de nocheSopa casera de gallina
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/DilmaConPitahaya.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-20 17:15:002025-08-20 17:15:00Crónicas de Honduras. Lorenzo. Segundas reflexiones en San Lorenzo: sintiéndome en casa
Este é un programa de ESFRadio, podcast da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
Chega o segundo programa do ano neste novo formato trimestral do boletín sonoro. Son programas un pouquiño máis longos (15 minutos), pero con máis contexto das actividades que vos contamos, e tamén das novas que nos chamaron a atención.
Segue o esquema dos boletíns escritos de cada mes, falando das actividades realizadas en Galicia, en Honduras, en Mozambique, escolma de novas que nos chamaron a atención, recomendación artística (desta volta un xogo de mesa!), datas vindeiras de interese e a ESFrase do trimestre.
Pódese ver a información deste boletín sonoro ampliada nos BOE de maio, xuño e xullo.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/BoletinSonoro2T_25.jpg7941123Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-19 22:44:362025-08-19 22:44:36Boletín Sonoro en ESFRadio. 2º trimestre 2025
Desperto, miro o reloxo e vexo que aínda é cedo. “Mellor intento durmir un pouco máis”, penso. Acendo o ventilador e volvo pechar os ollos. Quedo durmida outro anaco e, cando volvo espertar, xa decido levantarme. A vida en San Lorenzo xa comezou.
Aínda me quedan un par de horiñas antes de ter que ir á oficina ou a algunha das saídas previstas para hoxe, así que decido vestirme e saír á rúa.
Vivo nun apartamento desde o que hai que baixar unhas escaleiras e abrir un candeado para poder saír pola cancela, que despois tamén teño que volver pechar. Xa comezo a sentir ese fresquiño da primeira hora da mañá que tanto agradezo.
Na rúa xa circulan coches que pitan sen parar. Aínda non teño claro por que o fan: se é para avisar aos viandantes do seu paso ou simplemente para saudar. Intento non interferir no seu paso e sigo o meu camiño, pasando polo parque principal de San Lorenzo, onde están a igrexa e a xeadaría Sarita.
Mesmo a estas horas xa hai xente reunida no parque, pero non quero molestar, así que continúo andando na dirección dos manglares. Polo camiño detéñome noutro parque, onde hai moitas mulleres con chalecos nos que se le “Servizos Públicos”. Levan vasoiras coas que limpan as follas caídas das árbores e o lixo da rúa.
Séntome nun banco e obsérvoas. Non me sinto soa coa súa presenza. Algunhas, ao ergueren a vista, regálanme un sorriso. Danme paz. E eu desfruto vendo como o sol vai ascendendo, aínda que a calor xa comeza a facerse notar.
Gustaríame falar con elas, pero tamén temo incomodalas coas miñas preguntas. Por iso, decido quedar un pouco máis só observando, ata que chega o momento de volver ao apartamento para que non se me faga tarde.
Reflexión persoal
Durante este voluntariado, estou aprendendo a valorar o respecto polo espazo alleo, algo que noutras experiencias non sempre tiven tan presente. En ocasións anteriores, sentía a necesidade de iniciar conversacións, de buscar o contacto para coñecer outras culturas. Quería comprender, integrarme, estar presente. Pero agora estou entendendo que ás veces o máis honesto é simplemente observar, estar dispoñible e deixar que sexan os demais quen dean o primeiro paso.
En San Lorenzo, practico esa presenza silenciosa: un sorriso, unha mirada amable, un xesto de respecto. Aprendín que tamén se pode crear vínculo sen palabras, sen interromper o ritmo dos demais.
Chegar como estranxeira a un país en desenvolvemento implica recoñecer as diferenzas visibles e invisibles. Non quero ser intrusiva porque non coñezo as ideas preconcebidas que poden existir, e respéctoas e acepto que non sempre me corresponde a min traspasar esa distancia.
Este voluntariado está a ensinarme que a verdadeira conexión tamén pode nacer do silencio, da escoita atenta e do respecto profundo polas dinámicas locais. E iso, para min, é unha forma moi valiosa de aprender.
Debuxo realizado por Belén Pombo López dun dos parques de San Lorenzo
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/Parque_SanLorenzo.png6461200Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-18 10:05:022025-08-18 10:06:16Crónicas de Honduras. A primeira de Belén. O amencer en San Lorenzo
Neste programa de ESFRadio quixemos chamar a atención sobre un tema do que non se soía falar demasiado nos activismos tradicionais: os coidados das persoas activistas.
Cando o obxectivo é defenderse dunha ameaza concreta e acuciante, a cousa convírtese nunha guerra, cos seus códigos e xeitos de organizarse e actuar. O obxectivo final é claro, e todos os recursos se poñen ao servizo de acadar ese obxectivo. As formas, o como traballar e organizarse, quedan aliñados só con vencer nesa loita. Este enfoque (moi vinculado ademais á masculinidade tóxica), é irremediablemente incompatible co benestar das persoas que, no caso do activismo, soen ademais estar colaborando no seu tempo libre (non é o mesmo que nos exércitos, onde sóese estar por obligación ou coacción, ou en traballos alienantes, onde sóese estar por necesidade perentoria).
Ás veces hai hiper-liderados que tiran moito pero outra xente non da seguido o ritmo e se desengancha. Outras veces as persoas que máis lideran teñen moita sobre-exposición, que afecta á súa vida persoal e laboral (e mesmo ás veces como foco de ameazas ou acoso, cando non cousas peores). Tamén pode ocorrer que as persoas que soen estar no núcleo máis activo poden sentirse soas ou non entender os ritmos máis lentos ou discontinuos das outras persoas… Como lidiar con isto? Como podernos coidar mentres coidamos o territorio? É importante mellorar os espazos de coidados? Como facelo? Que podemos aportarlles as asociacións máis xeneralistas como ESF, que podemos permitirnos facer un activismo máis «slow» ou menos acuciante?
Quixemos falar de todo isto cunhas compas ás que xa nos une un tempiño de colaboración e coñecemento mútuo. Estivemos con Maruxa de Colectivo do Vento de Campolameiro, Roberto tamén de Colectivo do Vento e tamén da nosa base social e Isabel da Plataforma Mina Touro-O Pino Non. Con Sergio lanzando preguntiñas e Jorge á produción, pasamos un rato agradable nunha contorna moi linda, na praia fluvial da Tarroeira, ás beiras co río Tambre, en O Pino.
E rematamos cunha visita ao redor da zona cero da mina Touro-O Pino, onde entendemos aínda mellor o conflicto que se está a vivir.
Maruxa e SergioRoberto e IsabelVista xeral do «estudio»Unha zona da antigua mina onde se plantaron eucaliptosComentando aspectos técnicos do fallido proxecto de depuración de efluentes da escombreira da antigua minaDetalle de efluente da escombreira mal sellada, que vai a cuneta de pluviais da estrada que sube ao polígono industrial que se promoveu sobre a escombreira
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/photo_2025-08-01_16-15-26.jpg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-01 14:27:512025-08-01 14:28:37ESFRadio. Os coidados ás activistas nos movementos pola defensa da terra
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.