Temos visita! Delegación da Mancomunidade NASMAR Honduras

No marco do proxecto de fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública da auga nos sete municipios hondureños conforman a NASMAR, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación, unha delegación composta de seis alcaldes e unha alcaldesa dos sete municipios que compoñen a Mancomunidade de Municipios do Sur de Honduras (NASMAR), así como a súa coordinadora técnica, estarán en Galicia a vindeira semana coa idea de compartir experiencias na xestión pública da auga con municipios galegos, desde a visión do Dereito Humano á Auga.

O contexto dos municipios da NASMAR, situados nunha área do trópico seco, moi vulnerables ás secas e aos efectos do cambio climático, fan que a xestión da auga sexa un dos seus principais desafíos. En Galicia a xestión da auga empezou a poñerse en primeiro plano o ano pasado, coas alertas de seca, pero xa viña sendo obxecto de preocupación por falta de transparencia na tramitación de concesións, cortes de auga a persoas que non poden pagar o servizo, problemas graves de saneamento, etc.

A xestión municipal da auga é unha cuestión que afecta a todos os países, e moitas das problemáticas e solucións que se presentan son comúns a todos os territorios. A experiencia desta delegación servirá para compartir as experiencias duns e doutros municipios, as solucións adoptadas e os atrancos aínda existentes na xestión municipal da auga desde o enfoque do Dereito Humano á Auga.

AXENDA

LUNS 26. 10h. Coruña. Encontro no Reitorado da Universidade da Coruña coa Vicereitora de Relacións da UDC.
LUNS 26. 13:30h. Recepción por parte do Presidente da Deputación da Coruña no pazo Mariñán.
LUNS 26. 16:30h. Encontro con grupos de investigación da Universidade da Coruña. Sala de Xuntas da ETSE de Camiños, Canais e Portos.
MARTES 27. 11:30h. Encontro con delegación municipal en Arteixo
MARTES 27. 18:00h. Encontro con delegación municipal en Castrelo de Miño
MÉRCORES 28. 9h. Encontro con Alcalde de Santiago de Compostela e Concelleira Concha Fernández.
MÉRCORES 28. 11:30. Xornada aberta «O Dereito Humano á Auga desde a xestión municipal. Experiencias desde Honduras e Galicia», na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela. Encontro de intercambio de experiencias sobre transparencia na xestión da auga dende a administración local, desafíos nun contexto de cambio climático e a axenda 2030. Especialmente dirixido a persoal técnico e político das administracións locais galegas. Precisa inscrición, até luns 26 de novembro, en info(arroba)galicia.isf.es
MÉRCORES 28. 16h. Encontro con delegación municipal de Teo
XOVES 29. 10h. Santiago de Compostela. Encontro coa Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia.
XOVES 29. 12h. Santiago de Compostela. Encontro con Augas de Galicia.
VERNES 30. 19h. A Coruña. Encontro con base social de ESF

Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2018

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

 


VIDA ASOCIATIVA

    Xa temos aquí o no novo resumo de todo o acontecido na vida esfeira e dos eventos nos que tamén participamos. Este mes ESF apoiou o manifesto «En Enerxía, non sen mulleres«. O pasado 5 de outubro mandamos espías á Mostra Do Posible. Sempre é bo momento para acercarse a Cangas, pero esta foi unha escusa perfecta para poder falar de Economía Social. A finde do 17 atopámonos na Cósmica 2018 co resto de compas da Federación de Ingeniería Sin Fronteras para compartir experiencias e recargar pilas. Grazas ISF Valencia pola acollida! Os seis alcaldes e a alcaldesa que encabezan os sete municipios da Mancomunidade Nasmar, en Honduras, visitarán a finais de novembro Galicia, para compartir boas prácticas arredor do Dereito á Auga. Favorecer unha xestión pública e de calidade do abastecemento a comunidades rurais é o obxectivo do proxecto que Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade cofinancian a Enxeñería Sen Fronteiras Galicia no país centroamericano, sobre o que podedes coñecer máis neste artigo que compartimos, onde Miño, participante no Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2018, nos conta a súas impresións. Por outra banda, o pasado día 25 rematou o prazo para presentar propostas para facilitar o noso proceso de reflexión para elaborar a nova planificación estratéxica da asociación para os vindeiros anos. Presentáronse 6 equipas candidatas, e tras unha complicadísima valoración resultou seleccionada a equipa de FeminismosParaGrupos. O 2 de novembro chegaron a Galicia Francisco e Rocío, que van cursar o Master de Eficiencia Enerxética da UDC. Estarán en Ferrol todo o curso, grazas ao programa de fortalecemento de capacidades técnicas na Mancomunidade NASMAR Honduras, e coa financiación da Cooperación Galega da Xunta de Galicia.


HONDURAS

    Outubro foi o último mes de estancia en Honduras de Uxía e Miño, participantes no PCR 2018 polo grupo de Dereito á Auga. Alí puideron participar na formación en gvSIG Fonsagua, un sistema de información xeográfica adaptado á realidade dos concellos da Mancomunidade para facilitar a xestión da auga (e do que queiran). Tamén puideron compartir novos xeitos de traballo que se queren impulsar coas nosas organizacións socias no país, que faciliten a xestión dos programas. Tiveron tempo para visitar infraestruturas, como o tanque de auga de Matapalo, e de aguillar o interese no software libre poñendo en valor a menor prevalencia de virus informáticos (que en Honduras son moi habituais, dada a informalidade do software que se utiliza, e os baixos coñecementos de seguridade informática entre as persoas usuarias). O furacán Michael deixou graves danos no sur do país, e houbo que suspender a visita a Galicia prevista para outubro de 6 alcaldes e unha alcaldesa dos 7 concellos da Mancomunidade NASMAR, e da técnica da NASMAR. Esta visita terá lugar en novembro, como se mencionou xa.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

 

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

 

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

    A sociedade necesita persoas que se ocupen da xente anciana e que saiban como ser compasivas e honestas. A sociedade necesita xente que traballe nos hospitais. A sociedade necesita todo tipo de habilidades que non son só cognitivas, son emocionais, son afectivas. Non podemos montar a sociedade sobre datos.