Boletín Oficial ESFeiro: xuño 2019
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- Publicacións en físico
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Nestes tempos que semella que sempre hai unha nova que fai que o que ocorreu onte xa non teña importancia, desde ESF seguimos apostando polas mesmas prioridades e conviccións que nos trouxeron ata aquí: Esta vocación de traballar a prol dos Dereitos Humanos, dende Galicia pero pensando nos impactos e benestar globais. Por iso seguimos facendo incidencia política nas eleccións do 26M facendo chegar as propostas de ESF Galicia aos partidos para as municipais. Nesta tarefa, tamén e importante destacar o traballo da Coordinadora Galega de Ongd para estas eleccións municipais 26M, para pensar globalmente e actuar localmente. Tralas eleccións, tamén faremos seguemento das políticas municipáis.
O 15 de maio estivemos de aniversario, a nosa asociación celebrou 26 anos!! Grazas a quen a facedes posible e defende a #TecnoloxíaParaAVida.
Un ano máis dende ESF ofertamos unha praza dentro do Programa de Coñecemento da Realidade de ESF. Até o 5 de xuño, quen tiña entre 18 e 30 anos púidose postular para a praza do noso programa de Coñecemento da Realidade para participar en Honduras no «Campamento de la Red de Jóvenes por el Clima». Toda unha experiencia! Aquí máis info.
HONDURAS
En Honduras, continua a bo ritmo o traballo nos dous programas en marcha: o de Promoción do Dereito Humano á Auga e o de Dereito á Alimentación con enfoque de Soberanía Alimentaria. No programa de auga tivemos a visita de Acacia, profesora e investigadora na Universidade da Coruña (e colaboradora histórica de ESF), a Honduras, para iniciar as formacións en hidroxeoloxía na zona (disciplina na que ela é experta, e que detectouse que é cada vez máis necesario fortalecer aos cadros técnicos municipais e da mancomunidade NASMAR). Ademais, tivemos a boa noticia da inauguración do sistema de auga na aldea de Santa Mira, no municipio de El Triunfo, grazas á diagnose e o traballo comunitario que se veu realizando nos últimos anos dentro do programa auga, que serveu para movilizar á poboación a conseguir o financiamento.
A nivel político, a situación no país é complicada, con folgas e mobilizacións continuas pola amenaza de privatizacións na saúde e a educación, e unha crecente militarización nas rúas, sobre todo nos lugares onde teóricamente vanse dar procesos de diálogo. Hai moita represión, con uso de gases lacrimóxenos, balas reais ao aire, e golpes…. Tamén hai policías e militares que están alí que din abertamente ás manifestantes que fagan o que queran, que non lles van impedir nada.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Proporcionemos agua vital para todo el mundo
- Manual de remunicipalización de los servicios públicos de agua
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
- Denuncian o custo ambiental dos AirPods
- Denuncian que Amazon destrúe produtos novos para liberar espazo nos seus almacéns
Cooperación e ONGD
- Coordinadora Galega de ONGD. Coñece todo o traballo que levamos a cabo en 2018!
- Innovación ao servizo do desenvolvemento sostible
- Informe sobre el sector de las ONGD – 2017
Educación para o desenvolvemento
- Campaña «non deixes que os prexuízos decidan por tí» do CIFP Politécnico de Santiago, con videos sobre distintas profesións.
- A Mina Contamina: obradoiro de ferramentas educativas
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- Un novo modelo para predicir a propagación das epidemias
- Informe Percepción Social de la Ciencia y la Tecnología en España 2018
- La atmósfera más peligrosa en millones de años
- Papel de las Organizaciones No Gubernamentales y la crisis del desarrollo. Una crítica antropológica a las formas de cooperación
Mundo
Políticas e modelos de desenvolvemento
Sensibilización
- Una docena de maneras de resistir a la minería
- Sáhara Occidental en la memoria y en las elecciones
- Los 99 hombres (y una mujer) responsables de más del 70% de las emisiones
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Megafusiones en el sistemaagroalimentario: el caso de Bayer-Monsanto. ¿Qué riesgos hay en Europa?
- Paul Nicholson del movimiento vía campesina. “Somos los pequeños agricultores campesinos quienes alimentamos a la población mundial”
- “Alimentar es educar” ¿Qué meriendan los niños y las niñas cada tarde? Video 1min
- La FV en agricultura como solución para la regiones áridas
- Agroecología feminista para la soberanía alimentaria: ¿de qué estamos hablando?
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- El soma tecnológico
- Los hackers alemanes que proponen soluciones creativas para problemas interesantes desde 1981
- Polución digital: la contaminación que generas con tu email
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Hay una carrera por escribir las reglas de la inteligencia artificial (y la industria va ganando)
- Una red para la basura espacial
- Xenofeminismo: la tecnología como promesa de emancipación
Activismo e Persoas
- “Silicon Valley y las redes sociales son unos grandes criminales”. Markus Gabriel, joven estrella del pensamiento alemán
- El cofundador de Facebook pide a EE.UU. «romper su monopolio»
- Hablan las víctimas de la desinformación: «Los bulos me han destrozado la vida»
- Entrevista a Joaquín Araújo. “Somos demasiados y demasiado ignorantes”
- “La crisis de la escuela es la crisis de la democracia”
- Laura Zúñiga Cáceres: “España tiene una responsabilidad en la realidad hondureña”
- ¿Cuánto sabes de estas pioneras?
PUBLICACIÓNS EN FÍSICO
(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).
Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:
- Renda Básica: o novo dereito social necesario
E NO PRÓXIMO MES …
- 5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
- 8 de xuño: Día Mundial dos Océanos
- 12 de xuño: Día Mundial contra o Traballo Infantil
- 16 de xuño: Día do Científico Galego
- 20 de xuño: Día Mundial dos Refuxiados
- 21 de xuño: A Mina Contamina: obradoiro de ferramentas educativas
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais Facebook e Twitter.
A ESF-RASE DO MES
«Non permitan que a industria escriba as reglas para a Intelixencia Artificial».
Yochai Benkler. Catedrático de dereito da Universidade de Harvard