Entradas

Crónica do faladoiro «Pensando no futuro»

O pasado 22 de novembro no noso ciberbar puxémonos en «modo ciencia-ficción». Empezamos preguntándonos se, esencialmente, eramos pesimistas ou optimistas de cara ao futuro en, digamos, 150-200 anos. Houbo quen se preguntaba se pasaremos do 2050 sequera pero, apocalípticos aparte, hai que recoñecer que non se respiraba optimismo precisamente…

Falamos de ameazas de volta aos feudalismos ou modelos tipo ecofascismo. Polo menos agora temos referentes máis democráticos que no permite ter esperanzas doutro xeito de gobernarse (na Idade Media non había tantos).

Falouse de que as persoas e, por ende, a humanidade, ten como dúas almas, a cooperativa e a competitiva, que pode marcar a tendencia cara mundos moi distintos. O predominio dunha tendencia ou outra marcará o futuro nunha época onde a tecnoloxía cada vez máis impactante nos trae a unha época de posibles disrupcións nunca vistas.

Esa tecnoloxía que nos van metendo e nos imos afacendo a ela, agora mesmo, a vemos como preocupante, porque pertence a esa «alma» máis competitiva, do máis e máis, que deixa a moitas persoas atrás na carreira de acumular, e destrúe ao planeta.

Tal vez influídas pola proximidade do Black Friday, o consumo tivo moita protagonismo nese devir do mundo. Se hai un oco para a outra alma pode estar no aumento do consumo comunitario (compartir transporte, compartir lavadora, comunidades enerxéticas…). Aínda se ve como “algo de pobres”, pero pouco a pouco tal vez vaia cambiando. Por exemplo, algunhas empresas de coches xa dan por suposto que o vehículo privado familiar vai ter os días contados.

Tamén pode empezar a cambiar todo o que ten que ver coa reparación de bens (sobre todo obrigadas por un contexto de escaseza de materiais). Actualmente, demasiadas veces e máis caro reparar ca comprar un novo (se é que se atopa quen o repare, coas trabas que se poñen nos propios aparatos). Precisaríase unha lexislación que impulse tanto aparatos moito máis duradeiros, como máis reparables. Un Wall E que durase 700 anos hoxe parece algo improbable…

De todos os xeitos, hai certo pesimismo á hora de plantexar unha redución de uso de materiais e hiperconsumo. Quen toca comodidades, logo non quere soltalas. Aínda así, non se debe deixar todo nos ombreiros da clase baixa e media (e menos se nos referimos a países empobrecidos, cuxa poboación tamén busca unha vida mellor no material). A veces as opcións non son factibles por trabas lexislativas. Hai cousas que lexislativamente se deberían impulsar. Empezar por cousas máis simbólicas (redución do IVE a reparacións) para logo ir meténdose en máis ambiciosas (especificacións técnicas para obrigar a reparar). Pero cando as propias administracións prefiren a compra de aparellos novos que a reutilización…

Xurdiron, como non, recomendacións de libros, series, pelis, con paralelismos como Mad Max, ou O conto da criada (este perigosamente posible a non moi longo prazo, hai países como Irán ou Afganistán que xa pasaron ou están a pasar algo así). No que ten que ver coas clases sociais e ecofascismos nun contexto de escaseza falouse do cómic-película-serie Snowpiercer (que foi tema central nun dos ciberfaladoiros da pandemia). Tamén se falou de Colapso, polo seu impactante realismo. Aproveitamos, como bonus, deixarvos unhas recomendacións de novelas distópicas galegas: O Cervo na Torre (do recentemente finado Darío Xohán Cabana), Cobiza (de María Reimóndez) e Be Water (de Antía Yañez Rodríguez, compañeira hai anos en ESF). Por se acaso, non vendades as leiras e botade un ollo á Guía do Descenso Enerxético (que por riba está adaptada á realidade galega!).

Para rematar con algo de esperanza, que tamén nos da azos no noso activismo en ESF, un xeito de perseguir ese futuro mellor é facer de altofalante de alternativas que xa están funcionando, aínda que sexan pequenas e non perfectas, que naceran con esa alma cooperativa e de coidados. Por aí hai xente que di que non se poden cambiar cousas sen cambiar primeiro as mentes…, e que mellor xeito que experimentando pequenos anacos dese posible futuro mellor.

Ciberfaladoiro: é ESF feminista?

O pasado 23 de marzo adicamos un dos nosos ciberfaladoiros ao tema da igualdade de xénero na asociación. Quixemos titulalo «É ESF feminista»?

En realidade non vemos posible determinar unha liña vermella para saber se ESF (ou calquera outra organización) é feminista. No caso de ESF, nin sequera sabemos de que criterios partir para saber en que medida estamos a avanzar (ou non) cara a ser unha organización máis feminista, como temos recollido na nosa visión de ESF para 2024 que figura na nosa planificación estratéxica. Eses criterios terían que vir determinados, ademais, por unha visión compartida de que feminismo queremos impulsar en e dende a organización. O primeiro paso para iso coidamos que é conformar un grupo que queira impulsar o proceso de diagnose interna e reflexión cara acadar un Plan de Igualdade. Posiblemente «o documento» do plan non teña tanta importancia como o proceso para acadalo, pero aínda así seguro que tamén pode ser útil para quen veña despois, así como para ter algúns instrumentos (protocolos, por exemplo) e posicións claras con respecto a posibles actitudes machistas dentro da organización.

Plantexouse a dúbida de en que medida era posible formar unha organización feminista se hai persoas que non o son, e como compatibilizar esa vocación de ESF de ser un espazo aberto e educativo para compartir reflexións e dúbidas (cunha vocación de construir un mundo xusto e solidario), cunha posición máis intolerante contra calquera tipo de actitudes machistas.

Tamén se compartiron experiencias das participantes sobre o que se atoparan noutros espazos vitais, tanto persoais como de activismo, sobre como as organizacións e persoas activistas (sobre todo homes) afrontan a inclusión do enfoque de xénero e o feminismo nos debates. Pode ser rexeitamento, ou a idea de que está superado, ou unha pretendida neutralidade que, probablemente, neste tema é case imposible xa que xera moita polarización. En realidade a neutralidade pode negar/invisibilizar a existencia de privilexios/opresións/xerarquías/prexuízos individuais, colectivos e estruturais, entorpecendo así o traballo pola igualdade. Por iso dicimos que neste tema a neutralidade en realidade non existe…

Aínda nos queda moito camiño, pero xa empezamos a camiñalo!

El agua empieza a cotizar en Bolsa… y eso nos preocupa

El 7 de diciembre conocimos la noticia a través de la agencia EFE de que el agua comenzará a cotizar en el mercado de futuros de Wall Street. Desde entonces, se ha escrito mucho sobre el tema, ya que es un hecho de gran impacto por todas las consecuencias que de ello podrían derivarse aunque esté basado únicamente en los precios de futuros del agua en California.

Desde Enxeñería Sen Fronteiras creímos oportuno hacer un análisis crítico previo debate de nuestra base social, que incluso motivó la organización de un taller online específico sobre el tema el 20 de enero.

El agua como derecho humano y la importancia del ciclo natural.

Uno podría pensar que hablar de la importancia del agua en la Tierra es redundante por obvia. Es un elemento fundamental para la vida tal y como la conocemos.

El pasado 28 de julio se cumplió el décimo aniversario del reconocimiento del Derecho humano al agua y al saneamiento por parte de las Naciones Unidas. En la resolución 64/292 reconoce que el Derecho al Agua Potable y al Saneamiento es un Derecho Humano fundamental para el pleno disfrute de la vida y de todos los Derechos Humanos.

Este ha sido un hito importante ya que por primera vez se hace explícito este derecho y se insta a la comunidad internacional y los gobiernos a redoblar sus esfuerzos para satisfacer las necesidades humanas básicas y alcanzar los Objetivos del Milenio, los cuales han sido reformulados como Objetivos de Desarrollo Sostenible en 2015.

No debemos olvidar la importancia del ciclo natural del agua como soporte de los ecosistemas, siendo fundamental para la vida en el planeta en un sentido amplio.

Antecedentes del agua como bien económico.

Esto no es nuevo, el agua se vende desde hace mucho tiempo, no hay nada más que ver en el negocio del agua embotellada, frente al cual la ESF se ha posicionado durante mucho tiempo apoyando campañas como ProGrifo. También puede haber tales intercambios a escala local.

En algunos casos (no nos consta en España), en comunidades de regantes, un regante puede vender sus derechos de riego a otro regantes (aunque, en este caso, se trata de intercambios entre entidades o personas de una determinada zona con mayor vinculación con el tierra, y bajo la supervisión, al menos en teoría, de entidades como organismos de cuenca o similares).

Más allá de eso fueron, más recientemente, las declaraciones del CEO de Nestlé, con la defensa del uso de herramientas de mercado para la gestión del agua, que es incompatible con su gestión como derecho humano, que debe seguir más esquemas como el propuesto por Nueva Cultura del Agua , que distingue “agua viva” de “agua comercial”, “agua de lujo” o “agua para uso público”.

Ya existen fondos de inversión para empresas orientadas al sector hídrico a escala global, que están dispuestas a asumir fuertes variaciones de precios y por tanto muestran poca reticencia al riesgo y tienen un horizonte de inversión a largo plazo (7 años o más).

Definición de mercados futuros.

El mercado de futuros consiste en negociar contratos para comprar y vender ciertos bienes en una fecha futura a través de un acuerdo de precio, cantidad y vencimiento en el presente. Es decir, negocia con el derecho a comprar x litros de agua a x euros en x meses.

¿Debería gestionarse el agua con este tipo de herramientas de mercado?

Es muy complicado entender ciertos conceptos económicos para personas no expertas. El mercado de futuro es uno de ellos.

La creciente pérdida de peso de la economía real con respecto a la financiera, de la que hablan autores como José Manuel Naredo, nos hace perder de vista lo que realmente está sucediendo en el sistema económico mundial. Es una pérdida de «soberanía económica», que ahora está controlada por unas pocas personas que son expertas en productos que son muy populares para la especulación. Es como construir sobre pilares de aire. Estos productos podrían enmarcarse en contratos futuros que, como toda la economía financiada, se alejen de los productos finales con los que se comercializa el proceso transaccional como tal.

En resumen, esos derechos de futuros de agua en California podrían terminar siendo comprados y vendidos por entidades a las que poco les importa qué se va a hacer con el agua y dónde (quizás, al principio, eso está más regulado, pero el mercado global tiene demasiada fuerza). Eso, en el caso de un elemento vital como el agua, puede tener consecuencias devastadoras. Además, el peso de la regulación recae en instituciones más o menos locales, (a nivel de cuenca, o a nivel de estado federal, o quizás a nivel nacional) que, en teoría, garantizarían que se respete el Derecho al Agua.

Quizás esta regulación podría ser liderada efectivamente por una entidad si existe la legislación y la fortaleza institucional adecuadas, pero basádonos en nuestra experiencia en varios países del mundo, esta fortaleza legislativa e institucional no es de ninguna manera la más común. En este caso, lo que se pone en el mercado no es agua, sino contratos de futuro. Es un mercado de futuros de agua.

En productos agrícolas este tipo de mercado de futuros se realizó hace muchos años. La idea o excusa inicialmente era tratar de proteger y estabilizar sectores productivos, en la época del expansionismo agrario y proteger áreas productivas que habían hecho mucha inversión en los sectores, por si de repente una empresa lograba producir a muy bajo costo en otros lugares del mundo. Es la misma razón que los defensores de este mercado de futuros utilizan con el agua, esa estabilización de precios.

Pero cuando la gestión de un producto básico para la vida se vuelve tan compleja, pueden surgir muchos costos de transacción, errores de gestión o regulatorios, malas prácticas, corrupción o simplemente la incapacidad de las instituciones reguladoras como ya se mencionó, y terminan pagando las poblaciones más vulnerables. Hay muchos estudios que demuestran esto, ya que termina creando un marco de sociedades que lo que hacen es especular y separar la gestión alimentaria de los consumidores finales de alimentos.

Una pérdida de soberanía alimentaria, muy perjudicial si se quiere asegurar el Derecho a la Alimentación (que está estrechamente relacionado con el Derecho al Agua). Un estudio muy interesante que se hizo en 2011 es el artículo Navegando por los meandros de la especulación alimentaria, con un título ya muy ilustrativo.

Por otro lado, el agua tampoco es un bien de capital cualquiera. Es esencial para el sustento de todos los seres vivos y no es consistentemente reemplazable por bienes de capital como productos agrícolas, forestales, mineros, etc. Esta explicación se puede encontrar en las conferencias de Pedro Arrojo, actual relator de Naciones Unidas para el Agua.

Los estados deben tener una regulación adecuada del uso del agua, cobrar por licencias de captación y consumo (aguas superficiales y subterráneas), emisiones y descargas de efluentes, realizado sobre la base de estudios serios de capacidad de carga y regeneración que respetan los caudales ecológicos. La unidad territorial más común para la gestión del agua son las cuencas hidrográficas, unidades delimitadas por el propio ciclo natural del agua y la topografía del terreno, de las cuales es necesario contar con buenos modelos hidrológicos de equilibrio, disponibilidad de recursos y demanda (que no es en absoluto habitual, ni siquiera en los países más ricos), y usarlos para ver si realmente es factible otorgar licencias, evitando intereses partidistas o espurios. El monitoreo y control también es clave, con tasas adecuadas de uso y sensibilización del público sobre el uso racional y control de la sobrexplotación del recurso. Al poner el excedente en el mercado libre, el excedente de licencias entra en territorio peligroso: se pueden comprar licencias baratas ahora incluso si no se van a utilizar y luego venderlas a un precio más alto, especulando así con la disminución del recurso provocado por el cambio climático. Una especulación que debe controlarse como parte del proceso de obtención de licencia y seguimiento, que debe ser público, es decir, no otorgar licencias y cancelarlas si no se utilizan. Pero, como dijimos, es meter el zorro en el galliñero.

Al final, lo que se logra es que los grandes fondos sigan acaparando los recursos básicos de por vida, porque tienen más capacidad para invertir, arriesgar más y en el más largo plazo. Lo pequeño también es hermoso a nivel empresarial, porque se comprende mejor, porque está más cerca de los bienes y servicios con los que se comercia y los impactos que genera.

Aquellos fondos que no entienden los derechos humanos, porque aunque tienen gente detrás, han adquirido un carácter deshumanizado, casi psicopático, porque están al servicio de la generación de riqueza para sus dueños, quienes, en muchos casos, no conocen realmente el mecanismos con los que se están beneficiando a costa de mucho sufrimiento.

Si queremos un mercado verdaderamente libre, donde todos tengan la oportunidad de participar en por igual, debería prohibirse la especulación. La especulación fomenta el corporativismo, el oligopolio (en Galicia decimos «el oro corre al tesoro») y el libertinaje. Quien puede, hace lo que quiere, sobre todo despersonaliza a los oprimidos, y no hay mejor forma de despersonalizar que la distancia y opacidad en los impactos de lo que se hace. Solo puede especular quién puede estar en riesgo de perder dinero. Y, lo más importante, el único objetivo es acumular riqueza para usarla en lo que quiera. Mucha gente cree que esto es legítimo y muchos otros naturalizan «la historia». Pero queremos contar otras historias.

¿Qué es la especulación sino una agresión a la autonomía y, en consecuencia, a la libertad de otras personas. Por ejemplo, por no poder tomar siquiera decisiones sobre el manejo de productos que aseguren la subsistencia ?. Cualquiera que quiera ingresar al mercado para comprar y vender sus productos, vivir de su negocio, utilizar un producto o invertir en un nuevo proceso, no necesita especular.

En Ingeniería sin Fronteras ya hemos reflexionado sobre cómo la empresa puede ponerse al servicio de un desarrollo más inclusivo, incluso emancipador. La especulación legitima la jerarquía, que tiene muchas posibilidades de convertirse en opresión, yendo en contra de los procesos de ciudadanía emancipadora y crítica que defiende Ingeniería sin Fronteras. Se vende este modelo como algo natural, cuando en realidad es una decisión personal, social, cultural y política.

Conclusiones

• El agua no es un bien mercantilizable. Es un derecho humano y debe ser legislado y gestionado como tal. Pensamos que ingresar al mercado de futuros es incompatible con garantizar el agua como derecho humano.

• Creemos que esta evolución en California podría tener efectos en otros lugares, incluso en la UE, donde el agua está reconocida como un derecho humano. La UE debe garantizar legislativamente la gestión del agua como derecho humano. También estaremos al tanto de lo que está sucediendo en los países donde trabajamos, apoyando a organizaciones y redes en esos países que están trabajando constantemente para garantizar el Derecho Humano al Agua.

• La transparencia de los mecanismos de gestión del agua y el control legislativo y de la sociedad civil organizada cobran cada vez más importancia ante estos intentos de incluir el agua en mercados con alto potencial especulativo.

• Desde Ingeniería sin Fronteras, no vemos nada claro esa presumible estabilización de los precios del agua que pronostican quienes defienden la cotización en el mercado de futuros, y sí vemos peligros manifiestos, de los que ya hay bastantes ejemplos en los mercados de los alimentos básicos. Estimamos un grave riesgo el distanciamiento en la toma de decisiones sobre un bien básico para las personas del planeta, que tienen muchas posibilidades de quedar a merced de movimientos especulativos globales que escapan a la comprensión del grueso de la sociedad. .

Ciberfaladoiro: Comercio local e as compras vía Internet

Durante a pasada edición do “Ciberfaladoiro Esfeiro” tivemos a oportunidade de partillar impresións sobre un tema de actualidade coa achega do Nadal: o comercio local e as compras online.

Compañeiras e compañeiros de Reino Unido, Catalunya ou Galicia compartimos as problemáticas entre estes dous termos “comercio local” e merca “online” que, tal como fomos desenvolvendo, non teñen por que ser contrapostos. Así de primeiras xa detectamos a distinción entre comercio local vs grandes superficies e comercio online vs presencial.

Primeiramente xurdiron diferentes opinións ao respecto das compras online. En concreto, falouse do seu impacto medioambiental respecto á compra presencial.

Comentouse un estudo (podedes atopalo, xunto con outras referencia do falado, nos enlaces de abaixo) de Greenpeace que asegura que, postos a facer compras vía online, pode mellorarse ese impacto pedindo que o envío se faga a un punto de recollida, en lugar de ao domicilio. Deste xeito, evítase ese “último quilómetro”. Nesta liña, comentouse o impacto do embalaxe no caso de mercar por esta vía.

Tamén se resaltou, en base a un exemplo dunha pequena tenda local, a dificultade para adaptarse ao comercio online. O tempo de recepción de pedido, preparación, seguimento e confirmación de recepción supón un tempo e esforzo que moitas veces o pequeno comercio non pode asumir. Ademais, coméntanse as problemáticas debidas ás comisión asociadas ao pago vía tarxeta e vía Internet.

Aínda así xurdiron tamén achegas sobre o feito de que moitas pequenas empresas teñen que mellorar a nivel tecnolóxico/venda online. Do mesmo xeito, a carencia de servizos como as devolucións supoñen unha barreira fronte ás grandes superficies.

Un punto importante da conversa foi a identificación coa compra online e en grandes superficies co “quero isto sen máis historias”, ademais de evitar cola. Apréciase una forte relación entre unha cultura do “aceleracionismo”, ir rápido, ser produtivos, etc., que bate coa filosofía do comercio de proximidade. A loita por ou contra a inmediatez.

No medio de toda esta problemática, coméntase como están a desaparecer as pequenas tendas de barrio, o que tamén leva a unha falta de acceso a determinados produtos no rural, relacionando isto cunha concentración non sostible de agrupacións urbanas. Se este proceso está a producirse amodo nos pobos e cidades, cada vez máis invadidos pola grandes superficies; no comercio online, o feito de ter máis medios, fixo que sexan estas grandes superficies as primeiras en “chegar” e cubrir este baleiro, sendo agora moi difícil a entrada do comercio local nesta vía.

Por último, gustaríanos achegarvos algunhas ideas que se comentaron para loitar contra estas desigualdades comerciais existentes

– Empregar páxinas coma Amazon coma buscador de opinións de produtos e unha vez tes unha idea clara do que queres mercar buscalo en tenda física.

– Prestar atención ás tendas que venden os artigos que estás a mercar en páxinas coma Amazon, buscar a súa páxina web e mercala a través desta (ou, se está preto, en persoa).

Tamén vos achegamos as seguintes iniciativas e páxinas de interese sobre o tema deste ciberfaladoiro:

Alternativas:

https://dbarrio.com/

http://www.mercadodeabastosdesantiago.com/

https://amtega.xunta.gal/es/aplicaciones/mercados-y-plazas-de-galicia

exemplo de pequeno negocio rural tradicional con venta en liña: https://carabunhas.com/

https://benmercado.gal/market/gl/

https://www.todostuslibros.com/

https://www.mercadosocial.net/galicia

En Barcelona:

https://www.mensakas.com/es/

Contra a filosofía da inmediatez:

O artigo de Greenpeace comentado:

https://es.greenpeace.org/es/noticias/ecommerce-comercioelectronico/

Black Friday:

https://www.elsaltodiario.com/consumismo/greenpeace-graves-impactos-ambientales-comercio-electronico-online-black-friday

Prácticas chunguillas de Amazon:

https://www.businessinsider.es/amazon-vigila-empleados-impedir-creen-sindicatos-732069

https://www.eldiario.es/economia/amazon-infiltra-espias-almacenes-europeos-vigilar-trabajadores-grupos-sindicales_1_6458286.html

Resumo do ciberfaladoiro «Modelos de transición enerxética: o caso de As Pontes»

O agotamento das materias primas como o carbón e o petróleo, impón á humanidade un dos seus grandes retos no futuro próximo.

A transición enerxética é un proceso que nos vai acadar, mais cedo que tarde, a todas as persoas. A nivel particular cadrou que persoas que conforman a base social de Enxeñería sen Fronteiras están vivindo esa transición no pobo dás Pontes. Esa foi a semente deste ciberfaladoiro.

Como documento previo, propuxose o vídeo-documental “Ciclo combinado”. Fálase sobre a existencia de outros documentos audiovisuais. Sobre a transformación da mina na lagoa existe Azul y verde sobre Negro. Tamén El carbón, fuente de energía de As Pontes. Historia del complejo minero-eléctrico de As Pontes 1972 – 2012, o cal non fumos capaces de atopar nas redes.

Partellamos as seguintes conclusións.

– Falamos sobre o ciclo vital das industrias, e que cando rematan hai que prever alternativas. Falouse de que o plan dás Pontes tiñase que ter posto en marcha fai 20 anos, cando se anuncia o peche da mina.

– Sobre a importancia da transparencia e a participación cidadá para levar a cabo procesos de desenvolvemento da vila. Púxose de manifesto carencias nese sentido.

– Falase sobre as estructuras credas na vila, fitos patrimoniais que ainda de titularidade privada, son ben de interese público e social. A importancia da súa posta en valor, e da súa significancia como ben común. Polo tanto, sobre o futuro dos cales deben tomar partido todas as persoas do pobo. No caso dás Pontes, cítanse:

  • A chimenea da central térmica (Endesa Termic), cunha altura de 356 metros supón unha estructura única no mundo, a terceira mais alta de Europa e aparecendo no Libro Guinness dos Records como a estructura de maior volume do mundo.
  • O parque de carbóns. Unha cuberta metálica, menos coñecida por estar á sombra da chimenea pero singular. Para facerse unha idea das súas dimensións, dentro dela colllerían tres estadios de Riazor completos.

– Faise unha análise sobre as loitas levadas a cabo no último ano. E sobre a estratexia de darlle ó pobo «esperanzas» que o final acaban diluindo o movemento e a forza inicial, creando frustración, dinámicas e sentimentos de impotencia que acaban favorecendo os grupos de poder e de interés.

– Fálase sobre o feito de que as decisións de Endesa-Enel se tomen nun Consello de  Administración en Italia sen ningún coñecemento da realidade dos pobos sobre os cales se toman decisións.

– Comentase sobre a opacidade na toma de decisións, a todos os niveis, e a necesidade de crear espazos de participación.

Para rematar, acordamos seguir intercambiando información e opinións. Ademáis, proponse facer un roteiro na vila dás Pontes, para que a base social coñeza de primeira mán a realidade dese pobo.

Ciberfaladoiro. O futuro da cooperación (I).

Onte no ciberfaladoiro falamos sobre o futuro da cooperación ao desenvolvemento. Tivemos como referencia o mini-documental ¿Puede una mujer PERUANA ser más RENTABLE que la BOLSA?: El caso de Microwd, onde saen varios puntos que nos pareceron interesantes para xenerar debate.

Algúns dos temas e ideas forza que saíron foron:

  • Falamos de distintos enfoques da cooperación existente: cooperación entre sociedade civil (algunhas máis «colonizadoras» e outras máis de traballo conxunto e de pontes entre sociedades civiles, non só entre países da OCDE e países receptores de axudas), cooperación con gobernos (reforzo orzamentario, axudas condicionadas, préstamos…), etc. As reflexións foron variadas, sobre sistemas de microcréditos (e o papel das mulleres, como na iniciativa do video, e como nalgunha das que impulsamos dende a propia ESF en Honduras con grupos de mulleres), sobre se era mellor entregar fondos a cada persoa/familia de xeito incondicional, ou os programas condicionados, ou combinar, ou se o mellor era deixar a cada país co seu modelo, sen intervir, pero tamén sen «ponerle la pierna encima» (o cal no contexto de neocolonialismo e loitas polo control dos recursos é algo imposible, aínda que posiblemente si sería unha boa utopía na que os pobos foran protagonistas do seu desenvolvemento, sen inxerencias nin necesidade logo de «parches» a través dunha cooperación ao desenvolvemento interesada) .
  • Falouse de que a corrupción e a violencia son posiblemente as dúas lacras maiores para o traballo da cooperación. Neste sentido comentouse que o fortalecemento das comunidades e organizacións da sociedade civil pode ser un punto clave, que poden impulsar sobre todo os movementos sociais e ONGD en todos os países. Pensamos que ese fortalecemento e apoio mútuo pode servir de dique contra corrupción, violencia, violación de DDHH, insolidariedade entre países e ecofascismo. Falouse de exemplos concretos como o tema da corrupción e maras en Honduras, con respecto a Nicaragua, onde as maras tiveron moita menos implantación (en gran parte pola maior cohesión dos barrios e comunidades, herdada posiblemente dunha maior cultura da participación e educación popular).
  • A importancia da comunicación no desempeño de iniciativas de transformación social, tamén nas que teñen que ver coa cooperación e na creación dun mundo cun enfoque de solidariedade global e respecto aos dereitos humanos en todo o mundo. Falamos de que se bota de menos máis narrativas simples e impactantes para potenciar a necesidade deste enfoque solidario, fronte ás mensaxes simplistas do outro lado (clasismo, racismo, os de aquí e os de aló, etc.). Tamén se comentaba que é importante a diversidade de métodos de comunicación e de xeneración de mensaxe, e que as organizacións delimiten ben cal tería que ser a súa «lonxitude de onda» (público e xeitos de comunicar), e que non todos se deberían adicar a todo.

Ciberfaladoiro: Renda Básica Universal nun mundo automatizado en cuarentena

Onte no ciberfaladoiro estivemos falando sobre Renda Básica Universal. Aquí un breve vídeo para enterarnos de que vai isto.

Xurdiu a cuestión de que o debate da Renda Básica Universal xa case non é de si debe implementarse ou non, xa que co tempo tarde ou temprano vai facer falta algo semellante. Tanto a esquerda coma a dereita económica van coincidindo nisto, xa que cada vez somos máis eficientes economicamente como especie (e a automatización ten e aínda terá máis moita culpa disto) e a este ritmo moita xente (individuos) queda sen traballo asalariado, fora do sistema e finalmente na pobreza. Ao mellor hoxe en día, no noso entorno, isto non era todavía o máis común, pero eventualmente si o será e de feito coa crise da COVID19 estase vendo a cousa complicada (de feito se visibilizou máis que nunca a RBU e se chegou a falar de Renda Básica de Cuarentena como preludio dunha RBU). E claro, moralmente se temos producción de sobra e non todo o mundo pode traballar de xeito asalariado, non podemos deixar simplemente que haxa persoas que o pasen mal sen que teñan outra opción. Por outra banda, as persoas teñen a manía de seguir nacendo, e parece que a defensa do «traballo universal asalariado» cada vez ten menos sustento, porque mesmo traballando con salario hai persoas pobres.

Faláronse dalgunhas vantaxes claras da RBU:

  • Tranquilidade mental que da un colchón de liquidez, aínda que sexa mínima, para afrontar problemas, plantexarse proxectos persoais ou simplemente poder rexeitar traballos indignos.
  • Valorización de traballos non retribuidos (empezando polos coidados).
  • Simplificación brutal da «burocracia da pobreza», xa que se eliminarían todas as axudas a persoas en situación de vulnerabilidade (e os trámites engorrosos e violentos para «demostrar a pobreza»), pensións non contributivas, etc.

Tamén se comentaron elementos que soen ser criticados nos debates sobre RBU, sobre todo tres:

  • Como se pagaría? Aquí referímonos aos estudos ben sistemáticos xa feitos, que implica non demasiado a nivel reforma fiscal.
  • Que pasaría con quen non quixera facer absolutamente nada e vivir cos 500-700 euros que podería ter ao mes para toda a súa vida? Chegamos a estar dacordo en que as persoas queren facer cousas, transformar e crear, é algo intrínseco ao ser humano. E se alguén se conforma con vivir coa RBU sen facer absolutamente nada, renunciando a moitas cousas porque tampouco é que sexa un pastizal, pois ok!
  • O feito de implementar a RBU vai provocar inflación porque subirán os prezos artificialmente. Trátase dunha crítica falaz porque non é que se fabriquen novos cartos. A renda basica sería redistribuir, non darlle a maquiniña de facer cartos, o do aumento da inflación non se sostén. Por outra banda, parece inasumible moralmente que para que os prezos sigan baixos haxa que permitir a pobreza de moitas persoas habendo outras extremadamente ricas.

Tamén hai outros cuestionamentos como que non sería «a ferramenta definitiva» contra a desigualdade e na busca dunha sociedade máis xusta, como cuestiona algunha xente.

Tocouse ademais algunha cuestión en discusión entre quen defende a RBU:

  • Unha clave. A RBU, dende unha perspectiva máis de ben común, non é nin máis nin menos que un dereito máis, que debe ser cuberto polo estado a través do sistema de impostos, o mesmo que sanidade e educación. Non é que a RBU veña a substituir estes outros servizos básicos, como defende quen, dende o liberalismo, apoia á RBU (moita xente das empresas de Silicon Valley, por exemplo; por iso fixemos referencia ao principio a que tamén hai na dereita quen defende a RBU como «mal menor»).
  • Como se calcula a RBU nun país ou zona? Hai quen defende que ten que ser máis exigua, sobre 50-60% do salario mínimo, ou facer un cálculo segundo a canasta básica de servizos e bens mínimos para unha vida digna, ou irse directamente a valores máis cercanos ao salario mínimo. Nese cálculo, as persoas menores de edade deberían cobrar o mesmo que as maiores de idade ou, como propoñen moitos modelos de RBU, unha % (moitas veces se fala do 50%)? Tamén hai quen fala de Renda Básica das Iguais, que inclúe unha parte do ingreso non individual, senón incorporado a accións colectivas.
  • A renda básica universal, como pode chamarse universal se non é para as persoas de todo o mundo? E aquí enlazamos xa con modelos de axuda entre países, o sistema de cooperación internacional e como se está a repensar (cousa que en ESF xa sabedes que nos interesa moito), se é mellor plantexar grandes programas moi centrados en resultados concretos ou é mellor «darlles os fondos ás persoas que elas xa verán como gastalos» (hai algúns programas que fan iso, a fondo perdido, e outros moitos con microcréditos, que son reembolsables).

Este foi un primeiro encontro en Enxeñería Sen Fronteiras sobre esta temática. Esperamos ir tendo algo máis para poder ter elementos de discusión nun tema que pensamos que vai ter moito recorrido, e vai estar moi vinculado aos efectos da tecnoloxización e automatización da sociedade para poder poñer a tecnoloxía ao servizo do ben común.

Recomendamos as películas «Yo, Joe Black» e «Los lunes al sol», para entender un pouco o pozo e o laberinto de violencia administrativa que representan as axudas actuais (incluido o Ingreso Mínimo Vital).

Máis info:

  • Red Renta Básica: http://www.redrentabasica.org/rb/
  • Baladre, Renta Básica de las Iguales: https://rentabasicadelasiguales.coordinacionbaladre.org/

Para actuar en Galicia:

  • Colectivos Cidadás pola Renda Básica Universal: https://colectivoscidadansrbu.wordpress.com/blog-2/ (en facebook e instagram)
  • Oficina de Dereitos Sociais Coia: http://odscoia.arkipelagos.net/aggregator/sources/7 (en twitter)

Ciberfaladoiro: clases sociais e a desigualdade

Coas novas datas (martes ás 20:30, cada dúas semanas) e un novo formato (tema principal con material audiovisual recomendado complementario), volvimos onte cos Ciberfaladoiros. Esta vez tocou falar sobre clases sociais e desigualdade. O material recomendado era Snowpiercer (serie ou película) e o cómic que iniciou todo, Le Transperceneige. Tocáronse moitos temas, dende cuestionar a existencia de círculos de poder e teitos de cristal (moitas veces dados xa dende a propia educación en colexios privados de élite onde se fan contactos que se manteñen no tempo, outras por favorecer a persoas afíns a determinados rexímentes que están no poder, outras por distintos tipos de xeitos de buscar o lucro que xa se clasificaron neste recomendable libro, etc.), a propoñer impostos progresivos (o famoso «imposto aos ricos») e discutir sobre que podería ocorrer coas grandes fortunas, limitación de paraisos fiscais, control de herdanzas (poder herdar até un límite máximo de cartos, ou de propiedades), promoción da redución da xornada laboral e condicións laborais dignas (con máis inspeccións, que seica fan falta), e mesmo renda básica universal.

Ninguén somos expertas nestes temas, pero como isto é un ciber-bar, podemos falar do que nos peta e preguntar sen ter medo ao «que dirán». Xa vedes que a tertulia deu para falar, e aínda quedaron cousas no tinteiro das que a serie e a película Snowpiercer nos da para reflexionar:

  • Necesitamos aliadas en todas as clases sociais para poder buscar a igualdade, como insisten na serie? Pódense conseguir esas alianzas? Como? Como manter e fortalecer esas alianzas?
  • O discurso dos «sen billete» improductivos que están no vagón de cola… como contrarrestalo? So as persoas ricas teñen dereitos? As leis están máis pensadadas para protexer o seu status quo ou para ser xustas? Na serie, como na realidade, as persoas con máis riqueza foron as que máis se aproveitaron do desequilibrio da biosfera que causou o cataclismo e agora só eles se salvan? Iso é claramente ecofascismo.
  • É a clase alta moralmente superior e equilibrada? Na serie e na peli amosan como non…, e si amosan (quizais idealizadamente) o equilibrio e autoorganizacion nos vagóns de cola (iso si, tras amargos episodios de enfrontamento e con roces no día a día).

Crónica do Cineforum: La Bicicleta Verde

Xa en proceso de desconfinamento, o ciberfaladoiro do xoves 21 de maio tratou sobre unha película nun contexto moi complicado e duro. Hai moita crítica pola dependencia na mobilidade como paralelismo da falta de liberdade das mulleres en Arabia Saudí (chófer para que leven á nai, con xente mesmo “borde”). Probablemente a bicicleta sexa parte central desta simboloxía vinculada a un futuro distinto para as máis novas.

Trátase da primeira película que fai unha muller en Arabia Saudí, o cal tivo moitísima importancia, facendo un cine con outra mirada (tamén é tecnoloxía para o desenvolvemento humano unha bicicleta que é moito máis que un simple aparello de transporte limpo).

Falamos tamén de como a nai evoluciona durante a película. Como está a buscar a felicidade do marido por enriba de todo, e logo el quere casar con outra. Ao principio non quere que ande en bici a filla. Ao final quere o mellor para a súa filla, e quizáis se contaxie coa súa determinación.

Ao final visibilízase unha inxustiza. O esforzo da nena non ía obter premio polo contexto inxusto. Desmonta o mito de facerse a si mesmo. É unha rapaza moi decidida e non permite que ninguén lle poña cortapisas e lle diga que non pode facer algo se o ve inxusto. É como unha guerra continua porque todo o mundo lle nega oportunidades, que teña os gustos que quera. Pero ao final nin así podía saír victoriosa cos seus propios medios. Pero ás veces polo mero feito de buscar a xustiza, se vai transformando o entorno e as persoas que nos rodean. Por iso soe merecer a pena, aínda que neste caso, como producto cinematográfico, quixera deixar ese regusto de boismo.

Chamounos a atención o pouco compañerismo, non hai moito apoio, mesmo coas nenas. Nótase moita represión (cousas que son pecado…), e entón as nenas facían o que non lles permitían facer. Atopamos a película moi motivadora para as rapazas de súa idade. É moi importante esa idade de transición para reforzar a seguridade das nenas. O buenismo do final é bo para animar. É educativo tamén para pais e nais, porque contaxia actitude.

O tema do que dirán tamén influiu moito na nosa cultura e de que as mulleres non puideran facer certas cousas (saiu a lembranza de refráns de cando estaba mal visto que até as mulleres puideran asubiar).

Por último, non deixamos de notar que o neno tampouco está moi dacordo coa súa cultura, de terse que casar con alguén obligado. El admira á protagonista, gústalle a súa liberdade. É un amigo moi incondicional. A masculinidade alternativa adivínase nesa actitude, pero ao no formar parte da minoría máis oprimida é máis complicado que se manifeste.

Ciberfaladoiros de ESF. Cineforum: Nausicaa del Valle del Viento

O pasado xoves a reunión no ciberbar de ESF tratou dunha película cunha estética preciosa. Pareceunos curioso que a protagonista fora unha rapaza estilo super-guerreira que opta polo diálogo. Gimbli xa optaba por personaxes femeninos fortes nos 80. Pero comentouse que xa había outras series daquela con mulleres protagonistas normalizadas (en Dragóns e Mazmorras, Pipi Calzaslargas, Bruja Avería, …). Houbo a reflexión de que posiblemente coa entrada de Tele5 con mamachichos e cousas similares se volveu atrás, volvendo á cosificación das mulleres. De feito, as princesas Disney da época estaba a anos luz do que nos presenta esta película. Quizais ese afán de buscar diálogo tralo arrebato inicial de loita trala morte do pai ten certo cheiro a buenismo. Desa relación co pai falamos tamén, xa que da a sensación de que o afecto e de «princesa de papá» que lle da o pai tamén lle transmite a Nausicaa esa seguridade interior que lle leva a arriscarse polo que cree, quizais menos habitual na educación das nenas. Chamounos a atención o «duelo express» que pasa Nausicaa trala morte do seu pai. Quizais a responsabilidade que recae sobre ela non lle deixa moito máis tempo para o duelo…

Ao final en realidade a película parece un enfrontamento natureza vs humanidade, como se esta última deixara de ser parte do resto de ecosistema, aínda que ao principio se presenta o Bosque de Putrefacción precisamente como algo «fora da natureza» que amenaza aos ecosistemas coñecidos.

Tivemos até debate sobre se o feito de ser princesa é relevante ou non na película. Había quen pensaba que non sería nin necesario asignarlle ese posto. Outra xente pensaba que, neste caso, o feito de ser princesa (ou que seu pai fora o rei) obedecía máis a algo baseado no «coidado» da xente e sentirse responsable. Pero tamén había quen botaba de menos máis normalidade en personaxes fortes para mulleres sen ter que ter que ter outros méritos para “subirlle o nivel” (como facela princesa).

Falouse de que en Japón ten moita importancia a racionalidade, explicando todo tamén nas producións audiovisuais (sobre todo nas máis antigas), mesmo o que sinten as personaxes, e deixan pouco á intuición e a captar a sensibilidade. Quizais sexa tamén parte da cultura tan formal que hai aló. Na parte da ecoloxía tamén ocorre iso. É un mundo como moi ben atado, con moitos detallles que reforzan unha lóxica racional moi forte. Seica é unha parte da propia cultura do estudo Ghibli, da que esta película foi precursora.

Amosa como a natureza ten o seu equilibrio, non hai “ecosistemas asquerosos”. A nena ten unha alma pura e detecta iso, por iso ten curiosidade en saber algo máis dese Bosque de Putrefacción, e o defende (tamén porque adivina que formamos parte de todo eso). Pode ser que pola súa racionalidade e formalidade incluso na cultura xaponesa mesmo lles impresione máis todos eses insectos xigantes e ecosistemas “asquerosillos” (que soen tocar bastante). Houbo a quen lle deu certa lembranza a Dune (polos gusanos xigantes que eran claves tamén no ecosistema), e a O Xogo de Ender (sobre todo nos libros segundo e terceiro da saga), pola empatía con seres a priori extranos e odiosos, pero claves en equilibrio do ecosistemas (e posiblemente tocando algo o tema do anti-especismo e o dereito moral dos seres a vivir). Non puidemos deixar de mencionar a situación actual co Covid, pola perda de biodiversidade e desequilibrios ecosistémicos dos cais o noso sistema depredador é responsable (e as mascarillas que teñen que levar). Ademais tamén houbo que chamou a atención sobre a «reanclaxe» da película na Terra, por se nos esqueceramos de onde se desenvolvía, cando fala da estrela Sirio.

Na película tamén se pode adiviñar unha mensaxe pro-científica, que parecía que podería reencarnar o mestre Yupa, pero ao final resultou ser a nena a verdadeira científica, coa súa «parcela piloto» de sementes do bosque da putrefación e a súa curiosidade innata e o non dar nada por certo (por exemplo, o gran dogma de «o bosque de putrefacción é malo»).

Tamén fíxonos reflexionar sobre o problema de ter armas de destrucción masiva (o cal na película se visibilizaba co Deus da Guerra), como ocorre coa Estrela da Morte en Star Wars, posiblemente moi influida pola época da película (1984) polas bombas nucleares e a escalada da Guerra Fría. Respecto disto, tamén pode advertirse unha crítica a ese «quen a ten máis grande» que se respiraba na Guerra Fría coa teoría da Destrución Mutua Asegurada. Nesta época hai moitos símbolos e referencias culturais pop e esta carreira e de que debía tocar ao seu fin (exemplos musicais como 99 Luftballoon), e o antimilitarismo está tamén presente noutras obras do estudo Ghibli. Esa escalada de violencia fai que chegue un momento que nin con toda a boa vontade se pode deter, a non ser que xurda unha figura de mesías, salvadora de TODO o mundo cunha sorte de ascensión e todo que se visibiliza na película). Ese liderado de ter que sacrificarse por salvar a todo chega ao culmen na escea onde os ohm lle pasan por riba a ela e a cría.

E a tí, que che suscitou esta película? Déixao nos comentarios se queres!