Boletín Oficial ESFeiro. Abril 2026

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística-cultural
  • E proximamente …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En Galicia, a principios de mes tivemos a esperada visita das Mulleres Bravas hondureñas Esther e Maigra, cunha xira que as levou por moitos lugares de Galicia.

    No programa ESF na Universidade, seguimos co ciclo de faladoiros na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela, falando sobre proxectos de cooperación. Tamén houbo en Ferrol un repair café, organizado polo Banco de Reciclaxe do Campus Industrial. Tamén se fixo unha entrega de computadoras do Banco de Vigo no Centro Social A Nubeira, así como o faladoiro O soporte de Windows 10 remata nuns meses, vai valer o meu pc para actualizar a Windows 11? E agora que fago con ese pc? na Facultade de Informática da Coruña.

    No programa Hackers Sen Fronteiras, o de ensino secundario, subimos na web unha reflexión sobre móbiles na adolescencia. Tivemos a presentación interna do informe de avaliación da segunda fase do programa, que traballamos con AoPaso.

    No programa de ESFprofesional, un grupiño incipiente en Carballo organizou un repair café no Casino. Ademais, participouse na LareiraConf cun postiño de ESF por onde pasou moita xente. Tamén tivemos a presentación interna do informe de avaliación da primeira fase do programa, que traballamos tamén con AoPaso. Por outra banda, varios medios fixéronse eco de iniciativas premiadas no premio ESF profesional a iniciativas de tecnoloxía para o ben común, tanto o do Colexio de Enxeñería Informática de robótica social como da Asociación de Propietarios Forestais A Croa.

    As participantes no Programa de Coñecemento doutras Realidades puideron coñecer ás Mulleres Bravas, o que lle serviu como primeira formación e para coñecerse entre elas. Tamén están xa coa formación en liña.

    Os grupos de Mulleres Tecnólogas e o de Transición Ecosocial tiveron reunións para argallar novas actividades. Ademais, o Día da Auga puxémonos poéticas

    En rede, participamos na Asamblea Federal de Ingeniería Sin Fronteras.


HONDURAS

     En Honduras, no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa da terra que desenvolvemos con CODDEFFAGOLF, tiveron o Encuentro Jóvenes 2026, juventud activa, Golfo vivo. Durante tres días houbo actividades e reflexión, para xenerar conciencia na mocidade. No programa de restauración de lagoas de inverno, seguen coa campaña para dar a coñecer eses importantes e descoñecidos ecosistemas, así como con coordinacións con autoridades públicas.

    No eixo de Dereito á Auga, participouse na Mesa Técnica Intersectorial de Calidad del Agua-Región 13 Golfo de Fonseca.


MOZAMBIQUE

    No mes de marzo continuouse traballando na formación práctica para a realización de estudos de inundacións empregando o software IBER e no acompañamento na monitoria da seca. Para o estudo das inundacións estase a traballar co río Rebuvoe afluente do Zambeze no centro de Mozambique, nunha bacía de alto interese para a Administración Rexional de Augas do Cento de Mozambique. Neste mes foron desenvolvidos dous seminarios, en Santiago e Ribeira, sobre o traballo en Mozambique no marco dos estudos de cuarto ciclo da USC.  O proxecto AQUAMOZ foi seleccionado para unha publicación sobre boas prácticas da cooperación descentralizada, impulsada pola Dirección General de Políticas de Desarrollo Sostenible (DGPOLDES), da AECID e no mes de marzo traballouse para pechar o asunto.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA-CULTURAL

    Este mes queremos chamar a atención sobre a obra de Melissa Cardoza, poetisa defensora de dereitos en Honduras.


E PROXIMAMENTE …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:

  • 7 de abril: Día Mundial da Saúde
  • 14 de abril. 13 a 14:30h. Faladoiro sobre a Guía de Autodefensa Dixital. Facultade de Xornalismo Compostela
  • 17 e 18 de abril: congreso esLibre en Melide, sobre cultura libre. Haberá moita presenza esfeira, coa compañía de Elena, da asociación hondureña Barracón Dixital
  • 17 de abril: Día Internacional da Loita Labrega
  • 19 de abril: Feira de Sementes da Fundación Galicia Verde, en Leboso (Forcarei), onde presentaremos a Guía de Autodefensa Dixital (e pode que nos atrevamos a facer algo de cacharreo e reparación)
  • 20 de abril. 19h. Librería Lila de Lilith en Santiago de Compostela. Faladoiro e presentación do libro de Margarita Padilla «Inteligencia Artificial: Jugar O Romper La Baraja«.
  • 22 de abril: Día da Terra
  • 22 de abril. 17h-20:30h. Escoitadoiros: Migracións e Dereitos Culturais. Comunicación e Cultura de Paz. Centro Ágora A Coruña
  • 23 de abril. 12-14h. Obradoiro de reparación colectiva e chocolatada solar con cociña solar parabólica. Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Compostela
  • 23 de abril (4º xoves do mes): Día internacional das nenas nas TIC
  • 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

    Calquera tecnoloxía amplifica desigualdades. Hai uns vencedores e uns perdedores. Os vencedores son os que as poseen, las comercializan o le sacan el rendimiento que los perdedores no pueden por razones de falta de educación, de dinero o de que su entorno no se lo permite
Senén Barro Ameneiro(catedrático, investigador e ex reitor da USC)