Crónica da visita de Alba e Lourdes. A defensa dos manglares é a defensa da vida.

Entre os pasados 6 e 11 de outubro tivemos connosco en Galicia a Alba e Lourdes, dúas mulleres hondureñas que lideran sendos grupos de mulleres marisqueiras en Isla del Tigre, municipalidad de Amapala, Honduras. Eses grupos se apoian nunha das organizacións socias de ESF en Honduras, o Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca-CODDEFFAGOLF, que lles está fortalecendo en boas prácticas ambientais, xestión de grupos, comercialización e organización. Aquí anunciabamos a súa visita.

Para coñecelas mellor, aquí temos un video que fixeron cos seus propios medios, onde contan algo máis da súa dura laboura.

Foi unha semana densa, pero con tempo para pasear e relaxarse. O primeiro día, o 6 de outubro, foi día de encontros en Santiago de Compostela, cunha visita relaxada pola cidade.

O luns 7 tivemos pola mañá un encontro na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela, onde puideron contarnos moito de como viven e do proceso que se está a apoiar cos grupos de mulleres marisqueiras a través de CODDEFFAGOLF e, como non, das súas dificultades e dúbidas, e de como siguen adiante.

Pola tarde viaxaron á Coruña, onde ao día seguinte, ben prontiño, puideron coñecer a membros da Confraría de O Burgo e a Pablo, o técnico que lles da apoio. Alí tiveron o primeiro contacto coa labouras do marisqueo galego. Lles explicaron como se fai o proceso de cría de larvas e a súa protección contra predadores, para que cando chegan ao tamaño axeitado, se poida sementar até que alcancen tamaño comercial.

Despois aínda tivemos tempo de visitar a depuradora de mexilón de Lorbé, onde moi amablemente nos explicaron o proceso de depurado, aínda que eses días non estaban sacando mexilón.

Pola tarde produciuse o encontro de Alba e Lourdes coa base social de ESF en A Coruña, no local da Escola de Camiños.

O día 9 foi un día máis tranquilo, coa visita á Fundación Lonxanet en A Coruña e visita á cidade. Pola noite foi o regreso a Santiago.

O día 10 foi intenso, coa visita pola mañá ao Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, na que a súa xerente explicounos moi amablemente o funcionamento e evolución nos servizos ofrecidos. Tamén puideron falar con vendedoras de marisco e outros productos e coñecer o sistema de pedidos vía internete e envíos a domicilio. Despois puideron coñecer o Museo de Pobo Galego, con ferramentas tradicionais galegas que lles chamaron moito a atención.

Xa pola tarde, no Pub Medusa, onde sempre somos benvidas, cun encontro aberto á cidadanía, puidemos charlar largo e tendido con ellas.

O día 11 foi un dos máis impactantes, xa que puideron meterse a mariscar coas marisqueiras da Confraría de San Andrés de Lourizán, acompañadas da Patrona Maior da confraría e varias mulleres da xunta directiva do grupo das marisqueiras. Viron como se procesaba o producto extraído no centro de acopio (un dos sonos dos seus grupos en Honduras) e, despois dunha agradable comida con técnicas do CETMAR e con Andrés, técnico que fai apoio ás confrarías da ría, visitar a lonxa de Campelo, e ver como é unha sesión de subastas.

Esta viaxe foi un xeito de facer pontes entre as sociedades civiles de Honduras e Galicia, traer unha perspectiva internacionalista a persoas do marisqueo en Galicia (seguro que agora se fixan máis nas novas sobre Honduras…), e tamén un xeito de que vexan posibles accións a desenvolver nos seus grupos e, como lles comentaban o día 10, a tecnoloxía con máquinas clasificadoras, edificio do centro de acopio e demais, non son máis que melloras a partir dun proceso que xa se ten que estar dando cun grupo constituido, e que elas xa teñen en marcha. Así que aí seguiremos apoiando os seus procesos con, entre outras actividades, unha visita de técnicas de CETMAR o vindeiro febreiro á súa zona de traballo no sur de Honduras.

Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Comezamos setembro participando nun Laboratorio sobre Activismo organizado polas compas de Amigos da Terra.

Coa chegada do outono, un tempo de cambios no que semella que a sociedade comeza reclamar tamén cambios urxentes para que os gobernos apliquen as medidas necesarias para frear o cambio climático. Por iso, o 27 de Setembro apoiamos a #folgamundialpoloclima do #27S. Pedimos que se declare xa a #emerxenciaclimática e se tomen medidas concretas para combatela. Mentres tanto, seguiremos impulsando cambios no noso día a día, e tamén, colaborando con outras persoas en movementos e asociacións.

Durante o verán tamén aproveitamos para darlle unha volta ao local de Coruña, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos (Campus de Elviña). Agora temos un taboleiro onde imos tratar de representar o que facemos en ESF, cos distintos temas e lugares onde traballamos, cun rinconciño especial do voluntariado. Tamén temos a nosa biblioteca recén remozada, con materiais para préstamo sobre Dereito á auga, enerxías renovables, soberanía alimentaria, servizos urbanos, educación para a paz, dereitos humanos, outras realidades, voluntariado e activismo, xénero… Vinde visitarnos!!

Durante unha semana tivemos a Dani, o noso presi, en Honduras, onde estivo compartindo reflexións coa nosa socia Ahjasa HN, sobre fortalecemento institucional futuro do programa de persoas técnicas comunitarias.

O 21 de Setembro foi o día da liberdade de software, ou día do #SoftwareLibre. Soberanía tecnolóxica e tecnoloxía para as persoas en estado puro. Atopamos unhas infografías chulas na web de Flisol para explicalo. Ademais, tivemos a sorte de que dende Mancomún contaran connosco para explicar a experiencia dunha ONGD na migración a software libre nun dos seus podcast.


HONDURAS

En Honduras, rematou o campamento da Red Jóvenes en acción por el clima, onde tivemos a Zoe como representante de ESF (e xa está de volta en Galicia). Rematamos setembro dándolle á benvida a Dani Umanzor como traballador na nosa sede de Honduras. Botaralle unha man a Elmer e a Raquel neste peche do ano. Tamén estivemos cos últimos preparativos da viaxe de Lourdes e Alba a Galicia.  E, como non, continuou o traballo nos programas de soberanía alimentaria, xénero e dereito á auga.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Activismo e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:

Volver


E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

«A tecnoloxía non é neutral. Estamos dentro do que facemos, e o que facemos está dentro de nós».
Donna Haraway

Visita de Alba e Lourdes, lideresas de pesca e marisqueo no sur de Honduras

Visitarán Galicia dentro do proxecto Coidadoras da Terra. Falaremos máis delas, pero primero queremos invitarvos a que as coñezades. Aquí vos deixamos a súa axenda para a vindeira semana.

Domingo 6 outubro. Día libre en Santiago de Compostela
Luns 7 outubro. As 11 am. Encontro aberto con Lourdes e Alba na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela. Local de ESF.
Martes 8 outubro. Pola mañá. Visita campo con marisqueiras e persoal técnico na Ría do Burgo.
Martes 8 outubro. Visita depuradora de marisque de Oleiros
Martes 8 outubro. De 18 a 20h. Encontro aberto con Lourdes e Alba na Escola de Enxeñería de Camiños da Coruña.
Mércores 9 outubro. Visita á Fundación Lonxanet en A Coruña
Mércores 9 outubro. Tarde libre para visita Coruña
Xoves 10 outubro. Mañá. Visita guiada ao Mercado de Abastos de Santiago
Xoves 10 outubro. Mañá. Visita ao Museo do Pobo Galego
Xoves 10 outubro. 18:30. Encontro aberto en Santiago. Libraría Os Mundos de Carlota (Rúa de San Pedro 52, baixo).
Venres 11 outubro. Mañá. Visita a campo coa confradía de San Andrés de Lourizán e persoal do CETMAR e da Xunta de Galicia, para coñecer o traballo coas mariscadoras