Boletín Oficial ESFeiro. Abril 2023

Benvidxs ao BOE de abril 2023. A versión sonora resumida en 6 minutiños en formato podcast podes escoitala aquí.

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   Durante o mes de marzo tivemos varios eventos interesantes. Empezamos fortes co encontro en A Coruña compartindo experiencias de loita pola terra con afectadxs pola vertedura en Perú de Repsol, colaborando na organización coa ONG Entrepobos. Tamén na Coruña, celebramos o día internacional da enxeñería polo desenvolvemento sustentable no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, con varios faladoiros e obradoiros. Tivemos representación na Asamblea de la Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras que se celebrou en Tarragona e houbo tempo para un ciberfaladoiro sobre os Dereitos Humanos en Colombia, co compa Mateo (aínda non regresou do seu PCR 2022!!) e outros membros da misión que foi este ano a verificar o estado de dereitos humanos nas zonas de conflicto dese país.

   No programa Hackers Sen Fronteiras houbo faladoiros en centros de Mondoñedo, Vigo ou Porriño.

   Os Bancos de REciclaxe Electrónica con Software Libre continuaron a súa actividade, arrancando o novo proxecto que financia a Xunta de Galicia con fondos de IRPF en colaboración con Ecos do Sur. Realizaron unha presentación na Facultade de Informática da UDC e novas «fichaxes» se incorporaron á colaboración. Tiveron tempo tamén para facer o primeiro dos obradoiros de Autodefensa Dixital na Domus da Coruña.


HONDURAS

   En Honduras, dentro do programa de promoción e defensa do dereito humano á auga, iniciou xa o proxecto financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, Mellora da Xestión Pública e Social para a Gobernanza dos Recursos Hídricos en 9 municipios da Rexión 13 Golfo de Fonseca. Fase 1. Aquí se pode ver en que consistirá.

   No outro programa en marcha no país, o de dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria, segue en marcha o de apoio a iniciativas de marisqueo financiado pola Xunta de Galicia e Deputación da Coruña


MOZAMBIQUE

Este pasado marzo aprobouse no Consello da Xunta de Galicia o novo convenio entre Augas de Galicia, Cooperación Galega e Enxeñería Sen Fronteiras para traballar un ano máis no convenio Aqua Moz Secara. Unha boa nova que dará continuidade ao proxecto, mantendo o traballo coa Administración Rexional da Auga do Sur (ARA-Sul), reforzándoo coa Administración da Auga do Norte, e mesmo iniciando a ampliación cara a Administración Rexional da Auga do Centro (aquí se pode ver algo máis sobre como se organiza a xestión da auga en Mozambique). En Compostela tivemos un encontro para coñecer o estado do programa e do país, no que Manuel, o experto técnico do programa que fortalece ás ARAs no eido das secas e xestión de encoros, nos contou detalles da súa estancia de hai unhas semanas.

  Tamén estivemos deseñando unha serie de elementos comunicativos que pronto haberá ocasión de coñecer, coa colaboración de AGARESO.


ENLACES DE INTERESE

Auga 

(nótase ben que o 22 de marzo foi o día da auga…)

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes toca recomendación de cine. É a película Matria, cine social na ópera prima de Álvaro Gago Díaz, que se estreou en cines a finais de marzo e xa gañou premios relevantes, sobre todo María Vázquez, a actriz que interpreta á protagonista.


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

“A desinformación é como cocaína. Se a tomas unha ou dúas veces non pasa nada. Pero se a tomas constantemente, cámbiate como persoa”

Yuri Andrópov

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.