Xa está aquí o segundo episodio de ESFRadio,o podcast de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Grazas á producción de Jorge Lama!
Neste segundo episodio continuamos na liña de encontro con mulleresa activistas hondureñas. Irene e Sergio entrevistan a Basilia e Teresa, mulleres da auga do sur de Honduras, activistas na Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento-AHJASA (asociación socia de ESF Galicia no programa de promoción do dereito humano á auga dende hai 5 anos), que estes días visitaron Galicia. Aquí podes saber máis do que estiveron a facer na nosa terriña.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/11/podcastESFeiro3-4.jpg24803508Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-22 21:04:002019-12-22 21:04:00ESFRadio: Episodio 2
Anunciábamos hai pouco tempo a visita da terceira parella de mulleres bravas de Honduras que nos visitaron en 2019, dentro do proxecto Coidadoras da Terra, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Teresa e Basilia tiñan moito que contar da súa traxectoria na Asociación Hondureña de Juntas Administradora de Agua y Saneamiento-AHJASA defendendo o Dereito á Auga nunha zona, o trópico seco de Honduras, onde cada vez escasea máis a auga.
Elas nos contaron
como nalgúns casos contan só cunha hora de auga cada 4 días nas
traídas que ellas mesmas xestionan, como as mulleres van gañando
relevancia na xestión da auga en moitas das comunidades (se ben
queda moito traballo por facer), e como non é sinxelo contar co
apoio da administración (porque mesmo cando hai vontade política,
non existen medios técnicos nin financieros ante o que xa se pode
considerar unha emerxencia hídrica).
Puideron ter un día
de descanso trala viaxe para iniciar a semana, que curiosamente foi
moi pasada por auga. De feito, era unha fonte de asombro constante
para elas a cantidade de auga que veían por todos os lados. É certo
que en Galicia é a terra dos mil ríos, pero precisamente por iso a
cultura da auga en moitos casos deixa moito que desexar. E cando
veñen anos complicados tamén hai certos problemas, aínda que as
comparacións son odiosas… Mesmo en 2017, no segundo ano de seca (e
a que máis se notou, tratada incluso nunha
das nosas palestras), aínda que algunhas aldeas quedaron sen
auga, se lles puido subministrar con camións cisternas, e na maioría
simplemente houbo algunha restricción de auga (500-700 litros por
casa e día foi habitual).
O martes 10 empezaron os encontros, primeiro ás 10:15 en A Coruña, na Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, con Acacia Naves (profesora da escola experta en Hidroxeoloxía, que colabora con Enxeñería Sen Fronteiras hai varios anos, e que estivo asesorando os dous últimos no programa de dereito humano á auga de ESF en Honduras) e Carlos Ameijenda (director do exitoso proxecto Life Abegondo, de traídas veciñais de auga).
Logo houbo tempo
para grabar o segundo episodio do podcast ESFRadio, onde as
entrevistaron, aquí
se pode escoitar.
Pola tarde, ás 19:30, dentro da Semana polos Dereitos Humanos organizada pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC en Ferrol, puideron encontrarse na Escola Politécnica de Serantes con profesorado e estudantado, contando a súa experiencia na defensa do dereito á auga na súa zona, tras unha breve explicación do concepto de Dereito á Auga a cargo de persoas de ESF. Tamén tivo cabida no encontro o papel da enerxía no aseguramento do Dereito á Auga.
O mércores pola mañá empezou a visita a campo. O apoio da asoción Comunidade Xeral de Augas de Galicia-COXAPO foi imprescindible para a organización da visita a Galicia de Teresa e Basilia, e estes dous días eran o evento central, dado que se trataba tanto de ver en campo o traballo da asociación COXAPO como de encontrarse con persoas que, como elas, defenden o seu dereito á auga dende a coxestión veciñal das traídas, organizada nunha asociación de segundo nivel como AHJASA en Honduras. Poñer en contacto sociedades civiles dos dous países é unha das razóns de ser de Enxeñería Sen Fronteiras.
Dende COXAPO prepararan dous días intensos e moi didácticos, empezando as visitas en Vilaboa e aldeas do entorno. Pasamos despois por outras aldeas da zona de Moaña, onde tivemos ocasión de facer o primeiro encontro de intercambio con persoas das xuntas de auga mentres comiamos no centro social que a Comunidade de Augas de Meira de Arriba tiña xusto enriba do seu depósito. A continuación visitamos unha comunidade rural do entorno de Vigo (que forma parte do concello de Vigo, pero é de xestión veciñal), para logo seguir cara Tomiño, onde rematamos o día cun par de visitas a comunidades de auga do entorno do núcleo urbano. Distintos tamaños, distintas problemáticas, distintas solucións técnicas, estaba a ser unha visita do máis completa. Pola noite houbo outro encontro aproveitando a cea, onde COXAPO tivo o gran detalle de regalar unhas esculturas de “mulleres da auga” dun escultor local a Teresa e Basilia. Ao día seguinte tivemos tempo aínda, a pesar da intensa choiva, de subir a comunidades pequenas nas zonas altas de Tomiño, para ver como traballan as traídas dende o seu inicio, nos mananciais. Accións iniciais de pouco custo pero moi eficaces son limpar ben os mananciais chegando se é posible á roca fracturada dende onde saen, localizalos, poñerlles peche para evitar que se acerquen animais, sellalos e evitar que chegue a auga a eles levando a auga lonxe con cunetas. Tamén son boa solución os filtros de gravas en manancial (moitos deles adaptados por persoal de COXAPO a partir de diversas probas piloto). De volta a Tomiño, tivemos un encontro no Concello con persoas do goberno municipal. Tamén houbo tempo para visitar o mercado de abastos de Tomiño, e posteriormente ir ao encontro-comida tradicional en Goián, tamén organizada por COXAPO. Queremos transmitir a COXAPO, tamén no nome de Teresa e Basilia, o agradecemento por estes dous intensos días, pola súa magnífica acollida, o ben que nos trataron, e o didáctico da programación. Agradecementos especiais a Eva, por estar pendente en todo momento, e a Rafael, alma máter de COXAPO e guía excepcional, que se está rodeando dunha gran equipa de persoas para loitar polo Dereito á Auga no rural galego.
O venres ás 12 na Facultade de Xeografía e Historia quixemos levar tamén o encontro entre AHJASA e COXAPO, para falar sobre esa xestión veciñal das persoas que se autoorganizan polo dereito á auga onde ningunha administración quixo ou puido chegar. Houbo ocasión de falar das vantaxes, pero tampouco se esconderon os inconvintes e ameazas, así como xeitos de apoiarse nas administracións locais (de quen dependen en última instancia asegurar o dereito á auga tanto en Galicia como en Honduras).
Venres pola tarde
houbo tempo para asistir a un encontro do periódico O Salto con
motivo da celebración do seu aniversario, no CSA Sar. O sábado
houbo visita ao Museo do Pobo Galego e visita a Santiago acompañadas
de voluntariado de ESF do grupo ETSE.
Tras unha semana intensa, Teresa e Basilia regresaron ao seu país deixando en Galicia a pegada do seu esforzo e entrega na defensa dun ben tan prezado no trópico seco hondureño como a auga, e con novas ideas para seguir tendendo pontes entre Galicia e Honduras das que pronto falaremos.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/12/TB.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-19 20:38:292019-12-28 19:53:26Crónica visita de Teresa e Basilia, as mulleres da auga
Con esta pequeña publicación hemos querido dar unas directrices de mantenimiento de móviles Android, para optimizar su gasto energético y su durabilidad, tratando de reducir su obsolescencia. Este material se ha realizado en el año 2019, dentro de la línea de trabajo de ESF Galicia de Electrónica Ética y reducción del uso de materiales de la minería extractiva, cofinanciada por la Xunta de Galicia.
Aquí se puede descargar (ignora advertencias de seguridad).
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/12/android.png404339Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-18 11:46:452020-01-15 17:29:40Consejos para mejorar el funcionamiento de móviles Android
Empezamos novembro con forza, no encontro da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteiras (máis coñecido como «a Cósmica«). Despois, na finde do 23, celebramos a nosa Asemblea Extraordinaria do Outono en Santiago de Compostela, onde definimos varios temas de gran interese para os vindeiros anos da asociación, e que terá como culminación a Asemblea Extraordinaria de aprobación da Planificación Estratéxica a finais deste mes de decembro. Nela aproveitamos para adherirnos ao Manifesto Galego polo Clima.
Ademais, tivemos a visita a Galicia de Lucía e Doris, dúas valentes defensoras da terra contra prácticas extractivas como a minaría, a camaronicultura ou as plantas fotovoltaicas no sur de Honduras. Algún medio de comunicación se fixo eco da visita. Por outra banda, en novembro naceu o podcast ESFRadio, aquí podes escoitar o primeiro episodio, onde Patricia e Irene entrevistaron a Lucía e Doris, por se non puidestes asistir a ningún encontro con elas.
O 29 de novembro, no no VIII Congreso de Cooperación Universitaria al Desarrollo, estívose a presentar a rede de profesorado técnico en cooperación das tres universidades galegas que se está a impulsar coa nosa colaboración e a de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. No grupo da ETSE-Compostela temos artistas que nos obsequian con viñetas que nos fan pensar como esta.
En Honduras, puidemos ver novos avances no programa de promoción do Dereito á Auga, onde as comunidades que van contando coa ferramenta de planificación dos recursos hídricos van acadando apoios e financiación para poder chegar nalgún momento ao 100% de cobertura de auga mellorada e saneamento en todos os municipios da Mancomunidade NASMAR, o gran obxectivo ao que queremos contribuir.
9 a 15 de decembro: visita a Galicia de Basilia e Teresa, activistas da Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Agua y Saneamiento, socia de ESF en el programa de promoción del Derecho al Agua en Honduras. Aquí está a axenda da visita
16 de decembro: estrea do documental En Deuda Con Todas, ás 19h30 na sala Númax de Santiago de Compostela. Despois da proxección haberá media hora para coloquio
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/04/BOE_apaisado.jpg360720Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-05 21:05:582019-12-05 21:05:58Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2019
Teresa Huete e Basilia Palma son dúas mulleres do sur de Honduras, das aldeas de Matapalos Abajo (municipio de El Triunfo) e Cerros de Moropocay (municipio de Nacaome) respectivamente. Elas teñen ampla traxectoria na xestión comunitaria da auga (onde o estado non chega), e forman parte de AHJASA, unha organización da zona, coa que ESF leva colaborando dende o 2014 no programa de promoción do Dereito á Auga en Honduras. Trátase dunha zona de trópico seco, con economía de subsistencia, onde as mulleres non soen tomar parte moi activa da vida pública.
Teresa e Basilia estarán en Galicia entre o 9 e o 15 de decembro, dentro dun proxecto que chamamos Coidadoras da Terra, financiado pola Xunta de Galicia (polo cal outras 4 mulleres a maiores estiveron visitando Galicia, dúas marisqueiras e outras dúas defensoras da terra contra o extractivismo depredador), que pretende visibilizar ás loitas das mulleres e poñelas en contacto con iniciativas da sociedade civil galega. Unha sorte de intercambio de experiencias e coñecementos, e ver que as loitas son comúns porque hai algo común na depredación dos recursos en todo o planeta (aínda que poñendo tamén o ollo nas diferencias a nivel lexislativo e de protección dos dereitos humanos nuns sitios e outros para unir loitas e que non se quede nun “cada un pelexar polo seu”), todo elo coa perspectiva de xénero. Por iso en Galicia, para esta visita, estamos en coordinación coa asociación COXAPO, que é para nós como a AHJASA galega.
A axenda das visitas será a seguinte, as palestras serán todas abertas ao público, nun formato de conversa e encontro:
O luns 9 pola tarde será día de paseo en A Coruña.
O martes 10 pola mañá, ás 10:15, palestra aberta no salón de graos 2 da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Coruña, palestra «Problemas de xestión da auga en zonas rurais. Casos de Galicia e Honduras», onde teremos ocasión tamén de partillar con Carlos Ameijenda, (director do proxecto Life de Abegondo, concello onde hai varias experiencias moi exitosas de xestión comunitaria da auga) e Acacia Naves (profesora na Escola de Camiños, experta en hidroloxía subterránea e colaboradora de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia).
O mesmo martes ás 13h estaremos grabando o episodio 2 de ESFRadio, con Basilia e Teresa como invitadas especiais.
O mércores 11 será o primeiro día de visitas a campo, coordinadas por COXAPO. Comezaremos pola zona de Moaña e a nosa intención e poder visitar as comunidades de usuarios de Pálmas-Costa e Meira de Arriba aproximadamente con 400 usuarias cada unha (1200 persoas abastecidas). Posteriormente iríamos á zona de Vilaboa a visitar alguna comunidade mais pequena. Posteriormente se nos dese tempo iríamos a visitar unha traída que está renovando todas as instalación para que vexan o proceso. De camiño a Tomiño pararemos ainda nunha traída de Rebordáns, que está situado no parque natural Monte Aloia. Para rematar o día cearemos en Tomiño falando sobre como se xestionan as comunidades, por que lexislación se rixen tanto autonómica como os seus propios estatutos, etc.
O día seguinte, xoves 12, visitaremos as comunidades de Tomiño ( primeiro concello que promoveu a autoxestión), onde naceu Coxapo, e iremos visitar dende unha comunidade moi pequeniña e aislada ( Vilachan do Monte) a comunidades como Mosteiro, Tomiño, Estás (onde está a sede de coxapo, e foi case o proxecto piloto antes de poñer o sistema en outras traídas) ou Goian, que é a mais grande con 1200 usuarios ( aproximadamente 3500 persoas abastecidas). Teremos tamén reunión de traballo para ver a viabilidade de conseguir fondos europeos e demostrar que é viable este sistema de autoxestión de abastecemento e, en moitos casos, a única vía alternativa. Estarán presentes en todo momento usuarias de comunidades de auga contando a experiencia de autoxestión.
O venres 13 ás 12h teremos na aula 5 da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela a palestra «Experiencias en xestión comunitaria e autoxestión da auga en Galicia e Honduras». Alí nos acompañarán tamén persoas de COXAPO, que nos darán a visión do que ocorre en Galicia.
O sábado teremos un encontro informal con Teresa e Basilia (lugar e hora por determinar).
O domingo, a pasear e relaxarse por Santiago, que hai que ter tempo para todo e xa terá sido unha intensa semana!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/12/photo_2019-12-02_21-51-52.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-03 12:45:182019-12-03 12:45:18Visita de Teresa e Basilia, as mulleres da auga
Entre os pasados 11 e 17 de novembro tivemos connosco en Galicia a Doris e Lucía, dúas mulleres hondureñas que, nas aldeas de San Bernardo (municipio de Namasigüe) e Aguas Calientes (municipio de El Triunfo) respectivamente, fan fronte a amenazas de depredación dos recursos naturais da comunidade. Esas loitas están apoiadas por unha das organizacións socias de ESF en Honduras, o Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca-CODDEFFAGOLF, que lles está fortalecendo con asesoramento legal, protección das persoas, escola de activismo e mobilización sociocomunitaria. Aquí anunciabamos a súa visita, dentro do proxecto Defensoras da Terra, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
Foi unha semana moi densa, con algúns problemas na viaxe que reduciron a súa estancia, pero con tempo para pasear e relaxarse. O primeiro día, o 11 de novembro, tivemos a última hora un encontro relaxado na libraría Os Mundos de Carlota, en Santiago de Compostela, onde nos trataron super-ben.
O martes 12 a primeira hora da tarde voltamos, tras varios anos, á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, onde ESF naceu hai xa máis de 26 anos. Alí compartimos con profesorado e alunado das Escolas de Telecomunicación e de Minas-Enerxía un encontro onde se tratou de chamar a atención sobre os impactos da extracción deses minerais tan prezados para a fabricación de dispositivos electrónicos, e que as futuras profesionais sexan conscientes das implicacións sociais e ambientais que pode xenerar un hiperconsumo.
O mércores 13 pola mañá foi momento de
pasear por Santiago. O clima acompañou e, trala comida, puideron
coñecer a unha activista en temas de defensa da terra de gran
traxectoria en Galicia, Macamen, da Compañia de María.
As 18:30 tivo lugar a palestra sobre as ameazas da minaría depredadora en Galicia e Honduras, na Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago, onde Doris e Lucía compartiron conversa con Nela e Lupe, da rede Contraminacción. Tiveron tempo aínda de viaxar a última hora a Coruña, onde ao día seguinte terían unha densa axenda.
O xoves 14 a media mañá o Centro de FP Tomás Barros recebeunos para que alunado do centro coñecera de primeira man as experiencias de Lucía e Doris, ademais de presentar o documental “Las Semillas de Berta”, das compas de Entrepueblos. Despois aínda tiveron tempo de facer unha visita en Coruña, a pesares do mal tempo.
Pola tarde, ás 19, produciuse o encontro público no Centro Cívico Cidade Vella en A Coruña organizado por Entrepueblos, Ecoloxistas en Acción, Asociación M e Enxeñería Sen Fronteiras, onde tamén se presentou o documental mencionado e houbo un interesante coloquio con Doris e Lucía.
No venres 15 antes da comida Doris e Lucía foron entrevistadas por Irene e Patricia (voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras), para o primeiro episodio de ESFRadio, o podcast de ESFGAlicia, que produce Jorge, tamén voluntario de ESF.
Despois de comer, achegámonos ao Monte Neme, onde Adrián, da Plataforma Monte Neme, amosounos o lugar e contounos algo da historia da paraxe e as problemáticas que a rodearon dende a súa época como mina de wolfram até as máis recentes como canteira (e moitas delas seguen aí pola deixadez das distintas administracións). Xa anoitecido, achegámonos á sede da Asociación Senda Nova, onde dentro do seu programa de Encontros con Activistas, puideron falar con Doris e Lucía sobre a defensa da terra contra as diversas ameazas relacionadas con actividades depredadoras cos recursos (piscinas de cría de langostinos, plantas de enerxía fotovoltaica e minaría metálica).
O sábado 16, último día de estancia, foi día de visita á Mina Touro, onde Isabel, do Movemento Mina Touro-O Pino NON, amosounos distintas zonas da mina e a súa problemática socio-ambiental de contaminación da auga ou cheiros polo emprego de lodos de depuradoras para a restauración dalgunhas zonas da mina, para logo rematar do mellor xeito posible, no Magosto Anual contra a Mina, que xa vai pola terceira edición. Esperamos que a do ano que vén sexa o Magosto do Fin da Mina!!
Encontro en libraría Os Mundos de Carlota en Compostela
Encontro na Escola de Enxeñería de Telecomunicación en Vigo
Viisitando Compostela
Palestra na Escola Técnica Superior de Enxeñería en Compostela xunto con activistas da rede Contraminacción
Co alunado do Centro Tomás Barros de A Coruña
Encontro no Centro Cívico Cidade Vella en A Coruña
Na grabación do primeiro episodio do podcasta ESFRadio
Visita ao Monte Neme
Encontro con activistas Asociación Senda Nova, Carballo
Visita á Mina Touro-O PIno
Magosto Contra a Mina
Ao lume do magosto
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2019/12/Magosto2.jpg11512048Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2019-12-01 11:41:022019-12-01 11:41:02Crónica da visita de Doris e Lucía, defensoras da terra en Honduras
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.