Novo proxecto. Fase 2 de Mulleres Bravas, tendendo pontes entre defensoras da vida de Honduras e Galicia
Mulleres Bravas é un programa que ten como meta visibilizar as problemáticas globais relacionadas coa sobreexplotación de recursos naturais en todo o mundo e que afectan especialmente aos países empobrecidos (extracción de materias primas, produción de enerxía, e explotación da terra, entre outras). A través da conexión das realidades de Honduras e Galicia, abórdase cos públicos obxectivos do proxecto, a reflexión sobre os impactos ambientais e sociais do noso actual modelo de consumo e desenvolvemento, así como alternativas sostibles de xestión dos recursos que exemplifiquen que outro modo de producir, consumir e vivir, é posible.
Trátase dun programa cuxo xermolo foio desenvolto en 2019 por ESF Galicia e a continuidade dunha primeira fase realizada durante os anos 2021 e 2022 xa en consorcio con Amigas da Terra Galicia, a cal pretendemos dar continuidade debido a boa acollida e valoración do mesmo.
O obxectivo do proxecto é, polo tanto, “visibilizar os impactos sobre as persoas e o medio ambiente dos proxectos industriais e extractivos en Honduras e Galicia, así como alternativas sustentables, con especial atención ás mulleres”. Para conseguilo, o proxecto artéllase ao redor de dúas liñas de acción:
- 1. Crear pontes entre organizacións e movementos da sociedade civil de Honduras e Galicia para a protección da vida e/ou que impulsan alternativas sustentables, con especial protagonismo das mulleres
- 2. Visibilizar o enfoque de cidadanía global das resistencias ao extractivismo e das alternativas sustentables nos públicos meta ás que mellor poden acceder ESF e Amigas da Terra: escolas universitarias e colectivos cidadáns de defensa do territorio)
Esto materialízase máis concretamente na viaxe de 3 mulleres hondureñas a Galicia (en dous momentos diferentes do 2024), para participar en espazos de encontro con plataformas e colectivos activistas de defensa do territorio e a economía social, e charlas en universidades. Como novidade desta fase, unha das activistas hondureñas realizará unha estadía de longa duración, de máximo un mes, convivindo con diferentes mulleres labregas galegas, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego.
Tamén se explorarán novas formas de achegarse á comunidade universitaria destacando a presentación dun proxecto de innovación educativa en aprendizaxe-servizo (ApS) na Universidade de Vigo.
Como parte da estratexia para visibilizar o enfoque da cidadanía global nestas plataformas de resistencia realizarase unha campaña de comunicación que poñerá a disposición das plataformas de defensa do territorio de Galicia participantes, formación presencial en comunicación de guerrilla, así como un espazo de encontro para xeración de sinerxías. O eixo principal da comunicación será a reivindicación da acción colectiva e comunitaria, coas redes de coidados que iso posibilita (e do que se pode aprender moito dos saberes de Honduras).
Un elemento engadido con respecto á primeira fase é unha investigación sobre conexións do extractivismo España-Honduras.
Hai dous feitos diferenciais e transversais a todas as actuacións do proxecto:
- por un lado a loita pola xustiza de xénero, a cal empeza co recoñecemento do papel relevante que xogan as mulleres no sustento e protección da vida (non só no eido familiar, se non tamén na protección e defensa do territorio, xogando un papel central no activismo e defensa da comunidade). Tamén sendo conscientes dos perigos e abusos que enfrontan no seu activismo polo feito de ser mulleres.
- or outro, o traballo en rede que non só se concreta na conexión de colectivos de Honduras e de Galicia, reforzándose polo apoio con máis entidades colaboradoras, ao igual que na cooperación coas universidades galegas, nas redes de traballo no sur de Honduras así como na rede nacional e internacional da Federación de Amigos de la Tierra e na Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!