Identificando seguinte fase do programa de Dereito á Auga en Honduras
Esta temporada estivemos concretando accións para a seguinte fase do programa de Dereito á Auga en Honduras. Queremos seguir apoiando o fortalecemento técnico de unidades técnicas municipais dos municipios da Mancomunidade NASMAR (que agora pasaron de 7 a 9). Tamén continuar o desenvolvemento do programa de persoal técnico comunitario de AHJASA. Pero queremos fortalecer dúas novas compoñentes: o vínculo cos temas de saúde hídrica, e as boas prácticas de mantemento das microcuencas hidrográficas, para ir entrándolle ao enfoque de cunca na xestión da auga, na medida das nosas posibilidades.
Así, nas últimas semanas tivemos varias actividades nesta liña:
- Reunión coa comunidade de El Sartenejal, para revisar o proxecto e a contrapartida comunitaria
- Reunión coa delegación departamental de Valle da Secretaría de Salud, para revisar necesidades para o laboratorio de análise de auga.
- Reunión con persoal técnico municipais de auga designados polos alcaldes da Mancomunidade NASMAR, e técnicas de Oficinas Municipales de la Mujer, sobre proxectos de auga e saneamento con enfoque de dereitos – enfoque de xénero.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!