Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2026


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística-cultural
  • E proximamente …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Este mes foi ben intenso. Queremos destacar, pola súa transversalidade, a participación con até 10 comunicacións no VIII Congreso Internacional de Estudios del desarrollo en Santiago de Compostela, abarcando os distintos programas que temos en marcha, tanto en Galicia (Hackers Sen Fronteiras, Mulleres Bravas, ESF na universidade, o mapeo de iniciativas para o cambio ecosocial dentro de ESF profesional, os bancos de reciclaxe), como nos países de traballo (Mozambique e mesmo participación das socias de Honduras en 4 relatorios). Aquí podes ver as presentacións empregadas e unha reflexión sobre este tipo de congresos.

    No programa de ESF na Universidade, estamos tratando de visibilizarnos nas escolas técnicas, a través das pantallas, faladoiros, materias… Outubro comezou co relatorio Tecnoloxía e enxeñaría para os dereitos humanos noutras realidades, impartido por Sergio na ETSE de Santiago de Compostela. Tamén tivemos un encontro de impulso do Banco de Reciclaxe Electrónica de Ferrol (que conta con 2 novos voluntarios dentro do programa coa UDC). En Compostela, houbo un encontro coa Área TIC da USC no Campus Sur de Santiago para estreitar a colaboración co Banco da ETSE Compostela, no que continuaron as doazóns de equipos (estivemos no podcast Nova Realidade de AXenteDeTeo falando sobre este banco de Compostela, podes escoitalo aquí, a partir do minuto 23, e tamén organizouse un Repair Café na escola para dar a coñecer o banco). No congreso XoveTIC, celebrado en A Coruña o 15 de outubro, presentáronse dous faladoiros: Tecnoloxías de realidade estendida para persoas con discapacidad e From BIM to Virtual Reality: A Fully Open-Source Pipeline for Residential Accessibility Assessment, relacionados coas bolsas que impulsamos coa rede Artigo9Tech. Un curso máis, tivemos unha presentación de ESF para proxecto de aprendizaxe-servizo da materia Xogos Serios no Mestrado de Videoxogos da UDC, na Escola Politécnica de Ferrol. Ademais, está a piques de iniciar a actividade do novo Banco de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Ourense. Mentres non empeza, xa foron para Póboa de Trives uns equipos dende o banco da Coruña. Dende ese banco tamén impulsaron, con Amigas da Terra, Bricolabs e Re-ciclos, un repair café na Tobeira de Oza.

    Co programa Mulleres Bravas (en colaboración con Amigas da Terra), tivemos a visita a Galicia de Dilma, activista hondureña, labrega e parteira. Con ela houbo unha intensa axenda, con visita á Misión Biolóxica de Galicia en Pontevedra, a Milulloa en Palas de Rei. O 3 de outubro realizouse o obradoiro Partera e Maternidade na Casa Xohana Torres, e o 4 de outubro celebrouse a xornada sobre ecofeminismo e decolonialidade. O 5 de outubro tivo lugar tamén un roteiro feminista, e o 19 de outubro participamos no encontro Somos Ponte, encontro de mulleres da terra e do mar, en Pontevedra, impulsado pola CGONGD (onde coincidiu coa compañeira Toña, activista e marisqueira hondureña que participa no programa Galicia Abriga). Ademais, tivo a oportunidade de convivir con 3 mulleres labregas galegas do Sindicato Labrego Galego durante varios días (Horta do Cadaval, Tralalareira e Hortasán). Durante este tempo tivemos a maiores unha campaña en redes sobre manifestacións do extractivismo en Honduras e Galicia. 

    Dentro do programa ESF profesional, deixamos unha crónica de dúas voluntarias que estiveron no Congreso de Educación Social O Xurés, presentando o mapa de iniciativas de cambio social MICELIO. O 9 de outubro tivo lugar un Repair Café en Carballo (onde ademais se está impulsando un incipiente banco de reciclaxe electrónica). O 17 de outubro, no marco do Día da Reparación, celebráronse dous Repair Cafés: un en Pontevedra en colaboración con Amigas da Terra (estreando o novo local cedido polo concello para o novo banco de reciclaxe) e outro en Lourenzá (grazas ao apoio de fondos IRPF da Xunta de Galicia). Relacionada co programa, publicouse a web Calcudome, unha ferramenta libre de cálculo en madeira e bioconstrución que desenvolveu co compañeiro Martín Moreda. O 26 de outubro publicouse unha entrevista con Sandra e Ánxela no Colexio Profesional de Traballo Social. Con REAS Galicia (rede de economía solidaria), fixemos unha formación en liña sobre TIC que coidan.

    En Hackers Sen Fronteiras (programa que temos na FP e ensino secundario), coa boa nova de poder continuar unha nova fase do programa grazas á financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, publicouse unha entrevista a compañeira e docente Laura Pérez falando de tecnoloxía para o ben común e o noso grupo de Mulleres Tecnólogas no podcast de Mancomún.

    Ao interno, o 14 de outubro celebrouse en liña a Asemblea Ordinaria Anual de aprobación de contas, e o 31 de outubro tivo lugar na Casa Xohana Torres de Santiago de Compostela o obradoiro Futuro de Enxeñería Sen Fronteiras e a asemblea extraordinaria (Xuntanza de Outono).


HONDURAS

    En Honduras, durante outubro no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa do territorio, a nosa socia CODDEFFAGOLF estivo a desenvolver a Campaña Semillas: herencia y patrimonio, con vídeos ben bonitos sobre sementes crioulas e a súa importancia para a soberanía alimentaria e a cultura local. Foi dentro do programa finaciado por AECID de sistemas resilientes de produción alimentaria. Tamén houbo un webinar sobre sementes labregas e bancos comunitarios de sementes.  CODDEFFAGOLF tivo unha sesión de rendición de contas a distintos actores de desenvolvemento no municipio de Namasigüe.

    No eixo de dereito á auga, houbo visita dende a embaixada de España en Honduras ao laboratorio de auga do sur de Honduras, laboratorio impulsado coa Mancomunidade NASMAR e a Secretaría de Saúde.

    Ademais, xa coas participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades deste ano de volta, aínda tivemos unha emocionante crónica de peche de Alba V.


MOZAMBIQUE

    No programa AquaMoz, en outubro continuouse traballando na formacións dos técnicos das Administracións Rexionais da Augas de Mozambique (ARAS) Sur e Centro de Mozamique para a realización de estudos de inundacións. Neste mes participouse no proceso de deseño do Marco de Associação para o Desenvolvimento Sostenível Espanha-Moçambique 2027-2031 que está a desenvolver a AECID desde Maputo e tamén no VII Congreso Internacional de Estudios del Desarrollo (CIED 2026) cunha comunicación sobre a xestión de eventos extremo en Mozambique. A finais de mes comezou unha visita técnica a Maputo vinculada o fortalecemento instiucional das ARAs Sur e Centro para a análise de inundacións.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o ben común


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA-CULTURAL

    Este mes recomendamos a novela gráfica «Las grandes olvidadas», de Titiou Lecoq e Marie Dubois.


E PROXIMAMENTE …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

    O verdadeiro problema da humanidade é o seguinte: temos emocións do Paleolítico; institucións medievais; e unha tecnoloxía divina. Iso é tremendamente perigoso e agora estase acercando a un punto de crise xeneralizada

Edward O. Wilson

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.