CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Enlaces de interese
- A recomendación artística do mes
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Temos nova web dos Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia. Ademais, asinamos convenio de doazón de equipos para o Banco co Colexio de Traballo Social de Galicia e continuaron as doazóns da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC. Xa se entregaron os primeiros 15 equipos preparados cun sistema operativo GNU-Linux a Ecos do Sur, para canalizalos cara a familias que os precisan. O 5 de novembro faise a primeira formación sobre o seu uso.
Compartimos o resumo do ciberfaladoiro sobre «o papel da enerxía nuclear a día de hoxe», que tivo lugar o 5 de outubro.
A última fin de semana de outubro tivo lugar a Cósmica, reunión de base social de todas as asociacións de Ingeniería Sin Fronteras da Federación á que pertencemos. Foi nun albergue cerca de Torremolinos, e tivemos unha boa representación galega alí. Mateo entrou como vicepresidente na Junta Directiva de la Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras e, tachaaaaaaaan, o vindeiro ano celebraremos a Cósmica en Galicia!!!
Estivemos traballando arreo para empezar un estudo sobre como se traballa o enfoque de tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das 3 universidades galegas. Nestas escolas, estamos xa con contactos para empezar co desafío de organizar polo menos un faladoiro presencial en cada unha delas antes de que remate o curso académico. Tamén estamos preparando unha serie de faladoiros en centros de secundaria dende o grupiño de Mulleres na Tecnoloxía.
HONDURAS
Xoel e Eva, xa na recta final da súa estancia do programa de coñecemento da realidade en Honduras, cóntannos das luces e sombras da zona Caribe do país. Chegaron de volta a Galicia a finais de outubro. Seguro que lles gustaría prolongar a estancia, pero o comezo da campaña electoral cara as eleccións do 28 de novembro, e a situación política bastante conflictiva (que a situación post-electoral pode mesmo empeorar, como xa ocorreu nas últimas eleccións xerais), determinou que a data de regreso non se prolongara. Entretanto, parece que pode haber solución para os conflictos pola saída de Honduras a mar aberto no Golfo de Fonseca, tralo acordo con Nicaragua. Pero todo ten sombras…
Nos proxectos, seguimos o fortalecemento de capacidades de labregas e labregos en mellora participativa de variedades de millo criollo con CODDEFFAGOLF e apoio financeiro da AECID. Preparouse ademais unha proposta presentada a Deputación de Pontevedra para financiación, e poder complementar esta acción.
O proxecto de apoio ás Oficinas Municipales de la Mujer, impulso de orzamentos etiquetados de xénero na Mancomunidade NASMAR e traballo con grupos de mulleres productoras continúa tamén (é posible que sufra un pequeno parón por causa das eleccións). Está financiado pola Xunta de Galicia.
Estase avanzando a bo ritmo no proxecto de apoio ao programa de técnicas de auga comunitarias de AHJASA, con financiación da Deputación da Coruña.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Comunicación para o (como) desenvolvemento
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
Políticas e modelos de desenvolvemento
Sensibilización
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Voluntariado e Persoas
A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES
Este mes volvemos á música, cunha canción de Christina Rosenvinge adicada a Berta Cáceres, activista hondureña asadinada en 2016: Berta multiplicada
E NO PRÓXIMO MES …
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais twitter, instagram e na nosa canle de telegram,difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.
A ESF-RASE DO MES
“[…] desdichado o país que necesita de heroes”.
Galileo, na obra Galileo Galilei de Bertold Brecht