Entradas

Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio: marzo 2021

Xa chegou o segundo Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. En pouco máis de 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xaneiro en Galicia e #Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, recomendación de publicación en físico (que prestamos á nosa base social), axenda de eventos vindeiros e ESFrase do mes.

Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Tamén en spotify

O que aprendemos nas Xornadas «Educar con emoción, aprender con paixón»

A semana do 8 ó 11 de Febreiro de 2021 tivo lugar A Semana da Educación “Educar con Emoción, aprender con Paixón” organizado polo Concello de Tomiño.

Según o propio Concello, as xornadas organizaronse para que docentes, persoas educadoras en xeral e pais e nais en particular acudiran a informarse e formarse en diferentes temáticas relacionadas coa educación. Participaron conferenciantes que son grandes profesionais con experiencia na temática, nesta edición tivemos con nós a Octavio Salazar, Almudena González, Marta Peirano e Alberto Soler.

A primeira conferencia “Educación, feminismo e masculinidades.” a cargo de Octavio Salazar abordouse como a educación debería incorporar a perspectiva feminista, o que supón ir máis aló da mera coeducación; habería que desenvolver programas específicos de intervención coa mocidade. O obxectivo non sería outro que dar resposta paritaria ao modelo educativo que marca o artigo 27.2 da Constitución Española e vinculalo co reto de como redefinimos as condicións da vida en común.

Na sesión do martes titulada “Educar a través da emoción musical: beneficios desde a perspectiva neurocientífica.” , Almudena Gonzalez falou sobre como a música é unha arte capaz de provocarnos diferentes emocións e no contexto educativo son importantes as súas implicacións e beneficios. Os estudos de neurociencia analizaron estas cuestións en profundidade e esta conferencia tivo como obxectivo esclarecer os alicerces da emoción musical na educación. Almudena abordou a literatura científica coa música como eixo vertebrador, analizando os diferentes estilos musicais académicos e populares, calidades e aspectos relacionados coa emoción e cognición musical. Afondou na interrelación dos coñecementos neurocientíficos cos musicais, xa que a unión entre estes dous campos proxecta novos camiños tanto dentro da aula como no ámbito familiar.

Nesta sesión unha persoa da nosa base social interviu plantexando un proxecto musical persoal e sobre como a música configura a masculinidade. Este feito deu lugar a unha actividade concreta no grupo de traballo non mixto sobre masculidadades de Enxeñería, pero disto falaremos noutra ocasión.

O xoves, Marta Peirano, xornalista e investigadora desenvolveu a poñencia en torno ó título “Como combater a desinformación con campañas de inoculación efectivas”. Sobre como as Redes Sociais convertéronse no vehículo de transmisión perfecta da desinformación. Non é só un problema técnico, que se poida resolver con algoritmos e Intelixencia Artificial. Plantexou a pregunta Que ferramentas temos para combatela? Dando como resposta o desenvolvemento do noso espíritu crítico.

Houbo duas preguntas da nosa base social.

A primeira foi que opinaba da Deep Web como ferramenta xeradora de desinformación. Marta comentou que foi dende sempre algo demonizado pero que o impacto que ten sobre a xeración da desinformación lle parecía mínimo.

A segunda foi sobre que accións directas poderiamos levar a cabo dende xa mesmo, ao día seguinte da charla. Unha resposta concreta foi xogar nós, coa familia, ou nas aulas, a un xogo onde o obxectivo e «facer desinformación», porque logo é máis sinxelo identificar as técnicas que empregan as fake news para influirnos. O xogo, da Universidade de Cambridge, chámase Bad News, e está pendente de traducir do inglés, pero é moi sinxelo.

No último relatorio o psicólogo Alberto Soler falounos sobre “Normas, límites, premios e castigos”. Sobre algo que parece tan razoable como que a maioría estamos de acordo en que queremos educar aos nosos fillos e fillas con grandes doses de amor, agarimo e respecto. Pero sempre hai situacións nas que é necesario establecer algúns límites que os protexan ou para ensinarlles cal é a forma axeitada de comportarse. Entón é cando a moitas familias e docentes asáltanlles as dúbidas: de verdade fan falta as normas e os límites?, cales?, a partir de que idade?, como podemos establecelos de forma clara e respectuosa coas súas emocións? E todo isto lévanos aos premios e os castigos. Xa sabemos, porque o falamos moitas veces, que non son nin a única nin a mellor ferramenta para educar a fillos, fillas ou alumnado pero, si non premiamos nin castigamos, que facemos cando superan eses límites ou incumpren as normas que puxemos?

En torno a estes temas, Alberto plantexou un interesantísimo relatorio sobre diferentes métodos, opinións concretas e accións directas para levar a cabo a educación das criaturas con un impacto emocional negativo mínimo na súa evolución vital.

Finalmente, dar os parabéns ao Concello de Tomiño a organización destas xornadas, as cales desfrutamos e nas cales aprendemos moitas cousas de utilidade. Estas iniciativas dende e eido local son moi de agradecer.

Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2021


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • A recomendación artística do mes
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

  Este mes, ademais de celebrar que o BOE xa ten un irmán sonoro en forma de podcast, engadimos duas novas seccións: a «Recomendación artística do mes» e, dentro da sección Enlaces de interese, unha subsección para o tema de enerxía e cambio climático (que ademais vén fortísima na súa estrea).  

Tivemos a boa nova da creación dun incipiente grupo de enerxía e cambio climático de ESF, que foi o detoante de que adiquemos ese apartado específico a novas neste eido. Empezaron forte, impulsando un dos ciberfaladoiros realizados no mes, o de «alternativas para unha transición enerxética: que podo facer eu?«, do que se fixo un resumo por se non puideches asistir. O outro ciberfaladoiro foi sobre Outras realidades: Mozambique (é posible que pronto empecemos a facer algunha cousiña sobre este país).

    Tivemos tempo de asistir á presentación da nova Estratexia Dixital da Xunta de Galicia, e nos suscitou dúbidas que queremos compartir aquí.

    Tamén houbo reunións do grupo de Dereito Humano á Auga para seguir traballando no mapeo do estado da xestión do abascemento nos concellos de Galicia en colaboración con Ecoloxistas en Acción e a Universidade da Coruña, así como do grupo de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio, que estivo definindo accións para este 2021. O 13 de febreiro houbo o III Ciber-vermú do grupo de homes esfeiros (ao que chamamos agarimosamente «micromachiños»), onde compartimos inquietudes sobre masculinidades alternativas.

    O Grupo de Apoio Mútuo Dixital tivo o primeiro encontro con membros de Ecos do Sur, para arrincar a proxecto de redución de Fenda Dixital en familias vulnerables coa reutilización de equipos vellos «voltos á vida» con software libre, apoiado por fondos IRPF da Xunta de Galicia.


HONDURAS

    En Honduras tivemos a boa nova da reincorporación da nosa representante país Raquel (apertas!!), e a viaxe de Irene para dar apoio nos meses de febreiro e marzo no país no peche de proxectos que toca nestes dous meses.

    Dentro do programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio, en febreiro rematouse o proxecto, financiado pola Xunta de Galicia, de apoio á actividade marisqueira na súa fase 1 (nos vindeiros meses estaremos buscando a financiación para continuar). Presentouse a versión mellorada da ferramenta de mapeo participativo de áreas de alto valor ambiental e de agresións ambientais, SIROS, desenvolta co apoio do cartoLAB da Universidade da Coruña. Ademais, mulleres marisqueiras tiveron unhas xornadas de sementeira de marisco.

    Tamén nese programa, pero noutro proxecto, financiado pola Axencia Española de Cooperación, a organización hondureña socia de ESF, CODDEFFAGOLF, participou na mesa de Seguridad Alimentaria y Nutricional de la municipalidad de Nacaome.

    No último dos proxectos que temos en marcha dentro deste programa, tamén financiado pola Xunta de Galicia,  estamos a colaborar co CEXEF apoiando a grupos de mulleres con  CODDEFFAGOLF e ás oficinas municipales de la mujer de los 7 municipios da Mancomunidad NASMAR. En febreiro tivo lugar o primeiro foro de sanación grupal, «Tejiendo ternura en colectividad «, como un espazo reflexivo para as compañeiras que defenden a vida xunto ao mar.


    Xa no outro programa que temos en Honduras, o de promoción do dereito humano á auga, quixemos chamar a atención sobre a nosa aposta por ir introducindo no programa a hidroxeoloxía como sustento científico para fortalecer as accións das nosas socias na xestión da auga en Honduras. O estamos a facer coa Universidade da Coruña. Ademais, estivemos a preparar unha proposta para obter financiación da Deputación da Coruña para apoiar o programa de Formación de Técnicas Comunitarias de Auga.

A mala nova foi ter que lamentar o pasamento da alcaldesa de El Triunfo Gina Bonilla, coa que colaboramos estreitamente na defensa do dereito á auga na zona e que tivo a ocasión de visitar Galicia en 2018. Con ela, vaise unha loitadora e un exemplo para a clase política de Honduras. Foi pracer ter compartido esforzos con ela.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas.

Este mes:

  • Atlas Ecosocial de Galicia. Editorial Catroventos

A RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA DO MES

    Esta é unha nova sección de BOE, onde recomendaremos algunha obra artística que nos pareza especialmente inspiradora. Cancións, libros, películas, obras de teatro, banda deseñada…, calquera peza de arte pode ter cabida!

Queremos estrear a sección con Manu Chao e o seu Clandestino, case un himno. Aquí podes escoitalo!


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais FacebookinstagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

A ciencia non é senón unha perversión de si mesma, a menos que teña como obxectivo final o melloramento da humanidade
Nikola Tesla

Boletín Sonoro ESFeiro en ESFRadio: febreiro 2021

Mañá é o Día da Radio. Cremos que é un bo momento para estrear en ESFRadio o Boletín Sonoro ESFeiro, a versión podcast do noso Boletín Oficial ESFeiro. En pouco máis de 5 minutiños podes coñecer o que fixemos en xaneiro en Galicia e #Honduras, novas sobre tecnoloxía e dereitos humanos, axenda de eventos vindeiros e ESFrase do mes. Se che gustan os podcasts, apúntate a ESFRadio!

Aquí podes escoitar o Boletín de febreiro:

Tamén en spotify

BOLETIN OFICIAL ESFEIRO: febreiro 2021

Esta é a versión escrita do noso boletín mensual, se prefieres a versión radiofónica (resumida), aquí podes ir ao Boletín Sonoro ESFeiro

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Neste surrealista primeiro mes de 2021 tivemos a ocasión de tratar nun ciberfaladoiro o tema de que a auga empece a cotizar en mercados de futuro. Dende o grupo de dereito a auga se levaba reflexionando xa unha semanas sobre o tema e, tras o ciberfaladoiro, sacouse unha reflexión na nosa web expresando a nosa preocupación.

    No Grupo de Apoio Mútuo Dixital tivemos a boa nova de ter acadada unha axuda da Xunta de Galicia (dos fondos da X solidaria da declaración da renda) onde, colaborando coa ONG Ecos do Sur, desenvolveremos un programiña formativo para rescatar vellas computadoras e facelas usables no ámbito doméstico empregando software libre. Esperamos que sexa o inicio dunha longa e fructífera relación :D. Dende o mesmo grupo, organizáronse duas xornadas formativas:

  • Miguel Bouzada contounos as súas experiencias co grupo de reciclaxe informática no que participou hai uns anos (colaboración de GalPon e Gruvi)
  • Javier Teruelo falounos da súa experiencias de instalación de slitaz no centro educativo onde imparte clases, en Cataluña (slitaz é un sistema GNU-linux moi lixeiro e perfecto para máquinas vellas). Aquí podes ver o faladoiro.

    Tamén tivemos ocasión de contar como funciona e o que estamos facendo en ESF Galicia a compañeiras do resto de asociacións da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.


HONDURAS

    En Honduras, continúa o traballo no noso programa de Soberanía Alimentaria e Defensa do Territorio, onde están activos tres proxectos:

No programa de Dereito á Auga, seguimos a presentar propostas para acadar financiación, desta volta ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a ver se o conseguimos!


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES …

  • 2 de febreiro: Día dos Humedais
  • 9 de febreiro: 19h. ciberfaladoiro Outras Realidades: Mozambique, nesta sala
  • 10 de febreiro: 12:45h. Charla en liña sobre Economía e Desenvolvemento Humano, de Enrique Saéz. Asistencia libre nesta sala, dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños, coa que ESF colabora e axudou a crear no seu día.
  • 11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
  • 13 de febreiro: Día Mundial da Radio
  • 14 de febreiro: Día da Enerxía
  • 20 de febreiro: Día Mundial da Xustiza Social
  • 24 de febrero: 12:45h. Charla en liña.El derecho a un hábitat humano sostenible. Plácido Lizancos y Patricia Muñiz. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños
  • 27 de febreiro: Aniversario da Proclamacion da República Arabe Saharaui Democrática
  • 2 de marzo: 12:45h. Charla en liña. El problema de la desigualdad. Atilano Pena. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños
  • 3 de marzo: 12:45h. Charla en liña. Cooperación internacional y Acción Humanitaria. Quique Peña y Ofelia García. Dentro da materia de Cooperación para o Desenvolvemento da Escola de Camiños

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook instagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

«Se as máquinas producen todo o que necesitamos, o resultado dependerá de como se distribúan as cousas. Todo o mundo poderá gozar dunha vida de luxo ocioso se se comparte a riqueza producida polas máquinas, ou a maioría da xente pode acabar sendo miserablemente pobre se os propietarios das máquinas presionan con éxito contra  a redistribución da riqueza. Ata o momento, a tendencia parece ser cara á segunda opción, coa tecnoloxía causando unha desigualdade crecente»
Stephen Hawking

Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2021

Nesta ocasión, no apartado de enlaces de interese, deixamos unha sección especial adicada ao Sahara Occidental, onde nas últimas semanas produciuse unha preocupante escalada de violencia, e é unha realidade á que en ESF somos moi sensibles, pois traballamos tempo nos campamentos de refuxiados e tamén en Galicia dando a coñecer a súa problemática.

    Outro suceso que nos impactou foi o comezo da cotización da auga en mercados de futuros (de feito, o vindeiro 20 de xaneiro ás 19 falaremos sobre este tema no noso vindeiro ciberfaladoiro, encontro informal para falar do que nos preocupa vía teleconferencia, ao que nos encantaría que viñeras, o cal podes facer nesa data simplemente pinchando aquí).   


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Como parte da participación de varias persoas de ESF no curso de xestión por resultados da CGONGD creamos un grupo de telegram ESFeiro para poder compartir dúbidas e materiais sobre temas máis técnicos de xestión de proxectos de cooperación (marco lóxico, xestión por resultados, xestión do cambio e de procesos e demais «palabros» do mundo da cooperación). Se tes interese, podes entrar sen chamar neste enlace.

    Ademais, tivemos dous ciberfaladoiros no mes, un sobre os problemas que deixaron os furacáns Eta e Iota en Honduras e estratexias futuras de traballo no país (no que contamos coa nosa xente no país e do que aquí están as reflexións que sairon), e outro sobre comercio local e compras por internete, con motivo da cercanía do Nadal. Tamén falamos sobre Educación e Software Libre no noso Grupo de Apoio Mútuo Dixital, e fixemos un pequeno encontro formativo para aprender a organizar mapathones.

    O día 19 de decembro tivemos por vía telemática unha Asemblea Xeral extraordinaria da asociación, para vernos as caras e falar de como nos foi en 2020 e o que nos deparaba o novo ano (presentando as contas previstas para 2021). Vai adxunta a acta, por se tes interese en saber de que se falou.

    Sobre eventos «en físico», en A Coruña se pode visitar até o 5 de febreiro a exposición a aire libre Tecedoras do Cambio, e ademáis dende ESF apoiuse a campaña de Rebelión polo Clima de protesta ante empresas en Galicia polo «lavado verde» co que agochan a súa «inacción climática».


HONDURAS

    Durante decembro fíxose un importante traballo con AHJASA deseñando un novo proxecto que veña paliar os problemas que deixaron os furacáns Eta e Iota no acceso á auga potable.

    Continuouse o traballo no programa de soberanía alimentaria destacando tres actuacións:

– nova versión máis lixeira da app de mapeo participativo de áreas sensibles ambientais en Honduras SIROS traballando con CODDEFFAGOLF e o CartoLab da UDC (implicando ademais á Universidade Nacional Autónoma de Honduras), co apoio da Xunta de Galicia,

impulsando a selección de variedades locais de sementes co apoio da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID)

monitoreo de bivalvos, cando se cumple un ano da misteriosa mortandade dos mesmos da que aínda se está tratando de esclarecer as causas, e que iniciou un annus horribilis para as mulleres marisqueiras do sur de Honduras, ás que seguiremos apoiando en 2021.

    Séguese traballando ademais na Fase 2 proxecto de fortalecemento das «oficinas municipais da muller» (OMM) dos 7 municipios da Mancomunidad NASMAR e apoio a actividades produtivas de grupos de mulleres, co apoio do CEXEF da UDC na parte de orzamentos etiquetados de xénero.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Especial Sahara Occidental

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook instagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo. 


A ESF-RASE DO MES

Creo que o mero feito de existir implica certa responsabilidade co futuro, co que existirá despois que nós. Se fomos quen de construir avións, submarinos, satélites espaciais, deberiamos ser quen de transformar o mundo que nos rodea, de xeito que todos podamos vivir polo menos dignamente. É case inconcibible que nesta era da «tecnoloxía» haxa xente que morra de fame, que nunca vira un médico… Felipe a Lavinia no libro La mujer habitada, de Gioconda Belli

Ciberfaladoiro: El Dilema de las Redes Sociales

En esta nueva edición del “Ciberfaladoiro Esfereiro” tuvimos la oportunidad de contar con amigos y amigas que se conectaron desde Barcelona, Santiago, Coruña, Porriño, Vigo y desde fuera de España: Reino Unido. Sin duda, la tecnología puede logra que las barreras físicas desaparezcan y al mismo tiempo, se puedan crear lazos.

Este encuentro virtual nos dio la oportunidad de discutir sobre un tema de actualidad y vigencia: el uso de las redes sociales. Como complemento hemos sugerido ver el documental “The Social Dilemma”, que ha generado un debate de lo más interesante y del que daremos más detalles a continuación.


El documental explicaba cómo fue la evolución de las redes sociales y las implicaciones que tienen en el día a día de las personas, desde las más jóvenes hasta las mayores. Este vínculo entre tecnología y personas se encuentra normalizado sin cuestionar cómo es que unas
“herramientas” gratis pueden ofrecer tanto a cambio de “tan poco” ya que “solamente se necesita un correo electrónico y una contraseña”.


Las impresiones fueron muy variadas, desde vivir un sentimiento “traumático” ya que ver el documental te abre los ojos y ayuda a valorar que “…esos productos gratis no siempre son gratis sino que la persona usuaria es el verdadero producto” y efectivamente “al conocer esa realidad da algo de miedo”.

Otra realidad en medio del uso de las redes sociales es que “se saltan la seguridad y la soberanía digital, ya que lo que ocurre cuando no se paga por ciertos servicios es que las empresa intentan monetizar ese servicio y se da por hecho que los anuncios son aleatorios, pero no es así, siguen un estrategia mercantilista…”.


Nos encontramos con otras opiniones más directas, por ejemplo se opinaba que “el documental habla sobre cómo estas empresas venden tus datos para obtener beneficios, y te manipulan con el objetivo de ganar dinero y les da igual todo lo demás”, punto de vista respaldado por muchas de las personas que han participado.


Las redes reclaman la atención y absorben tu tiempo y genera una dependencia, se están metiendo en nuestra vida constantemente, las empresas se esfuerzan para hacerlo todo más fácil.


Un factor muy recurrente fue “la adicción” que se genera cuando se orientan las publicaciones del muro, timeline, etc a la venta de un servicio y se reduce al ámbito económico. Lo anterior provoca que las empresas que gestionan los datos y los perfiles de las personas creen filtros que buscan condicionar el comportamiento de las personas ya que solamente muestran “lo que interesa”, “lo que gusta”, esa información es sesgada y no completa la visión y comprensión de la realidad.


“Las empresas se preocupan para que se consuma, te dan muchos servicios que te escanean, conocen tus hábitos, recuerdan que has hecho y que nuevamente buscan monetizar tu información, tus datos y tu vida”, se puntualizó.


“La mayoría de los usuarios no conocen la realidad y lo peor es que la gente no tiene interés en saber lo que ocurre”. Algunas personas rehúyen del tema con el argumento: “no tengo nada que ocultar”, pero esto genera la lucha de David contra Goliat; las recomendaciones te condicionan a lo que puedes ver, aprender, conocer.


Otro punto que se mencionó es que somos de las sociedades más polarizadas y eso pone en riesgo la democracia ya que las personas han convertido a las redes como su único medio de información y que no ven otras fuentes.


Pero ¿Es realmente beneficioso para los usuarios y/o consumidores?


“Podría llegar a ser beneficiosa si la ética y la tecnología se suman para utilizarse de forma adecuada, las empresas deben autorregularse” y en la medida de lo posible no deben llegar a un “extractivismo de datos” que se dedique a explotar la información. Cómo la información no es algo tangible no es fácil de asimilar para la mayoría de las personas.


Surge la recomendación de un libro llamado “El Circulo” de Dave Eggers, ya es un buen ejemplo de cómo los peligros de la era digital pueden llevar a una persona que piensa “no me van a vigilar” o que no cree en que el uso irracional de las nuevas tecnologías pueden llevar a un situación de vigilancia y manipulación.


Entonces, ¿Qué usos le podemos dar a redes sociales?


“Debemos pensar que el altavoz de las Redes Sociales nos permite llegar a muchos más sitios, antes se reducía al grupo de amigos y personas cercanas.Podemos llegar a las personas que no tienen los conocimientos necesarios para comprender lo que está ocurriendo, a aquellos sitios donde la información es unidireccional; llegar incluso a quienes no han tenido estudios en nuevas tecnologías.


Muchos puntos claves surgieron a partir de “la pregunta del millón”: A nivel personal ¿Qué hago yo?, veamos algunos de ellos.


Se mencionó cómo se pueden utilizar las redes sociales para cambiar las cosas, son otra manera de llegar a la gente. Asimismo, se valora la opción de los periódicos y otros servicios que ofrecen planes de subscripción para poder ser independientes y que no sea la publicidad la fuente de ingreso , principalmente que no se vendan tus datos personales.

Otra forma de mejorar los resultados es pagar por aquellos servicios en los que “dichos servicio son de calidad” y no “acomodarnos en utilizar solamente aquello que es gratis”. Y hablando de servicios, también debemos aprender a identificar cuáles son nuestras verdaderas necesidades, cuáles son reales.


Un punto a favor es que se pueden utilizar como herramientas que te ayudan a generar reputación, a fomentar la marca, generar un nombre para darse a conocer a todas las personas que tengan acceso a internet. Hay que poner en la balanza lo que estas empresas nos aportan y cómo podemos encaminar la tecnología en una dirección que genere un beneficio pero respetando los derechos fundamentales.


Uno de los agentes claves en este aspecto es el gobierno, es éste quien debe aplicar cierto tipo de regulaciones y leyes que contribuyan a la legislación, crear una mayor conciencia tecnológica y pensar en qué tipo de tecnologías deben existir y cuales queremos que sean un bien público, respetando a toda costa nuestros derechos como usuarios y consumidores.

——————————-

Y tú, ¿viste el documental? ¿Qué te pareció? ¿Y qué opinas de todo este tema?

Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    O 8 de Setembro foi o día da persoa cooperante, a nosa Raquel, representante en Honduras de Enxeñería Sen Fronteiras, deu voz ás cooperantes galegas polo mundo na Radio Galega Galicia por diante e tamén na TVG. Orgullosas de todas a nosas expatriadas!     Durante este mes seguimos coas reunións, cada 15 días, do Grupo de Apoio Mútuo Dixital, así como os ciberfaladoiros (podes ver os resumos dos que fixemos sobre o Futuro da Cooperación e sobre o problema de As Pontes. O 26 de outubro participamos na Flisol2020 (evento de difusión de Software Libre), gravada en A Coruña e retransmitida en liña, onde falamos sobre «Soberanía dixital para a defensa dunna cidadanía global: o caso de Enxeñería Sen Fronteiras» (se non puideches estar, aquí a podes ver, e aquí descargar todos os relatorios co son mellorado). Xa podes coñecer o que fixemos na asociación en 2019 coa nosa memoria. Pero aquí podes atopar 6 infografías resumo das diferentes actividades e proxectos, para que se vexa máis bonitiño. O 27 Septembro fixemos o primeiro roteiro ESFeiro da tempada, desta volta no Río Maneses. Foi todo un éxito e xa estamos agardando o seguinte!


HONDURAS

    Neste mes se estiveron realizando reunións para concretar o traballo do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña na Fase 2 do proxecto de xénero que empezou este ano (apoiarán entre outras actividades en impulsar unha experiencia piloto de orzamentos etiquetados de xénero en concellos da Mancomunidade NASMAR). Continúa tamén o traballo para ir pechando as actividades do proxecto de apoio a grupos de mulleres marisqueiras que rematará en decembro, e tívose unha reunión con CETMAR para pechar este traballo. Os dous proxectos son financiados pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

    O 2 Outubro pechouse o prazo para presentar candidaturas ao posto de representante país Honduras para traballar connosco (substitución temporal).


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info consulta o noso CALENDARIO DE ACTIVIDADES, así como a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais FacebookinstagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

Se as máquinas producen todo o que necesitamos, o resultado dependerá de como as cousas son distribuidas. Todas as persoas poden disfrutar dunha vida de luxos se o que producen as máquinas é partillado, ou máis persoas poden rematar miserablemente pobres s os donos das máquinas fan lobby en contra da redistribución. Até agora, a tendencia parece inclinarse pola segunda opción, coa tecnoloxía volvéndose cada vez máis inequitativa. O tan temido Apocalipse non virá da man dos robots, como tantas películas de ciencia ficción nos quixeron facer crer, senón que será xenerado por capitalismo do propio ser humano.
Stephen Hawking

Boletín Oficial ESFeiro: agosto 2020


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   En xullo, coa chegada do verán e a «nova normalidade», relaxamos un pouco (só un pouco) a actividade en Galicia. Foi un xeito de coller folgos e prepararnos para o vindeiro curso. O día 4 tivemos Asemblea Xeral telemática para aprobar as contas da asociación. Adicamos tempo a facer unha análise dos programas dos partidos políticos para as eleccións galegas do 12 de xullo. Continuamos coas reunións dos xoves ás 22:30 do Grupo de Apoio Mútuo Dixital, onde hai un grupiño estable de persoas á espera de poder darlle o impulso definitivo con algunha quedada presencial, e tamén tivemos tempo para un par de ciberfaladoiros, un o 14 de xullo sobre Mundo Rural-Mundo Urbano e outro o 28 de xullo sobre Renda Básica Universal nun mundo automatizado en cuarentena. Antes, o 9 de xullo, tivemos un interesantísimo encontro de ESFeiras polo mundo, onde poidemos coñecer de primeira man, a través dos testemuños de esfeiras, como se estivo a vivir a crise da COVID19 en lugares como Brasil, República Dominicana, El Salvador, Honduras, Inglaterra ou Ecuador e reflexionamos sobre o futuro da cooperación ao desenvolvemento, a modo de continuación do último programa de ESFRAdio. Tivemos tempo, ademais, de deseñar dous apasionantes proxectos para presentar ás axudas da Xunta de Galicia de educación Xpara o desenvolvemento. Un de traballo en educación para o desenvolvemento nas universidades técnicas en colaboración coa rede Artigo9TEch (da que formamos parte), e outro para tratar de dar continuidade ao iniciado o ano pasado de pontes entre movementos galegos e hondureños de defensa do territorio e dos servizos básicos (máis importante que nunca neste contexto tan complicado no que estamos, onde non hai que deixar de visibilizar a interdependencia e a xustiza global para facer desta Terra que compartimos un lugar mellor).


HONDURAS

  Tivemos ocasión de coñecer de primeira man a situación no país, falando con Raquel (a nosa representante país) e Elmer (que da apoio a Raquel en Honduras). Raquel está de volta en España, pola situación de crecente complicación da crise da COVID19 no país. Estase en proceso de repensar as prioridades dos proxectos en marcha, que son todos do programa de soberanía alimentaria e defensa do territorio: a segunda anualidade do proxecto de apoio a grupos de marisqueo e pesca co asesoramento de CETMAR, financiado pola Xunta, sufrirá cambios (tanto pola situación da COVID19 como por problemas no estado das auga do Golfo); o que comenza este ano en colaboración co CEXEF, tamén financiado pola Xunta, de apoio a productoras e continuando o fortalecemento das Oficinas Municipales de la Mujer dos municipios da Mancomunidade NASMAR, precisará algún reaxuste. Entretanto, continuou o programa que se impulsa co apoio da AECID en colaboración (ao igual que o resto, en colaboración con CODDEFFAGOLF). Durante o mes de agosto estaremos preparando un novo proxecto para acadar financiación da AECID, este dentro do programa de Dereito Humano á Auga.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

Aínda que de poder prácticamente ilimitado, as nosas tecnoloxías son ferramentas sen mangos. Langdom Winner

Boletín Oficial ESFeiro: xullo 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    O pasado mes de xuño, xa cun progresivo desconfinamento, aínda seguimos facendo os ciberfaladoiros, se ben a partir do que tivo lugar o 4 de xuño, pasan a se os martes alternos ás 20:30, tendo lugar o primeiro no novo horario o día 30 de xuño, no que falamos sobre clases sociais e desigualdade. O vindeiro será o 14 de xullo (ver apartado de «E no próximo mes»). No mes de xuño consolidouse o Grupo de Apoio Mútuo Dixital, que continuou a ter xuntanzas en liña cada xoves ás 22:30, e así seguirá. Estamos a preparar un encontro presencial deste grupo para cacharrear en A Coruña e outro en Santiago, dos que pronto esperamos que teñades novas. Tivemos ocasión de producir un novo episodio do noso podcast ESFRadio, onde, grazas a participación de tres ESFeiras en Honduras, El Salvador e República Dominicana, puidemos coñecer a situación en Centroamérica-Caribe en tempos de COVID 19 e falar con elas sobre o futuro da cooperación.

    Lembramos que a Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras, á que pertencemos, puxo en marcha o noso propio servidor de jitsi, que calquera pode usar para videoconferencias. Tamén lembrar as propostas que dende Enxeñería Sen Fronteiras Galicia enviamos aos partidos políticos que se presentan ás eleccións do vindeiro 12 de xullo.


HONDURAS

  O pasado día 10 de xuño tivemos reunión con Raquel, a representante país Honduras de ESF, onde nos informou da situación no país, con previsión de crise económica e alimentaria. Nesta época de choivas se entregarán plántulas de diversas especies para plantar e faranse capacitacións (formacións) a familias labregas dentro do convenio coa AECID. O proxecto de apoio á pesca artesanal coa Xunta de Galicia está paralizado, pendente de readaptar as accións no marco post-COVID19. Estase a preparar unha proposta para obter unha subvención de axuda humanitaria para a zona nesta época complicada que está a vir, con altísimo risco de emerxencia alimentaria. Raquel regresou a Galicia o 19 de xuño, xa que a nivel sanitario non se tiña seguridade (desborde de hospitais, e aínda non se ve que chegara o pico da enfermidade), pero continuan os contactos coas nosas socias locais hondureñas, e con Elmer, o noso secretario técnico en Honduras, que estará traballando dende a casa minimizando as súas saídas. Por outra banda, este mes tivemos a boa nova da concesión dunha nova subvención da Xunta de Galicia, para continuar o programa de soberanía alimentaria e xénero (onde traballaremos con CODDEFFAGOLF, NASMAR e o CEXEF da UDC). A mala nova foi a non concesión dunha nova fase do programa de auga, para o que trataremos de buscar financiación na Agencia Española de Cooperación proximamente.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

  • Todos os xoves ás 22:30: encontros virtuais do Grupo de Apoio Mútuo Dixital de ESF
  • 6 de xullo (primeiro sábado de xullo): Día Internacional das Cooperativas
  • 7 de xullo: Día da Conservación do Solo
  • 9 de xullo: Ciber-encontro de ESFeiras polo Mundo, onde falaremos da situación do COVID en diversos países onde traballa xente de ESF e pensaremos no futuro. Será no ciber-bar de ESF (se tes interese podes inscribirte en info[arroba]galicia.isf.es)
  • 14 de xullo: 20:30h. Ciberfaladoiro de ESF sobre «Equilibrio mundo rural-mundo urbano» no ciber-bar de ESF (se tes interese podes inscribirte en info[arroba]galicia.isf.es)
  • 15 de xullo: Día Internacional das Tecnoloxías Apropiadas
  • 19 de xullo: peche do prazo de presentación de traballos ao VII Premio de Enxeñería Solidaria
  • 28 de xullo: 20:30h. Ciberfaladoiro de ESF sobre tema a determinar, no ciber-bar de ESF (se tes interese podes inscribirte en info[arroba]galicia.isf.es)

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebookinstagram, Twitter ou na nova canle de telegram difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

““E eu pergunto aos economistas políticos, aos moralistas, se já calcularam o número de indivíduos que é forçoso condenar à miséria, ao trabalho desproporcionado, à desmoralização, à infâmia, à ignorância crapulosa, à desgraça invencível, à penúria absoluta, para produzir um rico”.
Almeida Garrett