Boletín Oficial ESFeiro. Outubro 2022

Aquí está a versión sonora do boletín.


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En setembro en Galicia quixemos facernos eco de Whame app, aplicación desenvolta por alumnado da materia Laboratorio de Proxectos de Enxeñería de Telecomunicacións con supervisión de persoas de ESF, dentro do noso programa de Tecnoloxía para o Desenvolvemento na Universidade, que nos financia Cooperación Galega da Xunta.

    No programa temático mensual de ESFRadio tivemos a ocasión de falar sobre Comunidades Enerxéticas con 3 das persoas que máis saben do tema en Galicia.

    O día da Liberdade de Software quixemos lembrar en redes sociais as 4 liberdades que fan libre ao software libre.

    Neste inicio de curso, xa figuran varios programas de ESF na oferta do Servizo de Participación e Integración Universitaria da Universidade de Santiago. Estivemos ademais na presentación do Espazo Compartido da Universidade da Coruña, programa para persoas con discapacidade cognitiva da UDC, falando de ESF e de tecnoloxía para o ben común. Tamén recuperamos os ciberfaladoiros, desta volta reflexionando de xeito crítico sobre a capacidade da agroecoloxía para asegurar a alimentación das persoas (en todo lugar, en todo momento), e as alternativas nas zonas onde pode ser inviable.

    O Banco de Reciclaxe Electrónico da Coruña, con Ecos do Sur, fixo entrega de varios equipos a familias da zona de Lugo, nunha entrega moi “silvestre”.


HONDURAS

    En Honduras a temporada de furacáns adiantouse con respecto a outros anos, pero segue o traballo no programa de Soberanía Alimentaria no convenio que financia a Agencia Española de Cooperación. Tamén dentro deste programa, tivemos a boa nova da concesión dunha subvención da Deputación da Coruña para realizar o proxecto ‘Mellora da sustentabilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras’ con 25.809,20€. Tamén arrancou dentro deste programa a execución do proxecto financiado pola Xunta de Galicia que complementa ao da Deputación, que se pode coñecer aquí.

    Despois dalgún retraso, tamén está arrancando o único proxecto en marcha que temos dentro do outro programa no país, o programa de Dereito á Auga.

    Xa está en Honduras ademais Nicole, que viaxa para coñecer a realidade do país durante dous meses e medio, e facer prácticas do seu mestrado de Estudos Internacionais pola USC. Pronto se lle unirán Mateo e Carmen, que estiveron neste mes con preparativos para a súa estancia dentro do Programa de Coñecemento da Realidade (que cofinanciamos con cartos da casiña solidaria da declaración IRPF). Aquí están xs tres!


MOZAMBIQUE

En Moçambique estívose a preparar a visita de finais de setembro-principios de outubro por parte de Manuel (experto en hidroloxía e seca que apoia o programa) e Víctor (coordinador deste convenio entre ESF e Augas de Galicia). Aquí podemos ver algunhas das actividades nesta visita.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes queremos recomendar o cómic‘La odisea de Hakim’, a viaxe dun refuxiado sirio na busca da vida, do historietista francés Fabien Toulmé.


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

“O gran poder que ten a tecnoloxía para axudarnos e complicarnos a vida radica na escala global na que actúa, pero especialmente en que aparentando ser una tecnoloxía ‘ao servizo das persoas’ é en primeiro lugar unha tecnoloxía ‘ao servizo do capital’ e das empresas que a crean”

Remedios Zafra

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.