Boletín Oficial ESFeiro: setembro 2022
Se prefires a versión sonora (resumida) do boletín, aquí tes o Boletín Sonoro de setembro. Se non, segue lendo!
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
O mes de agosto foi un mes de acopio de forzas para o vindeiro curso. Pero tamén aproveitamos para visibilizar proxectos vindeiros, como o de Hackers Sen Fronteiras, para promover a tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario de Galicia, no que empezaremos con forza ao inicio do curso durante setembro.
Por outra banda, asinamos un convenio con Espazocoop, unha gran rede de cooperativas galegas que promove a economía social, coa que compartimos valores.
Seguimos en contacto co nodo galego de Rebelión Científica, que quere tratar de facer cousiñas dende as universidades. Se tes interese en colaborar contáctanos.
Ademais, aproveitamos a visita de Raquel, a nosa representante país en Honduras, para facer encontros con ela en A Coruña e Compostela, e coñecer de primeira man como vai todo por alí.
HONDURAS
En Honduras continuou o traballo no programa de Soberanía Alimentaria, con formacións de procesado en productos lácteos e tamén unha feira de sementes criollas e productos labregos, dentro do proxecto financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo. Ademais, estanse a iniciar os dous novos proxectos financiados pola xunta neste 2022, tanto o de soberanía alimentaria como o de dereito á auga.
MOZAMBIQUE
En Mozambique, na liña de traballo de difusión dun Boletín de Seca, xa o están a facer pola súa conta na Administración Regional da Agua do Sul (ARA-Sul). Na web xa se vai subindo máis ou menos mensualmente, aínda que a nivel político hai certo rexeitamento de informar e difundir temas de seca. Informa sobre niveis de embalses e, comparando con niveis doutros anos, asignan un nivel de seca. Tamén na ARA-Sul se aprobou en dirección un Manual de Procedementos da Seca, elaborado co apoio das persoas do proxecto. Cando cheguen as secas se empezará a validar. Por outra banda, se concederá unha bolsa a un técnico desta ARA-Sul para que remate o seu mestrado en xestión de recursos hídricos nunha universidade de Mozambique. Fixéronse ademais nas últimas semanas reunións con persoal da ARA-Norte (hai 3 no país, Sul, Centro e Norte), para empezar o seu fortalecemento. En setembro haberá unha visita a terreo para avanzar neste tema, xa iremos contando.
Por se queredes saber máis do programa en Mozambique, este mes lle adicamos o programa de ESFRadio ao proxecto de Mozambique, e tivemos ocasión de conversar con Víctor Penas, o coordinador do programa en Mozambique deste consorcio, así como con Lizete Dias, Xefa do Departamento de Recursos Hídiricos da Administración Rexional da Auga Sul (ARA-Sul), institución coa que se está a traballar dende hai varios anos.
ENLACES DE INTERESE
Auga
- Más y mejor Cooperación Española en agua y saneamiento
- La comunidad verde se seca: por qué a Galicia le falta agua este verano
Consumo responsable
- Seriously, What Are You Supposed to Do With Old Clothes?
- Pablo Gámez, investigador: “El peso de la basura tecnológica actual supera al de la Gran Muralla China”
Cooperación e ONGD
- La asistencia humanitaria se debilita cuando más se necesita
- Cómo un ingreso universal básico ayudó a Kenia a combatir la covid-19
- El Mundo repite su modus operandi: grita la querella contra Ada Colau (coas compas de ESF Catalunya entre outras ONG) y susurra el archivo
Educación para o desenvolvemento
- A loita por un monte vivo tamén se libra na escola: «O alumnado ten dereito a construír un territorio habitable»
- Proxecto Terra
Enerxía e cambio climático
- Informe ‘GNL: al caos climático por la vía líquida’. El Gas Natural Licuado no es una opción para abordar la crisis energética y climática
- Autoconsumo: la energía que viene
- El ‘boom’ de las placas solares en comunidades de vecinos: “Se pueden amortizar en dos años”
- El relato de la eficiencia energética en España: de la corbata a un decreto escoba
- O 85% da xente nova considera que o cambio climático afecta a súa vida diaria
- A estratexia climática de Repsol non cumpre o Acordo de París
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- Directly Discriminatory Algorithms
- Grupo de Investigación ESCULCA da Universidade de Santiago de Compostela
- Living in timber cities could cut emissions, without using farmland for wood production
Mundo
- HONDURAS: La cara oculta de ‘Supervivientes’: «Nos echan de una isla en la que vivimos hace 200 años»
- ISRAEL: Ataques a ONG, bombas en Gaza y mano dura: otra campaña electoral en Israel
- MALI: La retirada francesa de Mali muestra el fracaso de su visión para el Sahel
- NICARAGUA: Florecerás Nicaragua, libre y feminista
- PALESTINA: “Tenemos tres días de agua a la semana”
Pobreza e exclusión
- Las personas en pobreza o exclusión claman contra la violencia administrativa en el Encuentro Gallego de Participación
- Qué es el efecto isla de calor y su relación con la pobreza energética en las ciudades
- Rebelarse contra el vergonzoso dato de pobreza infantil, que por tercer año consecutivo, empeora en España
Políticas e modelos de desenvolvemento
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
- Los grandes fondos cambian el ladrillo por el campo y se lanzan a comprar fincas rústicas como producto de inversión
- El 99% de los alimentos para la población española se podría cultivar en territorio estatal
- ¿Por qué se ataca al ecologismo?
- Xosé Lois Lamazares. «Falta unha cultura empresarial que aposte máis polo local e pola economía social»
- Cristina Fernández-Armesto. «No rural de Galicia témolo todo, o que faltan son modelos máis cooperativistas, máis colaboración»
- ¿Que aspectos cómpre revisar da Lei de montes veciñais en man común?
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Escrituras hackfeministas para otras tecnologías
- Técnica de medición de elementos en una fotografía mediante el empleo de testigo métrico
- Vecinos de Touro avisan a Riotinto del “engaño de los tecnosuelos”
- Las jóvenes detrás del sueño espacial de Honduras
- Adiós a 38 años de diálisis gracias a un trasplante de riñón pionero en Europa: “Es una nueva vida”
Voluntariado e Persoas
- Adriana Guzman. El patriarcado. Video 10min 48seg
- El emprendimiento y la innovación tienen nombre de mujer
- Contra a obriga de gustar
- Alicia Valero, investigadora: “O cambiamos el modelo, o la falta de recursos nos hará cambiar bruscamente el modelo”
- Utopías reales en tiempos de ecoansiedad
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes toca escultura. Isaac Cordal, un artista frente a la crisis climática: “Mis esculturas cuestionan nuestra idea de progreso”.
E NO PRÓXIMO MES …
- 4-5 de setembro: Mercado Ecológico de Vegadeo
- 8 de setembro: Día da Cooperante
- 8 de setembro: Día Internacional da Alfabetización
- 10 e 11 de setembro: obradoiro días con Rikki Nitzkin, unha referente da Bioconstrución con palla
- 15 de setembro: Día Internacional da Democracia
- 15 de setembro: prazo límite para a presentación de traballos para o XII Congreso Ibérico de Gestión y Planificación del Agua
- 17 de setembro (terceiro sábado de setembro): Día da Liberdade de Software
- 17 de setembro: V Edición do Festival Son Labreg@, o vindeiro sábado en #Visantoña (#Santiso). Este ano coa participación de Carlos Taibo para debater sobre decrecentismo, consumo e colapso, e pola tarde debullarase colectivamente saídas á crise enerxética e abondarase nas claves e estratexias que neste sentido fornecen os proxectos agroecolóxicos.
- 21 de setembro: Día Internacional da Paz
- 22 de setembro: Día global antifracking
- 22 de setembro: Día Mundial sen Automóviles
- 22 de setembro: Asemblea en liña de ESF e a continuación ciber-faladoiro «Agroecoloxía ou barbarie»? Atenta ás nosas redes para máis detalles
- 23 de setembro: 11h na aula 7 da Escola de Camiños en A Coruña. Presentación de ESF a estudantes de Espazo Compartido
- 23 e 24 de setembro: Festival da Alimentación Sustentable en Ribadeo
- 24 de setembro: Folga Mundial polo Clima
- 25 de setembro: manifestación contra a depredación enerxética. Ás 12h en A Coruña. +INFO: https://twitter.com/foipolovento
- 28 de setembro: Día Mundial do Acceso á Información Pública
- 29 de setembro: encontro de Coñecemento doutras Realidades, Mozambique e o problema da xestión da auga. Santiago de Compostela (próximamente máis detalles).
- 28 de OUTUBRO a 1 de novembro: CÓSMICA (encontro de la Federación de Ingeniería Sin Fronteras España). Este ano non hai excusa para perdela, porque será en Galicia! Terá lugar no albergue de Gandarío. Vai reservando a finde!
A ESF-RASE DO MES
«As cooperativas son empresas que traballan con capital, pero non para o capital»
Tino Gago (http://espazo.coop)