Neste ano 2024 empezamos a desenvolver un novo programa en Enxeñeŕia Sen Fronteiras: o de Tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos nos ámbitos profesionais tecnolóxicos de Galicia. Temos asegurada unha primeira fase até finais de 2025, grazas á financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia (con 35.000 euros) e outros 6.589 euros de Fondos IRPF da casiña solidaria (tamén da Xunta de Galicia).
A consideración das empresas como axente clave na transformación do modelo produtivo e social cara unha economía máis centrada nas persoas non é algo recente. Pero si o é o tratar dalgún xeito de, no tecido profesional existente, impulsar boas prácticas para acadar ese cambio de paradigma en empresas que xa están funcionando, ademais de proporcionar a profesionais (neste caso da enxeñería e a tecnoloxía) elementos para levar a súa vida profesional boas prácticas da educación para a cidadanía global e os dereitos humanos. É un tema no que xa traballamos no seu día, no estudo Outra Empresa é Posible.
Tal vez nestes ámbitos da enxeñería e a tecnoloxía haxa profesionais que coñezan e teñan interese en incorporar esas boas prácticas, e mesmo poden estar algo familiarizadas con elas, pero non sen contar con coñecementos ou espazos para romper esa barreira de levar os valores da vida privada á profesional (isto vén quedando de manifesto dende hai anos nos debates que sobre o tema hai coa base social de ESF, gran parte dela traballadora do eido profesional tecnolóxico, da enxeñería e dos servizos básicos, mesmo con empresas propias).
Para ir introducindo elementos de cambio nas prácticas profesionais de xeito xeneralizado, é necesario tanto identificar prácticas alternativas como explorar os xeitos de adaptalas ao desempeño do día a día das persoas e entidades, vendo se é posible esa adaptación e que criterios deben cumprir as entidades como mínimo para plantexar o traballo con elas. Deste xeito o traballo pode irse focalizando cara modelos e prácticas desexables en entidades que sexan motor de cambio social e teñan o papel que lles corresponde nun sistema onde as persoas estean no centro, o cal no eido tecnolóxico e da enxeñería tradicionalmente custou máis por ese mito de que a tecnoloxía é neutral.
Canto máis aliñadas estean previamente as entidades con estes valores ecosociais, maior será a aprendizaxe e facilidade de avance nesta primeira fase e a posibilidade de crear axentes multiplicadores, de cara a logo ir traballando con entidades menos aliñadas en fases posteriores.
Pero para conseguir eses cambios nas prácticas nas entidades, tamén hai que traballar coas persoas que as conforman.
Por iso nesta primeira fase queremos tocar dúas liñas de traballo:
por unha banda, visibilizar novas posibilidades de facer unha enxeñería mellor no eido profesional (respecto polos dereitos humanos, inclusión, sustentabilidade, etc.). Neste caso, contaríase como axentes multiplicadores con colexios profesionais de enxeñería, organizacións empresariais de segundo nivel (empezando nesta fase coas vinculadas á economía social) e tamén tratar un pilotaxe coa administración pública.
pola outra, involucrar persoas do eido profesional tecnolóxico e da enxeñería en experiencias de voluntariado en tecnoloxía para o ben común transformadoras, das que vimos impulsando en ESF dende que naceu en 1993.
Na primeira liña impulsaremos faladoiros dirixidos a profesionais de empresas tecnolóxicas, colexios profesionais de enxeñería e organizacións empresariais ou da economía social relacionada coa tecnoloxía. Tamén faremos unha diagnose sobre o grao de coñecemento e integración da Tecnoloxía para o Ben Común no eido profesional tecnolóxico privado en Galicia. Organizaremos ademais un Encontro de Tecnoloxía e enxeñería para o Ben Común no eido profesional privado e un premio “Tecnoloxía con dereitos”.
Na segunda liña impulsaremos experiencias de voluntariado internacional en cooperación para profesionais tecnolóxicos. Tamén a realización de tres estudos colaborativos con persoas voluntarias de empresas ou entidades da economía social que involucren algún tema de tecnoloxía para o ben común. Ademais, favoreceremos a participación de voluntariado do eido profesional nos grupos de ESF de Enxeñería e tecnoloxía para a defensa do territorio con enfoque de cidadanía global e de Bancos de reciclaxe electrónica con software libre. Por último, favoreceremos a participación en encontros de profesionais activistas da tecnoloxía para o ben común de rede estatal Ingeniería Sin Fronteras Galicia.
Xeneraranse materiais divulgativos para redes sociais, podcast e outros medios, para ir dando a coñecer este programa.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/11/ESFpro.jpg10241024Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-11-12 22:07:142024-11-12 22:07:14Programa de Tecnoloxía para o Ben Común no eido profesional da tecnoloxía e a enxeñería. ESFpro
💜🧡 Este mes queremos lembrar que dende ESF queremos xerar un espazo seguro e libre de violencias. Por iso, temos a vosa disposición un punto lila, xestionado polo Grupo de Xénero e Feminismos de ESF, para recibir denuncias de violencias machistas no contexto de actividades de ESF ou que impliquen persoas da asociación. Na Asemblea de outono 2024 que tivo lugar o primeiro fin de semana de novembro, aprobouse ademais o Protocolo contra a Violencia Patriarcal en ESF.
Tivemos regueifas con Amigas da Terra e a plataforma MIna Touro-O Pino NON, dentro do proxecto Mulleres Bravas. Chegaron a Galicia Nancy e Francisca, dúas labregas hodureñas. Nancy estará até mediados de novembro en Galicia, coñecendo distintas granxas e loitas do territorio, grazas ao proxecto Mulleres Bravas, en colaboración co Sindicato Labrego Galego (SLG). Empezaron forte a estancia en Galicia, cun roteiro feminista na Coruña, faladoiros na EPSE de Lugo e no Centro de FP de Mondoñedo, visitas institucionais e a participación no encontro da rede Nos Plantamos, en Allariz. Despois Nancy empezou a súa xira por Galicia, da que nos foi dando boa conta o SLG.
En Teo tivemos o encontro anual da Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre, e aproveitamos para facer un repair café mixto de computadoras-bicis, en colaboración con Compos-cleta, grazas ao noso programa ESF no eido profesional (financiado por fondos IRPF-Xunta de Galicia e Cooperación Galega). Aproveitamos para amosar a expo «Coñeces o teu móbil?». Dentro deste mesmo proxecto, participouse na Feira de Tecnoloxías Abertas da Coruña OSHWDem 2024 e tamén organizouse un ciberfaladoiro sobre Funcionamento do sistema enerxético eléctrico, como interpretar a factura eléctrica e alternativas ás multinacionais. Non nos esquecemos dun novo Repair Café na Praza Europa da Coruña, dentro da feira de mercados de economía sustentable.
En A Coruña, no proxecto IRPF-Bancos de Reciclaxe en colaboración con Ecos do Sur, comezou o curso de 35 horas de nivel medio de mantemento e reparación de equipos. Aínda están previstos outro na Coruña e outro en Vigo antes de rematar o ano! A actividade do Banco da Coruña mantívose semanalmente, e tamén houbo un par de quedadas en liña da rede galega.
Dentro do proxecto Hackers Sen Fronteiras, destacou os faladoiros en FP ciclo medio e superior do IES de Curtis, como parte da actividade piloto en centros de FP, que tivo moi boa acollida.
No mes de outubro tivo lugar una visita técnica a Maputo cunha duración de 30 días nos que o traballo se centrou no fortalecemento do persoal da Administración Rexional da Auga do Sur de Mozambique (ARA Sur), organismo homologo a Augas de Galicia no sur país. O obxectivo da visita foi o de realizar in situ formación teórico práctica para a análise de inundacións co obxectivo de que a ARA Sur poida dispoñer de estudos que lle axuden na toma de decisións, e coa formación do persoal para a realización dos devanditos estudos como elemento fundamental. O traballo de formación coa a ARA Sur parte da base do curso en liña de iniciación ao Iber+ realizado polo técnico de referencia da ARA Sul para eventos extremos, grazas ao apoio do Grupo de Enxeñería dá Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña.
Nos meses de novembro e decembro haberá novas visitas técnicas para continuar con esta liña de traballo coa ARA Sur en Maputo e para dar os primeiros pasos na cidade de Tete coa ARA Centro.
Este mes traemos a recomendación de seguir a un colectivo chamado Total Refusal, que, dalgún xeito, podemos dicir que hackea os videoxogos máis coñecidos para xenerar reflexión política, facendo mesmo curtametraxes dentro dos xogos.
E NO PRÓXIMO MES …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
7 de novembro: en A Coruña. Escola de Arquitectura. Celebración do 10º aniversario da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (RGCUD)
8 de novembro en Lalín: ás 17:30, encontro con labregas galegas e con Nancy, activista e labrega hondureña, coa que rematará a súa xira en Galicia dentro do proxecto Mulleres Bravas. Coas compañeiras do Sindicato Labrego Galego (SLG) e Amigas da Terra.Local do SLG de Lalin (r/Monte Faro 28).
15 de novembro: encontro aberto da Rede Artigo9Tech de tecnoloxía para o ben común na universidade. 10-14h. Escola Técnica Superior de Arquitectura. A Coruña. Inscrición e programa aquí.
17 de novembro: de 10 a 14 repair café en Vigo. Trae a túa vella computadora para darlle nova vida con software libre. Será coa xente de A Industriosa no seu local, en Vigo, na Rúa Gregorio Espino, Nº38, entresollado 3 (Enriba do Froiz). O evento é gratuito pero é preciso inscribirse a través do correo electrónico bancoreciclaxevigo[ARROBA]galicia.isf.es
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Non podes poñer no mundo unha tecnoloxía que non foi probada. E ese control debe facerse a través dunha auditoría pública. As empresas non o están facendo, non se están autorregulando. Por iso temos ás tecnoloxías que temos. Entón creo que debe ser algo que a ser considerado na regulación. E logo, a participación da cidadanía nos procesos de gobernanza, de desenvolvemento, de implementación, é dicir, en todas as fases do ciclo de vida da intelixencia artificial.
Paola Ricaurte Quijano, investigadora, referente en intelixencia artificial e feminismo
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-11-04 22:38:222024-11-04 22:38:22Boletín Oficial ESFeiro: novembro 2024
Durante o mes de outubro tivo lugar unha visita técnica a Mozambique cunha duración de 30 días nos que o traballo se centrou no fortalecemento do persoal da Administración Rexional da Auga do Sur de Mozambique (ARA Sur), organismo homologo a Augas de Galicia no sur país.
O obxectivo da visita foi o de realizar in situ formación teórico práctica para a análise de inundacións de xeito que a ARA Sur poida dispoñer de estudos que lle axuden na toma de decisións, e coa formación do persoal para a realización dos devanditos estudos como elemento fundamental.
Para iso traballouse de modo intensivo nas oficinas da ARA Sur en Maputo co técnico de referencia da ARA Sur para estas cuestións. O traballou inicial consistiu na realización de estudos de inundacións en bacías de tamaño pequeno que permitiron un fácil manexo da análise e dos seus resultados. De modo paralelo avanzouse, co acompañamento do ARA Sur, na modelización da bacía piloto do Inhanombe para a delimitación de zonas inundables con diferentes períodos de retorno. O obxectivo de traballar a este dobre nivel foi o de facilitar a asimilación do proceso de análise -co fin de que a ARA Sur poida realizar estudos deste tipo- nun proceso de aprendizaxe baseada en aprender-facendo que se prevé lento pero que se verá facilitado co desenvolvemento deste tipo de estudo de interese para a administración das augas do sur de Mozambique.
Ademais, neste caso, o técnico do ARA Sur referencia para esas accións tivo a oportunidade de realizar fai máis dun ano un curso en liña de iniciación a Iber+ (programa libre de modelización hidráulica) a través de Iberaula, grazas ao apoio do Grupo de Enxeñería dá Auga e do Medio Ambiente (GEAMA) da Universidade da Coruña, o que sen dúbida supuxo un notable avance para a actividade.
A base metodolóxica para o estudo de inundacións desenvólvese sobre o modelo hidrolóxico-hidráulico integrado de alta resolución Iber+, baseado na resolución das ecuacións 2D de augas pouco profundas. Para a análise dos procesos hidrolóxicos en Iber+ (p ex. estudos de inundacións) requírense esencialmente de datos de tipo:
(a) hidrolóxico (precipitacións e os seus correspondentes hietogramas, así como a definición do método para empregar para considerar as perdas por infiltración)
(b) datos relacionados coas características físicas da bacía de estudo (definición espacial dos respectivos coeficientes de rugosidade en función da cobertura vexetal existente, e definición do propio Modelo Dixital do Terreo MDT que serve de base para asignar as elevacións aos nodos dos elementos de malla non estruturada que se define para todo o dominio da conca).
Todas estas bases de datos empleadas no proxecto, do mesmo xeito que o propio modelo Iber+, son de libre acceso, como parte da aposta que temos polos datos abertos e a tecnoloxía libre.
Durante a visita tamén se traballou na análise do ano hidrolóxico 2023/2024 e no apoio ao traballo de fin de mestrado en hidroloxía dun técnico do departamento de recursos hídricos da ARA Sur. Nos meses de novembro e decembro está previsto realizar novas visitas técnicas para avanzar con estas liñas de traballo que terán continuidade no 2025.
Modelización de pequenas bacías Esquema de traballo co Iber+Erneto, técnico da ARA Sul
Foto portada: equipo da ARA Sul
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/10/Equipo_ARA.jpg7391600Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-10-29 10:47:472024-10-29 10:47:47Visita técnica en Mozambique
Participouse nunha reunión de traballo cara unha estratexia de xénero da cooperación galega, así como na xornada Facifestia, para visibilizar o potencial transformador da facilitación de grupos.
Comentar tamén que estivemos nun proceso para seleccionar a unha nova persoa contratada para apoiar os proxectos que realizamos en Galicia. Será Martina, que era voluntaria e está recén chegada de Honduras de participar no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades.
Tamén houbo un evento que tiñamos moitísimas ganas de realizar, que foi o encontro de Mulleres Bravas en Honduras. Nel, participaron case todas as mulleres que nos visitaron nalgún momento en Galicia dentro deste programa, que leva en marcha dende 2019. Sandra, axudada por Martina, participantes no programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades (PCR), tiveron moito que ver para levalo adiante. Aquí a crónica.
Martina ademais nos deixou unha das súas crónicas máis reflexivas, xusto antes de regresar a Galicia (onde temos tamén xa de volta a Sandra). Alí segue Chevi, que a principios de mes nos deixou outra das súas crónicas. En breve o teremos de volta en Galicia tamén!
Ademais, en setembro chegou a Honduras Zaira, para participar nun Voluntariado Técnico en Terreo como apoio ao equipo de ESF en Honduras. Xa nos contou as súas primeiras impresións.
MOZAMBIQUE
En setembro comezou unha nova visita técnica a Mozambique na cal estase a traballar coa Administración Rexional de Auga do Sul (ARA Sul) na análise de inundacións. Para isto, estanse a dar os primeiros pasos co persoal técnico da oficina da ARA Sul en Maputo. Empézase coa realización dun estudo de inundación nunha bacía piloto que poida servir -ademais de como exemplo práctico para o fortalecemento institucional da ARA Sul- como base para a delimitación de zonas inundables e a identificación de poboacións e infraestruturas vulnerables fronte a este tipo de eventos. Coas ARAs Norte e Centro está a continuar o traballo en relación a análise de secas e precipitacións e, con esta última, estase a intensificar o traballo para comezar a abordar o campo das inundación dun xeito práctico no ano próximo.
Este mes volvemos con recomendación musical. Desta volta non é unha canción ou artista concretas, se non un movemento que nos amosa este recomentable documental: Cita cos punks de cultura musulmana
E NO PRÓXIMO MES …
Este mes estreamos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
16 de outubro: remata prazo de inscrición e comeza o curso de balde en liña de Ingeniería Aplicada al Desarrollo Humano (aberta matrícula até agotar prazas ou comezo de curso)
16 de outubro: Día Internacional de Acción pola Soberanía Alimentaria dos Pobos
17 de outubro: Día internacional para a erradicación da pobreza
24 de outubro: Día Internacional contra o Cambio Climático
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
As violacións de privacidade, os nesgos algorítmicos, a difusión de información falsa e o desemprego tecnolóxico causado pola automatización intelixente, teñen impactos tanxibles hoxe en día. Entrar en paranoias e distopías relacionadas coa IA non só non nos axuda, senón que nos distrae de todos os problemas que son reais.
Alberto Bugarín e Senén Barro, catedráticos do CITIUS-USC
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-10-08 22:11:512024-10-22 13:06:17Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2024
O sábado 12 de outubro, participaremos na Oshwdem 2024, dando unha charla sobre os Bancos de Reciclaxe Electrónico, en horario de 12.30 a 13.30 horas. E tamén contaremos cun stand durante a feira, onde axudaremos a quen queira reparar o seu ordenador ou recibir información sobre os bancos.
A OSHWDem (Open Source HardWare Demonstration) é unha feira de tecnoloxía onde se expoñen inventos cun nexo común: todos eles son proxectos libres, é dicir, que as súas especificacións, esquemas e código foron publicados, de xeito que calquera poida estudalos, entender o seu funcionamento, replicalos e incluso melloralos…
Na OSHWDem atoparás inventos impresionantes sobre novas tecnoloxías, robótica, arte, Internet das cousas, electrónica, hardware, software…
Ademais disto, durante a feira celébranse competicións de robótica espectaculares onde poderás ver robots loitando de xeito autónomo, resolvendo complexos labirintos a tamaño real á velocidade da luz e competindo entre eles en carreiras incríbles. Podes asistir como público ou participar co teu robot.
A edición de 2024 celebrarase o 12 de outubro no Museo Domus da Coruña.
Como sempre, a participación é libre e de balde, para todos os públicos.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/10/OSHWDem2024.jpg8641536Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-10-08 20:39:242024-10-08 20:39:24Charla e stand de ESF na Oshwdem 2024 – 12 de outubro
Antonte tivemos a xuntanza anual da rede galega de bancos de reciclaxe electrónica con software libre. Desta vez decidimos aprobeitar para facer un Repair Café no banco de Teo, o máis antigo da rede. Invitamos tamén á xente de Composcleta, que nos explicou os distintos compoñentes dunha bicicleta, as averías máis habituais e de como realizar un correcto mantemento. Tamén nos falaron das distintas iniciativas que levan a cabo en Santiago de Compostela para facer a cidade máis ciclable e das súas vantaxes a todos os niveis (moito hai que aprender doutros lugares de Europa aínda…).
O obxectivo destes Repair Cafés é que a xente traia os seus aparellos e que coa nosa axuda sexan elas mesmas quen os arranxen, reapropiándose da tecnoloxía que usan no seu día a día. Tivemos tempo de falar de dereito a reparar, de ensinar a nosa exposición «Coñeces o teu móbil?», de resucitar un par de ordenadores, de ver como se pode convertir un ordenador moi antigo nunha consola retro, aprender a parchar rodas de bicicleta… E por suposto, todo isto cheo de bo rollo.
Para rematar, a xa tradicional quedada-comida da rede de bancos para comentar o último ano e as actividades que se veñen. Vémonos na seguinte!
Encontro da Rede de BancosMomento repair e caféDando nova vida a vella computadoraFalando sobre a rede de Bancos de Reciclaxe, obxectivos e xeito de colaborar
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/10/photo_2024-10-07_15-26-24.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-10-07 20:57:322024-10-07 20:57:32Repair Café de bicicletas e ordenadores en Teo
La verdad que mirando atrás mi niña interior estaría impactada con muchas cositas que estoy viviendo estos meses. Desde que tengo uso de razón, mi abuela, me ha dicho que debo buscar a mi tribu, mis mujeres que me sostengan y me cuiden, ya que la unión entre mujeres hace esta vida más bonita.
Hoy comprendo mucho más las palabras de mi abuela, y las resignifico todos los días. En mí proceso de adaptación a Honduras, quizás lo más complejo fue encontrar a ese entorno seguro de personitas con las que poder compartir. Aun teniendo el mismo idioma, los códigos, las formas de socializar, el humor o los temas de conversación eran otros. A su vez, como mujer blanca occidental con unos grandes límites ideológicos acotados, me costaba afianzar mis relaciones con personas con percepciones ideológicas tan diferentes a las mías, en aspectos como el aborto o la religión.
En este último mes además de poder conocer a un sinfín de personas en las diferentes actividades que realizábamos con CODDEFAGOLF, en encuentros e incluso en espacios cotidianos de charla, como podían ser los espacios con mi querida Daniela. A medida que iba a las comunidades y hablaba con mujeres lideresas como Toña, quienes me hablaban de sus luchas por sus territorios y comunidades, así como del orgullo que era para ellas como mujeres llegar a ser lideresas, fui transitando esas fronteras. La escucha me permitió ver más allá de esos límites acotados con los que llegué. Sin negar que lo personal es político, y que la lucha por la defensa del territorio, la libertad y cuidado de nuestros cuerpos, deben siempre pasar por las lógicas anticapitalistas en los marcos de izquierda… Pero también con la idea de que mis perspectivas teóricas, se quedan en simples reflexiones cuando de aplicabilidad cotidiana se refiere. Y en un contexto en el que las comunidades tienen que vivir el día a día, con muchas horas de trabajo, buscando formas de sostener a su familia, de preservar sus tierras y de cuidar a sus comunidades. Las perspectivas teóricas y académicas, como privilegio que aporta la comodidad y el tiempo, se borran. Y ello me permitió comprender y simpatizar con los relatos e historias que las diferentes mujeres que se han interpuesto en mi camino, me han compartido, regalándome un trocito de cada una y abriéndome sus hermosos corazones.
Con todo, la necesidad de crear relatos compartidos y entrelazar luchas, para poder sostenernos y cuidarnos conjuntamente, nos hizo querer cocrear un espacio poderoso entre mujeres defensoras integrantes del proyecto Mulleres Bravas. El mismo permitiría realizar una evaluación del programa, para aportar a este de un enfoque participativo y horizontal, así como, posibilitar que las participantes pudieran conocerse entre ellas, conocer a otras mujeres con distintas luchas pero similares preocupaciones y sentires por el cuidado de la tierra y de las suyas.
Tras muchos nervios, trabajo y miedos, porque si, la vulnerabilidad está en todas partes, en mí también, y admito que aunque en Galicia he organizado jornadas similares, el hecho de hacer algo así en el norte global como mujer blanca occidental me daba realmente pavor. Sin embargo, todo vuelve, y mis intenciones de acuerpar volvieron a mí con el acuerpamiento constante que sentí por parte de Martina, su acompañamiento, trabajo y emoción fueron un parte fundamental de las jornadas.
En ellas, todas llegaron con ganas de volver a conectar con Mulleres Bravas, de conocer al resto de compañeras y sobre todo de poder pasar una jornada de disfrute y desconexión. Y si, así fue. Comenzamos el día con un buen desayuno, para coger fuerzas para la intensidad emocional que se venía adentrando. De forma dialógica y a modo de relato, cada mujer comenzó contando los aportes, lo que se llevó, del programa Mulleres Bravas. Todas y cada una de las narrativas emocionaban, me hicieron conectar con ese sentimiento de ilusión que tenemos mucho las primeras veces que vamos a hacer algo. En los relatos salieron desde anécdotas románticas (el chisme se queda en el akelarre), de ternura (verónica relatando la primera vez que vio la nieve) y de fuerza (la unión con colectivas de mujeres gallegas y ver que la lucha traspasa fronteras).
Tras ello y una buena comida de reposición, en grupos pequeños, cada uno presentó: aspectos que les gustaría mejorar del programa; propuestas; alianzas generadas. Cada una de las presentaciones dio para mucho debate. Centrándose en temas como el contraste de temperatura (Pobre Alba que vino congeladita) e incluso, la propuesta de una colectiva o espacio de unión Mulleres Bravas (ya veis que se llevaron fatal eh ). Pero sin duda, lo que más se destacó por parte de todas, fue el cuidado y calidez que sintieron por parte de Sergio y Patricia. Tan maravilloso, poder ver ese efecto tan poderoso que tenemos unas personas sobre las otras, sembrar cariño fortalece a las plantitas tanto…
Después de un buen descanso con café de por medio, se realizaron unas performances que daban unas pinceladas que las luchas diarias que tienen las defensoras. A través de esas obras de teatro pudimos conectar con historias reales y cotidianas de resistencias. Con ellas, pudimos identificar las barreras burocráticas, la corrupción y el cansancio, con alcaldesas que daban largas y solo se regían por sus votantes y empresas extractivistas que destruyen el medio… Pero también las compañías y acuerpamientos que dan impulso a la lucha, de primera mano, y que se vio reflejada en las diferentes obras, en el sostén y apoyo siempre por parte de alguna otra mujer de la comunidad, entendiendo la lucha como algo colectivo.
El día finalizo con cansancio e ilusión por ver que depararía el último día…El cuál estaría centrado en el goce maaaximooo . Comenzamos el viernes moviendo las caderas, conectando con la cuerpecita a través de la activación (yyyy menuda activación cattracha tienen las mulleres bravas en sus caderas!). Tras ello, realizamos unas cartografías cuerpo-territorio. En ellas, cada una debía dibujar su cuerposimbólico, con la representación deseada (muchas mariposas y arbolitos por ahí) e ir identificando en ella los lugares del cuerpo o del ambiente que les rodea que les generaban: resistencias, conexión con la tierra, rabia, unión….Salieron cositas tan bonitas y tan íntimas. Dentro de un sistema que nos desconecta constantemente con nuestra cuerpa, nuestra ciclicidad y nuestro territorio, las mulleres bravas consiguieron conectar con sus cartografías desde el primer momento. Cada una se identificó con un ser o elemento de la naturaleza, como si la propia tierra se integrase en ellas relataban sus dibujos con un sentir mágico. Nunca olvidaré las palabras de Basilia, quien me relataba sobre la fugacidad de la vida como si de una abeja se tratase, y del trabajo constante y vital que estas realizan en su corta vida. Quizás así sea como deberíamos ver la vida, con la fugacidad de las abejas y el dulzor de la miel….Cuántas reflexiones que todavía siguen y seguirán rondando por mi mente.
Para finalizar la jornada, realizamos una dinámica hermosa sobre alianzas femeninas. Para ello, las mujeres se organizaron en grupos en función del animal o elemento de su cartografía, en ellos debían organizarse en una colectiva de mujeres, creando un nombre, un lema y unos derechos por los que lucharan. Y de ahí nació el himno mulleres bravas: Mujeres unidas, jamás vencidas.
Si nos tocan a una nos tocan a todas. Somos unidas nadie nos apaga la luz que nos brilla. Mujeres bravas defendiendo nuestros derechos que son violentados por el estado.
Si nos tocan a una, nos tocan a todas.
Por eso somos, mulleres bravas.
La colectiva mariposa, mujeres luchando con mil batallas por dentro y mil sonrisas por fuera y mujeres poderosas, manifestaron sus reivindicaciones más profundas, las gritaron y las performaron, bailaron sus reivindicaciones, lo hicieron desde el disfrute y el amor. Desde el himno mulleres bravas, a color esperanza llegando a la culpa no era mía. La liberación que se sentía con cada palabra, cada movimiento y cada sonido, es difícil de expresar en este texto…
Creo que nuestras narraciones se construyen en parte gracias a los relatos que escuchamos y en los que conseguimos introducirnos. Una aprende mucho sola, actuando, tomando acción y errando. Pero aún más acompañada, en colectividad, con la escucha activa en el centro y el corazón abierto a seguir, con pasos fuertes y sostenidos con las manos de las compañeras. Nuestras historias se entrelazan, y siempre caminaremos a hombros de gigantes, mis gigantas son ellas, las mulleres bravas. Solo puedo sentir admiración a cada una de las ahí presentes, e inmenso agradecimiento por compartir, ser y estar. Me quedo con los abrazos, las risas y los apretones de manos. Me quedo con los ojitos brillantes de Martina durante esos dos días y su motivación constante. Me llevo esto para siempre, en mí ser. Gracias ESF, gracias mujeres
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/09/Portada.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-09-26 20:18:342024-09-26 20:18:34Encuentro Mulleres Bravas en Honduras. Crónica de Sandra
Xa temos a Zaira en Honduras participando nun Voluntariado Técnico en Terreo. Alí estará até decembro apoiando en distintos temas ao equipo de ESF na oficina de San Lorenzo. Igual que as participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades, iranos mandando de cando en vez unha crónica da súa experiencia. Aquí está a primeira!
———————————————————————————————————————-
A miña chegada a San Lorenzo xa me fixo sentir o que os próximos meses me depararían. Con calor abafante e nervios polo novo reto que estaba a comezar, iniciou o meu proceso de adaptación a un país cuxos contrastes culturais e sociais me fixeron reflexionar sobre moitos aspectos da nosa sociedade. A presenza de Martina, Sandra e Chevi axudoume a descubrir rapidamente os segredos locais, como onde degustar boas tajadas, naturais refrescantes e helados para combater o calor..
Miñas compañeiras de oficina Raquel, Sandra, Rina e Jenny fixeron que o meu primeiro contacto fose moi levadeiro. Presenteime en Coddeffagolf e coñecin as compañeiras da coparte que queda moi cerca de onde estamos nós. A acollida foi moi boa, a xente e ben sociable e amable.
Estes primeiros días en San Lorenzo fixéronme reflexionar moito sobre as miñas propias ideas preconcibidas. Deconstruír o que pensaba sobre o machismo ou a confianza entre descoñecidos forma parte do proceso de adaptación a un país que me forza a repensar moitas cousas, incluída a miña propia educación.
Pola parte máis técnica, xa participei nas reunións coas copartes coas que ESF traballa no terreo. Foi un proceso moi enriquecedor coñecer como se levan a cabo os proxectos en execución e as actividades que se están executando e programando. Nunha das reunións, falouse sobre as fortalezas e debilidades de cada coparte e os puntos nos que se debe acompañar con maior ou menor intensidade. O que máis me gusta desta experiencia é o enfoque de acompañamento, nunca de imposición. Nas conversas coas copartes, decateime de como o traballo de ESF se distancia das dinámicas coloniais e asistencialistas do pasado. Non se trata de impoñer solucións dende fóra, senón de traballar coas comunidades locais, respectando o seu coñecemento e promovendo un verdadeiro diálogo buscando que o proceso sexa sempre sostible. Esta forma de facer cooperación é un proceso de deconstrución das vellas prácticas, onde o norte impuña as súas visións sen ter en conta as necesidades locais, ao meu parecer.
Tamén me sorprendeu a destreza dos «catrachos» e “catrachas”(xentilicio coloquial sinónimo de hondureñx) para atopar solucións sostibles aos problemas cotiáns. A súa capacidade para desenvolverse amosa que moitas veces as mellores solucións non veñen de fóra, senón que nacen do coñecemento e da experiencia do propio contexto. A miña experiencia está a demostrarme que, para cambiar o global, primeiro temos que escoitar o local. A xestión pública, como aprendín nos meus estudos, non pode ser efectiva se non parte das necesidades e recursos locais.
Nos dous fins de semana que levo en Honduras, aventureime a visitar diferentes sitios como Amapala, Intibucá e as ruínas de Copán. Aí tiven a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre a cultura Lenca e a cultura Maia. As distancias son longas e as infraestruturas, desafortunadamente, non axudan, o que fai que as viaxes sexan algo pesadas. A pesar diso, a beleza de Honduras, tanto natural como cultural, compensa con fartura os desafíos do camiño. Dinme conta de que este país ten tanto encanto como retos, e que vai moito máis alá dos estereotipos que existen sobre el.
Nunha desas viaxes, unha nai pediume se podía levar ao seu bebé no colo durante o traxecto. Sorprendida pola confianza e a naturalidade do xesto, accedín encantada. Foi un momento de conexión humana que me fixo reflexionar sobre como en Honduras a confianza e a empatía parecen fluir con naturalidade. Penso no contraste con España, onde un xesto así sería moito máis improbable. Estas pequenas interaccións fannos pensar en como a cultura inflúe na maneira en que nos relacionamos e en como percibimos a confianza e a seguridade nas persoas descoñecidas.
Porén, non todo é fácil de asimilar. Algo que me chocou en San Lorenzo foi o machismo imperante nas rúas. A cultura do piropo está tan normalizada que, para moitas mulleres, especialmente as de máis idade, non representa un problema, senón un halago ao meu parecer e polo intercambio de reflexións que tiven con algunha delas. Decateime de que moitas non ven este comportamento como unha falta de respeto, senón como parte natural da vida cotiá. Esta aceptación reflicte unha estrutura social que, en gran parte, herda a súa forma das relacións de poder coloniais e patriarcais. Esta realidade amosa como o poder masculino non se cuestiona, senón que se perpetúa.
Polo momento, a miña experiencia en Honduras está a ser moi enriquecedora e sinto que estou a aprender moito máis do que estou a aportar. Sei que aínda estou no proceso de aterraxe, pero estou segura de que nas próximas crónicas poderei contar máis avances técnicos e tamén compartir máis reflexións persoais e culturais. Este é un camiño de aprendizaxe mutua, onde tanto eu como as persoas coas que traballo e convivo aprendemos unhas das outras.
Seguiremos compartindo nas seguintes crónicas.
¡Abrazos!
Zaira.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/09/IMG_5315-scaled.jpg25601920Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-09-23 16:45:522024-09-23 16:45:52Chegada e aterraxe en San Lorenzo: entre o voluntariado técnico e as reflexions culturais e sociais
Aínda lles quedan uns días no país antes de volver ás tres participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) deste 2024. Martina, que viaxou coa bolsa da Universidade de Vigo de mobilidade para estudantes para participar en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento no curso 2023/2024, traenos a que, posiblemente, sexa a súa crónica máis persoal dende que está aló.
Hoxe vou soltar unhas reflexións, que poden ser acertadas ou non, pero que eu sinto así. Podemos platicar largo e tendido sobre elas cando volte, que me encanta barallar a cabeza discutindo sobre o que sexa 😉
Por aquí a comida non é a máis saudable. A materia prima pode que si, se o animal ou planta foi coidado debidamente, pero á hora de cociñar todo ten moito aceite e sal. Ao principio chocounos, pero ten sentido, porque deste xeito a comida consérvase máis tempo e tamén aporta máis calorías, que se traduce en enerxía. Quitando a froita penso que comer sano (o que eu considero sano) aquí é pra quen teña solvencia económica, e polo menos no sur, non me parece que a teñan a maioría das persoas. Pero prima comer e non hai opción nen solución a preocuparse dos efectos que pode ter a longo plazo esa dieta. E o mesmo ocorre coa auga. Pénsase en hidratarse e non nos microplásticos que inxires ao beber de bolsas de auga que no transporte sabes que viñeron ao sol, coa consecuente degradación do material, nen nos danos de tomar Coca-Cola ou semellantes todos os días. Hai outras prioridades. Tamén outras realidades dentro do mesmo lugar. Eu falo do pouco que coñezo.
A relixión maioritaria por esta zona é a católica. Tamén están a evanxélica e outras ramas do cristianismo. Vivimos preto dunha igrexa, e algún domingo que quedamos en San Lorenzo tócanos escoitar a misa que retransmiten con altofalantes. O domingo pasado, mentres ía buscar unhas baleadas antes de irnos de ruta, escoitábase un sermón sobre a importancia de respetar ao próximo. Eu non creo nas relixións pero pareceume bo tema, un básico que debería cumplir calquera. Pois ben, pasando polo lado duns homes que andaban a cargar un camión, onde ben se escoitaba o discurso eclesiástico, dinlles os bos días e tempo lles faltou para botarme unha sarta de piropos ben irrespetuosos. Que incongruencia. Ou será que quizáis non aplica ás mulleres. Ás veces danse sermóns dentro de locais a pé da rúa, tamén con altofalantes. Da medo escoitar ao predicador decir a que partido teñen que votar. Cero pensamento crítico. Fixeime tamén que neses grupos predominan ou totalizan os homes. Espazos onde non se vai reflexionar sobre as liberdades e os dereitos das mulleres. Somos unha ferramenta máis para criar e servir. Canto menos falemos, mellor. Canto menos saibamos, mellor. Aquí o machismo anda moi incrustado e a relixión xoga un papel fundamental en que siga sendo así. É a miña opinión en base ao que vexo e escoito.
O sistema está apodrentado. Falo dende Honduras pero podería aplicarse a: calquera país? Continuando coa anestesia ao pensamento crítico, un compañeiro hondureño contoume que tamén se están cargando o sistema educativo. Que ve nos seus primos pequenos que xa non lles ensinan todo o que a el nos seus tempos. Que non coñecen literatura hondureña. Todo yankee. É tan necesario formar persoas en vez de autómatas ou man de obra… «Por que non podemos estudar euskera en Galicia, pero sí francés ou inglés?» reflexionoume Sandra onte, con toda a razón. Porque valoramos máis o que nos ven de fóra. Que si, que son idiomas máis extendidos e poden abrir portas no mundo laboral e persoal, pero creo que se me entende. E queremos, ou fannos crer que queremos, coñecer as tendencias de moda en París, as novas tecnoloxías de EEUU, comer burrata porque está de moda e ver outra tempada do reality show no Caribe. Pero logo non queremos saber o impacto medioambiental ou violación dos DDHH que pode ter tal cadea de roupa e a extracción das materias primas para os novos dispositivos, as condicións das vacas que fan o leite da burrata ou os desplazamentos das persoas que vivían nesas illas. Danos igual porque non pensamos. Por favor, pensemos. O sistema movémolo nós. Somos os consumidores finais, aceptemos a responsabilidade que nos toca
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/09/IMG_20240903_194857_915-scaled.jpg25601920Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-09-16 11:33:302024-09-16 11:33:30Crónicas de Honduras: Martina IV
Xa é oficial a boa nova de que contamos con financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia para unha nova fase do noso programa Hackers Sen Fronteiras. Serán 35.000 euros e esta nova fase durará até finais de 2025.
Co programa, queremos impulsar contidos e valores de tecnoloxía para o ben común na comunidade educativa do ensino secundario galego de base tecnolóxica.
Refrendadas polos resultados do Estudo sobre Tecnoloxía para o Ben Común no ensino secundario galego que abordamos na Fase 1, seguiremos coas mismas liñas de traballo que na primeira fase, apoiando tanto accións co profesorado como accións máis enfocadas ao alumnado, sen descoidar o apoio á creación dunha rede de profesorado de secundaria que traballe neste eido.
Seguiremos priorizando os centros piloto en Curtis, Mondoñedo e Celanova, coa posibilidade de incorporar un novo centro en Baiona. Pero temos a idea de seguir movéndonos, na medida do posible, alí onde nos chamen (sobre todo en centros máis rurais). Polo pronto, aquí se pode ver o catálogo de faladoiros e obradoiros actualizado (flexibles e adaptables ao que interese en cada centro ou aula, o que queremos é poñelo fácil ao profesorado, que xa dabondo teñen…).
Queremos potenciar a liña de Encontros Hackers Sen Fronteiras de alumnas de secundaria que iniciamos na fase 1.
Unha liña nova de traballo que nos parece moi importante e que abrimos nesta Fase 2, é o traballo en centros de FP con ciclos técnicos. Comezaremos en Mondoñedo e Curtis, abordando tamén un traballo de diagnose como se fixo na fase 1 con ESO-Bacharelato.
Tamén impulsaremos unha formación específica para profesorado colaborador e outro que se quera unir, para compartir ideas de como levar o enfoque de tecnoloxía para o ben común ás aulas.
Algo innegociable será, como sempre, dar un protagonismo destacado ao voluntariado da nosa base social, como co-responsable do deseño, execución, seguimento e avaliación do programa, tendo persoas colaboradoras dentro do profesorado e tamén entre as persoas que impartirán obradoiros de distintas temáticas.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/09/photo_2024-04-15_11-25-08.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-09-12 12:03:372024-09-12 12:03:37Novo proxecto en marcha: Hackers Sen Fronteiras Fase II. Tecnoloxía para o ben común no ensino secundario
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.