Boletín Oficial ESFeiro. Febreiro 2026

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E proximamente …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   O mes de xaneiro arrincou tranquilo tralo Nadal, pero foi collendo ritmo rapidamente e, dentro do programa Hackers Sen Fronteiras (onde traballamos nos centros de secundaria e FP), houbo unha formación sobre radio no IES Ánxel Fole. Tamén tivemos a boa nova de que o proxecto gañador do II Concurso de Iniciativas Didácticas sobre Tecnoloxía para o Ben Común, resultou tamén gañador de nada menos que dun premio a nivel nacional polo Ministerio de Educación.

    No programa de Mulleres Bravas, preparando a vindeira visita de marzo, houbo tempo para a presentación dun programa de Aprendizaxe Servizo na Facultade de Psicoloxía da USC, no que se estará colaborando durante unhas semanas. Ademais, tivemos un encontro en liña para ir preparando a axenda cunha compañeira activista de Barracón Digital, de Honduras, que visitará no mes de abril a Galicia.

   Dentro do programa de ESF no eido profesional técnico e da economía social (ESFpro), tivemos un encontro de peche da fase 1, en liña, para pensar no futuro do programa, e coñecer os resultados da diagnose que fixemos en colaboración con AoPaso. Ademais, 2 persoas da base social de ESF asistiron o un encontro sobre estratexias económicas para aparatos electrónicos sostibles e dereito a reparar, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).

   Os bancos de reciclaxe botaron a andar tamén neste novo ano, co de Coruña organizando xa a finais de xaneiro o primeiro obradoiro de reparación colectiva do ano, desta volta na librería A Tobeira de Oza.

   En redes, asinamos un acordo marco entre Enxeñería Sen Fronteiras e a Fundación Galicia Verde, para realizar colaboracións no eido da soberanía alimentaria e a defensa do territorio. 

   Nun novo episodio de ESFRAdio, resumimos os boletíns dos pasados meses no Boletín Sonoro de Inverno. Na web, compartimos unha historia de violencia administrativa a cargo dunha empresa de telefonía, que nos compartiu un compañeiro da base social

    No programa de ESF na universidade, mantívose en xaneiro no vestíbulo da Escola de Enxeñería Industrial da UVigo a nosa exposición «Coñeces o teu móbil?» e, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela, un grupo de estudantes colaboradores de ESF mantiveron os cartaces que, sobre temáticas de dereito á auga e outros, puxeran en distintos puntos da escola.

    Pechamos o mes cun encontro da nosa base social para falar sobre a importancia dos coidados no activismo, para o cal contamos cun grupo específico coñecido agarimosamente como «Equipo Pegamento».


HONDURAS

    Despois do descanso de Nadal, arrancou o ano en Honduras no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa do territorio planificando as vindeiras obras na restauración do sistema de lagoas de inverno, dentro do programa financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.


MOZAMBIQUE

No mes de xaneiro continuouse traballando na formación práctica para a realización de estudos de inundacións empregando o software IBER e no acompañamento na monitoria da seca. Neste mes houbo grandes inundacións en Mozambique con case 390.000 desprazados e 13 mortos. As inundacións afectaron a bacías de todo o país, nunha situación que pon de relevo, unha vez mais, a vulnerabilidade de Mozambique fronte este tipo de eventos -cuxa frecuencia esta a ser incrementada pro mor do cambio climático-, así como a importancia de fortalecer as Administración Rexionais da Auga de Mozambique na mellora das súas capacidades para modelizar e xestionar inundacións.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Vídeo de relatorio. The biggest carbon problem in a cold climate transformed into a regenerative solution. 1h 56min

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes: documental Todos somos Gaza, de Hernan Zin, e a canción asociada.


E PROXIMAMENTE …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Se unha tecnoloxía sesgada viola os dereitos humanos, estamos fabando das consecuencias dun mal deseño. A tecnoloxía non é un destino divino nin unha forza da natureza. Se a deseñamos mal, temos que asumilo e debemos correxila.
Carissa Véliz

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.