O sábado pasado tivemos delegación ESFeira por València, participando no congreso esLibre, un evento que busca a promoción das tecnoloxías e a cultura libre. Xa é a terceira vez que participamos! (as anteriores foron en Zaragoza e Vigo). O obxectivo era aportar esa compoñente máis social da tecnoloxía.
Por un lado, Thais fixo un obradoiro sobre “Recursos tecnolóxicos para a comunicación e a participación das persoas con discapacidade“. Falounos de diferentes aplicacións e programas libres que permiten mellorar as posibilidades de comunicación de aquelas persoas que, pola súa situación de saúde, atopan algunhas dificultades para elo. Como ela di, a tecnoloxía debe apoiar e axudar a todas as persoas, sendo, neste caso, un recurso facilitador de los procesos de comunicación. Pero por desgraza, non sempre e así, e estas persoas atópanse con un montón de barreiras no seu día a día.
No caso da charla sobre o “Papel das tecnoloxías libres para reducir o impacto social e ético“, Jorge e Jose falaron de conceptos como o dereito a reparar, comentando as distintas barreiras existentes para que este dereito sexa real (económicas, falta de repostos, a compoñente social de considerar de “segunda” empregar cousas de segunda man ou con sinais de uso, etc.), e a electrónica ética (con todo o impacto que os nosos aparellos teñen no Sur global durante todo o proceso de fabricación), relacionando estes conceptos coas tecnoloxías libres e da importancia do papel positivo que desempeñan. Falaron tamén de que cando falamos de tecnoloxías libres debemos ter en conta todo o proceso de produción, especialmente no caso do harware, xa que non se pode considerar “libre” un aparello que contén minerais extraídos en condicións de escravitude. Tamén deron unha serie de recomendacións de como contribuír de forma individual a reducir este impacto: alongar, reparar, reutilizar, reciclar, formarse e participar! Mención destacable merece a performance do noso cómico de confianza, Jorge Lama, no emprego do sombreiro para interpretar un dobre personaxe. Ao máis puro estilo Clark Kent con e sen gafas. Aquí deixamos a presentación (versión en galego) que empregaron, á espera de ter os vídeos das intervencións.
Entre charla e charla tamén tiveron tempo de coñecer en persoa á xente de Restarters València e a labor que fan coas súas Restart Parties promovendo o dereito a reparar e a electrónica ética (bueno, entre charla e charla… e pola noite Valencià!)
Sempre é unha boa experiencia pasarse por estes espazos nos que compartir experiencias e ideas, e dos que sempre sae algo interesante!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/05/photo_2024-05-25_22-24-42_R2R.jpg554866Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-05-28 19:04:412024-05-28 19:06:17ESF na esLibre, congreso de cultura e tecnoloxía libres
La UNESCO designó el 4 de marzo como Día Mundial de la Ingeniería para el Desarrollo Sostenible, fecha señalada para concienciar sobre el papel de la ingeniería para mitigar los efectos del cambio climático y avanzar en el desarrollo sostenible.El Museo Nacional de Ciencia y Tecnología A Coruña nos invitó a desarrollar una serie de actividades como entidad de referencia en este ámbito.
11:00-13:00 h. Taller “Cacharreando en el ordenador ¡si no puedes abrirlo, no es tuyo!”. El Banco de Reciclaje mostrará cómo es el interior de un ordenador y a instalar software libre. Reflexionarán sobre los materiales de estos dispositivos, problemas sociales y ambientales en su ciclo de vida o sobre la electrónica ética como alternativa.
11:00-13:00 h. Taller “Juegos de tecnología por los derechos humanos”. Sesión con el Grupo de Educación para la Transformación Social para trabajar conceptos de tecnología e ingeniería para el bien común y derechos humanos en el mundo: juego de cartas Cooperando, Risc energético, videojuego Tet-HR-is de derechos humanos…
12:00 h.-13:00 h. Charla “Tecnologías inclusivas de bajo coste”. Charla y muestra de objetos sobre tecnologías de bajo coste para personas con movilidad reducida, especialmente dirigida a potenciales usuarios y su entorno o tecnólogxs interesadxs en colaborar. Grupo de Tecnoloxía Inclusiva de Enxeñería Sen Fronteiras e grupo de investigación Talionis – CITIC da Universidade da Coruña.
13:00 h.-14:00 h. Charla “Tecnología en proyectos de cooperación internacional para el desarrollo”. Los Grupos de Proyectos de Cooperación Internacional hablarán sobre la aplicación de tecnología por el bien común: promoción del derecho humano al agua, alimentación y soberanía alimentaria o de amenazas vinculadas a la tecnología (extractivismo mineral o energético, sistemas agroindustriales, etc.).
Sábado 4, de 11:00 a 14:00 h. Entrada libre hasta completar aforo; en los talleres, participación según orden de llegada durante todo el horario indicado.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/02/Muncyt_CHARLAS_dia-de-la-ingenieria_tw-1.jpg450700Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-02-24 21:38:142023-02-28 09:19:36ESF en el Museo Nacional de Ciencia y Tecnología A Coruña
Neste segundo episodio de ESF-Televisión quixemos atoparnos “en 3D” cunha persoa á que levamos tempo seguindo en ESF Galicia, sobre todo pola súa faceta de activista anti-capacitista. Así que invitamos a Héctor Tejón a que nos acompañara nun faladoiro na nosa sede, na Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos (onde ademais puidemos comprobar algunha que outra eiva na accesibilidade a algunhas zonas…).
Héctor defínese a si mesmo como: Politólogo. Sociólogo. Acti-vista, investigador social, doutorando en Socioloxía UDC. Con-vivindo con Esclerose Múltiple.
Ademais, ten unha canle en youtube onde se convirte en Tronco Parlante e onde, ademais de desfogar pola hostilidade das cidades (e a sociedade) para as persoas con problemas de mobilidade, que se concreta a nivel infraestructuras, falta de civismo, pasotismo das institucións para cumplir a lexislación ou intereses escuros no acceso ás tecnoloxías de apoio ás persoas con problemas de mobilidade…), fai, pensamos nós, un exercizo enorme de apertura emocional e de amosarnos outra perspectiva que nos poida leva a unha sociedade máis inclusiva e, polo tanto, mellor.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/02/photo_2023-02-17_12-09-03.jpg7201280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-02-17 14:26:222023-04-14 20:00:39ESF-Televisión. Espisodio 2. Entrevista a Héctor Tejón
Neste novo programa, un extra de Nadal, queremos visibilizar unha rede de persoal docente e investigador nas tres universidades galegas que poñen o foco na tecnoloxía para os dereitos humanos e o ben común: a rede Artigo9Tech.
Esta rede creouse hai tres anos baixo o paraugas da RGCUD e apoiada por unha axuda da Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Se queremos chamar a atención sobre a investigación en tecnoloxía para o ben común, é que o resto de investigación tecnolóxica non ten ese foco? A que nos referimos cando falamos de investigación en tecnoloxía para o ben común?
Para falar destas cousas, e coñecer iniciativas concretas de proxectos en tecnoloxía para o ben común, temos connosco a 4 mulleres que forman parte desta rede, ou que están a piques de facelo. Todas elas participaron na xornada de clausura dun proxecto que Enxeñería Sen Fronteiras desenvolveu con Artigo9Tech en 2021 e 2022, sobre tecnoloxía para o ben común nas escolas técnicas das universidades galegas. Neste, entre outras actividades, se impulsaron bolsas de investigación para 4 proxectos onde a tecnoloxía tiña que ser posta ao servizo do ben común.
Vanessa Míguez é responsable da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña en Ferrol e foi unha das fundadoras da rede.
Cristina López, investigadora e profesora na Universidade de Vigo, participou na rede dende o principio, e nos falará do proxecto que ela liderou dos financiados no proxecto, que ten que ver con
Alejandra Facal, estudante de último ano no Grao de Enxeñería Informática na Universidade da Coruña, e parte do equipo do grupo Talionis da UDC, liderado por Thais Pousada (PDI que colabora tamén na rede dende o principio), que nos falará do proxecto VisualTech.
Elena Arce, investigadora e profesora na Universidade da Coruña, que liderou o proxecto Xogando coas Letras, cun grupo multidisciplinar das universidades da Coruña e Vigo.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/12/photo_2022-12-14_18-07-12.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-12-20 20:47:082023-01-23 09:26:27ESFRadio. Investigando polo ben común nas universidades galegas
VisualTech es plataforma online colaborativa para el mapeo, categorización y difusión de la tecnología y productos de apoyo, de bajo coste o asequibles, para promover la participación y la actividad de todas las personas, especialmente de aquellas con diversidad funcional.
A pesar de que en la actualidad existen diferentes aplicaciones tecnológicas útiles, no están plenamente difundidas entre los agentes del sector de la salud, lo social y las potenciales usuarias, encontrándose infrautilizadas. Por ello, es fundamental contribuir con la difusión y divulgación de las tecnologías para el bien común disponibles, adecuadas y asequibles.
VisualTECH nace por una necesidad de las propias personas con diversidad funcional, usuarias de la tecnología y de las/os profesionales que les acompañan en sus procesos de intervención.
Su desarrollo se basó en un proceso de trabajo colaborativo, contando con la participación de profesionales y persoas pertencentes al ámbito asociativo de las entidades representantes de persoas con diversidad funcional.
El trabajo ha sido desarrollado por el grupo de investigación TALIONIS de la Universidade da Coruña, que pertenece, a su vez, al Centro de Investigación en las TIC (CITIC). TALIONIS tiene un acuerdo de colaboración con Enxeñería sen Fronteiras Galiza y participa activamente en el grupo de trabajo de “Tecnología para el bien común”, de ESF.
Con este proyecto se ha pretendido crear una red dinámica de colaboración online sobre tecnologías para todas las personas y el bien común, manteniendo un carácter de participación activa y cooperación.
¿Cuáles fueron los objetivos del proyecto?
Objetivo general:
Crear una plataforma online colaborativa para el mapeo, categorización y difusión de las tecnologías y productos de apoyo adecuados para la participación de las personas con diversidad funcional.
Objetivos específicos:
Promover la búsqueda y, actualización y difusión de las tecnologías y productos de apoyo de bajo coste disponibles para las personas con diversidad funcional.
Consolidar un recurso accesible, usable y adecuado para la consulta por parte de profesionales sociosanitarios y personas con diversidad funcional, que será una página web.
Crear una red dinámica de colaboración online sobre tecnologías para todas las personas y el bien común.
¿Cuáles han sido las fases del proyecto?
VisualTECH se ha desarrollado a partir de varias acciones consecutivas que se reflejan en el siguiente gráfico
¿Cuáles serán los siguientes pasos?
Este proyecto permanece vivo y activo, a un medio y largo plazo. Por eso, se realizará una actualización periódica de los datos sobre las soluciones tecnológicas incluidas en el repositorio, y se irán añadiendo nuevas aplicaciones que puedan surgir y que cumplan con el objetivo de ayudar a la participación de las personas con diversidad funcional.
El espacio colaborativo de la web, además de incluir un apartado para la recogida de necesidades y de colaboraciones, contará con un foro de consulta para que todas las personas visitantes puedan compartir experiencias, dudas e incertidumbres con respecto al uso de las tecnologías y productos de apoyo.
Se habilitará también una pequeña biblioteca con documentos, guías y manuales basados en la filosofía del bajo coste aplicada al desarrollo de recursos y dispositivos de apoyo para las personas con diversidad funcional.
Por último, se pretende completar la experiencia informativa con la elaboración y publicación de videotutoriales y presentaciones dinámicas sobre el uso y ajuste de las soluciones tecnológicas.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/12/VisualTech.png10801920Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-12-19 18:36:002022-12-12 18:50:44VisualTech, plataforma para mapeo de productos de apoyo de bajo coste
Este é o segundo dos 4 proxectos seleccionados na convocatoria de proxectos de investigación no marco do “Programa de Impulso á Investigación Universitaria en Tecnoloxías para o Ben Común“, financiada por Cooperación Galega da Xunta de Galicia e organizada pola red de profesorado universitario Artigo9Tech e Enxeñería Sen Fronteiras.
Un equipo multidisciplinar das universidades da Coruña e Vigo impulsan este proxecto Xogando coas letras. A doutora Elena Arce, coordinadora do grupo, nos conta como foi o desenvolvemento do proxecto.
———————————
Este proxecto ten como obxectivo democratizar o coñecemento e, en concreto, contribuír á alfabetización global e á xeración de recursos para nenos e nenas con dificultades na aprendizaxe da lectura. Nas últimas décadas observáronse progresos constantes en materia de alfabetización, a escala mundial, segundo datos da UNESCO, 250 millóns de nenos e nenas non adquiren as competencias básicas en lectoescritura. A recente crise da COVID-19 acentuou a problemática existente en materia de alfabetización e tivo repercusións na escolarización.
A habilidade para ler e comprender é fundamental para o correcto desenvolvemento social e psicolóxico do individuo. As dificultades lectoras adoitan aparecer durante a nenez e, se estas non son remediadas a tempo, o habitual é que continúen durante a adolescencia e a idade adulta causando problemas de tipo académico e laboral: a falta de comprensión dun texto impide ao estudante aprender os contidos do currículo. Ademais, é importante subliñar a relevancia da alfabetización como ferramenta para erradicar a pobreza, reducir o abuso infantil, instaurar a igualdade entre xéneros e garantir o desenvolvemento sostible, a paz e a democracia.
Durante os primeiros anos de aprendizaxe da lectura, unha das primeiras habilidades que o neno aprende é a decodificación das palabras que aparecen no texto. Esta habilidade non se aprende de forma innata, senón que require dun ensino formal e paulatino que habitualmente comeza nos últimos cursos de educación infantil. O profesorado, a través das diferentes actividades desenvolvidas na aula, axuda a comprender como se escriben as letras e como se forman as palabras que, hasta ese momento, só eran sons. Para iso, é imprescindible dispoñer de recursos que axuden nesta tarefa. Por iso, o principal obxectivo deste proxecto é dotar de recursos para a aprendizaxe.
Metodoloxía
Para poder levar a cabo proceso de deseño, foi preciso contar coa colaboración de centros educativos da contorna. En concreto, neste proxecto participaron sete centros do concello de Ferrol: CPR Tirso de Molina, CPR Plurilingüe Santa Juana de Lestonnac, CPR San Rosendo, CPR Compañía de María, CEP de Pazos, CEIP Manuel Masdías e CPR Cristo Rey. Por parte dos centros foi preciso contar con docentes e persoal do equipo de orientación.
Seguindo a metodoloxía de Deseño Centrado en Persoas, un alfabeto completo en letras maiúsculas foi deseñado. O método de deseño estruturouse entorno a un ciclo de 3 etapas: Comprender, Crear e Contrastar. Optouse por enfocar o recurso cara letras maiúsculas, en lugar de minúsculas, xa que son os primeiros estilos de caracteres cos que se traballa nos centros educativos, debido a maduración dos nenos na etapa na que aprenden os grafemas e fonemas. O recurso deseñado foi un alfabeto completo en formato imprenta xa que ao ser o desenvolvemento das habilidades de lectura e escritura moi paralelo, ler letras en imprenta axuda a identificar as formas que logo poden aplicar na escritura. Ademais, a actual dixitalización tamén contribúe a empregar este formato. Para favorecer a auto-aprendizaxe ou aprendizaxe autónoma, o deseño do alfabeto permite colocar os caracteres de forma inequívoca. No referente ao material para construír os recursos, por cuestións de hixiene, lixeireza e durabilidade, optouse por empregar resina fronte a opcións como madeira, metal ou goma espuma. Tras explorar diversas opcións, optouse por empregar emoticonas como indicativo de erro. Na posición correcta, os usuarios verán unha cara sorrinte e na posición incorrecta, unha cara triste.
Na Imaxe 1 poden verse as diversas opcións de tamaños e deseños de letra que se produciron inicialmente (a) e o tamaño do modelo seleccionado (b).b) Tamaño seleccionado
Imaxe 1. Tamaños e deseños presentados aos centros e modelo seleccionado.
As letras foron realizadas empregando software de deseño paramétrico e fabricadas empregando impresoras 3D de resina con tecnoloxía MSLA (Imaxe 2). Para a fabricación das letras empregouse resina foto sensible a base de plantas. Con isto buscouse que o impacto medioambiental fose mínimo.
Imaxe 2. Lote de letras impresas sobre plataforma.
Resultados
Os recursos fabricáronse con resina translucida, xa que permite o traballo con mesas de luz. Na Imaxe 3 pode verse a un neno facendo unha actividade co alfabeto fabricado. Co obxectivo de comprobar a eficacia dos recursos, deseñáronse para cada centro probas pre e pos-intervención. As probas son ad-hoc para cada centro, xa que deben ser adaptadas as letras e fonemas traballados polos diferentes docentes, así como as necesidades do alumnado participante no estudo. Estas probas están deseñadas en base ás baterías TALE (Test de análises de lectoescritura) e PROESC (Batería de avaliación dos procesos de escritura). Nos próximos meses teremos os resultados finais destas probas.
Imaxe 3. Probas iniciais realizadas con algúns dos recursos deseñados.
Como liñas futuras de traballo, propóñese o traballo con outros formatos de letras, como poden ser as letras minúsculas enlazadas, que favorecen a transición cara modelos de escritura a man, ou recursos que axuden na motricidade fina, tal e como nos solicitaron dende os centros educativos.
Equipo de traballo • Dra. María Elena Arce Fariña. Área de Expresión Gráfica na Enxeñaría. Departamento de Enxeñaría Industrial. Universidade de A Coruña • Dra. Carla Míguez Álvarez. Área de Didáctica da Lingua e da Literatura. Departamento de Didácticas Especiais. Universidade de Vigo • Dra. María Isabel Fernández Ibáñez. Área de Expresión Gráfica na Enxeñaría. Departamento de Enxeñaría Industrial. Universidade de A Coruña • Dr. José Antonio López Vázquez. Área de Expresión Gráfica na Enxeñaría. Departamento de Enxeñaría Industrial. Universidade de A Coruña • Dr. Miguel Cuevas Alonso. Área de Lingua Española. Departamento de Lingua Española. Universidade de Vigo • Dr. Andrés Suárez García. Departamento de Enxeñaría Industrial. Centro Universitario de la Defensa en la Escuela Naval Militar. Adscrito á Universidade de Vigo.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/12/Letras.png10801920Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-12-12 20:29:192022-12-12 21:23:58E se aprenderamos a ler e escribir? XOGANDO COAS LETRAS
Este ano, xusto antes do verán, tivo lugar unha nova edición dos LPRODays. Trátase dunha feira onde grupos de estudantes da materia Laboratorio de proxectos de 4º curso do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo presentan os traballos que fixeron durante o curso. Trátase de solucionar problemas concretos reais que presentan entidades externas á aula (sobre todo empresas ou organizacións sen ánimo de lucro como ESF). Xa hai dous anos un dos grupos presentara un traballo proposto e guiado por ESF, un caudalímetro de baixo custo.
Este ano, dentro do programa de promoción da tecnoloxía para o ben común en escolas técnicas das universidades galegas (que financia Cooperación Galega da Xunta de Galicia), en colaboración co grupo Talionis da UDC (algún dos seus membros colabora no grupo de Tecnoloxía Inclusiva de ESF), se propuxo a un dos grupos a elaboración dun sistema que permita que persoas con diferentes discapacidades que restrinxen o seu movemento, poidan controlar o rato do ordenador en distintos dispositivos. É un xeito de facer esta tecnoloxía máis inclusiva. Así naceu WHAME app.
Neste repositorio se pode descargar o software e instrucións de montaxe, por se se quere seguir mellorando.
A continuación se pode ver un exemplo do seu funcionamento
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/09/LPRODays2022_WhameApp.jpg5791028Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-09-21 20:13:562022-09-21 20:13:56Fóra da clase. Tecnoloxías para o ben común dende a universidade: WHAME app
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.