Boletín Oficial ESFeiro: decembro 2025
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E proximamente …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En Galicia, as compañeiras Paola e Martina tiveron a ocasión de viaxar a Bruselas dentro do curso sobre Financiación Europea coa Fundación Galicia-Europa.
No programa de ESF na Universidade (ESFnaUni), en colaboración coa Rede Artigo9Tech, asistimos á presentación do «proyecto CADMIO«, da UDC, a USC, a Universidade do Minho e a UNAH, que estudará a contaminación da auga subterránea no sur de Honduras no contexto dos nosos proxectos. Tamén tivemos faladoiros en clases falando de ESF e dos seus ámbitos de traballo, como na Escola de Camiños da UDC e na ETSE de Compostela (dentro da serie de faladoiros na materia Aula Profesional). Na UDC, con motivo da semana da reparación, tivemos un repair café (encontro de reparación colectiva) en Camiños e no Campus Industrial de Ferrol.
Dentro deste programa, tivemos a VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común, encontro anual da Rede Artigo9Tech, que tivo lugar na Escola de Telecomunicacións da UVigo, onde coñecemos varias experiencias das universidades nesta liña da cooperación e a tecnoloxía para os dereitos humanos. Colaboradoras da UDC participaron nun encontro na Coruña «Defendendo o dereito á auga no sur e no norte».
Ademais, persoas da base social da ESF que son da UVigo fixeron a Presentación da Guía de Autodefensa Dixital no centro social Faísca, en Vigo, grazas ao apoio das axudas de 0,7 do IRPF, da Xunta de Galicia.
No programa de ESF no eido profesional e da economía social (ESFpro), participouse en varios encontros sobre economía social e traballo comunitario. Coidar da auga, facer comunidade en Pontevedra falando de xestión comunitaria de auga Honduras-Galicia, en Melide no encontro «A Economía Social e Solidaria emprende con C: Coñece, Conecta e Crea» presentando este mesmo programa. Tamén se avanzou na elaboración do mapa galego de iniciativas para a transición ecosocial, cunha primeira versión do visor web, e dous encontros presenciais para falar sobre boas prácticas comunitarias e exemplos delas (en Vigo e Santiago). Tamén houbo un repair café no CS Casco Vello de Vigo.
No programa Hackers Sen Fronteiras (HsF), de tecnoloxía para o ben común no ensino secundario, houbo o encontro de peche desta fase, co profesorado de secundaria colaborador, que veu até Santiago de Compostela.
No programa Mulleres Bravas, estase a realizar un proxecto de Aprendizaxe-Servizo coa UVigo, na Escola de Administración Pública de Pontevedra.
En rede, participamos no encontro de reflexión conxunta sobre a situación actual da Educación para a Cidadanía Global (ECG). Colaborouse no Roteiro Feminista na Coruña co Colexio de Traballo Social, Ecos do Sur e o programa Galicia Abriga. Ademais, tivemos un encontro en liña con distintas asociacións da Federación ISF sobre Iniciativas de derecho a reparar, repair café y bancos de reciclaje.
Ademais, tivemos tempo para a reflexión, con este artigo de preguntas sobre decrecemento.
HONDURAS
Esta pasada fin de semana foron as eleccións en Honduras. Parece que voltaremos a un goberno reaccionario e, posiblemente, con retrocesos nos tímidos avances en dereitos humanos acadados no país na última lexislatura (se é que non con repunte da represión contra as organizacións da sociedade civil, como está a ocorrer noutros países da zona como Nicaragua ou El Salvador).
No entanto, no eixo de traballo de soberanía alimentaria e defensa do territorio, seguiu o traballo no programa de restauración do ecosistemas de lagoas de inverno. Fíxose limpeza de canais e monitoreo de aves, así como un curso de conservacion ecosistemas, outro sobre a correcta aplicación da cadea de frío e un encontro de xente nova. Tamén houbo unha visita institucional, da Corporación Municipal de El Triunfo.
No programa de apoio ao marisqueo artesanal, fíxose un encontro de incidencia local e gobernanza comunitaria, así como unha xornada de traballo sobre liderado das mulleres marisqueiras e unha formación en caixas rurais.
O terceiro programa deste eixo de soberanía alimentaria é o de apoio a sistemas agrícolas resilientes, neste caso financiado por un programa da AECID. Dentro deste programa, tivo lugar unha formación de transformación alimentos
No eixo de traballo de dereito humano á auga estívose a pechar a documentación para xustificar as subvencións da fase recén rematada e preparando a seguinte, para obter financiamento en 2026.
MOZAMBIQUE
Durante o mes de novembro tivo lugar unha visita técnica a Mozambique na que se traballou, fundamentalmente, coa Administración Regional de Aguas do Sul de Moçambique na mellora da xestión de inundacións. Incidiuse na revisión e análise da normativa relacionada con membros da equipa técnica e tamén coas xefaturas de departamento e do gabinete xurídico.
Entre o 3 e o 7 de novembro tivo lugar en Maputo a conferencia internacional REMCO. A REMCO -International River and Environment Cooperation- é unha iniciativa de cooperación entre Mozambique, África do Sur e Eswatini, enfocada na xestión integrada e sustentábel das bacías hidrográficas transfronterizas. Durante a REMCO, evento que reúne os principais actores dos recursos hídricos a nivel internacional, foron presentadas por parte da ARA Sul dúas ponencias de traballos realizados no ámbito do proxecto: unha centrada na análise comparativa entre as precipitacións estimadas por satélite e as das estacións pluviométricas e outra sobre a monitoria en tempo real da chuvia con datos de satélite.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Farah Dih: “Muchas mujeres saharauis vivimos entre dos mundos”
- Todas las violencias de las que Mariama y su hija de siete años escaparon dentro de un cayuco: »Prefería morir en el agua»
- Laura Bugalho: «Sempre me gustou ser a última da fila»
Auga
- Charla. Julia Martínez (Fundación Nueva Cultura del Agua): Agua y cambio climático: hacia una transición hídrica justa. 1h 14min 32seg
Consumo responsable
- Cómic Los Relámpagos, para concienciar sobre o Comercio Xusto á adolescencia
- La epidemia silenciosa de los ultraprocesados: «Me ofrecieron galletas tras operarme de apendicitis»
Cooperación e ONGD
- O Parlamento de Galicia manifesta o seu apoio e solidariedade coas defensoras de dereitos
- Quedamos después de la mani
Educación para o desenvolvemento
- Cómic Los Relámpagos, para concienciar sobre o Comercio Xusto á adolescencia
- Colapso emocional nas aulas galegas: «Non estamos formadas para xestionar tanta dor»
- Autodefensa Digital Explicada por Gatxs
- Lucía Ferro y Andrea Lombardía dan forma a «Pomba, a que non era», un libro ilustrado que pone palabras a lo que muchos niños callan
Enerxía e cambio climático
Iniciativas
- Guía para denunciar pisos turísticos ilegais: acción directa no activismo galego pola vivenda
- Foodtopia
- Ecologistas exigen una descarbonización de la industria «justa» a Industria y Trabajo
- Acápacá
- Crowfunding para conto infantil da nosa compañeira Lucía Ferro. Pomba, a que non era
Investigación para o desenvolvemento
Mundo
- SAHARA OCCIDENTAL: Saharauis y españoles recuerdan la Marcha Verde 50 años después: «Confiábamos en España pero fue una traición»
- SUDÁN: Oro, luchas geopolíticas y tensión étnica: claves para entender lo que está pasando en Sudán
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- A Xunta derrogará a Lei de protección ambiental e ultima outra «simplificada»
- Debates sobre modelo territorial e Green New Deal galego: ‘Altri non’, pero a que dicimos si? vs Altri non e macroeólicos tampouco
- Libro en acceso aberto. Post Growth Innovation: Resisting the Pursuit of Endless Economic Growth. De Mario Pansera e Javier Lloveras
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- FUHEM. Revista Papeles nº 167. La Tierra clama justicia ecológica
- A Xunta identifica cinco zonas con minerais «estratéxicos» que valora en 45.000 millóns de euros
- A restauración ambiental dos terreos da mina que perpetua os cheiros
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- El Fediverso, una alternativa a las redes sociales comerciales
- YouTube cede ante Trump y borra más de 700 vídeos de violaciones de derechos humanos en Palestina
- La fachipedia
- The 40-year economic mistake that let Google conquer (and enshittify) the world
- The Hidden Behemoth Behind Every AI Answer
- Forthcoming Digital Omnibus would mark point of no return
- Libro Inteligencia artificial: jugar o romper la baraja. Por Margarita Padilla
- Libro Manual de defensa algorítmica. Breve guía práctica para conocer, entender y ejercer tus derechos ante la IA. Por Esther Paniagua
- Internet. No estaba muerto… estaba federando
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Nos Están ENVENENANDO (Y Nadie Hace Nada) – Dr. Nicolás Olea. 2h 11min 39seg
- “Europa integra en su aparato de seguridad las tecnologías de vigilancia masiva que Israel prueba en Palestina”. Rasha Abdul Rahim / Activista palestina de justicia tecnológica
- Medidas practicas para liberarte de los tóxicos y disruptores endocrinos, Nicolas Olea . 1h 31min
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes toca cine, a película Ciudad sin sueño, ambientada na Cañada Real.
E PROXIMAMENTE …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…)
- 3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
- 3 de decembro: Día Internacional non uso de plaguicidas
- 5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
- 5 de decembro: Día Mundial do Solo
- 6 de decembro: Repair Café en O Covelo (pavillón de deportes, toda a mañá).
- 9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
- 9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
- 9 de decembro: Día Internacional da Informática
- 9 de decembro: pecha o prazo para presentar propostas ao I Concurso de iniciativas de tecnoloxía para o ben común no eido profesional e da economía social
- 10 de decembro: Día dos Dereitos Humanos
- 12 de decembro: II Congreso Galicia é Economía Social e Solidaria
- 17 de decembro: almorzo de Nadal na oficina de ESF da Escola de Camiños na Coruña, a partir das 11:30h
- 18 de decembro: Día Internacional da Persoa Migrante
- 19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
- 19 de decembro: pecha o prazo para matricularse no curso de Facilitación de Grupos, de Amigas da Terra e Suburbia
- 20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
- 23 de decembro: 11h. Encontro de nadal de ESF en Santiago de Compostela. 11 a 13h no CSC Fontiñas de Santiago de Compostela e ás 14h, comida de confraternización
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
«A mi mamá no la estamos enterrando. La estamos sembrando».
As fillas de Berta Cáceres o día que a despediron










Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!