BOE

Boletín Oficial ESFeiro: verán 2025


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    Neste verán a actividade continuou en Galicia a bo ritmo. Ante os graves acontecementos nalgúns lugares do Estado Español, ESF Galicia sumouse á Declaración “Tolerancia e respecto. Fronte ao discurso do odio e a aporofobia” impulsada por EAPN Galicia.

    Tivemos a boa nova a finais de agosto de que contaremos con apoio da Cooperación Galega para os programas Mulleres Bravas e ESF na Universidade.

    Dentro deste último, en xullo, presentámoslle ESF ao novo director da Escola de Camiños da UDC e participamos un ano máis no programa Xuventude Mentoring, cunha mentoría a un recén graduado.

    Dentro do programa de ESF no eido profesional, xunto con compañeiros de AGASOL, tivemos unha reunión con persoal técnico e político do Concello de Ames para ver posibilidades de colaboración no eido da sustentabilidade. Ademais, a nosa compañeira Lucía publicou en El Salto unha reflexión sobre a que se lle pode chamar tecnoloxía para o ben común e o compañeiro Chevi falou en praza.gal sobre a terrible vaga de incendios e o modelo depredador que hai detrás.

    Nos Bancos de Reciclaxe Electrónica non descansaron e, ademais de presentar a Guía de Autodefensa Dixital en medios como O Salto, fixeron unha completísima Escola de Verán de tecnoloxías dixitais libres na Coruña en xullo (aquí repositorio de materiais), e en agosto unhas xornadas de robótica libre coa Fundación Amigó. En Ferrol estiveron en medios como Radio Voz e tamén fixeron algunha entrega de equipos. En Vigo tiveron un curso de 4 días de Introdución á reparación de computadoras coa organización Diversidades. Ademais, tiveron un encontro con Ana Alfaya, que está a facer o doutorado no Postgrowth Innovation Laboratory da UVigo sobre dereito a reparar. Tamén se presentou o proxecto que está a apoiarnos a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

    Tivemos tamén encontros da base social, cun obradoiro de escrita creativa con Lucía nun entorno precioso, e tamén un novo programa de ESFRadio sobre Os coidados ás activistas nos movementos pola defensa da terra e o territorio, aproveitando o día da gravación para facer unha xira e coñecer o entorno da Mina Touro-O Pino.

    Tamén de ESFRAdio realizouse o Boletín Sonoro do segundo trimestre do ano, que se pode escoitar aquí.

    Rematamos agosto cun encontro en Negueira de Muñiz para ir aterrando o deseño dun xogo didáctico sobre xestión comunitaria do territorio, que empregaremos en distintos entornos (tanto de organizacións de defensa da terra, como centros educativos de secundaria/FP e universidade).

    En rede, participamos en sendos webinares, un de presentación do informe «Estado das ONGD galegas» e outro co novo grupo de traballo da CGONGD de «Alianzas». Tamén no encontro de profesionais pola defensa do territorio que se fixo en Palas de Reis. Non deixamos de denunciar o xenocidio de Gaza, facéndonos eco das distintas convocatorias no territorio galego.


HONDURAS

    En Honduras, no eixo de traballo de soberanía alimentaria, continúa o programa de restauración de lagoas de inverno coa nosa socia CODDEFFAGOLF, que financia AECID e a Cooperación Galega. Houbo Escola de Habilidades para la vida, ensaios de captación de semente silvestre de bivalvos, formación en monitoreo de pesca no sistema de lagoas de inverno e tamén monitoreo de bivalvos. Dentro do mesmo programa, deu comezo a Escola de Incidencia Política e houbo un taller para impulsar o emprendemento nas comunidades do entorno das lagoas.

    No eixo de traballo de dereito á auga, o laboratorio de calidade de auga do sur de Honduras está xa facendo distintas analíticas para os concellos da zona.

    Ademais, as participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (ás que chamamos agarimosamente «xs PCR»), estiveron mandándonos crónicas da súa estancia, cada unha co seu estilo particular. Aída falando dunha terra que a abraza e a cuestiona e con comparacións a un escenario cheo de voces, Lorenzo contando a primeiras impresións para logo ir xa sentíndose como en casa e Belén falándonos do amencer en San Lorenzo. Belén e Lorenzo xa regresaron a Galicia, e Aída regresará pronto, pero aínda teremos algunha crónica máis.


MOZAMBIQUE

No verán continuou o traballo en Mozambique no eido da seca e, sobre todo, das inundacións, despois da visita de 2 técnicos do ARA Centro a Galicia da que xa falamos no BOE anterior. Ademais, tivemos unha reunión de ESF e Augas de Galicia para falar do futuro de AquaMoz, que esperamos continue como referente de colaboración entre administracións públicas, universidades e organizacións da sociedade civil.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este verán chamounos a atención a exposición Plastic Biontes, unha intervención artística do colectivo Basurama nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.


E NO PRÓXIMO MES …

    Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO VERÁN

    A tecnoloxía só ten sentido se contribúe a superar a dor e o sufrimento do conxunto humano. Tales avances non poden quedar restrinxidos por cláusulas ou murallas comerciais, nin tampouco limitados a determinadas rexións xeográficas, perpetuando así iniquidades.


Javier Tolcachier é investigador no Centro Mundial de Estudos Humanistas e columnista e coeditor da axencia internacional de noticias con enfoque de Paz e Non Violencia Pressenza.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.