Boletín Oficial ESFeiro: agosto 2024

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

    En xullo houbo bastantes actividades, ademais da preparación dun par de proxectos para a convocatoria de educación para a cidadanía global da Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Apoiamos a celebración dun obradoiro de electrificación de bicicletas no banco de Ames, un repair café na Domus da Coruña e o encontro en liña mensual da Rede de Bancos de Reciclaxe con Software Libre, presentando «oficialmente» ao Banco de Ferrol. Continuaron as entregas de computadoras dos bancos e rematouse o curso de 35 horas con Ecos do Sur en A Coruña sobre mantemento e reparación básica de computadoras.

    Tamén estivemos en Lugo con varias reunións con profesorado dentro do proxecto de ESF na Universidade. Asistimos ao encontro da rede Galicia Abriga, para coñecer a dúas das participantes deste ano. Dentro do proxecto Mulleres Bravas, impulsouse con AGARESO e Amigas da Terra un obradoiro de comunicación de guerrilla coa plataforma Ulloa Viva. Despedimos o mes co primeiro pícnic veraniego de ESF, un encontro para festexar.


HONDURAS

    Este mes en Honduras, dentro do eixo de Dereito Humano á Auga, houbo formación técnica para el personal responsable del laboratorio de análisis de agua de la región sanitaria N°17. Tamén no programa de auga, houbo obradoiros de teatro e títeres para a protección da auga e ecosistemas acuáticos. Ademais, na comunidade de El Sartenejal, seguen os avances no sistema de auga, e fíxose formación en estación total a persoal técnico, e en xénero a toda a comunidade.
    No programa de restauración das lagoas de inverno, dentro do eixo de Soberanía Alimentaria, houbo xa avances, que compartimos aquí.

    Algo importante neste mes foi a chegada a Honduras das tres participantes no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades. Xa empezaron a chegar as crónicas, Martina 1 e 2 e Sandra 1 e 2. Nas vindeiras semanas seguirannos informando (uníndose Víctor ás crónicas).


MOZAMBIQUE

En xullo déuselle continuidade o traballo coas 3 Administracións Rexionais da Auga de Mozambique (Sur, Centro e Norte) para a monitoria da seca, a análise de precipitacións e o estado de encoros. No ámbito das inundacións, avanzouse coas análises preliminares para o estudo piloto que será realizado nunha bacía do sur de Mozambique. Coa ARA Sur coordináronse os contidos e o desenvolvemento da seguinte misión a terreo, que terá lugar en setembro e que se centrará principalmente no traballo no ámbito das inundacións. En Galicia realizouse unha reunión co grupo de voluntariado na cal se falou sobre a realidade socio-política de Mozambique e das perspectivas do traballo en inundacións. Ademais, sacamos a contratación do servizo técnico anual de apoio en fortalecemento para monitoreo de eventos extremos.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes queremos recomendar a unha cantautora galega moi comprometida que nos encanta: Zeltia Irevire


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

    Se ben a finais de 1970 a palabra ecofeminismo despertou certo rexeitamente no movemento feminista, porque se asociaba a plantexamentos esencialistas que reforzaban o estereotipo muller-natureza, esta perspectiva deu a posibilidade de fomentar a urxencia de revisión crítica do proceso de desenvolvemento da ciencia e da tecnoloxía occidentais como elemento clave no proceso de dominación, colonización e expansión do capitalismo patriarcal

Giulia Costanzo Talarico. Socióloga e activista ecofeminista

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.