Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   En decembro o máis destacado foi a visita a Galicia de Teresa e Basilia, as “mulleres da auga” hondureñas que forman parte de AHJASA (organización socia de ESF no programa de dereito á auga en Honduras dende hai xa 5 anos). A súa axenda foi ben intensa, e agradecemos especialmente á asociación COXAPO o seu recibimento e apoio nesa semana. A súa visita serveunos de excusa perfecta para que vira a luz o episodio 2 de ESFRadio, o noso podcast. Tamén traballouse arreo para deixar listo documento da nova Planificación Estratéxica de ESF Galicia 2020-2024, que se aprobou nunha asemblea extraordinaria o pasado día 4 de xaneiro, e puxo o punto e seguido a case 2 anos de traballo na elaboración participativa da mesma. Ademais, compartimos unha pequena publicación de consellos para optimizar móbiles Android. Estivemos pendentes das eleccións á reitoría da UDC, e achegamos ao gañador unha vella reivindicación de ESF. Tamén houbo persoas de ESF Galicia por Madrid na manifestación do Cumio do Clima. O día do voluntariado unha das voluntarias de ESF contou a súa experiencia na TVG. Asistimos a un obradoiro sobre enerxía con enfoque de dereitos, organizado por EAPN-Galicia (velaquí está o material que nos facilitaron). Tivemos tempo tamén para falar coa xente da IEEE Vigo sobre Electrónica Ética nun obradoiro na Escola de Enxeñería Industrial.


HONDURAS

  En Honduras houbo traballo arreo para pechar dous proxectos que viñan xa dende xaneiro de 2018. Tratábase dunha nova fase do programa de promoción do Dereito á Auga (onde colaboramos coa Universidade da Coruña en temas de hidroxeoloxía e bombeo de auga con enerxía solar), e un proxecto moi novidoso de apoio ás Oficinas Municipais da Muller dos 7 municipios da Mancomunidade NASMAR e de promoción de grupos productivos de mulleres, incluindo un pequeno fondo rotatorio (tipo microcréditos), apoiados pola organización socia de ESF no programa de soberanía alimentaria CODDEFFAGOLF. Co peche e avaliación destes proxectos estívose xa aproveitando para iniciar o deseño das seguintes fases destes dous proxectos, para os que se buscará financiación na convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia para proxectos de cooperación internacional de ONGD, xa aberta.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Acaparamento e Concentración da Terra en Europa. Folleto. Sindicato Labrego Galego
  • Feminismo como semente. Soberanía Alimentaria como froito. Sindicato Labrego Galego, Secretaría de Mulleres

E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbete ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais Facebook, InstagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

Os teléfonos móbiles e as redes sociais están deseñados para captar a nosa atención o maior tempo posible e coa maior intensidade, a fin de mercantilizar e monetizar esta atención ao máximo. Txetxu Ausín

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.