Abrimos prazo para solicitar unha das tres prazas que este 2023 sacamos dentro do noso Programa de Coñecemento da Realidade (PCR).
Haberá un proceso de selección de tres persoas. Unha das prazas está enfocada específicamente a persoal docente de centros de ensino secundario de Galicia. as outras dúas, non teñen un perfil concreto.
As tres persoas seleccionadas se integrarán na asociación (se é que non estaban xa integradas), realizando ademais un itinerario formativo específico para participantes no PCR, cunha parte presencial e outra parte en liña. A continuación, nalgún momento entre xuño e setembro, terá lugar a estancia en Honduras, coñecendo os proxectos nos que participamos, o traballo das organizacións hondureñas coas que colaboramos, e vivindo de primeira man esa realidade. A estancia, no caso da praza para docentes de secundaria, poderá durar entre 1,5 e tres meses. No caso das outras dúas prazas, durará entre 2 e 3 meses. Á volta farase unha devolución do aprendido. Enxeñería Sen Fronteiras faise cargo da viaxe, seguro e aluguer da vivenda en terreo, así como posibles desprazementos ás activides se se programen. A cargo da persoa correrá a súa manutención e gastos correntes da vivenda (auga, luz, …), así como o restos dos gastos persoais que poida ter na estancia.
Se tes interese, ou sabes dalguén que o poida ter, aquí están as bases completas, con información sobre o contexto, os criterios de selección, o xeito de presentar candidatura e os prazos.
Data límite de presentación de candidatura, 22 de febreiro.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/02/CartelPCR2023.jpg22451587Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-02-01 14:42:072023-02-06 10:37:00Vente con ESF coñecer outras realidades!
Se prefires a versión resumida en podcast, aquí podes escoitala!
CONTIDOS
Vida Asociativa
Honduras
Mozambique
Enlaces de interese
Recomendación artística
E no próximo mes …
A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En decembro continuamos o proxecto de Hackers Sen Fronterias, con faladoiros en centros de ensino de secundaria sobre distintos aspectos da tecnoloxía para o ben común. A principios de mes estivemos en Curtis facendo o faladoiro introductorio para 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. Logo foi o turno do IES de Celanova, onde falamos sobre soberanía alimentaria a FB básica, 1º de bacharelato e 3º da eso, e onde Martina e Lucía contaron a súa experiencia como mulleres tecnólogas polo ben común a 4º da ESO.
Precisamente o grupo de Mulleres Tecnólogas para o Ben Común de ESF tivo un par de encontros presenciais en decembro, en Santiago (aproveitando o encontro da base social de outono, a nosa Xuntanza) e en A Coruña, para ir facendo grupo.
Ademais da Xuntanza de principio de mes, que aproveitamos para celebrar a nosa Asemblea Xeral (onde aprobamos novos estatutos!) e outras sesións coa base social que foron moi curativas, tivemos a final de mes a comida de Nadal, que xa empeza a ser tradición. Aproveitamos para falar de moitas cousiñas, coñecerse moita xente que está fora e aproveita as festas para vir a Galicia e, en resumo, vertebrar.
O proxecto de tecnoloxía para o ben común nas universidades galegas, que financiou a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo e comezara en 2021, chegou ao seu fin da súa primeira fase. Tivemos un encontro en A Coruña da rede Artigo9Tech para facer ese peche, que serveu para compartir as iniciativas de investigación en tecnoloxías para o ben común financiadas pola rede e pensar no futuro da propia rede. Na nosa web fomos deixando os resumos das 4 iniciativas apoiadas:
VisualTech, plataforma para mapeo de produtos de apoio de baixo custo
Xogando coas letras, ferramenta didáctica para mellorar a lecto-escritura de persoas con dificultades
INVIT, Innovación en vivenda transicional como proceso para a recuperación das persoas desprazadas
Tamén como peche deste proxecto, lle adicamos o especial de Nadal de ESFRadio á rede Artigo9Tech e a esas iniciativas, con varias das investigadoras involucradas. A principio de mes saíra ao aire o programa de ESFRadio sobre «moedas sociais», onde tivemos connosco dúas persoas impulsoras dunha moeda social galega, A Sabia.
HONDURAS
En Honduras durante decembro só nos quedou unha das tres persoas que participaron en 2022 no Programa de Coñecemento da Realidade, Mateo. A súa crónica sobre o barrio foi a última antes de rematar a súa estancia. Tamén foi o cronista do encontro que, dentro do proxecto ‘Mejora de la gestión comunitaria del agua en el sur de Honduras, Fase 1’, financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, tivo lugar para intercambio sobre boas prácticas de xestión da auga e as microcuncas no sur de Honduras.
En Mozambique, co proxecto no que ESF colabora con Augas de Galicia, decembro foi un mes de peche de ano, con traballo da Administraçao Regional da Agua do Sul nas súas propias labores administrativas e de xestión. Ademais, tramitouse a bolsa para un dos seus técnicos de xeito que puidera completar o seu mestrado en Hidráulica e Recursos Hídricos na Universidade Eduardo Mondlane, na súa Facultade de Engenharia. En Galicia, estivemos xa empezando o deseño de como queremos que sexa a imaxe e a difusión deste proxecto, ao que queremos visibilizar moito máis. Para iso contaremos coa colaboración de AGARESO, especialistas nestes temas coas que xa temos traballado no proxecto que vén de rematar de Mulleres Bravas.
River runner: recurso sobre cuncas hidrográficas a nivel mundial. Pincha nun lugar do mapa e verás por onde iría unha gota de auga cara o mar dende ese lugar
Empezamos o ano bailongas coa lista de reprodución de «Mujeres que cambian el mundo«, unha lista con músicas de mulleres de todo o mundo que reivindican os seus dereitos e bailan a revolución.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2023-01-10 21:46:502023-01-30 19:32:23Boletín Oficial ESFeiro: xaneiro 2023
Nicole nos deixa a súa última crónica, que tamén será a última das participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2022. Este programa puido realizarse grazas ao apoio financeiro da Cooperación Galega da Xunta de Galicia e da Convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Consellería de Política Social e Xuventude.
¡Hola de nuevo!
Como ya sabrán algunxs de ustedes, tuve la oportunidad de participar en la edición 2022 del Programa de Conocimiento de la Realidad que ofrece ESF anualmente. En esta ocasión quiero simplemente explicar el por qué creo que si pueden, deberían presentarse y, de ser escogidxs, deberían aventurarse.
A pesar de que mi llegada al programa tuvo un desarrollo peculiar y algo curioso, desde que me enteré de que existía una oportunidad tan increíble como para permitirte ir a conocer una cultura ajena a la tuya y aparte aprender cosas que no te enseñan dentro de un aula, la emoción que sentí no disminuyó hasta que supe que efectivamente me iría…
Aterricé en esta experiencia como suelen pasar los acontecimientos que te cambian la vida: de repente y sin esperarlos. Esta nota es una despedida a esta etapa que viví y una invitación a este maravilloso programa. Nadie que no lo viva podrá entenderlo. Les invito a presentarse y les recomiendo vivirla si se les da la oportunidad.
El proceso de adaptarse a un lugar nuevo es siempre diferente y allí no fue distinto. Vivir en Galicia te acostumbra a que si sale el sol es día de paseo y si no, también. San Lorenzo es un contraste de sol todos los días y significó una bocanada de aire (caliente) que no sabía que necesitaba. Es un lugar pequeño -dependiendo a quién le preguntes- pero que tiene un alma grande.
No voy a contar mucho más de lo que debería porque cada experiencia es única y quien vaya este año nos contará su proceso, sólo me gustaría ser honesta y decirle a quien lea que Honduras les espera con los abrazos abiertos, estoy segura. La mejor parte de este país centroamericano tan pequeño y escondido detrás de prejuicios es su gente. Sin lugar a dudas con lo que más me quedo de todo lo vivido es la calidad humana que encontré allí.
Mucha suerte a las nuevas personas que se embarquen en la aventura. Esto es un antes y un después.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/02/photo_2023-02-09_06-12-18-2.jpg8511280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-12-30 20:36:002023-02-09 20:50:00Crónicas de Honduras, 8. Despedidas
¡Hola mundo! Soy Nicole, una de las PCR de la edición 2022 del programa. Hacia finales de septiembre llegué a Honduras y desde el primer día en San Lorenzo, Valle -lugar en donde se encuentra la oficina/sede de ESF en el país-, estuve conociendo a las copartes con quienes compartiría durante mi tiempo allí.
Hasta ahora pueden leer una crónica de tipo más personal mía porque tuve unos meses movidos desde que empezó la experiencia hasta mi regreso a Galicia, pero lo importante es que aquí está.
Voy a empezar hablándoles un poco de las copartes con las que tiene proyectos en común ESF Galicia en Honduras: CODDEFFAGOLF, NASMAR y AHJASA. CODDEFFAGOLF es una organización que trabaja en pro del bienestar y la conservación del Golfo de Fonseca, ubicado en el departamento de Valle, Honduras. NASMAR es la Mancomunidad de Municipios del Sur de Honduras y su objetivo es la mejora de las condiciones de vida de los habitantes de los municipios socios. Por último, la Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua -AHJASA- trabaja en el fortalecimiento de las organizaciones prestadoras de servicios de agua y saneamiento y promueve el desarrollo comunitario para la independencia técnica y económica a nivel social.
Coddeffagolf fue mi primer contacto y mi segundo hogar. Contacto porque fue la primera coparte que conocí y con la que tuve oportunidad de participar casi de inmediato en actividades y, hogar, porque las amistades y redes que creé estando allí estaban relacionadas sobretodo con esta organización.
Tratar de resumir varios meses de vivencias en Honduras dentro de un relato corto es algo imposible de hacer, por lo que contaré algunos momentos que destacan en mis memorias ahora que regresé de la experiencia. La primera imagen que se me viene a la mente es cuando viajé hasta La Berbería, una zona perteneciente al sistema nacional de áreas protegidas y que se encuentra ubicada en la parte sur oeste del departamento de Choluteca. Allí pude conocer y colaborar con la documentación de imágenes de un proyecto para la recuperación de bosques de mangle a través de creación de canales para la rehabilitación hídrica de la zona. Durante esta experiencia conocí a varias personas de la base social de Coddeffa (como a veces le dicen cariñosamente a la organización), lo cual para mí personalmente resultó ser muy gratificante al ser un acercamiento a la realidad de la comunidad y, al mismo tiempo, me permitió ver un poco el funcionamiento de un proyecto.
Otra experiencia que me gustaría destacar de mi estancia como PCR sería cada visita que tuve al proyecto con APROEM, la Asociación de Productores Experimentadores de Moropocay. Fueron varias las visitas en las que pude participar con el proyecto y la comunidad, por lo que generé lazos con varixs de lxs integrantes de la asociación y comí todo el maíz que puedan imaginarse (más unos kilos extra) … sí, porque me encanta, pero sobretodo porque las personas en la asociación querían que probase el sabor resultante de llevar trabajando en el proyecto durante ya algunos años.
La última vivencia que quisiera mencionar es la actividad que realizamos junto a las y los chicxs de la RedJAC- Red de Jóvenes en Acción por el Clima en Honduras en la Playa de las Almejas. En esta ocasión tuvimos un día lleno de actividades para reflexionar acerca de varios temas como el medio ambiente, la importancia de la comunicación dentro de la red y por último, en retribución al espacio, hicimos una mini jornada de limpieza de la isla liderada por lxs jóvenes.
Las historias que mencioné aquí son una pequeña parte de toda la experiencia que viví durante mi estancia en Honduras. Hacen falta aún miles de historias más que se quedarán en mi memoria y allí encontrarán su hogar.
Gracias a ESF y a todas las personas en Honduras con las que me crucé en algún momento y tuvieron una sonrisa o un gesto amable. Esta definitivamente es una de esas experiencias de vida que nunca se olvidan y aunque aún no puedo creer que me haya pasado a mí, una mujer migrante latina, agradezco que haya sido así.
* Foto de cabecera: playa La Cabaña en San Lorenzo, Valle.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2023/02/photo_2023-02-09_06-12-16.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-12-26 20:07:002022-12-26 20:07:00Crónicas de Honduras, 7. Nicole
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia convoca la selección de una persona para el puesto de técnica para los programas de Agua y Soberanía Alimentaria en Honduras. El puesto es, inicialmente, 6 meses a jornada parcial (30h/semana), con posibilidad de ampliación según la resolución de nuevos posibles proyectos durante el año 2023.
Admítense candidaturas até o 5 de xaneiro de 2023 (inclusive).
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/12/prazaExpa2.jpg6621058Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-12-16 13:25:002022-12-16 13:55:44Trabaja en ESF. Plaza de técnica expatriada Honduras
CODDEFFAGOLF, la organización socia de ESF Galicia en Honduras en temas de soberanía alimentaria y protección del territorio, nos informa de una nueva actividad dentro de uno de los proyectos que desarrollamos en conjunto, en este caso dentro de nuestro programa de promoción del Derecho Humano al Agua: ‘Mejora de la gestión comunitaria del agua en el sur de Honduras, Fase 1’, financiado por la Xunta de Galicia. También tenemos la crónica pormenorizada (en gallego) del evento, que nos envía Mateo, único de las tres personas participantes en el Programa de Conocimiento de la Realidad 2022 que queda en Honduras.
Con el objetivo de compartir experiencias y conocimientos adquiridos en cuanto al manejo y gestión del agua, se llevó a cabo una gira de intercambio en la microcuenca Santa Isabel el municipio de Namasigüe. Se contó con la participación de consejo de microcuenca y representantes de juntas de agua de Laure y el consejo de Microcuencas de Santa Isabel. Las y los compañeros de las juntas de agua de Laure tuvieron la oportunidad de conocer la buena experiencia sobre la gestión del recurso hídrico que se desarrolla en Santa Isabel y que es una de las experiencias mas exitosas en cuanto a gobernanza comunitaria y el cuidado y conservación del agua.
Compartindo boas prácticas
A CRÓNICA DE MATEO
O pasado xoves 8 de decembro houbo unha xira de intercambio de coñecementos entre duas microcuncas do Sur de Honduras: a do río Laure e a de Santa Isabel. Dado o bo desempeño da microcunca de Santa Isabel, o obxectivo era facer unha presentación e ter unha pequena plática sobre como se constituíron, fortaleceron e chegaron a ter unha microcunca tan sólida e funcional.
Pero primeiro de todo, para xs máis despistadxs, ¿qué é unha microcunca? Unha microcunca é unha área delimitada na que se atopa un nacemento natural de auga, e polo tanto debe ser correctamente preservada e conservada para asegurar que o recurso hídrico esté limpo e saneado.
Volvendo á xeira do pasado xoves, o primeiro paso foi recoller á xente das comunidades da microcunca do río Laure nun bus, no que fumos almorzando e platicando sobre o que nos ía deparar o día. Aí xa se palpaba a confianza entre a xente e a boa disposición e intercambiar coñecementos con outros lugares.
Ademais, estábamos viaxando a outro municipio, Namasigüe, coñecido polo seu rico pozol (unha deliciosa bebida feita a base de leite, millo e canela) entre outras cousas, así que se comezaron a escoitar as primeiras peticións por facer algunha parada estratéxica. En realidade minto, eu fun a única persoa que o pediu, pero estou seguro de que a xente me apoiaba. Unha hora e pico despois xa estábamos en Namasigüe, concretamente na comunidade Santa Isabel, onde nos recibiu Don Mario na súa impresionante casa, habilitada con espazos para recibir a un gran número de xente e nun espazo natural precioso.
Unha vez situada e asentada a xente de ambas microcuncas no lugar, fixemos un par de xogos para coñecernos algo mellor e crear un espazo máis relaxado. Tras facer o xa mítico xogo ‘KIÁ’ e unha imitación diversa de animais, quedeime coa frase dun home que comentaba: ‘Ya todo el estrés que traíamos, se fue’. Despois disto a comunidade de Santa Isabel fixo unha presentación, a cargo do enxeñeiro Herson, onde explicou como se constituiu e medrou a microcunca de Santa Isabel.
Comezou comentando que a microcunca é moi lonxeva, xa que se constituiu nos anos 80, pero non foi ata o 2002 onde se convertiu en área protexida, o que permitiu mellorar os mecanismos de conservación e mantemento da área. Ademáis, contounos que esta microcunca é parte dunha rede hidrográfica máis grande, a do río Quebrada Seca – Namasigüe.
O gran tema a tocar na presentación foron as distintas compoñentes do Plan de Manexo (PM) de recursos naturais que estableceron, coa axuda inestimable doutra organización, EmprendeSur. Este ten varias verticais:
Mellora da xestión da auga, mediante capacitacións a fontaneirxs das Xuntas de Auga (XXAA), análises da calidade auga e xiras de intercambio de experiencia con outras microcuncas, entre outros.
Respecto á xestión do recurso forestal, comentaban a importancia da reforestación pero sempre mirando a ‘compatibilidade’ das árbores reforestadas co lugar no que se plantan. Neste caso eran adecuados por exemplo a amendoeira, o carreto ou papalón. Por contra quedaban terminantemente prohibidos os eucalitpos (vaia, que sorpresa) e o quebracho.
Neste punto tamén comentaba o enxeñeiro Herson a importancia de manter limpa de lixo a microcunca, xa que este contamina a auga e provoca inundacións xa que bloquea as alcantarillas.
O PM incluía tamén un apartado para a xestión de fauna silvestre, mediante mecanismos como facer inventario de fauna e a inclusión do xulgado de paz da alcaldía correspondente, para solventar e afrontar problemas como a denuncia da caza ilegal das especies da microcunca. Como dato curioso, comentaban que o morcego é o animal que máis sementes sembra en Honduras, debido á súa alimentación e ao seu desprazamento aéreo.
Finalmente, tocáronse outros puntos como as accións que se están tomando como prevención e adaptación ao cambio climático; ou sobre mecanismos para fortalecer o desenvolvemento comunitario, como a construcción de letrinas domiciliarias ou o cercado das fontes de auga.
Por último, para rematar a charla, Herson comentaba que teñen constituída unha Caja de Ahorro y Crédito, coa que cobran un PSA (Pago de Servicios Ambientales) mensual aos integrantes da microcunca. Este pago non está destinado ao pago da auga, xa que iso é gratuito, senón ao mantemento desta zona e dos sistemas que fan que a auga chegue ás casas.
Trala presentación, houbo foi o turno da quenda de preguntas e felicitacións pola boa xestión e bo funcionamento. Tamén se comezaba a notar aquí que facía fallar recargar forzas, así que chegou o tempo do xantar xustamente antes de arrancar de volta para a microcunca do río Laure, non sen antes dar as grazas a Don Mario e o resto de integrantes de Santa Isabel por abrirnos as portas da súa comunidade e da súa casa.
No bus de volta puiden ver a xente moi motivada e con forzas renovadas. En resumo, un día moi completo. Vémonos!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/12/319634989_1701213753612865_955299769607936708_n.jpg12001600Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-12-15 10:15:582022-12-15 16:41:49Intercambio sobre buenas prácticas de gestión del agua y las microcuencas en el sur de Honduras
Estivemos na inauguración no Parlamento de Galicia da exposiciónDe oficio, defensoras, presentando unha da fotos a varias deputadas e deputados (e tamén a estudantes dun instituto que pasaron por alí!).
Ademais, xusto a última finde de outubro uníndose coa ponte do 1 de novembro, celebramos a reunión anual de todas as asociacións de ISF de España, a Cósmica. ESte ano veu a Galicia, a Lugo. Durante novembro deixamos algunhas crónicas do que por alí aconteceu, como este resumo xeral ou as aprendizaxes do obradoiro ISF-universidade. Incluso tivemos programa de radio!
E, para rematar ben o mes, os Bancos de REciclaxe Electrónico con Software Libre foron seleccionados como boa práctica para presentar no Congreso Estatal de Voluntariado en Tenerife. Alí foi Paola en representacion!
Na outra gran liña de traballo, a de defensa do dereito á auga, tivemos unha excelente nova. Acadouse financiación de 498.355 euros da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, para realizar o proxecto Mejora de la Gestión Pública y Social para la Gobernanza de los Recursos hídricos en 9 Municipio de la Región 13 Golfo de Fonseca F1. Trátase do maior proxecto para o que ESF ten acadado financiación. Pronto informaremos dos detalles do mesmo, que se desenvolverá até 2025.
En novembro ademais recibimos varias crónicas das participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2022. Carmen, antes de regresar a Galicia, tivo tempo de facer varias crónicas, que se poden ver aquí, aquí e, xa de volta, mandounos a última. A crónica de Nicole centrouse no encontro que houbo no sur de Honduras a finais de outubro de persoas da Vía Campesina (incluindo unha compañeira do Sindicato Labrego Galego) con xente dos proxectos de soberanía alimentaria e CODDEFFAGOLF. A última crónica do mes correu a cargo de Mateo, con sorpresa musical incluída. Nicole marcha de Honduras xa a principios de decembro, e Mateo apurará aínda un pouco máis o tempo aló.
Con tantas cousiñas en marcha tocaba facer un encontro do grupo de voluntariado que está pendente dos temas hondureños. Foi en liña, o día 28, e esperamos repetilos periódicamente.
MOZAMBIQUE
En Mozambique o máis destacado, ademais de continuar o asesoramento dende Galicia para seguir cos boletíns de seca da ARA-Sul e empezar a implementar o Manual de Monitoreo de Seca, foi a concesión dunha bolsa para finalizar o Mestrado em Hidráulica e Recursos Hídricos na Faculdade de Engenharia da Universidade Eduardo Mondane. Foi para Ernesto, un dos técnicos da ARA Sul.
Este mes nos adicamos ao oitavo (hai quen di que noveno) arte, o cómic. Hubert Prolongeau, Grégory Mardon e Arnaud Delalande crearon ‘Cuando el trabajo mata‘.
E NO PRÓXIMO MES …
1 de decembro: Día Mundial da Loita contra o SIDA
2 de decembro: Día Internacional para a Abolición da Escravitude (segue habendo moitos tipos dela…).
3 de decembro: Día internacional das Personas con Discapacidade
3 de decembro: Xuntanza de Outono de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Será no CS As Fontiñas, en Santiago de Compostela. Comezará ás 10h coa sesión «Tecendo o relato emocional dunha historia de violencia patriarcal denunciada en ESF«. De 12:45 a 14h coñeceremos o traballo do grupo de Mullleres Tecnólogas para o Ben Común. Pola tarde, a partir das 16h, será a Asemblea Xeral da asociación.
5 de decembro: Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social
5 de decembro: Día Mundial do Solo
9 de decembro: Día Internacional contra a Corrupción
9 de decembro: Día Internacional para a Conmemoración e Dignificación das Víctimas do Crime de Xenocidio e para a Prevención dese Crime
19 de decembro: Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur
20 de decembro: Día Internacional da Solidariedade Humana
Semana do 26 de decembro: excursión e comida de nadal de ESF
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Este mes, dúas polo precio dunha!
Quizais o problema non é que no mundo haxa demasiada xente, senón que algúns ocupamos moito
Olayo Reynaud, no seu libro «Por donde sale el sol»
O mundo está cheo de boa xente, pero, claro, un sorriso fai menos ruído que unha bomba
Jota e Dani, amigos de Olayo Reynaud, transcrita no seu libro «Por donde sale el sol»
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/01/BOE_Apaisado_Web.jpg8771240Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-12-02 19:22:472023-01-30 19:31:50Boletín Oficial ESFeiro. Decembro 2022
Desta volta tócalle a Mateo, despois de que quedaran el e Nicole aínda por Honduras tralo regreso de Carmen.
Ola, aquí Mateo retransmitindo de novo dende Honduras. Xa pasou máis dun mes e xa noto a adaptación en varias planas a este lugar. Agora en vez de confundirme con gringo, tamén me confunden con colombiano e arxentino (ata que abro a boca por suposto). O bonito tamén é darlle divulgación a nosa terra galega inda que sexa a través dos chistes, xa que aquí os típicos chistes de Lepe son coñecidos como chistes de gallegos («Por qué los gallegos hacen las ventanas redondas? Para que pueda entrar el Sol»). Xa vedes que o nivel está alto.
Ademais de visitas a comunidades para coñecer diferentes proxectos, como xa comentou a miña compi Carmen nas anteriores crónicas, eu persoalmente estou re-descubrindo e aprendendo técnicas para dinamizar grupos a través do teatro e o clown. Sempre foi un tema que me flipou, pero poñendo aquí en práctica aquí xogos de presentación, de liberación do corpo, etc. queda máis claro que a risa traspasa fronteiras. Ver aos mestres e mestras do departamento Sur de Honduras imitar a unha cabra, un galo ou un garrobo foi unha marabilla, pero preocupoume tamén como podían chegar a tanto nivel de detallismo na imitación (moito talento!). Isto por exemplo foi parte dunha serie de capacitacións que se lle están dando ao profesorado do Sur sobre técnicas alternativas de ensinanza medioambiental a través do teatro, títeres e outros xeitos, no que me deixaron meter mao a min. Na cabeceira do post deixo unha foto dun dos xogos que fixemos na Illa do Pacar.
Pola banda do meu lado electrónico, andamos a ver se montamos un mini-banco de reciclaxe electrónico xunto con CODDEFFAGOLF, polo pronto temos un ordenador xa! A ver se na próxima crónica podemos contar o avance desta iniciativa.
Por último, combinando as miñas dotes de guitarrista adquiridas na Royal Youtube Academy compuxen esta canción nunha tarde de aburrimento, a ver se consigo o meu obxectivo de ofender a dous pobos ao mesmo tempo: o galego e o catracho. Ai vai compas, cheque!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/11/photo_2022-11-21_23-48-53.jpg7471600Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-11-28 17:27:282022-11-28 20:39:11Crónicas dende Honduras, 6
Xa temos a Carmen de volta en Galicia, pero quere despedirse coa crónica dos seus últimos días en Honduras.
As seguintes semanas foron tamén de gran actividade con CODDEFFAGOLF.
O acompañamento ao programa de Investigación para a recollida de cámaras trampa (para facerlle fotos aos animais da Isla Exposición) foi unha aventura estupenda, abrindo paso co machete, puidemos ver fauna coma unha tarántula, unha tartaruga, ou comprobar como pican as formigas.
Tamén nos invitaron a acompañalos na recollida de medusas para a comprobación do seu nivel de toxicidade. Da man do persoal técnico puidemos apreciar distintos tipos de manglares e aprender un pouco sobre a fauna autóctona: camaróns, gaivotas, o curil, crocodilos (estes quedamos cas gañas de velos; de lonxe).
Visitamos outros proxectos moi interesantes e que na miña opinión poden ter un grande impacto, como é o proxecto de ecoturismo na comunidade na praia de Boca de Río Viejo, onde se plantexa a consolidación de campamentos para a observación da solta de tartarugas. O lugar é privilexiado, aínda sen electricidade ou canalización de auga, e todavía relativamente libre de contaminación.
Tamén puidemos visitar o proxecto de gobernanza das mulleres marisqueiras de Amapala, onde atopamos a Dona Lourdes e Dona Alba, ás que puiden escoitar fai anos nun coloquio na súa visita a Galicia da man de ESF.
Igualmente participamos en reunións sobre o proxecto de construción do paseo marítimo de San Lorenzo, ou da man de Raquel para a formulación dun pequeno proxecto de xénero, ambos con NASMAR.
E puidemos aportar un pouquiño impartindo unha charla sobre protección de datos ao equipo de CODDEFFAGOLF, cun pequeno plan de seguridade para a organización, un coloquio sobre a Navegación segura por Internet e Tecnoloxía ética coa Rede de Jóvenes que resultou moi interesante e participativo, ou a dinamización da Xornada de concienciación ambiental e fortalecemento organizativo e de comunicación da Red de Jóvenes, que foi un éxito e no que a principal concienciada, fun eu 🙂
Nas findes seguimos coñecendo a zona, visitando San Marcos de Colón, moi preto da fronteira con Nicaragua, con filas de camións esperando para pasala, ou de visita con Raquel ao pobo de Ojojona, famoso pola súa artesanía e onde puidemos mercar o jícaro, cuenco elaborado a partir do fruto do jícaro. Tamén coñecimos a noite de San Lorenzo, moi divertida aínda que chea de reguetón…
En resumo, foi unha experiencia inolvidable que espero deixe marca, de aprendizaxe continuo, grazas á cantidade de lugares e proxectos distintos e interesantes que visitamos, pero sobre todo grazas ás persoas que compartiron o seu tempo connosco alí, que che amosan e explican a realidade hondureña, afondando na comprensión da situación e ás inxustas diferenzas respecto ao noso entorno, e polo tanto a ESF, que promove e facilita esta sensibilización de primeira man.
Solta de tartarugasColoquio sobre tecnoloxía éticaAlgo da fauna do Golfo de Fonseca…De excursión
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/11/IMG_20221103_143500-scaled.jpg11782560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-11-17 22:49:502022-11-17 22:49:50Crónicas dende Honduras, 5.
De novo Carmen nos manda crónica. Xa pasaron varios días dende que están por alí, e ela volverá a primeira a Galicia.
Foron días intensos. Recibimos a visita do movemento Vía Campesina, do que forma parte o Sindicato Labrego Galego, e con eles fomos visitar aos produtores de APROEM (Asociación de Produtores Ecolóxicos de Moropocay), que compartiron con nós a súa situación actual e os seus proxectos, como o investigación e desenvolvemento de diferentes tipos de sementes de millo, para lograr plantacións máis resistentes a plagas, furacáns, secas… visitamos unha plantación de millo seleccionado, que precisamente bautizaron “Aproem”. Coñecer o proxecto, e ás persoas que o levan a cabo, foi unha aprendizaxe magnífica.
Tamén visitamos un proxecto de restauración ecolóxica en Namasigüe, un lugar moi bonito e un proxecto moi interesante. Coincidimos tamén co presidente de CODDEFFAGOLF (entidade hondureña coa que ESF leva colaborando dende 2008), don Modesto, unha persoa que paga a pena coñecer. Foi un encontro coa asociación Nadin, un dos colectivos que se ocupa do dragado das canles da zona, onde puidemos ver unha parte interesante e delicada da xestión do proxecto. O obxectivo deste é o dragado das canles para que a auga circule de novo, permitindo renacer os manglares da zona e producir de novo camarón. O dragado faise a man, con este sol incesante, o mérito é infinito (no vídeo ao final deste post se pode ver).
Á súa vez, esta repoboación responde á compra de bonos de carbono por parte das empresas contaminantes (que, mediante a adquisición dun bono de carbono, obteñen o dereito a emitir unha tonelada de dióxido de carbono).
Ademais tivemos a celebración do aniversario do ESF! Foi unha festa galego-catracha moi entretida, na que participou o persoal dos principais socios de ESF de aquí, CODDEFFAGOLF, AJHASA e NASMAR, e na que se podía escoller entre tortilla de patacas, catrachas (tortilla de millo frita á que se lle engade unha capa de frijoles, queixo…) e sangría. E como mellor unha imaxe que mil palabras… aquí vai!
As fins de semana aproveitamos para facer excursións, como ás termas de Nacaome (que se orixinan por tratarse dunha zona volcánica). Chamounos a atención que aquí a terma máis cara era a fría! Tampouco se adoita levar bañador, empréganse pantalóns curtos e camiseta. Certo que así mantés o fresco máis tempo…
Tamén probamos o karaoke, e a clase de punta, un xénero de baile e música afroindíxena orixinado pola etnia garífuna de San Vicente. De momento creo que aínda temos que practicar…
O domingo participamos na reunión xeral da Rede JAC (Xuventude en Acción polo Clima), onde se abordaron cuestións como a organización interna ou a realización de actividades previstas para as seguintes semanas.
En resumo, moi contentos con tanto como estamos aprendendo.
Seguiremos informando!
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2022/11/IMG_20221022_123840-scaled.jpg19202560Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2022-11-10 11:52:002022-11-11 18:21:17Crónicas dende Honduras, 4.
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.