Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2023
Benvidx ao BOE de marzo 2023. Se prefires a versión sonora resumida en 7 minutiños en formato podcast, aquí podes escoitala!
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Démoslle xa a benvida a Sandra, que a segunda semana de febreiro se incorporou ao equipo de traballadoras de ESF en Honduras.
No proxecto Hackers Sen Fronteiras de impulso da tecnoloxía para os dereitos humanos no ensino secundario, tivemos un mes movidiño, con faladoiros de cacharreo electrónico e electrónica ética nos IES de Celanova e Mondoñedo. Ademais, comenzou un Comando Hacker (son traballos fora da aula), neste caso no IES Mondoñedo, sobre tecnoloxías tradicionais no que terán que entrevistar a parientes ou veciñxs maiores. Ademais, a escritora Antía Yañez fixo un obradoiro de escrita creativa en Celanova.
Saiu ao aire o 2º programa de ESF-Televisión, onde entrevistamos a Héctor Tejón. El defínese como politólogo, sociólogo, acti-vista, investigador social, doutorando en Socioloxía UDC e con-vivindo con Esclerose Múltiple. Falamos con el de moitos temas, incidindo na hostilidade das cidades para as persoas con problemas de mobilidade, e o complicado acceso a tecnoloxías de apoio para estas persoas.
Tivemos un par de encontros en liña de persoas da Rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre de Galicia con activistas de Reutilizak e Ereuse.org, para ir ampliando contactos.
Houbo tamén un encontro en liña con participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2022, que nos contaron como lles foi (algún deles aínda non volveu!). En febreiro ademais pechou o prazo de solicitude da bolsa para este programa no 2023, aínda que unha das 3 prazas quedou deserta (a que é específica para profesorado de secundaria), e ampliouse o prazo até o 19 de marzo.
HONDURAS
No programa de soberanía alimentaria, e no marco do proxecto de marisqueo, en febreiro, proséguese coas reunións con axentes responsables da vixilancia e cumprimento da normativa ambiental nas zonas protexidas da rexión sur, especialmente nas áreas mariñas e costeiras. Aquí unha delas de coordinación moi importante, coa Fuerza de Tarea, que ten representación de diversos axentes da Administracion Pública de Honduras.
No programa de auga, asinamos o convenio coas nosas socias CODDEFFAGOLF e Mancomunidade NASMAR para executar o novo proxecto de “Mejora de la gestión pública y social para la gobernanza de los recursos hídricos en 9 municipio de la región 13 Golfo de Fonseca F1”, financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo.
Estamos preparando ademais unha máis que probable visita a Galicia de Modesto Ochoa, presidente de CODDEFFAGOLF, dentro dunha xira de defensorxs da terra que organiza a Coordinadora Galega de ONGD coa rede Futuro en Común.
MOZAMBIQUE
Durante o mes de febreiro continuou a visita técnica a Mozambique de Manuel. Nela, ademais das actividades programadas en relación ao seguimento da seca nas Administracións Rexionais da Auga do Sur e do Norte, traballouse, a petición dos nosos socios do Norte, no control e avaliación do estado do almacenamento do encoro de Locumue, cuxa xestión é moi relevante xa que é o que abastece de auga á cidade de Lichinga (capital da provincia de Niassa). Para iso, foi especialmente motivador traballar de novo co actual director da División de Xestión da Conca do Rovuma e antigo coñecido do proxecto en anteriores postos. Ademais do traballo coas ARAs, traballouse coa Universidade Eduardo Mondlane nos contidos do traballo de fin de mestrado que será co-titorizado desde o proxecto e que se baseará en parte do traballo de seguimento da seca que se está realizando co ARA Sur.
ENLACES DE INTERESE
Auga
Consumo responsable
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- Mujeres referentes en ciencia y tecnología
- Universitarios coruñeses cartografían para Red Acampa los discursos de odio en colaboración con catorce entidades de la ciudad
- Premiadas na II edición do concurso de vídeos ‘A auga nun minuto’ promovido por Emalcsa
- ¿Por qué no existen las energías limpias?
Enerxía e cambio climático
- Cuento infantil | Y se hizo la luz. Un historia sobre pobreza energética en la infancia
- Necesidades materiales y energéticas de la electrificación del transporte mundial
- [Informe] Requerimientos minerales de la transición energética
- La falacia de las renovables y el cambio climático
Iniciativas
Investigación para o desenvolvemento
- El boom minero: patrones e impactos de la expansión de la industria extractiva en España
- As migracións na Galiza en diálogo co paradigma decolonial
- Los estudios de caso (III): Comunidad de Montes de Baroña
Mundo
- CENTROAMÉRICA: Pesca en Centroamérica: empresas españolas y conflictos socioambientales
- EL SALVADOR: Resurge la solidaridad hacia El Salvador
- PERÚ: Un año después del derrame de Repsol en Perú: ni limpieza ni reparación
- PERÚ: Activistas ecologistas y peruanos protestan contra la “impunidad” de Repsol
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Échirolles, cidade francesa coa certificación “Territoires numériques libres”
- Intelixencia artificial verde, por un desenvolvemento tecnolóxico sostible
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Fact Sheet del Centre Delàs: «Las exportaciones españolas de armamento continúan teniendo como destino países en situación de conflicto armado y tensión: Ucrania, Arabia Saudí, Emiratos Árabes Unidos, Perú…»
- “Me pedían 400 euros y lo arreglé por 5”: tienes derecho a ‘hackear’ tu nevera (pero lo niegan)
Voluntariado e Persoas
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes imos aos clásicos. Un libro imprescindible para toda activista anticolonialista, de Eduardo Galiano, Las venas abiertas de América Latina (1971).
E NO PRÓXIMO MES …
- 2 de marzo: E𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗰𝗼𝗻 𝗮𝗳𝗲𝗰𝘁𝗮𝗱𝘅𝘀 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝗰𝗮𝘁𝗮́𝘀𝘁𝗿𝗼𝗳𝗲 𝗱𝗼 𝘃𝗲𝗿𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗱𝗲 𝗥𝗘𝗣𝗦𝗢𝗟 𝗲𝗻 𝗣𝗲𝗿𝘂́ de hai un ano e con plataformas galegas de proteccion do territorio.
- 3 de marzo: Día Mundial da Natureza e a Vida Silvestre
- 3 de marzo: Día dos datos abertos, Spain Opendata Day
- 3 de marzo: encontro informal sobre o proxecto de Mozambique ás 18:30 no Pub Medusa en Compostela
- 4 de marzo: Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sustentablee estaremos pola mañá celebrándoo con actividades ben chulas no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía en A Coruña
- 5 de marzo: Día Mundial da Eficiencia Enerxética
- 8 de marzo: Día Internacional da Muller
- 10 de marzo: primeiro dos obradoiros de Autodefensa Dixital, ás 18:30 na Domus da Coruña. Será sobre Seguridade Dixital Básica. Apúntate aquí!
- 14 de marzo: Día Internacional de Acción contra as represas e polos ríos, o auga e a vida
- 15 de marzo: teremos un Ciberfaladoiro sobre a situacion en Colombia, aproveitando que temos persoas da base social que son dalí ou participaron nalgunha misión no país. Atentas ás canles de ESF!
- 15 de marzo: Día dos Dereitos do Consumidor
- 19 de marzo: pecha o prazo de solicitude de bolsa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades para profesorado de secundaria de centros públicos galegos
- 20 de marzo: Día Internacional da Felicidade
- 21 de marzo: Día Forestal Mundial
- 21 de marzo: Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial
- 22 de marzo: Día Mundial da Auga, e celebrarémolo cun faladoiro sobre dereito á auga nalgunha librería no centro da Coruña (atentas!!)
- 25 de marzo (último sábado de marzo): A Hora da Terra
- 30 de marzo: Día do documento libre
- 22 e 23 de ABRIL: Xuntanza da base social de ESF Galicia onde celebraremos o noso XXX aniversario
A ESF-RASE DO MES
Tecnoloxízanse algunhas partes, por exemplo moitas persoas usan a televisión para coidar aos nenos, ou soñan con que pequenos robots limpen e fagan todas as tarefas, incluso se anuncia que se converterán en compañeiros de piso; creo que esta non é a sociedade que queremos. Estannos preparando para unha sociedade na que as persoas estean cada vez máis illadas. Creo que podemos afirmar que isto non encaixa nunha óptica emancipatoria.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!