Desperto, miro o reloxo e vexo que aínda é cedo. “Mellor intento durmir un pouco máis”, penso. Acendo o ventilador e volvo pechar os ollos. Quedo durmida outro anaco e, cando volvo espertar, xa decido levantarme. A vida en San Lorenzo xa comezou.
Aínda me quedan un par de horiñas antes de ter que ir á oficina ou a algunha das saídas previstas para hoxe, así que decido vestirme e saír á rúa.
Vivo nun apartamento desde o que hai que baixar unhas escaleiras e abrir un candeado para poder saír pola cancela, que despois tamén teño que volver pechar. Xa comezo a sentir ese fresquiño da primeira hora da mañá que tanto agradezo.
Na rúa xa circulan coches que pitan sen parar. Aínda non teño claro por que o fan: se é para avisar aos viandantes do seu paso ou simplemente para saudar. Intento non interferir no seu paso e sigo o meu camiño, pasando polo parque principal de San Lorenzo, onde están a igrexa e a xeadaría Sarita.
Mesmo a estas horas xa hai xente reunida no parque, pero non quero molestar, así que continúo andando na dirección dos manglares. Polo camiño detéñome noutro parque, onde hai moitas mulleres con chalecos nos que se le “Servizos Públicos”. Levan vasoiras coas que limpan as follas caídas das árbores e o lixo da rúa.
Séntome nun banco e obsérvoas. Non me sinto soa coa súa presenza. Algunhas, ao ergueren a vista, regálanme un sorriso. Danme paz. E eu desfruto vendo como o sol vai ascendendo, aínda que a calor xa comeza a facerse notar.
Gustaríame falar con elas, pero tamén temo incomodalas coas miñas preguntas. Por iso, decido quedar un pouco máis só observando, ata que chega o momento de volver ao apartamento para que non se me faga tarde.
Reflexión persoal
Durante este voluntariado, estou aprendendo a valorar o respecto polo espazo alleo, algo que noutras experiencias non sempre tiven tan presente. En ocasións anteriores, sentía a necesidade de iniciar conversacións, de buscar o contacto para coñecer outras culturas. Quería comprender, integrarme, estar presente. Pero agora estou entendendo que ás veces o máis honesto é simplemente observar, estar dispoñible e deixar que sexan os demais quen dean o primeiro paso.
En San Lorenzo, practico esa presenza silenciosa: un sorriso, unha mirada amable, un xesto de respecto. Aprendín que tamén se pode crear vínculo sen palabras, sen interromper o ritmo dos demais.
Chegar como estranxeira a un país en desenvolvemento implica recoñecer as diferenzas visibles e invisibles. Non quero ser intrusiva porque non coñezo as ideas preconcebidas que poden existir, e respéctoas e acepto que non sempre me corresponde a min traspasar esa distancia.
Este voluntariado está a ensinarme que a verdadeira conexión tamén pode nacer do silencio, da escoita atenta e do respecto profundo polas dinámicas locais. E iso, para min, é unha forma moi valiosa de aprender.
Debuxo realizado por Belén Pombo López dun dos parques de San Lorenzo
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/08/Parque_SanLorenzo.png6461200Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-08-18 10:05:022025-08-18 10:06:16Crónicas de Honduras. A primeira de Belén. O amencer en San Lorenzo
Aquí todo vai máis amodo. Penso que non é só a calor —aínda que tamén—, senón outro xeito de vivir o tempo, de entendelo, de sentilo. Ao principio custoume coller o paso, desacelerar, mirar arredor sen présa. Pouco a pouco vou soltando esa ansia de produtividade que dende hai tempo me acompaña, esa necesidade constante de facer, de rendir. E con ese soltar, vou percibindo outras cousas que me rodean: o grande estrondo que fan os mangos ao caer enriba das chapas dos tellados, o cheiro mesturado da gasolina dos motores co fume das queimas de lixo e co arrecendo da comida preparada na rúa, o sabor intenso das froitas, as cores vivas dos murais de recunchos e paredes, o saúdo agarimoso duns ollos mate que brillan dende o interior, a conversa dun almorzo compartido.
Nestes outros ritmos, hai tempo para bromear coas compañeiras, pero tamén para preguntarlles como están. Para pararse de camiño de volta dunha saída para coller elotes e compartilos. Hai tempo para pensar, vivir e construír en colectivo.
As persoas e comunidades que vou coñecendo recíbenme cunha amabilidade que abraia, con xenerosidade sincera e os brazos abertos. Compartindo o que saben e o que teñen. Dóeme contrapoñer esta vivencia coa das persoas que migran a España e que resisten día tras día miradas hostís, violencia e desconfianza. Todo o que queda por mudar.
Aquí non todo é doado. Honduras é tamén un espello incómodo no que me vexo reflectida. Porque hai moita beleza, si, pero tamén moita dor e inxustiza. Crianzas traballando dende a mañá ata a noite, a vergoña dun curileiro que agocha as súas curtidas mans, bolboretas que revolotean entre plásticos e residuos. A pobreza e vulnerabilidade son rostros, son historia, son supervivencia diaria. E, aínda así, a vida rebenta en cada recuncho.
Como poden coexistir tanto amor e tanta agresión? Como se sostén a esperanza cando o sistema non ampara e as empresas depredadoras ocupan o seu lugar? A recente xuntanza coa empresa DINANT, tan disposta a financiar solucións para os pescadores, foi unha lección de complexidade. Porque, si, hai necesidades urxentes. Pero… a que prezo se resolve a fame cando quen a mitiga é tamén quen a xera?
Todo isto lévame a mirar o pasado —non un pasado remoto, senón aínda un presente—. Porque o impacto da colonización aquí non rematou; segue a vivir nas estruturas, nas necesidades xeradas, nos territorios arrebatados, nas culturas machacadas, nos nomes das crianzas. Mesmo no abandono do sitio arqueolóxico El Chilcal vin esa ferida aberta: a historia máis antiga do país, esquecida, mentres se glorifican outras memorias.
E, aínda así, a cultura catracha resiste. No sabor do peixe frito con tajadas, nas liras que viran e soan a ritmo de punta, as lideresas comunitarias que fan da súa casa un espazo de encontro e organización.
Durante estas semanas tiven a sorte de acompañar varias saídas de campo que me están permitindo coñecer en profundidade o territorio e ás súas xentes: a comunidade de Las Pelonas, onde nos xuntamos con infancia e adolescencia para impulsar unha rede xuvenil da illa de Amapala; o Instituto Julia Zelaya (Monjarás), onde falamos co alumnado sobre a protección das tartarugas golfinas; Punta Remolino, un paraíso natural para a vida onde conflúen minerais das augas dos manglares, da auga de río e do mar aberto, pero que está fortemente ameazado (e con el os pescadores artesanais e familias que viven do mesmo) polas técnicas destrutivas amparadas polo sistema; Los Delgaditos, onde traballamos guiadas por Doña Silvia nun viveiro de manglar vermello; ou a praia de Cedeño, punto 0 na afectación do cambio climático, onde o nivel do mar xa cubriu máis de 3 cuadras da comunidade e as marejadas fan desperfectos de xeito continuado.
Esta experiencia estame agasallando a oportunidade de coñecer este territorio dende dentro: amable, diverso, rico, contraditorio, cunha cultura que late con forza e paixón. E no que cada encontro, por pequeno que pareza, ten a capacidade de transformarme.
Rede Xuvenil da Illa de AmapalaSitio arqueolóxico El ChilcalPaseos, reflexión e descanso nos manglaresAtardecer dende a praia de San LorenzoCharla sobre as tartarugas golfinas no Instituto Julia ZelayaPescadores artesanais de Amapala en Punta RemolinoTraballando nos viveros de mangle vermello en Los DelgaditosPeixe frito con tajadasA miña primeira tormenta en Honduras
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2025/07/4.-Atardecer-dende-a-praia-de-San-Lorenzo.jpg1280960Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2025-07-22 12:27:062025-07-22 17:19:53Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras realidades: Primeira cŕonica de Aída. «Unha terra que me abraza e me cuestiona»
Este proyecto forma la Fase 2 de un Programa de Marisqueo, dentro del eje de Soberanía Alimentaria de ESF Galicia, y del Programa de Pesca y Marisqueo de la socia local CODDEFFAGOLF. Estará financiado en su mayoría por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
MONTO
262.962,14 euros
DURACIÓN EFECTIVA
15 de julio de 2024 a 31 de diciembre de 2025
ENTIDADES EXECUTORAS
Comité para la Defensa y Desarrollo de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF), Universidade da Coruña, Laboratorio de Ingeniería Cartográfica (CARTOLAB)
En la fase 1 se abordó la cohesión organizativa de los colectivos, la experimentación para la generación de innovacíón en emprendimientos y la generación de información mediante ensayos de produción de moluscos. La fase 1 fue pertinente ya que el sector marisquero se vio afectado por la la pandemia Covid-19 y los sucesos de muertes de moluscos generalizado. En esta fase se dieron progresos importante en la reactivación económica de los grupos, se fortaleció el conocimiento local sobre la biología de la especies de moluscos y el medio marino, y se impulsó la creactividad emprededora de las mujeres mariqueras golpeadas por la inactividad económica.
Esta fase 2 se centra en continuar fortaleciendo al sector productivo, protagonizado por grupos de mujeres, e iniciar un eje de fortalecimiento de las componentes de investigación y de los titulares de obligación en la materia. Se trata que estas tres componentes: sector productivo (grupos), conocimiento del sector e investigación (Academia) y entes de regulación y normativa (DIGEPESCA, SENASA y otros) avancen de una forma paralela y progresiva, y mantengan o mejoren las dinámicas de diálogo y apoyo.
En este 2024, el gobierno presentó la nueva politica agroalimetaria del pais en la cual se observa la pesca artesanal y especialmente el marisqueo se encuentran invisibilizados. No obstante, el gobierno ha avanzado positivamente en promover un amplio proceso de consulta a la base del sector pesquero artesanal para la formulación de una nueva “Ley de Pesca y Acuacultura”. Se mantienen los diálogos con la sociedad civil hasta el momento, los pescadores artesanales en el marco de la CONAPESCA (Comisión Nacional de Acuicultura y Pesca), la cual convoca a otros sectores para promover politicas y estrategias para desarrollar el sector. Estas circunstancias suponen un cambio en las prioridades identificadas en el sector:
1) existe una preocupación por la sostenibilidad ambiental y de salud general del recurso marisquero, siendo necesario ampliar el conocimiento al respecto;
2) se ve más necesario mejorar la articulación de los diferentes actores, con sus diferentes perspectivas y capacidades, para hacer frente a un problema complejo como es la regulación y sostenibilidad de la actividad y
3) se identifica la debilidad social y económica de los grupos tras la crisis devenida por la pandemia, el aislamiento derivado de las restricciones y el aumento generalizado de las violencias intrafamiliares y comunitarias y, por otra parte, la falta de actividad económica ocasionó una descapitalización en algunas familias.
El programa del que forma parte esta fase 2 se enfoca en dos objetivos especificos
(1) a la sostenibilidad de la actividad marisquera de grupos de mujeres en los municipios de Amapala, Alianza, Nacaome, San Lorenzo y Marcovia, Honduras y
(2) mejorar la gobernanza del sector marisquero en el sur de Honduras.
Esta fase 2 se centra en 6 resultados planteados:
Resultado 1: mejorada la autogestión de los grupos de mujeres y jóvenes del sector marisquero-pesquero artesanal. Aquí se pretende continuar con el fortalecimiento de los grupos desde un punto de vista de mejorar su autonomía y reducir dependencias para la toma de decisiones y acción en materia de generación de alternativas económicas e incidencia.
Resultado 2: mejorado el acceso y gestión responsable de los espacios productivos por parte de los grupos marisqueros. Se fomentará la regeneración de los espacios de cría de molucos fomentando buenas prácticas que aporten a la produción semi-contralado de los bivalvos; construyendo con la comunidad y el apoyo de la UNAH y DIGEPESCA un sistema de alerta temprana (SAT) que pemita identificar amenazas al recurso. También se impulsará mecanismos (contratos de usufructos u otros mecanismos) para garantizar la tenencia de los espacios para los colectivos y poder ejercer mayor control sobre la actividad marisquera.
Resultado 3: se fomentará el testados y validación de nuevas tecnologías en la producción marisquera, que van desde la identificación taxonómicasde las especies para determinar su comportamiento en el medio natural a documentar aquellos factores que influencia su crecimiento y desarrollo; se estableceran ensayos para documentar cada una de las etapas.
Resultado 4: se promoverá la generación del conocimiento con el enfoque de garantizar la sostenibilidad del sector. Tanto CODDEFFAGOLF como la Universidad desarrollaran una estancia en España para conocer los modelos de producción marisquera en Galicia con miras adaptarlos a los condiciones locales y desarrollar mejores prácticas de producción local. Se trata de buscar una mayor formalización del sector marisquero con modelos productivos más eficientes.
Resultado 5: se fortalecerá las capacidades de los titulares de obligación, esencialmente de la DIGEPESCA, a través de un fortalecimiento de su capacidad operativa, formación a sus cuadros técnicos en comunicación asertiva.
Resultado 6: se impulsara la articulación de los actores involucrado en la cadena del marisqueo, promoviendo por ejemplo un espacio de intercambio entre el funcionariado de la DIGEPESCA y CETMAR para crear lazos de cooperación que impacte un mejor desarrollo del sector marisqueras. Se pretende que la DIGEPESCA mejore la asistencia a los con personal técnico con mayores compentencias en colaboracion con la universidad e impulsar la hoja de ruta del sector marisquero.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/12/Marisqueo_F2.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-12-09 18:10:002024-12-10 13:45:39Nuevo proyecto: mejora de la sostenibilidad de la actividad marisquera en el sur de Honduras, fase 2
Zaira está a piques de completar a súa estancia de voluntariado técnico en Honduras, apoiando ao equipo da oficina de ESF en San Lorenzo. Déixanos aquí a súa segunda crónica, xa con máis experiencia na zona, na que leva dende setembro.
A rutina no mundo da cooperación é de todo menos rutinaria. De luns a venres, as miñas horas transcorren entre papeis, reunións e planificación na oficina, mais nunca se sabe cando algún imprevisto vai trastocar todo. Esta incerteza, que ao principio pode parecer caótica, é precisamente a esencia deste traballo: estar preparada para o inesperado, buscar solucións rápidas e aprender que a flexibilidade é unha boa aliada.
Recentemente, enfronteime ao desafío da miña primeira formulación para o Concello de Santiago de Compostela. Foi unha experiencia tan enriquecedora como estresante. Os tempos axustados e os inconvenientes imprevistos fixéronme entender que este traballo, a pesar de ter moito de técnico, tamén require unha enorme dose de paciencia e creatividade, moita creatividade.
Mencionar que, partía dunha base elaborada polas miñas compañeiras, cuxo traballo previo facilitou enormemente o proceso. Aínda así, non deixou de ser unha experiencia intensa. Foi un reto que me fixo entender mellor o lado técnico e burocrático deste traballo, pero tamén o nivel de presión baixo o cal operamos.
A política detrás da cooperación: Outro aspecto deste traballo que non deixa de sorprenderme é a dimensión política. Participar nunha reunión na Oficina de Cooperación Exterior (OCE) en Tegucigalpa foi revelador. Escoitáronse as necesidades das comunidades, pero decateime de que a visión dos coordinadores que raramente pisan o terreo adoita ser moi diferente á nosa, que vivimos as realidades máis de preto. Moitas veces estas visitas non logran afondar na complexidade dos problemas reais.
Durante unha xira de tres días acompañando o embaixador de España en Honduras, así como responsables de programas e coordinador, esta diferenza fíxose evidente. A preparación da visita requiriu un protocolo exhaustivo que, sinceramente, ás veces parece máis un paripé que unha verdadeira oportunidade de transformación. Foi unha mestura de expectativas e reflexións, preguntándome se este tipo de actos realmente benefician ás comunidades ou se quedan nun escaparate político.
O primeiro día da xira levounos ao cerro de Moropocay, unha zona especialmente afectada pola seca. Alí coñecemos a Don Toño e Don Adán, agricultores que traballan na recuperación de sementes autóctonas de millo. Escoitar as súas historias e ver as súas parcelas cheas de vida foi inspirador. Estas sementes, seleccionadas e coidadas co apoio técnico de proxectos financiados pola Xunta de Galicia e a AECID, son unha aposta pola soberanía alimentaria e pola resistencia fronte ao cambio climáticon e ver a implicación destas comunidades deixoume un sentimento de esperanza, de que os pequenos cambios son posibles cando se aposta pola innovación local.
O segundo día trasladámonos ás lagunas de inverno en Namasigüe e El Triunfo. Estas lagunas son unha fonte de vida para trinta comunidades, pero tamén un recordatorio da importancia de conservar os recursos naturais. Foi unha xornada que me fixo pensar no equilibrio entre a conservación ambiental e a supervivencia das comunidades. Nesta visita, acompañounos o embaixador de España en Honduras e pregúntome se o esforzo por axustar axendas, coordinar desprazamentos e cumprir coas expectativas formais achega tanto como debería ás necesidades reais da poboación…
O terceiro día centrouse na inauguración dun sistema de auga en El Sartenejal. Este proxecto, financiado pola AECID, mostra o impacto que unha boa planificación e execución poden ter nunha comunidade. Non obstante, tamén foi unha oportunidade para reflexionar sobre os desafíos aínda pendentes. A alta inflación retrasou a instalación de letrinas, e a detección de metais pesados, polo que nestes casos, decataste de cantos imprevistos poden ocorrer nun proxecto e a necesidade, moitas veces, de que o proxecto sexa a longo prazo.
A tormenta Sara: Días despois desta xira, chegou a tormenta Sara, arrasando co que atopou ao seu paso. Alertas vermellas, o que pareciame, unhas chuvias normales, chegaron para causar grandes danos. Lembro a visita ás parcelas de Don Toño e Don Adán, en Moropocay, onde mostraron con orgullo o resultado das súas colleitas, froito dun traballo conxunto coas organizacións locais e o apoio técnico de proxectos. Foi desgarrador saber que, unha semana despois, a tormenta Sara arrasaría con todo. A auga non deixou nada en pé, perdendoo todo.
Esta traxedia abriu os ollos á incerteza coa que viven moitas comunidades. Un día celebran os froitos do seu esforzo e ao seguinte enfróntanse á destrución. A resposta humanitaria é “rápida”, pero a coordinación entre actores (ONGD, administracións e comunidades…) ponse á proba. Vivilo de preto fíxome comprender mellor o impacto das emerxencias, pero tamén a importancia dunha cooperación flexible que poida adaptar os seus orzamentos e accións ás novas necesidades.
Entre todo, hai aprendizaxes que quedan: o valor do traballo en equipo, a resiliencia das persoas que o perden todo pero volven comezar, e a necesidade de cuestionar os protocolos que, por veces, parecen alonxarnos máis ca achegarnos. Porque, ao final, o esencial na cooperación non son os actos oficiais nin os informes perfectos, senón estar alí, preto das comunidades, escoitando e aprendendo delas.
Nesta experiencia, cada día aprendo algo novo. Aprendo que a cooperación non é só técnica e financiamento, senón tamén respecto, empatía e capacidade para adaptarse a circunstancias cambiantes. E, sobre todo, aprendo que detrás de cada proxecto hai persoas como Don Toño e Don Adán, cuxa forza e resiliencia nos lembran por que facemos o que facemos.
Dende aquí, dende este recuncho de Honduras, sigo aprendendo a cooperar, a sentir e a entender.
Apertiñas dende San Lorenzo.
Zaira.
Sementes seleccionadas en MoropocayVisita con Don Toño e Don Adán no millo que logo arrasaría a tormenta SaraEscoitando sobre a vida e a pesca nas lagoas de invernoZaira fotografando lagoa de invernoA vida na beira das lagoas de inverno
FOTO DE PORTADA: en Moropocay escoitando ás produtoras
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/11/i6.jpg12001600Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-11-21 12:14:422024-11-21 12:14:42Aprendendo da Cooperación no Sur de Honduras
Que es un derecho de nacimiento Es el motor de nuestro movimiento Porque reclamo libertad de pensamiento Si no la pido es porque estoy muriendo Es un derecho de nacimiento Mirar los frutos que dejan los sueños En una sola voz y un sentimiento Y que este grito limpie nuestro viento
Derecho de nacimiento, Natalia Lafourcade
Una persona a la que valoro y admiro mucho siempre me dice que dentro de este mundo, hay muchos mundos. Y es una frase que me viene a la mente cada día desde que he llegado aquí. Siempre me ha interesado informarme por la situación sociopolítica a nivel global, así como por las luchas sociales que se gestan en los diferentes territorios. Sin embargo, en este mundo globalizado, con gran cantidad de manipulación informacional por parte de las élites y que funciona en beneficio de estas, conocer las diferentes realidades es muy complejo y conseguir que la información llegue con la misma claridez y sin pasar por los filtros neoliberales aún más.
El fin de semana pasado quisimos ir a pasarlo a Nicaragua, para conocer sus maravillosos paisajes que atraviesan la llanura del pacifico con sus elevados volcanes. Sin embargo, nuestros intentos de acceder fueron truncados ya que se nos negó el acceso al país. El trato policial, deshumanizante y sin ningún tipo de tacto ni explicación a nuestra reportación fue de las situaciones más impactantes que he vivido nunca. Siempre tuve una concepción de la revolución sandinista como un movimiento de izquierdas y libertario. Sin embargo, desde que he llegado a Centroamérica, ver de cerca la realidad que vivencian los países, como es el caso de Nicaragua, conocer testimonios de organizaciones a las que han expulsado y de reportaciones forzosas, me ha hecho reflexionar. Los objetivos de la revolución sandinista, quedan muy lejos de la represión y autocracia a la que se está sometiendo el país durante el régimen de Ortega, con una grave represión de libertades y derechos.
Y si, lo mismo me ha pasado con Honduras. Mi conocimiento previo se derivaba de la existencia de un gobierno de izquierdas protagonizado por una mujer, Xiomara Castro. Pero en mi llegada al país, he podido charlar y escuchar diferentes opiniones sobre si realmente este gobierno ha posibilitado un avance en derechos y libertades o se ha quedado corto. Duda no cabe, de que se han conseguido mejoras como la Píldora Anticonceptiva del Día después (PAE). Tal y como nos comentaban compañeras activistas feministas, en el “Encuentro intergeneracional por una vida libre de violencias” al que tuvimos el placer de asistir Martina y yo, estas medidas son insuficientes y las expectativas durante este gobierno eran mucho mayores. Sin embargo, los logros conseguidos deben su responsabilidad a todos los movimientos Hondureños que día a día luchan por la consecución de derechos. Con proposiciones legislativas, como las llevada a cabo por la Articulación de mujeres por el buen vivir, engendradas en torno a vía campesina. Las luchas y las conquistan se gestan en la cotidianidad, día a día en las salidas con CODDEFFAGOLF y en las conversaciones informales que voy teniendo durante mi estancia las observo. He podido sentir esas pequeñas semillas de vencer, mujeres de comunidades que emprenden en diferentes campos, mujeres que se autoorganizan y generan pequeños espacios de conversación y ocio como la Red de mujeres jóvenes de Choluteca o la agrupación teatral “Las Wendys” e incluso hombres, como Javier que día a día deconstruyen su masculinidad y siguen teniendo esa capacidad de curiosidad que les impulsa a aprender y sorprenderse día a día. Hoy mis compas de @comadre.ando escribían ¿Qué pasaría si le diéramos al amor cotidiano, la misma o más posibilidad que al odio o a la guerra?. Sí, hermanas, ante contextos globales adversos en el norte y sur global, me quedo con estas pequeñas resistencias, conquistas y vivencias cotidianas, que nos sostienen y nos permiten vivir día a día. Estos pequeños actos desde el amor al territorio y lxs otrxs, ya sean desde un lugar politizado como la Plataforma 25 de noviembre de Honduras, o desde las alianzas personales, como las que tejen día a día las mujeres marisqueras de Amapala o de la comunidad de Moropocay (que dan los mejores abrazos de todo Honduras).
Estos días estaba reflexionando sobre mi TFM, me gustaría entrevistar a mujeres defensoras del cuerpo-territorio. Pero ¿quién te pone el título de defensora o activista? ¿Acaso no lo somos cada una, al tener que luchar diariamente dentro de este sistema heteropatriarcal? ¿No lo somos cada una, con sus mayores o menores privilegios y atravesadas por diversidades de clase y raza?
Me quedo con las palabras de mi querida Guadi Galego, todas somos “brillantes activistas, da vida cotiá”, gracias a cada una de las maravillosas mujeres que estoy conociendo, a cada una de las personas que me abre al mundo de sus relatos e historias, y que me permite viajar dentro de ellas. Os admiro.
Nos vemos pronto, os abraza Sandra
FOTO DE PORTADA: Sandra, Martina e Chevi, xs tres juntitxs. No compitas, haz compitas✊🔥
Fincas agroecologicas, llenas de conversaciones, aprendizajes y admiración.Parteras, amigas y compañeras. Arriba las mujeres, abajo el patriarcado. Agrupación teatral Las Wendys.Precioso encuentro de mujeres mágicas🦋Encuentros bonitos cotidianos.La revolución se hace bailando. Plan alternativo post exportación de Nicaragua.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/08/Portada_3PCR.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-08-26 14:57:142024-08-26 20:10:18Crónicas de Honduras. Sandra III
Sandra, unha participantes no noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) 2024, grazas ao proxecto de Mulleres Bravas de intercambio entre activistas de Honduras e Galicia e IRPF universidade, e coa financiación da bolsa PCR da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña, traenos a súa segunda crónica, moi cultural.
——————————————————————
Hooolaaa!
Os vengo a hacer un poquito de actualización de estas semanas. Poco a poco me voy adaptando más a Honduras, conociendo más lugares, personas e historias de este país (mención especial a Aminta por sus relatos de sociopolítica Hondureña).
Conocer la historia de Honduras, a través de distintas voces, me ha permitido poder visionar esta tierra con un prisma más amplio. El fin de semana pasado, Martina y yo nos aventuramos hasta el Salvador, pasamos por Amatillo, Santa Rosa, San Miguel….hasta llegar a La Unión, y específicamente al volcán de Conchagua. Ahí nos reunimos con Vicky, una de mis amigas del alma 🩷
Las vistas desde el mirador eran mágicas, desde lo alto podías observar la belleza del Golfo de Fonseca, abarcando Honduras, El Salvador y Nicaragua. Además, tuvimos la oportunidad de enriquecernos un poquito de la cultura lenca, que da nombre al propio volcán, que en esta lengua significa el tigre que vuela, en honor a la heroína local llamada Comizahual. Desde la cosmovisión lenca se vivencia una fuerte conexión con la tierra y todos los seres que la habitan, como bien indicaba Berta Cáceres:
“En nuestras cosmovisiones somos seres surgidos de la tierra, el agua y el maíz, de los ríos somos custodios ancestrales el pueblo lenca. Resguardados por los espíritus de las niñas que nos enseñan que dar la vida de múltiples formas por la defensa de los ríos es dar la vida por el bien de la humanidad y de este planeta”
Entender esta cosmovisión, me permitió comprender de otra forma la historia contra la invasión y colonización en Honduras. El 20 de julio, fue el día de la conmemoración de Lempira, ancestro indígena lenca, que organizo comunitaria y territorialmente a todos los pueblos lencas produciendo el «Levantamiento de Cerquín» en 1537. El cual supuso el inicio de las luchas por la libertad y la defensa de Honduras. Este viernes, con la compañía de Flor y Marvin, tuvimos el placer de ir a Choluteca a la Casa del Sabio Valle, quien fue uno de los guerrilleros por la independencia de Honduras.
La llegada de Chevi, este jueves fue inagurada con esta gran excursión cultural a Cholu. Y con cultural no solo me refiero a la historia de lempira, sino que también nos adentramos en la cultura musical (mi parte favorita). Escuchamos desde sopa de caracol hasta tengo un plan de Key-Key. Aunque he de decir, que de la música que estoy descubriendo en estos días me quedo con Lejos de la ciudad de Muerdo y Pla ta tá de Mon Laferte (recomendaciones de Yuli).
También me quedo con los ataques de risa con Flor y Martina, y las conversaciones cotidianas en las comunidades con coca-cola de por medio, y las 45 aves que supuestamente avistamos pero no….Este jueves fuimos a Quebrachal a un avistamiento de aves, en el que también conocimos las lagunas de invierno y a la maravillosa comunidad que trabaja en ellas, y que nos recibió en sus hogares, ofreciéndonos buenas platicas y una comidaaa increíblee. Porque aquí, como dice calle 13:
Aquí se comparte, lo mío es tuyo Este pueblo no ahoga con marullos Y si se derrumba yo lo reconstruyo
Feliz semana a todxs, seguiremos informando y disfrutando. Un cálido abrazo, Sandra 🫂
Mágico finde en ConchaguaViaje en bus traspasando fronteras musicalesRinconcitos de resistencia en Amapala
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/portada.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-30 14:29:572024-07-30 14:33:58Crónicas de Honduras: Sandra II
Dentro de este proyecto, financiado por Xunta de Galicia y Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo, traemos hoy un pequeño vídeo, donde compartimos los avances de las obras para la mejora de la laguna de invierno de La Berbería, beneficiando directamente a 300 pescadores de las comunidades aledañas. Se ha restaurado una borda en una de las orillas, de más de un kilómetro de largo, para evitar fugas, y los resultados ya se empiezan a ver.
Este trabajo es impulsado en Honduras por nuestro socio CODDEFFAGOLF. Además participan también instituciones del estado como el ICF Honduras, DIGESPESCA y las municipalidades por medio del comité técnico de comanejo del Sistema de Áreas Protegidas Zona Sur de Honduras.
El programa tiene como finalidad recuperar el sistema lagunar de los municipios de El Triunfo y Namasigüe, abarcando lagunas como La Berbería, Quebrachal, Guapinol, Jicarito, La Alemania, entre otras.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/07/Laguna_borda.png337493Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-07-24 13:42:042024-07-24 14:35:34Avances en programa de restauración de Sistema Lagunar La Berbería y Jicarito
El programa de restauración de las lagunas de invierno como modos de vida de las poblaciones pesqueras de Namasigüe y El Triunfo, arranca con las primeras de las grandes obras para mejorar la capacidad de flujo hidrológico y de almacenamiento de agua, en la laguna de La Berbería.
El proyecto inicial en el que se enmarcan estas obras está financiado principalmente por la Cooperación Galega (Xunta de Galicia) y marca el ritmo y primeros pasos del programa. Comenzamos con las intervenciones en la Laguna de La Berbería. Posteriormente, seguiremos con fondos de la Cooperación Española (Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo, Ministerio de As. Exteriores y Cooperación) en la laguna de Guapinol.
La Laguna de la Berbería se sitúa en Honduras, en el límite con la frontera de Nicaragua. A ella llegan a pescar más de 100 pescadores/as de las comunidades cercanas, y a anidar numerosas especies migratorias de aves. Por su valor ecológico es considerada un objeto de conservación en el Subsistema de Areas Protegidas de la zona sur de Honduras: espacio de conservación hábitat especie de La Berbería.
En las últimas décadas, estas ricas y prósperas lagunas han ido perdiendo sus funciones productivas y ecosistémicas. Esto fue sobre todo debido a los cambios del flujo del agua por la obstrucción de la salida y entrada del mar por la industria camaronera, pero así mismo por los eventos climáticos extremos que arrastraron lodos, contribuyendo todo eso a la colmatación y pérdida de capacidad de recarga hídrica de las lagunas. En el proyecto, se pretende frenar y revertir este proceso de degradación ambiental, recuperar su capacidad productiva, mejorar la capacidad de ingresos de las familias, y mejorar la gestión y gobernanza sobre las mismas.
Las obras, son un primer paso de intervención, que busca una mejor regeneración del flujo del agua, tanto dulce (lluvias) como salada (mareas). Se comenzó levantando en alturala borda perimetral existente en la zona sur-oeste, así como el ahoyado y exavado superficial en determinadas zonas para conseguir mejor profundidad, creando montículos donde se retenga la tierra a través de la fijación por bosquetes de manglar. Esperamos que con las lluvias de 2024, que ya están por llegar, se vea una mayor cantidad de vida en la laguna.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/04/WhatsApp-Image-2024-04-26-at-14.20.56-1.jpeg5891280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-04-29 18:40:072024-04-29 18:40:07Prosiguen las obras de restauración de lagunas de invierno en La Berbería, Honduras
Esta semana foi a entrega de personerías xurídicas aos grupos «Triunfadores del Golfo» da comunidade de Nueva Concepción e «Agua Caliente en acción» da comunidade de Agua Caliente, municipio de El Triunfo.
O propósito desta iniciativa é facilitar a inserción formal destes grupos na vida económica local, promovendo actividades alternativas que estean vinculadas ás lagoas de inverno como medio de subsistencia. Esta estratexia busca diversificar as fontes de ingresos e fortalecer a autonomía económica das comunidades involucradas.
O evento de entrega contou coa presenza activa da asemblea dos grupos beneficiarios, así como do presidente da Xunta Directiva e a Dirección Executiva de CODDEFFAGOLF (a socia coa que traballamos no programa de soberanía alimentaria no Golfo de Fonseca). Asimesmo, contouse coa participación de membros da seccional (unha das zonas xeográficas nas que se articula a base social de CODDEFFAGOLF) de pescadorxs de Agua Caliente.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/04/GKP3FB0XYAIB5xn.jpeg5751280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-04-12 20:47:552024-04-12 20:47:55Honduras. Entrega de personería xurídica a grupos de economía local
Se realizó un ejercicio para construir árboles de problemas, con un listado de problemas incompleto que había que ir completando, a través de un juego de rol representando a personas de la junta de agua, la municipalidad y la secretaria de salud. Había que ir preguntando sobre las causas de los problemas para rellenar los huecos.
El personal técnico municipal no suele contar con formación en metodologías participativas de diagnóstico (algo que sí es más habitual en las organizaciones de la sociedad civil).
El objetivo de la formación es que desde las propias municipalidades haya capacidad para formular proyectos de forma participativa, para conseguir financiación en base a necesidades realmente sentidas por la población, dando cada vez más importancia a la apropiación y a que las personas de las comunidades tengan voz.
https://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2024/02/photo_2024-02-13_17-27-04.jpg9601280Enxeñeria Sen Fronteirashttps://galicia.isf.es/wp-content/uploads/2017/07/Una_linea_Naranja_Blanco-300x92.pngEnxeñeria Sen Fronteiras2024-02-27 21:41:102024-02-27 21:41:10Taller sobre Gestión de Proyectos para personal técnico Mancomunidad NASMAR
This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.AcceptRead More
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.