Barracón Digital por Galicia
Neste mes de abril tivemos a visita de Elena, quen pertence á equipa de Barracón Digital, un colectivo hondureño que leva a cabo actividades de educación popular sobre tecnoloxías libres, feminismos e intercambio de saberes.
No tempo que nos acompañou, participou en diversos espazos: na esLibre en Melide e na XIII Feira de Sementes e Plantóns Ecolóxicos en Forcarei amosou o traballo de Barracón Digital: por unha banda o proxecto Ciberactivismo desde los territorios, dende o que traballan con distintas comunidades a comunicación das súas loitas, facendo todo o proceso de elaboración da idea, deseño con ferramentas libres e exposición. Por outra banda está Tejedoras Digitales, o podcast dende o que as comunidades sosteñen o micro.

O luns 20 de abril organizamos na librería Lila de Lilith (Compostela) a presentación do libro Jugar o romper la baraja, da autora Margarita Padilla xunto a cal, Elena, Laura (profesora de FP e voluntaria en ESF) e Lucía (artista e voluntaria en ESF), realizaron unha mesa redonda na que debatir sobre o presente e o futuro co boom da IA. Podes ver a gravación do espazo no seguinte enlace.

Co alumnado de 4º da ESO do IES de Brión impartiu un obradoiro de coidados dixitais nos que repensamos o que nos aporta e o que nos colfictúa das aplicacións que máis usamos nos móbiles. Na mesma liña, no marco do programa Escola de Activismos da CGONG realizamos un obradoiro aberto á cidadanía no que acabamos instalando nos móbiles ferramentas libres.


Xa podes escoitar a entrevista a Elena: ESF Radio – Pontes con Barracón Digital



Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!