Entradas

Boletin Oficial ESFeiro: marzo 2020

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Aquí seguimos un mes máis coas novidades esfeiras. O pasado 7 de febreiro, pechouse a solicitude de prazas de voluntariado internacional de cooperación ao desenvolvemento, o Programa de Coñecemento da Realidade 2020 de ESF. O proceso de selección foi moi complicado, pola gran motivación das 21persoas que se candidataron. Delas só podían quedar 3, que foron Irene, Xoel e Eva, ás que pronto coñeceredes.

Despois da aprobación da nova Planificación Estratéxica 2020-2024, aquí podes ver cal é a nosa misión, a visión que temos para os vindeiros anos, e tamén os nosos principios e valores.

O 13 de febreiro foi o día internacional da radio, tecnoloxía que acercou un pouco máis ás persoas, pero que tamén ten risco dependendo de «quen a goberne». Por iso preferimos ás radios comunitarias, e quixemos imitalas coa nosa ESFRadio onde xa se pode escoitar o 4º e 5º episodios, que forman parte de Apocalipse Nau, un informativo «un pouco» irreverente


HONDURAS

En marzo presentamos dous novos proxectos á financiación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Un é a continuación do programa de auga, en colaboración co grupo AQUATERRA da Universidade da Coruña. O outro é a continuación do programa de soberanía alimentaria, incidiendo no eido da redución da fenda de xénero, nunha segunda fase que afondaría no fortalecemento das Oficinas Municipales de la Mujer e dos grupos de productoras da zona do Golfo de Fonseca. Ademais, aquí deixamos un resumo do que foron os programas en Honduras en 2019.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:

  • El otro mundo. Volumen 1. Miguel Brieva.

E NO PRÓXIMO MES …


A ESF-RASE DO MES

O ecosistema definitivo para a vixiancia e manipulación de miles de millóns de persoas en previsión dun futuro irrevocable: pronto seremos moitos máis vivindo en moito menos espazo, competindo por menos recursos, nun entorno cada vez máis hostil. E estas infraestruturas de poder centralizado, persistente e escuro non están deseñadas para axudarnos a xestionar esa crise. Están deseñadas para xestionarnos a nós durante a crise. Non nos van server para facer fronte ao poder. As ferramentas do poder nunca sirven para desmantelalo.

Marta Peirano (El enemigo conoce el sistema).

Boletín Oficial ESFeiro: outubro 2019


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Comezamos setembro participando nun Laboratorio sobre Activismo organizado polas compas de Amigos da Terra.

Coa chegada do outono, un tempo de cambios no que semella que a sociedade comeza reclamar tamén cambios urxentes para que os gobernos apliquen as medidas necesarias para frear o cambio climático. Por iso, o 27 de Setembro apoiamos a #folgamundialpoloclima do #27S. Pedimos que se declare xa a #emerxenciaclimática e se tomen medidas concretas para combatela. Mentres tanto, seguiremos impulsando cambios no noso día a día, e tamén, colaborando con outras persoas en movementos e asociacións.

Durante o verán tamén aproveitamos para darlle unha volta ao local de Coruña, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos (Campus de Elviña). Agora temos un taboleiro onde imos tratar de representar o que facemos en ESF, cos distintos temas e lugares onde traballamos, cun rinconciño especial do voluntariado. Tamén temos a nosa biblioteca recén remozada, con materiais para préstamo sobre Dereito á auga, enerxías renovables, soberanía alimentaria, servizos urbanos, educación para a paz, dereitos humanos, outras realidades, voluntariado e activismo, xénero… Vinde visitarnos!!

Durante unha semana tivemos a Dani, o noso presi, en Honduras, onde estivo compartindo reflexións coa nosa socia Ahjasa HN, sobre fortalecemento institucional futuro do programa de persoas técnicas comunitarias.

O 21 de Setembro foi o día da liberdade de software, ou día do #SoftwareLibre. Soberanía tecnolóxica e tecnoloxía para as persoas en estado puro. Atopamos unhas infografías chulas na web de Flisol para explicalo. Ademais, tivemos a sorte de que dende Mancomún contaran connosco para explicar a experiencia dunha ONGD na migración a software libre nun dos seus podcast.


HONDURAS

En Honduras, rematou o campamento da Red Jóvenes en acción por el clima, onde tivemos a Zoe como representante de ESF (e xa está de volta en Galicia). Rematamos setembro dándolle á benvida a Dani Umanzor como traballador na nosa sede de Honduras. Botaralle unha man a Elmer e a Raquel neste peche do ano. Tamén estivemos cos últimos preparativos da viaxe de Lourdes e Alba a Galicia.  E, como non, continuou o traballo nos programas de soberanía alimentaria, xénero e dereito á auga.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Activismo e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.
Este mes:

Volver


E NO PRÓXIMO MES …

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

«A tecnoloxía non é neutral. Estamos dentro do que facemos, e o que facemos está dentro de nós».
Donna Haraway

Boletín Oficial Esfeiro (BOE): decembro 2017

Estes días estamos a seguir de cerca a crise en Honduras, país onde traballamos dende hai 10 anos e onde ESF ten 2 persoas contratadas (Raquel, a representante país, e Elmer, que da apoio administrativo) facendo seguemento dos dous programas que temos en marcha (o de Dereito Humano á Auga e o de Soberanía Alimentaria). O presidente actual hai uns meses logrou unha sentencia do Tribunal Supremo para que admitise a súa reelección (o cal vai en contra da Constitución de Honduras). Ademais, hai moitas razóns para sospeitar de manipulación nos resultados, e tanto a representante da UE como da Organización de Estados Americanos pediron reconto de varias actas presuntamente irregulares, que poderían dar a victoria á oposición (hai moi pouca diferencia de votos).

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Novembro foi un mes, como soe ser sempre, de moitísima actividade. Dende un obradoiro onde quitamos o medo a argallar nos portátiles (con entrevista na radio galega incluida), a a nosa xuntanza de outono da base social en Salceda de Caselas aproveitando as xornadas de concienciación ecolóxica (un éxito!!), pasando polas 4 sesións de traballo práctico na Aula Docente de Cooperación Expandida (onde apoiamos a 5 grupos noutras tantas formulacións do seu proxecto de cooperación ao desenvolvemento dende o local), ou o apoio na difusión ao interesantísimo proxecto da Cousoteca. No medio de todo o maremágnum, tivemos tempo para compartir unha reflexión sobre un obradoiro que fixemos o ano pasado para coñecermos mellor a nosa base social, somos soñadorxs, e mesmo para xogar ás cartas!!! E todo iso sen esquecernos de dar apoio ao manifesto de Cuac FM, unha radio comunitaria de Coruña. Por outra banda, as nosas compas do CEXEF estiveron a presentar o estudo no que colaboramos sobre a participación das mulleres na xestión comunitaria da auga en comunidades de Honduras e Galicia no Congreso «Comprender el presente, imaginar el futuro: Nuevas y viejas brechas sociales», en Castilla-La Mancha.



HONDURAS

    En Honduras o máis relevante no pasado mes foi a crise electoral tralas eleccións do 26 de novembro. Tamén a previa foi complexa, e o avance nos proxectos e a actividade no país viuse afectada. Ademais, confirmamos a boa noticia de que obtivemos para o programa de soberanía alimentaria en Honduras a nosa primeira subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo en solitario (até o dagora sempre iamos en consorcio con outras ONGD que actuaban como cabeza de consorcio). Estamos a iniciar, polo tanto, os traballos tanto nese proxecto recentemente concedido, como no concedido tamén para o programa de Soberanía Alimentaria pola Cooperación Galega da Xunta en 2017, e os concedidos polo Concello de Santiago de Compostela e o da Deputación da Coruña (estes para o programa de Dereito Humano á Auga). Temos en fase final (finais de decembro, aínda que posiblemente haberá que pedir unha prórroga ao financiador dada a situación de inestabilidade post-electoral que pode impedir a execución completa antes desa data) a Fase 3 do programa de dereito á auga coa Cooperación Galega da Xunta, e tamén estamos a rematar a anualidade 3 do convenio con AECID no que colaboramos con VSF-Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra España (este dentro do progama de Soberanía Alimentaria). Moito traballo para pechar o ano! Esperamos que a inestabilidade política permita desenvolver os traballos e, sobre todo, que se arranxe todo con transparencia e dentro dos cauces democráticos.   


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Xogo de cartas Co-operando, que temos para organizar formacións sobre cooperación ao desenvolvemento e ONGD, ou para prestar por se queredes probalas vós.


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

O gran reto do noso tempo é saber andar pola estreita liña que separa o ludismo do amor cego á tecnoloxía
Santiago Navajas