Clics Seguros en Zas segue camiñando
Que alegría nos deron a pasada semana en Zas!
O proxecto gañador do II Concurso de Iniciativas Didácticas sobre Tecnoloxía para o Ben Común, resultou tamén gañador de nada menos que dun premio a nivel nacional polo Ministerio de Educación.
Clics Seguros en Zas, impulsado pola profesora Lorena Cerdeiro Núñez, involucrou a todo o alumnado do CPI de Zas e parte da veciñanza nun proxecto que continúa a desenvolverse dende o 2024, no que se desenvolve unha campaña cunha serie de recursos para educar sobre os riscos e usos no eido dixital.
Acadaron con esta iniciativa un primeiro posto na súa categoría dos I Premios Nacionales a Experiencias Educativas que fomentan la Competencia Digital del alumnado. Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible!!
Deixamos a continuación algunhas novas que saíron nos xornais:
- Os dous centros da ESO de Zas gañan os Premios Nacionais ás Experiencias Científicas. Que Pasa na Costa.
- Zas arrasa en los primeros Premios Nacionales a Experiencias Educativas. La Voz de Galicia.
Deixámosvos tamén o enlace á páxina web do proxecto, que continúa medrando.
Unha vez máis, moitos parabéns ao CPI de Zas.



Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!