Boletín Oficial ESFeiro: marzo 2024
Se prefires a versión sonora, aquí a tes resumida no Boletín Sonoro de ESFRadio.
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
No día dos humidais lembramos o artigo de ESF publicado en 2016 sobre o manglar no golfo de Fonseca e as súas problemáticas, que non cambiaron moito neste tempo no que ten que ver co control da contaminación ou o risco de cambio climático (si mellorou algo a coordinación institucional). Nese artigo baseamos este video que foi o inicio da campaña Mulleres Bravas 2024 (próximamente chega a visita de 2 activistas, como podedes ver na axenda de eventos máis abaixo). Tamén tocamos o tema da minaría a ceo aberto, cuxas malas prácticas ameazan tanto a Honduras como a Galicia, así como o problema da contaminación do mar. Dentro desta defensa da terra, o 20 de febreiro, apoiamos a xornada de loita labrega.
Tivemos a boa nova de que, un ano máis, estaremos na ESlibre cun faladoiro ben interesante de tecnoloxías libres para reducir o impacto ambiental das TIC.
Dende algúns medios fixéronse eco das recomendacións que a Valedoría do Pobo está a facer a algúns concellos que aínda non mandaron a información pública sobre abastecementos públicos de auga, que requerimos para o proxecto do Visor de Abastecemento de Galicia.
Tamén tiveron lugar varios faladoiros en institutos de secundaria (como o de mulleres tecnólogas, con Uxía en Sada ou Acacia en A Coruña e Culleredo), na universidade (en Camiños, coa mesa redonda sobre habitabilidade e dereito á auga con varias ONGD que traballamos nestes temas), e un Repair Café en A Coruña en colaboración coa ONG Por qué no. Foron grazas aos proxectos financiados con fondos IRPF e Cooperación Galega.
HONDURAS
No proxecto de fortalecemento da actividade marisqueira que está rematando, dentro do programa de soberanía alimentaria, e grazas a actividade de incidencia dos grupos organizados de mulleres marisqueiras, conseguiuse que unha brigada médica do sistema nacional de saúde fixera diversas probas médicas a mulleres das comunidades costeiras, apoiándose co material preciso dende o proxecto.
Dentro doutro programa que temos en marcha no país, o de Dereito Humano á Auga, no proxecto de promoción da xestión comunitaria da auga, financiado pola Cooperación Galega da Xunta, houbo moita actividade, aproximándose o peche do proxecto. Difundiuse un bonito vídeo sobre a cunca do Río Laure, sobre a que se estivo a traballar. Ademais, impartíronse os dous primeiros módulos do proceso formativo que se está a levar a cabo para persoas das comunidades e persoal técnico de AHJASA, un sobre Marco Legal e políticas hídricas, e outro sobre como é o proceso en Honduras para declarar unha micro-cunca. Tamén se entregou material didáctico en 10 centros educativos da microcunca do río Laure.
Tivo lugar ademais un obradoiro sobre xestión de proxectos para persoal técnico da Mancomunidad NASMAR, impartido por persoal de ESF.
MOZAMBIQUE
No mes de febreiro traballouse na formulación das accións da nova fase do convenio, que estará centrada en eventos extremos e na cal se traballará coas 3 Administracións da auga de Mozambique (ARAs) en accións relacionadas coa monitoria da seca (dándolle continuidade ás actividades da fase anterior). Tamén se traballará coa análise de inundacións mediante a realización de estudos, empregando un modelo hidrolóxico-hidráulico integrado (utilizando o software gratuíto IBER) e alimentado con bases de datos globais de libre acceso. Ademais destas accións, nesta nova fase daráselle continuidade as actividades de sensibilización e divulgación en Galicia.
Por outra banda, con base no estudo realizado co apoio do grupo GEAMA da UDC para a ARA Sul en relación ás inundacións do 2023 na bacía do río Umbeluzi, realizouse unha publicación na revista Natural Hazards and Earth System Sciences. Nela, póñense en valor a alto nivel -a revista é das de maior impacto en desastres a nivel internacional-, as metodoloxías empregadas para estudos de eventos extremos en contextos de cooperación con medios e recursos escasos, como ocorre en Mozambique. A principio de febreiro ademais tivo lugar unha xuntanza do grupo de Mozambique, en Compostela, para coñecer de primeira man o traballo realizado nas estancias de Víctor e Manuel a finais de ano.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Reconciliándome con Richard Stallman
- Una llamada a la transformación masculina ante el auge de la extrema derecha
- Brigitte Vasallo. escritora e investigadora. “La romantización del campo es una idea que los fascistas exprimieron bien”
- Entrevista en vídeo a Lucy Urvina, defensora da auga e da Amazonía no Ecuador. 7min 33seg
- Bienvenidos al MUNDO BRO. En el laboratorio de las nuevas masculinidades reaccionarias
Auga
Consumo responsable
- LEMBRANZAS: The environmental impact of our devices: revealing what many companies hide
- He estado una semana apagando el móvil una hora antes de dormir y esto es lo que ha cambiado
- Vídeo. El gran fraude del plástico. 6min 31seg
Cooperación e ONGD
Educación para o desenvolvemento
- III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
- Brutal repaso de un programa de TV3 a las técnicas de la mentira de los ‘fachatubers’
Enerxía e cambio climático
- EFICIENCIA BUROCRÁTICA, el camino hacia una eficiencia energética para todas. Manifiesto por un sistema de asignación de subvenciones más fácil y transparente
- Más allá del autoconsumo compartido
- As 45 primeiras empresas eólicas con sede na Galiza só dan emprego a 37 persoas
Iniciativas
- El Nido, la plataforma virtual abierta de emprendimiento social y sostenible
- La descolonización y el revisionismo, protagonistas de la nueva temporada del Reina Sofía
Investigación para o desenvolvemento
- Pro-environmental behavior, personality and emotional intelligence in adolescents: a systematic review
- Manifesto. En defensa de los repositorios de acceso abierto
- Crisis de salud mental y laboral en la ciencia: las causas
- As consecuencias para Galiza dunha máis que probable detención da Corrente do Golfo
Mundo
- BOLIVIA: Una comunidad a orillas del desaparecido lago Poopó demanda el agua que le quitó la minería
- NÍGER: “La población del Níger denuncia cada vez más que continuamos bajo un régimen colonial de Francia”
- PALESTINA: Israel ha convertido Palestina en un apartheid tecnológico: entrevista a Antony Loewenstein
Pobreza e exclusión
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Nueva legislación de la UE hará más asequible la reparación de determinados productos – activistas impulsan la generalización del derecho a reparar
- Alertan que o proxecto Gama de Altri consumirá máis auga que toda a provincia de Lugo
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- Sobre la restauración de las tierras secas
- Acuerdo Comercial UE-Mercosur: Una Amenaza para los Derechos Campesinos y la Naturaleza
- Os señores da mina: así paga a Xunta o greenwashing do lobby mineiro
- Tratados y tractores: Las protestas en Europa contra los acuerdos de libre comercio, la OMC en el origen de todo
- Informe “Derecho a la Naturaleza, Derecho a la Ciudad”
- La agroecología ayudará al campo español más que la PAC. Aquí tienes la lista más completa de problemas y soluciones
- Las protestas de los agricultores y el precio justo
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Caixa de ferramentas da Global Cyber Alliance para xornalistas
- Sora, la nueva fábrica de ‘deepfakes’. ¿Puede OpenAI dejar sin trabajo a los ‘youtubers’?
- Shoshana Zuboff. «Vivimos en una distopía accidental»
- La huella de tu móvil, de la mina al vertedero. Podcast Carne Cruda. 1h 22min
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- “Tengo molestias al usar la copa menstrual, ¿cuál puede ser el problema?”
- Confección de cesta de vimbio artesanal
- Alicia Valero: «La Ingeniería sin ética puede ser más destructiva que constructiva»
- Un papel da Muller na ciencia que importe tódolos días
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes vimos cunha poesía do poeta gazatí Hind Jouda titulada ¿Qué significa ser poeta en tiempos de guerra?
E NO PRÓXIMO MES …
- 3 de marzo: Día Mundial da Natureza e a Vida Silvestre
- 3 de marzo: Día dos datos abertos, Spain Opendata Day
- 4 de marzo: Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sustentable
- 5 de marzo: Día Mundial da Eficiencia Enerxética
- 6 de marzo: pola tarde. Encontro informal en Vigo da base social con Mariela e Verónica, as mulleres bravas de Honduras que visitan Galicia. AQUÍ se pode ir vendo o programa actualizado.
- 8 de marzo: actividades polo día das mulleres traballadoras. Mariela e Verónica estarán en Ourense, acompañando á Marcha Mundial das Mulleres nas súas actividades dese día
- 9-10 de marzo: encontro con plataformas de defensa da terra en Tronceda (Ourense)
- 11 de marzo: 12h. Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPS) Lugo. Sala de Xuntas (edificio central). Mesa redonda «Mulleres Bravas defensoras da terra en Honduras e Galicia«, con
María Verónica Rodríguez (Honduras). Labrega e defensora da terra
Leylis Mariela Burgos (Honduras). Marisqueira e defensora do manglar
Laura Carballo (Galicia). Temporeira e activista polos dereitos laborais ante a agroindustria - 11 de marzo: pola tarde. Encontro coa base social en Compostela con Mariela e Verónica, as mulleres bravas de Honduras que visitan Galicia
- 12 de marzo: 13h. Pontevedra. Facultade de Ciencias da Educación. Aula 1. Mesa mulleres e cambio climático con activista local, Mariela e Verónica.
- 12 de marzo: 15h. Pontevedra. Facultade de Ciencias da Comunicación. Mesa redonda no XIV Curso de Especialización en Comunicación para o Cambio Social (Agareso), con activista local, Mariela e Verónica.
- 14 de marzo: 12h. Vigo. Facultade de Ciencias do Mar. Salón de actos. Mesa redonda con activista local, Mariela e Verónica.
- 14 de marzo: Día Internacional de Acción contra as represas e polos ríos, o auga e a vida
- 15 de marzo: Día dos Dereitos do Consumidor
- 20 de marzo: Día Internacional da Felicidade
- 21 de marzo: Día Forestal Mundial
- 21 de marzo: Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial
- 22 de marzo: Día Mundial da Auga. Nesa semana, contamos ter un faladoiro na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Compostela sobre dereito á auga e tecnoloxías axeitadas para abastecemento e saneamento. Atentas ás redes ou canle de telegram para data concreta!
- 30 de marzo (último sábado de marzo): A Hora da Terra
- 30 de marzo: Día do documento libre
- 7 de abril: remata o prazo para presentar candidaturas ao III Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
O primeiro que coñecemos cando empezamos a coñecer cousas é precisamente o noso propio corpo. É a nosa primeira tecnoloxía porque é o noso primeiro territorio […]. As bruxas eran as mulleres que dominaban a técnica, porque sabían de herbolaria, coñecían os seus corpos […]. Descoñecemos ese primeiro territorio que habitamos […], a súa potencialidade, a súa forza. Eso de temerlle tanto ao corpo xusto como revertilo e que sexa o primeiro hack tamén.
Brujeria Hacker #TecnoLovers III. Darinka Lejarazu. Irene Soria Guzmán. Liliana Zaragoza Cano
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!