UN POUCO DE HISTORIA

En 2020, cando a pandemia da COVID19 deixou ao aire máis que nunca as costuras da nosa sociedade, e seguindo o exemplo doutros grupos de apoio que xurdiron en distintos lugares, dende ESF decidiurse impulsar a creación dun Grupo de Apoio Mútuo Dixital. Aí empezou a colaborar xente de ESF e tamén doutros movementos como BricoLabs, así como persoas individuais que se foron unindo a aportar e a aprender. Inicialmente a idea era dar apoio a quen tiña por casa ordenadores vellos, pero aínda utilizables se se empregaba un sistema operativo lixeiro (por suposto, baeado en software libre), para que puideran darlle nova vida. Tratábase de que polo menos se puideran usar por parte de nenxs e adolescentes para non perder o ritmo das súas clases ou actividades académicas en liña.

Pero o feito de non poder facer quedadas presenciais polas medidas antiCOVID, fixo que as persoas menos experimentadas no cacharreo e no software libre non acabaran de engancharse, así que decidiuse reenfocar o grupo. Co Banco de Reciclaxe Municipal de Teo (inaugurado en 2017) como referencia, impulsouse un banco en A Coruña, grazas á cesión do espazo por parte da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, no local que Enxeñería Sen Fronteiras ten nesa escola (ao que en 2022 uniuse outro espazo na Facultade de Informática). Case simultaneamente co da Coruña, impulsouse outro en Vigo nun espazo que a Asociación IEEE logrou na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. O Banco da Coruña está a colaborar coa ONG Ecos do Sur e outras organizacións da zona, para darlles saída ás equipas preparadas. O Banco de Vigo fai o propio con ONG e organizacións da área de Vigo.

Ademais, a principios de 2022 coñecemos á organización Informática Solidaria, que leva xa tempo traballando niso de dar nova vida a ordenadores e canalizalos a través de organizacións. Formada exclusivamente por persoas voluntarias e, de momento, sen apoio institucional de ningún tipo (nin sequera contan actualmente cun local, todo en casas particulares), xa levan máis de 200 equipos repartidos. Temos a honra de incluíla tamén na rede. Tamén en 2022 tivemos a boa nova da creación do Banco de Reciclaxe Municipal e Oficina de Software Libre de Ames, grazas ao empeño de persoas de AGASOL, o Banco de Teo e Enxeñería Sen Fronteiras. Un banco máis para a rede!

OBXECTIVOS

Con esta iniciativa queremos:

ONDE ESTAMOS?

Actualmente existen en Galicia (que saibamos) 5 Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre:

Organización Informática Solidaria

Traballan na zona do entorno de Vigo, aínda que recollen equipos por toda Galicia. Actualmente colaboran co Banco de Vigo de IEEE na Escola de Enxeñería de Telecomunicación, e tamén en A Industriosa

Contacto correo-e: Informaticasolidaria(arroba)yahoo.com

Banco Municipal de Electrónica de Teo

Rúa Ameneiro, Os Tilos

Contacto correo-e: voluntariado(arroba)teo.gal

Banco de Reciclaxe Electrónica A Coruña de ESF Galicia

Local de Enxeñería Sen Fronteiras. Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos. Campus de Elviña s/n. 15071, A Coruña

Contacto correo-e: bancoreciclaxecoruna(arroba)galicia.isf.es

Banco de Reciclaxe Electrónica Vigo de IEEE UVigo

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Universidade de Vigo Campus Lagoas-Marcosende. 36310, Vigo

Contacto correo-e: bancoreciclaxevigo(arroba)gmail.com

Banco Municipal de Reciclaxe Electrónica de Ames

Antiguo centro de saúde de Milladoiro. Rúa Agro do Medio 8, Ames

Contacto correo-e: osla(arroba)agasol.gal

COLABORA NOS BANCOS!

Para contactar tamén podes simplemente enviar un email a

indicando o desexo de participar nalgún dos Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre (xa sexa axudando na preparación de equipos, xa sexa doando os que non precises). Dependendo da túa dispoñibilidade e lugar de residencia, poñerémoste en contacto cun dos bancos existentes.

Calquera persoa, sexa cal sexa o su grao de coñecemento nestes temas informáticos, pode participar axudando na preparación de equipos (apréndese moito!).

Ademais, se queres montar un banco onde tí estás, axudarémoste no que precises (tamén se estás nun centro de ensino!).

TUTORIAIS E MATERIAL DE AXUDA XERADO

  • Aquí se pode ver un vídeo sobre como crear un pendrive cun sistema operativo Lubuntu (de sofware libre e moi lixeiro) que permita facer funcionar unha computadora vella (e mesmo aínda que non teña disco duro!).
  • Este é un vídeo titorial sobre seguridade dixital básica, que tamén crearon persoas voluntarias dos bancos de reciclaxe.
  • Aquí hai outro sobre Formatos abiertos y Libreoffice.

Tamén temos unha Wiki da rede de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre que se pode visitar aquí.