Boletín Oficial ESFeiro. Maio 2025
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística
- E no próximo mes …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
En abril sacamos o boletín sonoro do primeiro trimestre do ano, cun cambio de formato deste podcast que era mensual.
No programa ESF na Universidade, moitas escolas e facultades universitarias de Galicia se atoparon nos espazos comúns con tarxetas da nosa campaña «Todo pasa… e todo queda?», para sensibilizar sobre a invisibilización e desprezo cara as mulleres por parte de pensadores prominentes da historia. Ademais, na ETSE de Compostela tivemos un par de clases, sobre que é a cooperación ao desenvolvemento e sobre xestión de eventos hídricos extremos en Mozambique. Xente de ESF impartiu sendas sesións no Mestrado en liña de IA e xornalismo de RTVE: A IA cun enfoque crítico e Fediverso e redes sociais descentralizadas.
Foron seleccionadas as persoas que participarán no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades. Xa empezou a súa formación, e se puideron coñecer no primeiro encontro presencial da formación.
No programa Hackers Sen Fronteiras, de tecnoloxía para o ben común en secundaria, houbo faladoiros no IES San Rosendo Mondoñedo (sobre redes sociais descentralizadas) e no IES Terra de Xallás (sobre transición enerxética xusta). Tamén tivemos un ciberencontro para coñecer a iniciativa de Xardíns Circulares no IES Valga.
Como actividades do programa de Tecnoloxía para o ben común nos ámbitos profesionais, tivemos unha tertulia en Santiago sobre se unha empresa eco-social é posible. Tamén un ciberencontro para falar de tecnoloxía para o ben común na economía social, con distintos organizacións do sector.
Tivemos un pequeno encontro da base social da Coruña. Ademais, nas redes, participamos no encontro de Mentoring, xa que se participou en 2024 como mentores dunha persoa. Tamén estivemos na asemblea da Rede Acampa, e nun encontro con mulleres activistas de Honduras en Compostela.
HONDURAS
No eixo de Dereito a Auga, houbo unha importante reunión con organizacións públicas con competencias na xestión da auga, organizada pola Mancomunidade NASMAR, invitando tamén a CODDEFFAGOLF, a outra socia dos nosos proxectos. Tamén realizouse unha xira técnica para coñecer experiencias exitosas en plantas potabilizadoras para comunidades rurais.
No eixo de Soberanía Alimentaria, con CODDEFFAGOLF, continúan os talleres formativos para colectivos de mulleres marisqueiras de Amapala. Houbo un de elaboración de encurtidos e escabeches. Tivemos a excelente nova da concesión dunha axuda de 600.000 euros da nova convocatoria de Programas Internacionais de Cooperación, da Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Nos vindeiros tres anos, poderemos continuar o programa de restauración do complexo de lagoas de inverno do sur de Honduras.
MOZAMBIQUE
No mes de abril continuouse traballando coas Administracións Rexionais da Auga (ARA) de Mozambique na monitoria da seca. Tamén continuou a recompilación de información e a elaboración das análises preliminares para a definición da bacía de maior interese, co obxecto de realizar un novo estudo de inundacións, que servirá tamén como base para continuar a formación dos técnicos mozambicanos. Ademais, traballouse na programación da visita a Mozambique que terá lugar a mediados de maio e que estará centrada principalmente na xestión de inundacións coa ARA Sul. No mes de abril tamén houbo unha charla na Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC centrada na xestión dos eventos extremos en Mozambique.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- ‘Influencers’ herederas de la Sección Femenina de la Falange
- Crónica del impacto de las ‘puertas giratorias’ en la política española
- Entrevista a Ebbaba Hameida. «Al hablar del conflicto del Sáhara Occidental, se deshumaniza a los saharauis»
- Belén Gopegui: «Es insólito que parezca normal preguntar ‘¿para qué queremos la privacidad?'»
- “Prohibir las redes no resolverá la misoginia de los adolescentes”. arcus Maloney, profesor experto en la manosfera
- Desarmar el tercer episodio de la doctrina del shock
- Sí, tus amigos y vecinos quieren hablar contigo sobre el cambio climático
Auga
Consumo responsable
- ¿Por qué cuesta tanto el café ahora? La huella climática detrás del alza de los precios
- Kit de supervivencia ecofeminista
- ¿Qué papel juega Abanca en el proyecto de la celulosa de Altri en Galicia?
Cooperación e ONGD
- La pancarta. Es la hora del movimiento internacionalista y de su movilización por la paz, en defensa de la democracia y la justicia global
- El conocimiento local y el árbol de la ciencia
Educación para o desenvolvemento
- Canle Descoloniza
- Lucía, víctima de acoso escolar: “Lo peor es que llegué a pensar que era rara, que no era como las demás, que ese no era mi sitio”
Enerxía e cambio climático
- [Informe] Instalación de energías renovables en el Sistema Eléctrico Peninsular
- La transición hacia un sistema eléctrico basado 100% en energías renovables «debe contar con todos»
- Antonio Turiel, el experto que predijo el apagón: «Fue una irresponsabilidad criminal por parte de las grandes compañías»
- Del lobby nuclear a la burbuja de las renovables: comienza la pugna por encontrar al culpable del apagón
- Aprendizaxes do cero enerxético
Iniciativas
- Xuntanza pola Vivenda: loitando polo dereito a vivir en Compostela
- UpmeUp. El portal de empleo de la economía social que alinea tus valores con tu futuro laboral
- Rebeldes Indignadas
- 230 organizacións europeas denuncian a UE está a ocultar información sobre os proxectos mineiros declarados estratéxicos
- No + gasto militar en América Latina
- Oficina de Dereitos Sociais TERRUM
Investigación para o desenvolvemento
- Informe 71: El negocio de los bancos en el belicismo global. Ranking de la banca armada 2025
- Generalization Bias in Large Language Model Summarization of Scientific Research
- Ciencia abierta para combatir la desinformación climática
Mundo
- GAZA: Gota a gota, los informes sesgados sobre Gaza erosionan nuestro sentido de lo que está bien y lo que está mal
- GAZA: Israel toma el 50% de Gaza para expandir su “zona de seguridad” mientras elimina del mapa las áreas humanitarias
- Mauritania, Italia, Reino Unido ou Grecia mandan os seus residuos industriais á Galiza
- MOZAMBIQUE: Rwanda in Mozambique: Limits to civilian protection
- Nigeria. Nigeria, el terror renovado
- SAHARA OCCIDENTAL: El mundo saharaui contra el ministro que vulnera el Derecho Internacional: José Manuel Albares
- SUDÁN: Dos años de guerra en Sudán desembocan en la peor crisis de desplazamiento y hambre del mundo
Pobreza e exclusión
- Podcast. Rebeldes por naturaleza: Cómo se vincula la lucha ecologista con la de la vivienda (CARNE CRUDA #1494)
- Los pueblos indígenas son marginados en la lucha climática global
Políticas e modelos de desenvolvemento
- A Xunta tamén deixa á marxe da lei de transparencia o pacto con Altri: «Ten carácter privado»
- ¿Qué podemos aprender del experimento alemán sobre la renta básica universal?
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Os que desexan un algoritmo nas súas RRSS fano porque non saben soñar
- Adiós a Windows en Europa: se presenta EU OS, el nuevo sistema operativo basado en Linux para el sector público
- Un lago seco detrás de tu imagen al estilo Ghibli: la enorme huella ecológica que genera la IA
- El abismo digital
- This is what resistance to the digital coup looks like
- Conferencia: ‘Inteligencia Artificial y género’
- Thinking about using AI? Here’s what you can and (probably) can’t change about its environmental impact
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- Non tan verdes: os ecoplásticos son máis tóxicos que os envases convencionais
- De redes, software, cacharritos y todo lo que no sea Elon Musk | Podcast TINA #1
- Casado, Morenés, un neto de Botín e ex-altos mandos militares: quen frega as mans co rearme
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA
Este mes traemos nada menos que… un xogo de mesa!! Chámase Nosotras, Las Brujas, e se asume o papel dunha integrante dun grupo de mulleres, para intentar salvar a unha das túas compañeiras, acusada de bruxería, que está á espera de ser xulgada e executada. Aquí unha completa reseña do xogo.
E NO PRÓXIMO MES …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 1 de maio: Día Internacional do Traballo
- 3 de maio: Día Mundial da Libertade de Prensa
- 5 de maio: data límite para presentar proposta para servizos técnico de avaliación final do Proyecto de mejora de gestión pública y social para gobernanza hídrica 9 municipios Honduras. Aquí detalles da convocatoria
- 6 de maio. 11:30 a 16:30. Escola de Enxeñería Informática Ourense (zona do péndulo). Repair Café de computadoras
- 6 de maio. 20h. Coorganizamos con Amigas da Terra ciberfaladoiro en liña sobre Redes Sociais Libres. Apuntarse en activistas@amigasdaterra.net
- 10 de maio (segundo sábado de maio): Día do Comercio Xusto
- 10 de maio. 10:30 a 13:30. Repair Café en Vigo, Local da Cooperativa Árbore
- 15 de maio: Enxeñería Sen Fronteiras Galicia cumpre 32 anos
- 17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia
- 17 de maio: Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información
- 17 de maio: Día da Internete
- 21 de maio: Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento
- 22 de maio: Día Mundial da Diversidade Biolóxica
- 24 de maio. 16h. Repair Café no Casino de Carballo
- 25 de maio. Feira de sementes e plantóns tradicionais. Leboso (Forcarei), na Fundación Galicia Verde. Tamén teremos un espazo para presentar Enxeñería Sen Fronteiras
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
A auga, as sementes e a enerxía non deben ter condición de propiedade
Francisca Fernández Droguett
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!