Boletín Oficial ESFeiro: maio 2026
CONTIDOS
- Vida Asociativa
- Honduras
- Mozambique
- Enlaces de interese
- Recomendación artística-cultural
- E proximamente …
- A ESFrase do mes
VIDA ASOCIATIVA
Temos que empezar cunha mala nova, o pasamento da compañeira de ESF Catalunya, María Campuzano, referente na defensa do dereito á enerxía e a loita contra a pobreza enerxética.
No programa ESF na Universidade o mes comezou en Lugo coa sesión Comuneiras, onde se experimentou co xogo didáctico sobre Montes Veciñais en Man Común. En Compostela celebrouse o obradoiro Dilemas éticos na enxeñería ambiental, cunha participación moi elevada e debate intenso arredor da responsabilidade profesional, impulsado polas bolseiras da ETSE. Tamén a USC acolleu o faladoiro de presentación da Guía de Autodefensa Dixital e a exposición Coñeces o teu móbil?, difundidas desde a Facultade de Comunicación. Na ETSE de Santiago celebrouse a Chocolatada solar, e o mes pechou cun faladoiro na Escola de Arquitectura da UDC sobre tecnoloxía para o ben común.
No programa ESF profesional celebráronse dous Repair Café: un en Ribadeo e outro en Carballo. A primeira reunión da Horta Dixital Comunitaria tivo lugar en Camiños A Coruña. En Melide, no marco de EsLibre, desenvolvéronse varios obradoiros e faladoiros con persoas de ESF sobre soberanía dixital, soldadura electrónica, transición enerxética xusta, autodefensa dixital e ciberactivismo, tamén recollidos aquí, entre eles un da compañeira Elena, de Barracón Digital Honduras, de xira en Galicia grazas ao proxecto con AMTEGA. En Leboso, durante a Feira de Sementes, houbo un Repair Café e faladoiros sobre tecnoloxía crítica no rural de Honduras. Houbo unha mesa redonda sobre intelixencia artificial presentando o libro Inteligencia artificial: jugar o romper la baraja, de Margarita Padilla, que se non puideches estar podes vela no videopodcast en Fediverse TV.
No programa Mulleres Bravas destacaron os faladoiros Ciberactivismo desde los territorios en Melide e Ciberactivismo nos territorios en Leboso, ambos con Elena de Barracón Digital como referente e cun enfoque claro na defensa dos dereitos das mulleres e das comunidades fronte ás desigualdades dixitais.
No programa Hackers Sen Fronteiras tivo lugar o faladoiro no IES Brión, onde Elena e Martina achegaron ao alumnado unha visión crítica sobre tecnoloxía e activismo.
Traballando en rede, abril comezou coa primeira sesión da formación Xénero na Cooperación da CGONGD, celebrada en liña. Houbo tamén unha reunión con A Cuidarth en Vigo, e ESF participou no X Encontro da Rede do Rural en Lousame. ESF estivo presente na Asemblea da Coordinadora Galega de ONGD en Santiago, da que forma parte. Tamén se participou nos Escoitadoiros Migracións do Concello da Coruña.
A nivel de organización interna, abril estivo marcado por varias reunións de planificación estratéxica, incluíndo encontros en liña, e acollidas de novas voluntarias. A Asemblea de Primavera celebrouse en Carballo, acompañada dun obradoiro sobre planificación estratéxica que serviu para reforzar o traballo colectivo da base social.
HONDURAS
No eixo de soberanía alimentaria, que traballamos coa asociación CODDEFFAGOLF, como parte do programa integral de restauración das lagoas de inverno, deu inicio o diagnóstico participativo de necesidades formativas da xuventude das comunidades das lagoas. Ademais, no programa de fortalecemento da actividade marisqueira artesanal, houbo un encontro sobre a ciencia cidadá como motor de cambio. No convenio financiado pola AECID sobre comunidades resilientes, houbo unha xornada de traballo sobre soberanía alimentaria e nutricional no concello de Nacaome.
Tamén houbo xornada formativa sobre transformación de productos marinos e unha feira gastronómica en Amapala, dentro do programa de fortalecemento de actividade marisqueira.
MOZAMBIQUE
No mes de marzo no programa AquaMoz avanzouse no fortalecemento da capacidade das Administracións Rexionais da Agua do Centro e do Sur de Mozambique para a análise e estudo de inundacións con fin de que os técnicos das ARAs adquiran o coñecemento para desenvolver este tipo de estudos e empregalos despois para a toma de decisións nas súas institucións. Neste mes foron publicados os términos de referencia para o servicio técnico de apoio o proxecto en hidroloxía.
ENLACES DE INTERESE
Activismo e persoas
- Xose Cuns Traba, director de EAPN Galicia: “A pobreza é unha decisión política”
- Los gurús de la manosfera y su falsa receta para que niños y chavales se conviertan en ‘hombres de verdad’
- Salarios axustados, liderado feminino e consumo responsable: o retrato da economía social galega
- Cecilia Rikap: “Los que creen que los centros de datos van a generar crecimiento económico y empleo están equivocados”
- Este monitor documenta las agresiones a personas defensoras ambientales en países de América Latina y el Caribe
Auga
- Para qué sirven las depuradoras de macrófitas que impulsan en Couso
- El agua de tu pueblo. Busca tu municipio y descubre los niveles de nitratos en el agua del grifo. Visor cartográfico con datos oficiales del SINAC
Consumo responsable
- A economía social e solidaria reivindícase en Santiago como alternativa real ao modelo económico actual
- Podcast Carro de Combate. El impacto socio-ambiental de los plásticos. 33min 21seg
Cooperación e ONGD
- Descenso histórico de los recursos mundiales destinados a cooperación
- Resistir para existir: cómo hacer frente al desplome sin precedentes de la ayuda al desarrollo
- El compromiso de las ONG de Desarrollo, al alza
Educación
Enerxía e cambio climático
- Vídeo. Diferencias entre estufa Chuncana (y rusa) y estufa Danesa. 5min 58seg
- El acantilado Séneca
- Pacientes electrodependientes un año después del apagón: «Somos muchos y muy vulnerables los que dependemos de la electricidad para vivir»
- Biomasa industrial, incendios forestales y territorio: la falsa solución verde
- OpenGridWorks, un alucinante mapa mundial de la energía
- 40 aniversario de Chernóbil: Greenpeace advierte que la guerra agrava los riesgos persistentes de la energía nuclear
- El «experimento Ormuz»
Iniciativas
- Rebeldes por Naturaleza, la sección de Amigas de la Tierra en Carne Cruda
- Afrodiccionario
- Mapa das mulleres do mar da provincia da Coruña
- Escuela de Comunicación y Tecnologías Libres para la Defensa Común del Territorio: un proceso de formación, memoria y acción colectiva
Investigación para o desenvolvemento
- Global human population has surpassed Earth’s sustainable carrying capacity
- sci-hub. Ciencia aberta
- El 98% de los compromisos climáticos que publican las empresas cárnicas o lácteas son ‘greenwashing’
Mundo
- AMÉRICA LATINA. Un extractivismo crítico digital militar
- HONDURAS. Campesinos hondureños denuncian crisis agraria y represión
- HONDURAS. Hondurasgate (caso de trama de Trump con expresidente Juan Orlando)
- ISRAEL. Dossier: sobre el expansionismo israelí
- SAHARA OCCIDENTAL. Cuando el mar queda lejos
- SUDÁN. Tres años de guerra en Sudán: las ONG instan a la comunidad internacional a actuar en la Conferencia de Berlín ante una crisis humanitaria sin precedentes
Pobreza e exclusión
- Informe La Vivienda, cimiento de desigualdades. De Intermón OXFAM
- Los saharauis no entran (en la regularización de migrantes)
Políticas e modelos de desenvolvemento
- Abolir las fronteras: justicia racial frente al neoliberalismo
- Debates sobre Decrecimiento. ¿Por qué no dejamos de crecer?
- Dolo Medina: “La Renta Básica ya no es sólo una idea, sino una medida que cada vez más gente ve factible”
- Con el 10% de la energía no basta (2ª parte): Decrecimiento débil vs. fuerte
Soberanía alimentaria e defensa do territorio
- En xogo a soberanía alimentaria de Galicia: «E se as froitas non viñesen de Almería ou Italia?»
- Las imágenes de la vergüenza que muestran la realidad debajo del «milagro» de los invernaderos de Almería
- STOP Biogás A Laracha
- El potencial de los comunales
- Veciñanza e entidades sociais contra a mina de cobre de Touro e O Pino denuncian «intimidacións» por parte da Xunta da Galiza
- STOP biogás A Laracha
- Cuando la noticia es el arma: extractivismo, medios y el silencio del rural gallego
Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)
- Francia acelera su salto a Linux para reducir su dependencia tecnológica de EE. UU. y dejar atrás Windows
- What is the Small Web?
- La Era de las Distros. El podcast sobre la historia de las distribuciones Linux en España contada por sus protagonista
Tecnoloxía para o desenvolvemento humano
- El nuevo panel solar de lluvia que genera 110 voltios con cada gota y funciona incluso de noche
- El gasto militar de 2025 fue más alto de lo que reconoce el Gobierno, según el Centre Delàs
- Estrategia de tecnología de la defensa 2026: Para construir la preparación de la guerra y la paz armada
- El manifiesto de Palantir para la dominación
- Rediscovering the Handcart (redescubrindo a carretilla)
RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA-CULTURAL
Este mes traemos teatro: ‘La diatriba del perro’, escrita pola tamén xornalista Cristina Fallarás, e onde desmonta a farsa do aliado feminista
E PROXIMAMENTE …
Temos un novo apartado na nosa páxina web, onde se pode ver a axenda de próximos eventos ESFeiros ou que nos parecen interesantes pola temática. Ademais:
- 1 de maio: Día Internacional do Traballo
- 3 de maio: Día Mundial da Libertade de Prensa
- 9 de maio (segundo sábado de maio): Día do Comercio Xusto
- 15 de maio: Enxeñería Sen Fronteiras Galicia cumpre 33 anos
- 17 de maio: Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia
- 17 de maio: Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información
- 17 de maio: Día da Internete
- 18 de maio: ás 20h. DATA PROVISIONAL (atenta á nosa canle de telegram). Ciberfaladoiro «A dificultade de comunicar sobre Sistemas Complexos. Descomplexizar a sociedade, complexizar a biosfera?».
- 20 de maio: pecha prazo para enviar comunicacións para o Congreso de Educación para a Cidadanía Global
- 21 de maio: Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento
- 22 de maio: Día Mundial da Diversidade Biolóxica
- 22 de maio: 17 a 20h. Devolución á comunidade da investigación sobre o Mapeo de Boas Prácticas Comunitarias. Ecolectivo (Camiño do Monte da Serra 38). Vigo
- 28 de maio: foro Territorio Rural Resiliente
- 6 de xuño. Repair Café no Casino de Carballo. 11 a 14h
- 6 de xuño. Repair Café dentro das Mostras de Artesanía e Segunda Man en Covelo. Tamén se recollerán libros para unha actividade de impulso de lectura e intercambio. Praza Mestre Cerviño. De 10:00 a 14:30 h
- 12 de xuño. Formación sobre multiculturalidade e proxectos de cooperación internacional. Escola Técnica Superior de Enxeñería. 17 a 20. Local de estudantado.
Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD
A ESF-RASE DO MES
Aínda que a tarta creza, non hai tarta para todos. Que importa que a tarta creza se, en última instancia, iso non se concreta en mellores condicións de vida para as maiorías? E iso non se refire só á desigualdade de ingresos, senón tamén ao avance da crise ecolóxica e ao seu impacto sobre unhas maiorías que viven en condicións cada vez máis precarias







Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!