Boletín oficial ESFeiro: febreiro 2020


CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   Comenzamos o ano cunha asamblea extraordinaria, que serveu de celebración do aninovo e tamén para aprobar a nova planificación estratéxica de ESF Galicia 2020-2024 (que até ten banda sonora!). Ademais, o 28 de xaneiro, día da protección de datos, quixemos adicar o 3º episodio do noso podcast ESFRadio a unha ficción sonora para coñecer máis deste tema…, pero cun enfoque divertido. Participamos no encontro do Movemento Galego polo Clima, ao que ESF pertence, e abrimos o prazo para solicitar praza no programa de voluntariado interancional de Coñecemento da Realidade 2020 (aberto até o 7 de febreiro). Ademais, compartimos con compañeiras da ONG FISC un faladoiro sobre “tecnoloxía para o ben común”. Quixemos tamén recomendar 3 libros doutras tantas persoas vinculadas a Ingeniería Sin Fronteras, para empezar ben o ano!


HONDURAS

  Dende Honduras nos chegan novas preocupantes pola enorme mortandade de moluscos, que pon en xaque o modo de vida das poboacións costeiras. Aquí contamos máis do tema. Ademais, estamos a tope preparando os dous proxectos para os que queremos acadar financiación da Xunta de Galicia, un dentro do programa de dereito a auga e outro dentro do de soberanía alimentaria e desenvolvemento endóxeno.


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


E NO PRÓXIMO MES …

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD (ou subscríbe ao seu boletín quincenal, que conta con ofertas de emprego; formacións e actividades; novidades do sector; convocatorias de bolsas e subvencións; propostas de voluntariado, etc.). Tamén nas nosas redes sociais FacebookinstagramTwitter difundimos eventos de interese externos a ESFGalicia de temas vinculados ao noso traballo.


A ESF-RASE DO MES

[…] os problemas actuais das sociedades humanas non se derivan do desenvolvemento da tecnoloxía nin dos tecnólogos, que en xeral están facendo o seu traballo de xeito moi eficiente, senón da escaseza, cando non ausencia, de persoas doutras ramas, tales como filósofos, educadores, historiadores ou, en xeral, profesionais das Humanidades capaces de engadir a eses procesos de adopción sensibilidades e elementos non precisamente tecnolóxicos, senón doutros tipos, expostos en moitas ocasións dende perspectivas humanísticas.
Enrique Dans en Viviendo en el Futuro

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.