Boletín Oficial ESFeiro: abril 2024


Se prefires a versión resumida sonora, aquí tes o Boletín Sonoro de abril.

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Mozambique
  • Enlaces de interese
  • Recomendación artística
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

   Comezamos o mes coa sinatura convenio coa Universidade da Coruña para desenvolver actividades de aprendizaxe-servizo. Ademais, temos xa rexistrados e aprobados polo Ministerio del Interior os novos estatutos de Enxeñería Sen Fronteiras. Ademais, contamos nun breve vídeo o que dende ESF podemos aportar ao novo programa Galicia Abriga, para protección de defensoras de dereitos humanos. Tamén tivemos un encontro da base social de Vigo aproveitando a acollida das persoas que van participar no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades 2024, así como un ciberfaladoiro sobre «O de telegram», onde tivemos ocasión de falar sobre soberanía dixital. Deixamos unha pequena crónica. Tivemos tempo tamén de facer un faladoiro sobre Dereito á Auga na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Santiago de Compostela.

    Pero, sen dúbida, a actividade máis importante de marzo foi a visita que Mariela e Verónica, mulleres bravas de Honduras, fixeron a Galicia. Aquí deixamos unha breve crónica escrita, unha en formato audiovisual, ademais dunha entrevista a Mariela e outra a Verónica. Tamén se poden ver os distintos eventos aquí. Foi unha visita intensa e moi enriquecedora. En outono, outra visita chegará a Galicia, pero neste caso será unha activista que se quedará varias semanas. Máis información sobre o programa na súa web mulleresbravas.gal.


HONDURAS

    En Honduras, no programa de soberanía alimenaria, durante o mes de marzo destacou a socialización do protocolo de investigación comunitaria das mulleres marisqueiras. Tamén é reseñable o vídeo que CODDEFFAGOLF fixo sobre restauración do manglar na área protexida de Los Delgaditos.

    No programa de dereito humano á auga, tivo lugar con motivo do Día Mundial da Auga, o Simposio «Agua para la paz». Ademais, siguen os traballos de acondicionamento do novo laboratorio de análise de augas do sur de Honduras.


MOZAMBIQUE

No mes de marzo traballouse coas tres Administracións Rexionais da Auga (ARAs) de Mozambique (Sur, Centro e Norte) na análise final da época chuviosa que vai dos meses de outubro a abril. Para iso traballouse no intercambio de información e análise cos puntos focais das tres ARAs no estudo das precipitacións co fin de obter os resultados e capacitar aos técnicos locais no manexo dos datos. De modo paralelo, traballouse coa ARA Sur na mellora do seu boletín de seca e os procesos de xestión da mesma, e avanzouse coa titoría do TFM do mestrado de hidroloxía da UEM que está a realizar un técnico da ARA Sur. Parte do traballo tamén se centrou na preparación da campaña de difusión do proxecto AquaMoz, que se realizará nas próximas semanas.


ENLACES DE INTERESE

Activismo e persoas

Auga

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Enerxía e cambio climático

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Pobreza e exclusión

Políticas e modelos de desenvolvemento

Soberanía alimentaria e defensa do territorio

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


RECOMENDACIÓN ARTÍSTICA

    Este mes fixámonos en iSlave, obra que se estrea nos Teatros del Canal de Madrid. Trátase dunha obra que une disciplinas como teatro, danza, música ou performance para reflexionar sobre a esclavitude das pantallas. Oxalá se puidese traer a Galicia…


E NO PRÓXIMO MES …

  • 7 de abril: Día Mundial da Saúde
  • 8 de abril: Pecha o prazo para apuntarse ao Curso: “O territorio dixital, territorio de coidados”, de 17 a 19
  • 11 de abril: comeza a Primavera polo Decrecemento en Pontevedra
  • 13 de abril: XUNTANZA DE PRIMAVERA DA BASE SOCIAL DE ESF. Ás 10h no Centro Social As Fontiñas, Santiago de Compostela
  • 17 de abril: Día Internacional da Loita Campesiña
  • 18 de abril: faladoiro na Escola Técnica Superior de Enxeñería sobre participación en ESF e posibilidades de TFM-TFG en cooperación. 12:30 no salón de actos
  • 22 de abril: Día da Terra
  • 26 de abril: de 17.00 a 20.00 horas. Cafe repair na Domus (A Coruña)
  • 28 de abril: Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo
  • 9 de maio: faladoiro «Tecnoloxías convivenciais», 19h dentro da Primavera polo Decrecemento. Pontevedra

   Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia  consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Na loita pola soberanía, a cousa vai de comunidades. Ninguén inventa, constrúe ou programa en solitario, sinxelamente porque a complexidade da tarefa é tal que eso resultaría imposible.

Margarita Padilla

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.