Visor de parcelas afectadas pola Mina Touro-O Pino
Desde o de grupo de asesoramento para a Defensa do Territorio de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, en colaboración coa Plataforma veciñal mina Touro O Pino Non, realizouse unha recompilación dos datos das parcelas afectadas que figuran na exposición pública do proxecto da mina Touro-O Pino, para facilitar o acceso á información pública ás persoas afectadas e a todo o mundo.
O resultado envorcouse nun xeovisor de acceso aberto sobre as afectacións nos concellos de Touro, O Pino, Vila de Cruces e Arzúa, ademais de recoller diversos enlaces a recursos, mapas, información, planos por parroquias dos bens afectados pola mina e a liña de alta tensión, listaxes de bens afectados co enlace á referencia catastral, etc. Esta ferramenta facilitou á Plataforma veciñal a análise e contraste de erros que detectara.
Nesta web pode navegarse polo xeovisor.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!