Tecnoloxías apropiadas. A bomba de mecate

A auga é unha necesidade básica para o ser humano: necesítase para consumo directo, para producir e cociñar os alimentos e para manter a hixiene. O acceso a auga potable e ao saneamento condiciona a vida e a saúde de millóns de persoas.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) estima que cada ano 1,73 millóns de persoas morren por diarreas provocadas por falta de acceso a auga potable e que un 3,7% de todas as enfermedades están directamente relacionadas ca falta de acceso a auga e as limitacións hixiénicas que disto se deriva. Tanto Nacións Unidas como o Banco Mundial ou a propia OMS consideran necesario asegurar o acceso a un mínimo de 50 litros de auga por persoa e día para asegurar que a saúde non se verá afectada pola escasez de auga. Este acceso considerarase asegurado cando a fonte de abastecemento estea situada a menos de cinco minutos do domicilio dos consumidores. En caso de non poder ter unha fonte que proporcione 50 litros por persoa e día a menos de cinco minutos considérase imprescindible asegurar que polo menos se teñan 20 litros a unha distancia non superior a media hora para garantir a supervivencia.

Na actualidade máis de 750 millóns de persoas carecen de acceso a auga potable en todo o mundo das cales o 90 por cento vive en zonas rurais onde non necesitan grandes infraestruturas para cubrir as súas necesidades senón solucións que se adapten a súa forma de vida.


A bomba de mecate é unha adaptación dun sistema milenario dunha bomba con cadena con pistóns orixinaria de China. A partires dos setenta foméntase a introdución da bomba de mecate en diversos países a través de proxectos de cooperación para o desenvolvemento. É en Nigaragua onde se comeza a mellorar a bomba para convertila nunha tecnoloxía apropiada (mecate significa corda en castelán nicaragüense). Esta bomba é capaz de proporcionar un caudal de 10 litros/minuto (superior aos 6.6 litros/minuto que esixe o manual do Proxecto Esfera) imprimíndolle unha forza inferior a 100N para unha tubería de unha pulgada.


O seu principio de funcionamento consiste en pasar un bucle contínuo de corda con pistóns plásticos por unha tubería vertical parcialmente sumerxida. A auga ocupa o espacio entre os pistóns e é elevada polo movemento contínuo da corda mediante unha polea de acción manual. A bomba de mecate caracteríazase pola súa alta eficiencia, baixo custe e fácil e barato (menos de 10$ anuais) mantemento, por estes motivos é asimilable socialmente e o seu uso é frecuente en zonas rurais empobrecidas de calquer parte do mundo.

Na nosa sé de A Coruña temos unha maqueta funcional a tamaño natural coa que temos feito demostracións de funcionamento. Foi construída hai anos por persoas voluntarias do grupo de dereito a auga.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.