Vente coñecer outras realidades! Honduras e Nicaragua. Compostela, 13 de decembro

Vente coñecer outras realidades, falando tranquilamente nun entorno ben amigable. Non hai mellor xeito de abrir a mente.

CANDO: 13 de decembro ás 20h

ONDE: Pub Medusa, Santiago de Compostela.

QUE: Faladoiro informal entre amigas, onde coñeceremos de primeira man a realidade de Honduras e Nicaragua. Este coñecemento tamén pasa por probar algúns sabores hondureños como as baleadas e o chismol, e mandar forza ás compas hondureñas na súa defensa pola transparencia e a democracia nestes momenos de crise electoral.

CON QUEN: Pois con quen queirades acompañarnos (a entrada é libre até completar aforo), e

  • con Vero e Adri (voluntarixs de ESF que chegaron hai unhas semanas de Honduras da súa estancia de 3 meses dentro do Programa de Coñecemento da Realidade de ESF neste país, o único onde actualmente temos programas internacionais en marcha),
  • con Xabi (membro do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC, que colaborou con ESF en Honduras nun estudo sobre a participación das mulleres na xestión da auga en varias aldeas do sur de Honduras)
  • con Astrid e Aracely, que levan máis de 10 anos traballando na asociación nicaragüense La Cuculmeca, a primeira organización coa que ESF Galicia empezou a colaborar a nivel internacional no eido do Desenvolvemento Rural nun proxecto entre 2006 e 2008, pero que xa nos teñen visitado varias veces (e nós a elas) e seguimos en contacto dende aquela.

Esperámosvos!

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *