Boletín Oficial Esfeiro (BOE): decembro 2017

Estes días estamos a seguir de cerca a crise en Honduras, país onde traballamos dende hai 10 anos e onde ESF ten 2 persoas contratadas (Raquel, a representante país, e Elmer, que da apoio administrativo) facendo seguemento dos dous programas que temos en marcha (o de Dereito Humano á Auga e o de Soberanía Alimentaria). O presidente actual hai uns meses logrou unha sentencia do Tribunal Supremo para que admitise a súa reelección (o cal vai en contra da Constitución de Honduras). Ademais, hai moitas razóns para sospeitar de manipulación nos resultados, e tanto a representante da UE como da Organización de Estados Americanos pediron reconto de varias actas presuntamente irregulares, que poderían dar a victoria á oposición (hai moi pouca diferencia de votos).

CONTIDOS

  • Vida Asociativa
  • Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes …
  • A ESFrase do mes

VIDA ASOCIATIVA

Novembro foi un mes, como soe ser sempre, de moitísima actividade. Dende un obradoiro onde quitamos o medo a argallar nos portátiles (con entrevista na radio galega incluida), a a nosa xuntanza de outono da base social en Salceda de Caselas aproveitando as xornadas de concienciación ecolóxica (un éxito!!), pasando polas 4 sesións de traballo práctico na Aula Docente de Cooperación Expandida (onde apoiamos a 5 grupos noutras tantas formulacións do seu proxecto de cooperación ao desenvolvemento dende o local), ou o apoio na difusión ao interesantísimo proxecto da Cousoteca. No medio de todo o maremágnum, tivemos tempo para compartir unha reflexión sobre un obradoiro que fixemos o ano pasado para coñecermos mellor a nosa base social, somos soñadorxs, e mesmo para xogar ás cartas!!! E todo iso sen esquecernos de dar apoio ao manifesto de Cuac FM, unha radio comunitaria de Coruña. Por outra banda, as nosas compas do CEXEF estiveron a presentar o estudo no que colaboramos sobre a participación das mulleres na xestión comunitaria da auga en comunidades de Honduras e Galicia no Congreso «Comprender el presente, imaginar el futuro: Nuevas y viejas brechas sociales», en Castilla-La Mancha.



HONDURAS

    En Honduras o máis relevante no pasado mes foi a crise electoral tralas eleccións do 26 de novembro. Tamén a previa foi complexa, e o avance nos proxectos e a actividade no país viuse afectada. Ademais, confirmamos a boa noticia de que obtivemos para o programa de soberanía alimentaria en Honduras a nosa primeira subvención da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo en solitario (até o dagora sempre iamos en consorcio con outras ONGD que actuaban como cabeza de consorcio). Estamos a iniciar, polo tanto, os traballos tanto nese proxecto recentemente concedido, como no concedido tamén para o programa de Soberanía Alimentaria pola Cooperación Galega da Xunta en 2017, e os concedidos polo Concello de Santiago de Compostela e o da Deputación da Coruña (estes para o programa de Dereito Humano á Auga). Temos en fase final (finais de decembro, aínda que posiblemente haberá que pedir unha prórroga ao financiador dada a situación de inestabilidade post-electoral que pode impedir a execución completa antes desa data) a Fase 3 do programa de dereito á auga coa Cooperación Galega da Xunta, e tamén estamos a rematar a anualidade 3 do convenio con AECID no que colaboramos con VSF-Justicia Alimentaria Global y Amigos de la Tierra España (este dentro do progama de Soberanía Alimentaria). Moito traballo para pechar o ano! Esperamos que a inestabilidade política permita desenvolver os traballos e, sobre todo, que se arranxe todo con transparencia e dentro dos cauces democráticos.   


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Xogo de cartas Co-operando, que temos para organizar formacións sobre cooperación ao desenvolvemento e ONGD, ou para prestar por se queredes probalas vós.


E NO PRÓXIMO MES …

Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

O gran reto do noso tempo é saber andar pola estreita liña que separa o ludismo do amor cego á tecnoloxía
Santiago Navajas

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.